D

Creación Semanal - Palabrasplus 2025 ir arribair a portada cr2025

 

O espesor interno e un ano novo

Vontade de vivir

Domingo de calma

Crer

 

 

 

 

 

XANEIRO

ir arribaO ESPESOR INTERNO E UN NOVO ANO

Resoan os pianos nos meus oídos. Este primeiro de ano, diante do ordenador, cos auriculares postos. A vida é lenta, espesa, complexa. Tanto que loitar para superar os supostos malos hábitos, E non podo máis. Na noite os pesadelos van e veñen, esgotadores. No día, a ansia que só me deixa pensar en cando vou tomar algo de verde.
Loito, pero son débil. E son moi forte tamén. A empresa na que estou metido, a saber, recuperar a calma e a paz de espírito, esquecer medos e acubillos e retornar á vida digna, clara, na que encaixas e sofres e ris.
Primeiro día dun novo ano. Primeira oportunidade para loitar ata que non poida máis. Loitar. Loitar. Camiñar. Pasos. Baixada. Subidas. Forza. Ánimo. Calma. Malestar. Angustia. Paz paz paz paz paz paz. Por favor! Sei que está en min a saída do labirinto pero non dou atopado a saída. Sairás, tranquilo.

 

(1-I-25)

ir arriba


 

 

ir arribaA VONTADE DE VIVIR

Escribo dende o centro xusto da ansiedade. Non hai paz para tanto inferno. Mais houbo pequena felicidade calma, chea de cousas por facer e feitas. E sempre está o baixón. Sempre as bolboretas negras volven ao meu ventre preñado de ansia. Desexo vivir, en paz, loito, loito comigo mesmo para deixarme levar polos camiños da tranquilidade e non polos escuros sendeiros da angustia e a desfeita. Miro con ollos medorentos e a realidade é opaca. Inquedanza por uns auriculares que fallan e son novos. E o mundo é estraño. E non queres facer nada, e non sabes xa que facer. O tempo, espeso, non dá pasado pero ti loitas e loitas e loitas. Vencerás este baixón, vencerás, xa verás. Ti podes. Forza, ánimo, afouteza, calma!!! Vamos!!!

 

(21-I-25)

ir arriba

 


 

FEBREIRO

ir arribaDOMINGO DE CALMA

 

Teño no meu ventre a Benito, o noso pequecho gato cheo de vida. Dorme e móvese ás veces. A súa paz e o seu atrevemento vital son un exemplo do que debería sentir un humano. A felicidade dun neno sa que xoga con alegría, sen medo a nada.
Eu nunca serei ese neno, ese cativo feliz. Non teño máis infancia que un conxunto limitado de lembranzas que non sei se vivín ou me contaron. O que sei é que era un mínimo fantasma rodeado de medo e enfermidade.
Supoño que xa o teño superado. Supoño. Os días aínda seguen sendo complexos e arrevesados. Por iso hoxe glorifico este domingo que me deixa respirar en paz, vivir en paz.

(9-II-25)

ir arriba


 

MARZO

ir arribaCRER

Creo na impotencia da soidade
non buscada non pedida.
Creo no cheiro quente
do teu corpo espido, nu.
Creo na lamentación eterna
dun pasado inexplorable.
Creo na amizade a distancia
non nos vemos, non nos tocamos.
Creo nos paraugas amarelos
que protexen da verde chuvia.
Creo na miña insoportable
capacidade de levar todo ao límite
da ansiedade.
E non paro.
E non durmo.
O mundo alleo segue o seu camiño implacable, mentres os dromedarios camiñan lentos polo deserto azul e os oasis son caramelos de menta fresca.
Creo que algún día avisei.
Creo que algún día me avisaron.
E non fun consciente.
E non fun consistente.
Abraiado polo frenesí dos teus lindos ollos
mergúllome neles e perdo a consciencia.
Floto, nun mar de tebras e temores,
floto e pouco a pouco chega a calma
e esa inmensa felicidade de afastar por un tempo a dor.
Argallarei limbos inocentes para os cativos
esquecidos, orfos, pequechos anacos de nervio.
Volvo sobre os meus pasos. Reflexiono. Ouveo. Golpeo.
A parede é dura e os meus puños sangran,
sangue maldita dos inocentes perdidos,
dos nenos agochados nas sucias rúas,
dos nenos que xa somos vellos
pero non permitimos, intransixentes, a entrada da fría, lóxica, razón.

Dáme un bico e gardarei todos os tesouros
nos meus labios que tremen revividos.
Dáme a túa man e camiñemos xuntos.
Imposibles peticións para quen xa non atura
as túas glorias e miserias.
E así, so, comezas un novo día
co implacable peso nos miolos e a necesidade urxente
de encher as horas, de encher o tempo.
Non penso chorar.
Polo menos, agora non.

 

(20-III-25)

ir arriba