XUÑO
Cada segundo é un cristal escuro
Que se crava na túa mente.
Enferma. Cansa.
Afogado no teu propio suor,
na acuosa ansiedade que todo arrasa,
no tremor, no M-E-D-O,
non vives, loitas por unha salvaxe existencia
que non es quen de aturar.
Respirar, camiñar, comer, sorrir son agora agónicas
ou simplemente imposibles batallas perdidas.
Vai tanta calor no inferno.
Oxalá miles de litros de auga fresca e limpa
purifiquen neuronas alivien nervios.
Oxalá cada segundo non semelle eterno
non sendo que troque en felicidade simple e pura.
Por favor!
S.O.S.
S.O.S
Teño que saír de aquí!
(18-VI-22)