MAIO
Iso no que sentas calado e quedo
Iso no que te insires aterrado
Iso que nunca atopaches na espera
Iso que se escapou entre as parvas mans
Iso todo que derrubaches cruel
Iso que se perdeu na túa mente enferma
Iso quente que che fai rir ledo
Iso frío que conxela o espírito
Iso que prometiches e non fixeches
Iso que non das feito e tantas veces nin intentaches
Iso que voa alleo nas nubes grises
Iso que peta na túa porta sempre pechada
Iso que morreu contigo
Iso que doe fondo na eterna ferida aberta
Iso no que cuspiches miserable e ruín
Iso que trouxo a gloria e á paz a aquel segundo máxico
Iso que naceu á túa beira
Iso que apertaches ata estoupar
Iso que non es quen de contar porque
iso é imposible de dicir con palabras
porque iso é, todo iso é, vivir.
Xustamente iso e moito máis ou non.
Á fin, calo de novo.