Creación Semanal - Palabrasplus ir arribair portada cs

Semana do 2/I/05 ao 9/I/05

 Unha noite vella moi nova

Semana do 9/I/05 ao 16/I/05

Enfermo

De volta do otorrino

Semana do 23/I/05 ao 30/I/05

Buscándome

Escoitando a Mahler

Semana do 30/I/05 ao 6/II/05

Balonmán

Semana do 6/II/05 ao 13/II/05

 Algúns principios básicos sobre o meu posicionamento ante o ser humano

Semana do 13/II/05 ao 20/II/05

 Pedro

Semana do 20/II/05 ao 27/II/05

 Hoxe. 24/II/05

Semana do 27/II/05 ao 6/III/05

Muller con Pili 

Atrapar o tempo I

 Atrapar o tempo II

 Atrapar o tempo III

 Raro

 Raro (Versión pai Julio Iglesias)

Semana do 6/III/05 ao 13/III/05

 Días de discusión

 Baixote

 Semana do 13/III/05 ao 20/III/05

 Chave 129

Semana do 20/III/05 ao 27/III/05

 Na tarde máis escura

Facer o amor

Semana do 27/III/05 ao 3/IV/05

 Metamorfose

Semana do 3/IV/05 ao 10/IV/05

 Parece que morreu o Papa

Breve refexión sobre a situación da Filosofía no novo proxecto educativo do Psoe e outras consideracións xerais sobre o ensino

Semana do 10/IV/05 ao 17/IV/05

 De novo: o ser humano

Semana do 17/IV/05 ao 24/IV/05

 NUNTIO VOBIS GAUDIUM MAGNUM: HABEMUS PAPAM" ("Anúnciovos unha gran alegría: Temos Papa")

Semana do 24/IV/05 ao 1/V/05

ESCRITO CONTRA A SITUACIÓN DA FILOSOFÍA NO ANTEPROXECTO DE LEI DE EDUCACIÓN SOCIALISTA (En galego e en primeira persoa) (Versión word na sección Filosofía)

ESCRITO CONTRA LA SITUACIÓN DE LA FILOSOFÍA EN EL ANTEPROYECTO DE LEY DE EDUCACIÓN SOCIALISTA (Por se vos parece ben asinalo cant@s máis mellor e envialo aos lugares oportunos. Por suposto sen o meu nome ao final. Conxunto de compañeir@s de filosofía) (Versión word na sección Filosofía)

Semana do 1/V/05 ao 8/V/05

 As eleccións galegas do próximo mes de xuño

Semana do 8/V/05 ao 15/V/05

 Saúde

 Campións

Semana do 22/V/05 ao 29/V/05

 O traballiño do ensino I

Semana do 29/V/05 ao 5/VI/05

 Comeza Xuño

Semana do 19/V/05 ao 26/VI/05

 Dezanove de Xuño

O Renacemento

Semana do 3/VI/05 ao 10/VI/05

 Caída e futuro do Renacemento

Semana do 31/VII/05 ao 7/VIII/05

 Lenda

 Veráns

Semana do 11/IX/05 ao 18/IX/05

 POR FAVOR, LE ISTO E INTRODÚCEO NO COCO DUNHA FODIDA VEZ

Semana do 18/IX/05 ao 25/IX/05

Volta ao traballo

Semana do 9/X/05 ao 16/X/05

Vai medrando Outubro

Semana do 11/XII/05 ao 18/XII/05

Barrene 1

Semana do 25/XII/05 ao 1/I/06

A situación política actual

PROBA SUPERADA !

 

ir arriba

 Unha noite vella moi nova

Eran dous e o tempo xa pasara por eles. Primeiro a cea, aínda familia, pero ben, non hai que matar a ninguén nin berrar chorar que che dou coa botella, non, ben, curto, moi ben, excelente. Despois, a princesa que coidaban, fermosa, eléctrica, negro fin de ano que ela alumeaba, todo no seu sitio, xa, ata despois e despois e despois adeus. E Eles, os dous, atrevidos e ousados entran no garito dos que quedan sen traxeados e a máquina automática de tabaco non funciona e o xefe garito augardente en voz patadas e patadas máquina que non, que non, eles dous, jack daniels e licor café, fuman o primeiro cigarro da vida antiga, woodstock por televisión nas súas mentes, pero control, eh?, e o pánico da multitude que non o é invádeo a el, pero agora, agora xa o tempo pasara por eles. 02.00 horas do 1 xaneiro 2005, si que pasara o tempo, ou sexa que coche e fronte ao mar están e escoitan Pink Floyd, e ela renovarse ou morrer e el teño o último de Roger Waters e entón comezan a rir e logo unha onda nova, noviña noviña de paixón fai que os seus beizos se coman con ardor, adeus farinxite, gorxas enfermas, arrefriados, migrañas, nervios, regras, adeus, adeus, e dous na súa casiña coche rían e rían e achegouse un coche e a ventá do lado del, que estaba copiloto, baixou automática como para berrar aos novos inquilinos do paraíso: ¡ei, aquí non, que xa estamos nós, isto é noso, o noso mundiño!!, pero el non entendía por qué berrar, por qué baixar ventá e ela tampouco entendía aquela indesexada baixada de ventá e díxolle: ¡¡suube!!, toda chea e decidida e as neuronas del, pobriñas, un nanosegundo perdidas e descóbrese o misterio, ela, sen querer, déralle ao chisme automático de abrir ventás piloto-copiloto e aínda por riba, claro, a quen se lle conte, ¡este el!, e el, decatouse e ela tamén e fora un malentendido estúpido, pero á fin os do outro coche largaron a toda hostia e eles dous, coma meniños, pequenos, novos na noite vella, nova, magnífica, eles riron de verdade, cómo rían e atrás quedaron os anos e as botellas e os vinilos e os pesares ledicias dúbidas soños e perdas atrás quedou mentres nas súas caras toda a vida entraba con todo eso que atrás quedara, entraba todo novo para removelo polo tempo que lles dean. Saúde, amor e algo de diñeiro, un cigarro máxico, uns chupitos, unha princesa, unha cama e os dous corpos cansados, febles, cheos de feridas curadas cun par de valentías, preparados para outro tempo que os humanos chaman 2005, e qué será será...

En todo caso, a felicidade é efémera pero incrible, realmente máxica e incrible. Xa o sei, igual que certo tipo de enfermidade, que se vai sen deixar máis que un breve alento, xa o sei, hai noite e hai día e tarde con todo tipo e gamma de cores, hai o que vivimos, xa, un, dous, tres.   

2/I/05 

ir arriba

ir arriba

 Enfermo

Aquí estou, de novo, de novo, enfermo. Sen gorxa, larinxe, sen voz. Non sons, menos mal que quedan as palabras. Neste 2005 que está resultando tan raro, tan desconcertante no seu comezo. Si, teño que cruzar os dedos, pregarias agnósticas, que todo volva á "rutina cálida" que ela di. Non teño ganas de moito, pero non teño ganas de perder o moito que teño. En todo caso, sei que antes ou despois deberei aprender a renunciar e, se non aprendo, deberei renunciar. Todo é cuestión de non desesperar, de ser positivo, mágoa que eu non sexa Ronaldinho, senón quen son, pero, ben, son do Barça, así que agardo que o común nos achegue. Unha estupidez como outra calquera.

ir arriba

ir arriba

 De volta do otorrino

Na noite de inverno o coche empanaba unha e outra vez a súa mirada e ela dáballe ao desempanador auto, agora así agora non. Ela acompañábame. Ela. Eu ollaba entre néboas motorizadas as luces das casas, espectrais, difuminadas luces, e fitei aquela tenda, e entón lembrei as clases, sempre aulas profesor xiz alumnado que queres que pense, sexa o que sexa, pense, crítico, e ti falando da globalización e antiglobalización, e do feito de non mercar en hipermercados ¿ou si?, ¿tendas pequenas?, e entón, aquela tenda e o cerebro bulía sen poder dicir palabra sonora, e cando nos achegabamos ao noso destino, a esta Vilagarcía hoxe tamén envolta na noite e no bafo escuro, vin a tenda peqerrecha á que ía de neno, a de Fernando, que a tapiaran hai tempo, pero agora, agora unha escasa luz alumeaba dentro e cheguei a ver golosinas, lambetadas, chupa chups seguro, ¿e se ela, a tendiña recobrou a vida?, entón, entón, calquera cousa é posible, e tamén aos meus miolos chegou Fita coa súa tenda tan real, tan chea de vida, tan de quererse, coñecemento, case tacto humano, e si, pensei no hiperfroiz, no gadis, no día, no lidl, e si, pensei na antiglobalización, pensei en xente horas e horas pii pii productos código de barras, soldos baratos, pensei en pequenas tendas baleiras, e lembrei que iso sempre me daba pena, e decateime de que sen sons, en silencio estaba cheo de rabia e tristura, revolucionaria e vital. Egoísmo e solidariedade profunda. A noite choraba e berraba. Chegamos ao noso fogar. Ollei as bolsas de plástico do día, do hiperfroiz, plástico, ollei o noso refuxio, mirei por dentro, alá no fondo. Concluín: os principios mantéñense, a pesar da comodidade ou o consumo. Si, culpable pero con eximentes, señoría, qué palabra, señoría que imparte xustiza, qué palabra, xustiza. Realmente volvín do otorrino afundido pero coa nosa esperanza. Nada para nun sentido relativo. Relatividade, esa é a palabra tantas veces, utopía outras tantas, honestidade, honestidade é a conclusión final, o premio sumamente difícil, honesto, responsable, coherente, traballador, histérico, neurótico, agobiado, esaxerado, arroutado, doce, brando, duro en doses, vivo, excitado, desmoralizado, feliz berrando, sincero calando, chorón, seco, sen bágoas, contradictorio, claro, lóxico, ilóxico, namoradizo, fiel, novo, vello corpo, espírito novo ou tampouco, e a estas horas todas as tendas pequerechas e hipermercados inmensos pecharon e eu pecho os meus ollos sabendo, intuíndo, crendo, e non sigo, porque xa non podería definirme, sabendo, intuíndo, crendo que son eu relativamente.

ir arriba

 

ir arriba

 Buscándome

Recoñezo que xa vou sendo maior, ata vello de corpo en circunstancias mil. Recoñezo. Recoñezo que aínda ando a procura de min mesmo. Vexo agora que cada movemento da vida é un fluxo propio, con entidade, unha época, un momento, un estar de novo diferente e ao tempo igual no día a día. ¿E agora en que movemento, época, tempo estou? Non o sei. Sei que cambie de novo perceptible e ás veces imperceptiblemente. Son o mesmo dalgún xeito que cando era un hippy idealista con 20 anos, o mesmo angustiado de sempre, o mesmo combatente, pero tamén son o que leva máis de corenta anos enriba, o que xa non busca a gloria na inmensidade do triunfo, senón na complicidade próxima. ¿A que renunciaches, tío? Pode que aínda a nada, pode que sexa antes cando renunciaba a máis, pode. ¿Son honesto? ¿Son íntegro e coherente? Esa pregunta dos exames, ¿saberías respondela ti? Eu creo que son todo o que podo e un pouquiño máis, que sei o que é a dor e a alegría, que sigo sendo o que prefire o "festín de amigos á gran familia", como dicía o Morrison. Sei da hipocrisía e o engano e a máscara e agora pronto chegará Entroido e odiareino coma sempre, tal vez porque odio as caretas, as máscaras, as festas de consumo impostas, tal vez porque sei demasiado de persoa, de máscara polo tanto, eu mesmo, tal vez, eu sexa o gran descoñecido incluso para min, entón, para qué diaños vou andar poñendo capas que enmascaren a quen busco. Son todo o que podo e un pouquiño máis, para ben e para mal, pero para nada suficiente. Si, son un becho; con aliñas de cando en cando. Pero, non te enganes, iso só é unha rápida definición que non define nada do todo. Así que. Xa. Sigo, buscándome.

ir arriba

 

ir arriba

 Escoitando a Mahler

E outra vez, qué marabilla, este adagietto da 5ª, que tristura, que inmensa fondura, que gloria bendita polos miolos dun xenio e as mans nos violíns, nas violas, na orquestra enteira, e nós, todas, todos elevándonos nun soño profundo, inmenso, eterno, nós amándonos paixón e sexo entre bágoas nós berrando coma nunca se escoitou nesta fodida terra berrar berrar por sempre coa gorxa afundida rota, doente e qué máis dá, hoxe pode ser o derradeiro día, desta bendita bendita música que alumea todo que abre todas as portas do sublime do infernal do innomeable, eu entro con vós da man, entro e entro e volvo entrar e o día que non sinta esto ao escoitarche, xenio, o día que toda a pel non se me poña a falar de tremor compartido, ese día estarei morto, en calquera sentido da palabra, morto, porque isto é a vida, isto é ser humano, humano, "demasiado humano" porque cando doe, fire tanto, fire tanto e tanto, como puñais cravándose en todas as vísceras, como o sufrimento máis insoportable. A vida, en todo o seu esplendor, gracias, gracias, Mahler, xenio, "capullo", por estes segundos, minutos nos que saio voando pola ventá, "mar adentro" dende tantos anos, e aquí, dende a miña agochada cova, vexo o mundo enteiro, sen pel, sen ósos, vexo sentimentos, fibras de cores que son sons, fibriñas, nervios, picos de ansiedade, amargura, loucura, beleza, estrondo, rabia, dor, estoupido, gloria, gloria, ledicia, alborozo, monstros e fadas e nada, nada, nada é prescindible, todo vale, cando soas, todo vale todo o ouro que non hai en ningún horizonte. Lento, ímonos, adeus, correndo, andando, correndo, rápido, andando pouco a pozo, lento, lento, lento e toda acaba polo de agora, todo acaba pero segue.

ir arriba

ir arriba

 Balonmán

Ben, para moit@s esta teima miña do deporte é non "intelectual" e ata "anti-nacionalista", en ocasións coma esta. ¿Cal é esta ocasión? Que hoxe, España gañou o mundial de balonmán. Que queredes que vós diga. Eu sufrín - e a palabra é exacta - tanto por este deporte. Creo que é a selección que máis veces me deixou baldado e desesperado por unha puñeteira derradeira xogada. Encántame o balonmán, xunto co basket, de seguro son dos dous deportes cos que pasei más ledicias e tristuras que significaron algo na miña vida.

Xa, xa, mira, cada un é como é, outr@s "flipan" cando se doutoran, non está mal, só que cada un é como é, ¿xa o dixen, non? Qué carallo, parece que me estea xustificando. Hoxe gañamos, veña, e no ensaio faláramos de que Croacia era fodida pero podiásmolle dar "caña" e alí blabla Túnez, que non foi tan difícil, ho, e cada un era da súa casa e nada, que molou mogollón este mundial, e que me alegro por este fermoso, fermoso deporte. Xa era hora de ser os primeiros nel. Levabamos moito tempo preto, é algo merecido. E na vida, non hai tantas cousas que persegues anos e anos e á fin consegues.

ir arriba

 

ir arriba

 Algúns principios básicos sobre o meu posicionamento ante o ser humano.


A proposta de Ibarretxe, a "constitución europea?", o nacionalismo galego. Escoito, gravo debates para as clases, afirmo, renego, nego, leo e toleo. Os meus principios básicos. Vai sendo hora de que deixe claro algún. Primeiro: o capitalismo neoliberal é noxento e vai contra a miña concepción de humanidade. Polo tanto, iso está por riba de Europa, Galicia ou Galiza e calquera nacionalismo. Segundo: se hai, polo tanto, algún movemento que neste momento me pareza moi moi próximo é o movemento antiglobalización. Radical e ata os últimos extremos. "Sexamos realistas, pidamos o imposible" é a utopía realizable. É dicir, se alguén pretende a miña confianza no becho humano, que teña claro que primeiro debemos demostrar entre todos que somos capaces de vivir en liberdade, xustiza, paz. Sen fame noxenta capitalista, sen desigualdades sociais desprezables, sen machismo brutal e funesto, sen guerras santas. Outro principio: os movementos de liberación da muller son do máis humano que un se poida levar as mans. ¿Ata cando escrava por acción e omisión? Aí vai outro principio: é estúpido matarse por crenzas relixiosas. E aí outro máis clariño: a relixión como crenza radical é en si mesma un medo absurdo ao baleiro. Agnóstico, antiglobalización, antibechohumano tal e como é ata agora. Mentres tanto, votacións europeas, Galicia - Galiza, Ibarretxe, Palestina - Israel, nefastos USA, mentres tanto hai que loitar como se poida día a día, pero o meu obxectivo final non é só un colectivo, que tamén, é, ante todo, o cambio global dunha especie, neste momento, en termos xerais (claro) absolutamente dexenerada.

ir arriba


 

ir arriba

 Pedro


Pedro colocouse as gafas. Dun xeito preciso. Para iso el era Pedro. Mirou -con aquela luz agora aplacada- cara ao ceo. Vai sol. Verán. Pedro pensou en ir á praia, en dar un paseo, en tomar algo. Dun xeito impreciso. Para iso el era Pedro. En todo caso, volveu colocar as gafas cunha precisión imprecisa porque para iso Pedro sentía ser a persoa máis solitaria do mundo enteiro.
A proposta de Ibarretxe, a "constitución

ir arriba


ir arriba

 Hoxe. 24/II/05


Hoxe vin moitas moitas moitísimas gaivotas, moreas delas voando arriba abaixo planeando por riba do río do Con, hoxe ao chegar do traballo, voaban ledas preto da miña casa. Hoxe traballei moito, moito pola mañá e berrei e falei e as rapazas e rapaces, os meus alumnos-as de súpeto vían cómo daba a volta o cubo, ou o pato era un coello ou cómo se movía aquel círculo interior. Dá gusto velos animados, participando, aínda que con estas cousas calquera. E, pola tardiña, antes de ir ao exame de recuperación, un accidente de tráfico tamén na beira do río, tamén moi preto da miña casa, e unha muller tirada no chan e a policía e xente nerviosa e unha muller nova, semellaba familiar pola cara nerviosa, atravesou a rúa sen mirar e eu freei e ela pediu desculpas coa man, e entón comecei a pensar no absurdo de sempre, no estúpido que son preocupándome por parvadas: porque aínda non rematei de corrixir, polo ordenador que falla, porque non vai o DVD, porque me doe algo a gorxa, porque teño xaquecas a miúdo, ben isto último non é tan parvada, por cousas que non me deberan estresar tanto e tanto e, sen embargo, acabo sen durmir, nervioso a tope e así non pode ser. Céntrate no fundamental. Mais un fai propósitos de emenda como eu agora, e un, eu mesmo, mañá volverei preocuparme porque lembrarei que hoxe, hoxe decidín vixiar o exame porque senón xa era un exceso con tantas facilidades que lles dou nas preguntas, e algúns entregaron en branco e collín, eu!!, chuletas, ai, deuses!!, e preocupareime por ter fichado o material da videoteca canto antes, por ter o traballo que sexa rematado e ben rematadiño canto antes, por ver de ensaiar ben, por... ¿por que son tan extremadamente responsable? E neurótico. Porque son Manuel, da ManuelSeixasNeuroband, he, he, Neuroband a secas, bo nome escollemos, si, si, porque somos todos bos, si, ho. Hoxe, qué breve resumo e cantas cousas non vou nin citar. Un día dá para moito. Derradeira escena: o home pensa no maldita e marabillosa que é a vida. Baixa o pano. Adeus. Estou moiiii canso.

ir arriba


ir arriba

 Muller con Pili

 

A muller fitaba as tellas abrasadas polo sol. Barro cocido na súa mente. A pesar da aparencia era un día de frío e xeada. A muller quedou sorprendida ante o pequeno gorrión que se movía ao seu, no seu mundiño, nun buraco entre as tellas e, si, fíxate, outro gorrión, seguro que facéndolle as beiras. A muller pensou no seu amado. Marcou o seu número abrasada polo sol interior diso que chaman paixón, amor, ou vai saber ti que. Corazón cocido na súa mente. Non contesta, como sempre. Corazón xeado na súa mente. Pechou os ollos soñando con paxaros e tellas e soles abrasadores e afastados galaxias planetas con lagoas de cristal e ouro lúas de arroz e prateadas árbores montañas de fluor e licor amargo e tamén e tamén... e tamén deixou de soñar. Abriu os ollos. Agora fita a foto daquel home. Enriba da mesiña branca branca do branco branco hospital. Sorriu. Aínda lle funcionaban os miolos a pesar da falta de rego. Mágoa do cancro de páncreas. Chegou a enfermeira. ¿Pili? ¿Era Pili?
- ¿Que, como estamos hoxe?
¿Pili? Si, debería ser Pili...¿ou... Luísa?, ¿ou... tal vez...? ¿Carme? Tantos días e noites leva alí que xa, xa... ¿Pili? Si. Pili.
- ¿Non tes ganas de falar, lo?
Fala, fala, muller.
- Si, si. Hoxe, hoxe estamos ben, Pili.
- ¿Que tal o seu Ernesto?
- Coma sempre, vai tirando, con achaques, pero é moi forte, moi forte, non coma min.
A enfermeira botoulle un sorriso cómplice. ¿Ou compasivo? Era compaixón, si.
- Veña, muller, que se el aguanta, máis aguantará vostede. Ande, métase na camiña. A ver que a axudo. Voulle cambiar o parche.
Colocadiña na súa branca cama, coa renovada morfina anegando o seu corpo todo, entre néboas intuía toda a vida que transportaban aqueles ollos negros espelidos de Pili, que xa saía, xa marchaba, toda presta, toda pispante, con tanta desenvoltura.
- Ata mañá, señora Mercedes. A descansar.
- Adeus, Pili.
Pili volveu sorrir. ¿Complicidade, compaixón? Compaixón cómplice.
Cruzouse coa compañeira que tiña a garda de noite.
- ¿De onde ves, Mercedes?
- Da 307 b, a señora Mercedes.
- Pobre muller. ¿Segue sen lembrar que é viúva?
- Segue convencida de que non o é, que non é igual. Mellor así.
- Pois si, porque para o que lle queda.
- Si. Creo que pronto deixará a cama libre.
- ¿Remataches a tarde?
- Rematei.
- Ben, ata mañá, Mercedes.
- Ata mañá, Pili.

 

ir arriba


ir arriba

 Atrapar o tempo I


Mañá atraparei o tempo, dixo.
Difícil tarefa, pensei.

ir arriba


ir arriba

 Atrapar o tempo II


E seguín pensando.
Atrapar o tempo.
¿Acaso un humano pode rachar coas regras espacio-temporais? Non falo de Einstein. Falo de atrapar, deter o tempo aínda que sexa un intre, un segundo máxico. Aquilo que dicía Nietzsche, que vivía Nietzsche na súa terrible (para calquera de nós) existencia: que paga a pena vivir toda unha vida tan só por un deses momentos plenos, pletóricos. "Pagou a pena por poder vivir isto". "¿Pagou a pena a nosa, a miña pequena vida por poder vivir un "isto"? Contesto neste intre nada máxico, do máis normal e rutineiro: Si.

ir arriba


ir arriba

 Atrapar o tempo III

 

Tal vez esteamos falando de felicidade e/ou dor concentradas e conscientes. É dicir, asumo a lóxica de que a felicidade, o alivio da dor, son case sempre en pasado evocado, poida que mínimo pasado, pero case sempre, repito, case sempre, pasado evocado.
Pero... ¿E esta maxia branca eterna do segundo feliz, no que te decatas de que todo encaixa no seu punto exacto e de súpeto sorpréndeste sabendo, sabendo consciente e cos ollos moi abertos que es feliz? ¿E esa maxia negra eterna do segundo doente, da dor inmensa, insoportable, na que tamén es consciente, plenamente consciente de que todo está escordado, cubista, arrasado, cos ollos forzados a non chorar sufrimento e rabia ou coa rendición ás bágoas rabiosas e sufridas?
A diferencia: Creo, hipótese irregular, ou fe racional, creo que a diferencia estriba en que na felicidade sabes con toda certeza que é un segundo e que pasa, pasa. Na dor, en cambio, creo que ás veces, xente coma min, tanta xente, pensa ter a sospeita insoportable de que está ante o principio dun longuísimo pesadelo. Supoño que é o de sempre. Ser positivo, ser negativo. Enerxía que dá vida fronte a desgaste mental que dá morte (a prazo máis ou menos curto-longo, pero morte á fin).
Fortaleza mental. Fortaleza mental. Practicar. Debo, debemos practicar. Fortaleza mental. Deixar fluír, relaxarse, flotar ledo ou machucado pero flotar, flotar con perspectiva positiva, ou cando menos, realista, obxectiva.
Se non, cada "segundo" de dor será á fin indefectiblemente máis poderoso que cada "segundo" de felicidade.
Xa o sabes, Manuel. Xa o sabemos. Agora a dificultade: Hai que levalo á práctica, ou sexa: ¡¡ facelo!!

ir arriba


 

ir arriba

 Raro

O día morría aquel xoves. E acababa de comezar. Era un día raro dentro dunha rara semana. O gato enredaba coa esponxa amarela na bañeira do servicio. Metido alí dentro para el tamén todo era raro, novo. Pasaron as horas. Raras. O día semellaba entrar en coma, nunha lenta agonía. Está morrendo o día. Deitáronse os fillos, os pais... Ninguén durmiu aquela noite. E todos, no universo enteiro, todos, humanos, animais e outros espécimes tiveron un raro pesadelo. E o día, morreu de raro puro.

 

ir arriba


ir arriba

 Raro (Versión pai Julio Iglesias)


¡Qué día raro, raro, raro, rarisisisísimoooo!!!

ir arriba



ir arriba

 Días de discusión

 

Levo algúns días de discusións varias.
Discusión de amigo da alma. Déixate tremendo o corpo enteiro. Escarallado todo. Descolocado. Pero, á fin, foi dúas "almas" histéricas e esgotadas que se cruzaron nun mal momento. Un lategazo brutal pero que quedou niso e nunha nova encarnación da amizade profunda.
Discusión coa miña amada.
Mala hostia ou berros. Por sorte, todo queda case sempre en malentendidos e o "quérote" segue sendo a nosa palabra. E a vida en común o noso obxectivo, a nosa salvación, a nosa ilusión.
Discusión coa profesora de relixión.
Vale, pero muller, se eu sempre defendín que se conserven os postos de traballo dos ensinantes de relixión. Vale, totalmente de acordo. Agora ben, eu sigo coa miña teima: nun ensino público a relixión única non debe ter cabida. Aínda que ela é unha profesora que, por sorte para o seu alumnado, non é dogmática, nin pecha as súas clases á doutrina vaticana pura e dura, nin moito menos. Nada contra ela, todo o contrario, "o seu deus me libre", pero en xeral a catequese na catequese. Outro día seguirei con isto de xeito monográfico.
Discusión-monólogo co meu alumnado de 1º de Bacharelato. Os comentarios de texto. Xa lles digo, non é culpa vosa (ou só vosa) porque chegades con anos e anos perdidos en canto a lectura comprensiva. Moita culpa, polo tanto, nosa. ¡Que tema máis grave! ¡Que impotencia! (Tamén terei que falar do ensino a fondo). As palabras son tan importantes neste mundo: encerran e preparan a praxe, abren o sentimento, a emoción, o DESCUBRIMENTO, a vida consciente e crítica.
Poida que esteamos condenando a xeracións enteiras a non ver máis que o aparente. A que se queden na opinión da que nos falaban os gregos , non no que eles xa sabían tan ben que había que buscar: a esencia, a episteme.
Encántame a imaxe, claro que si, pero tamén aí, sen comprensión fonda, todo se queda nun luxo innecesario, nun accesorio. Como lle está a pasar á palabra.
Tal vez, tal vez, estea esaxerando todo. Igual son do paleolítico. Igual eu era máis ou menos igual. Pois pode que si. Igual hai que adaptarse a certas cousas. Entre outras ao paso do tempo e ao paso das épocas.
Mais nunca, nunca, adaptarse á mala xente, á que falta ao respecto a sabendas, á que non ten nin un mínimo de disciplina, compaixón ou arrepentimento. Non, se ao final eu resulto ser máis cristián que a maioría dos que tal se chaman. (E se fora 007, diría algo así como: "Nunca digas nunca xamais").

 

ir arriba



ir arriba

 Baixote



Foder, pois vai semaniñas. Non acabo de atopar o meu centro. Máis ben, ando arriba-abaixo e, por desgracia, máis abaixo que arriba. Pode ser cousa de baixar a medicación, cousa de estar loitando contra as xaquecas, cousa de que estou algo parvo e canso, cousa de que teño dúbidas. Ou as dúbidas son polas outras causas. Dubido de se estou a facer o correcto como profesor. ¿Debo facilitar en ocasións tanto as cousas? ¿Debo ser máis cabrón e "fillo puta"? Aínda que quixera non podería e non debería. Pero supoño que si teño que endurecer certos aspectos. Neuroband. Está parado, pero eu tampouco estou avanzando. Dubido de futuro previsible ou totalmente imprevisto. E esa angustia de fondo, no estómago como centro físico aparente, esa maldita que volve e que te aprisiona. Pero eu sigo. Coa cabeza máis ou menos ergueita. Outros baixóns mil, cen mil, trillóns de veces máis grandes pasei e quen sabe cómo serán os que de seguro de cando en vez (espero non continuos, por favor) estarán por vir.
Loito comigo e contra min. Tiro para adiante e afronto os días e os problemas e os traballos. De seguro non coa forza mental e a seguridade de non hai moito, pero aquí estou. Traballándome, coma sempre. Coma sempre.

ir arriba


 

 

ir arriba

 Chave 129

A chave 129. Petrificada fronte a min. Collina. Abrín a porta da biblioteca. Moreas de libros, encaixados, organizados, fichados como os presidiarios. Efectivamente cheiraba a pechado, a traballos forzados. Efectivamente era a biblioteca. E non sentín vida. Sentín que aqueles libros non eran queridos e agarimados por mans ávidas e novas. Só usados. Ata maltratados. Lóxico? Ensino obrigatorio. Post-obrigatorio. Mundo de cartón-pedra. Lóxico. Cerrei a tumba e marchei en busca de vida, ou algo quente, ou unha auga do tempo, embotellada, por suposto. Das grandes. Si.

ir arriba


 

ir arriba

 Na tarde máis escura

Na tarde máis escura apareceu un sapo de mil cores. Faloume dun mundo estraño que limitaba con todo, fronteira de nada. O sapo deixaba caer as palabras lentas, gozando na súa preguizosa saborosa linguaxe. Os oídos meus recibían todo aquel o seu mundo como se por primeira vez os atravesaran palabras novas incribles inesperadas. Na tarde máis escura descubrín mil universos quiteille o veo a mil segredos ofrecín o meu corpo a miña vida toda á mensaxe do sapo de mil cores. Agora, xa noite, son outro. Pero non podo describir con palabras os universos os veos descubertos os segredos. E tento non pechar os ollos, non pechar os ollos, non pechar os ollos, non durmir non durmir non durmir porque avisoume avisoume ben: co soño chegará o esquecemento. Non podo máis, non podo máis, vou quedar durmido. Mañá só saberei do sapo, de todo o que fun, de toda a súa revelación na tarde máis escura, por estas liñas que agora deixo para saber que non foi un soño antes do soño.

ir arriba


 

ir arriba

 Facer o amor

Facer o amor é un soño real. Non estou a falar de película americana barata, bum, bimba bimba, patapum!!, ouh!!, ouh!!, non, en serio. Follar é magnífico, necesario. Follar é ou pode ser un gran caramelo, rico e cheo de paixón con sabor a corpos que estoupan. Pero facer o amor mentres se folla. Puff! Que inmensidade. Que orgasmo máis cheo de beizos unidos, bicos, amarrados ata a morte, descansar así entre fluídos de amor sexual entre os brazos palpando a pel querida. O sorriso é outro e a vida encaixa á perfección. Non, non é cuestión de moito nin pouco, cantidades-empresa, non; é cuestión de que cada facer o amor é único: exquisito, animal, emotivo, sonoro, glorioso. Gozoso. Logo, xa, xa sei, a vida segue, xa. Pero ¿quen che quita esa maxia? Ha, ha, ha, ha, para nós, para sempre. Aínda que sexa na memoria. Aínda impotentes e velliños. Amaches amáronte e quedou plasmado nunha cama coas sabas enredadas, como os vosos, nosos corpos fermosamente espidos. Podo ver o teu corazón, podo atravesarte toda, podes ver o meu corazón, podes atravesarme e tocalo. Pracer pracer pracer amando. E sorrimos cheos do outro.

ir arriba


ir arriba

 Metamorfose

Levanteime unha mañá e aparecín convertido nun ser con barriguiña, cara redonda e pelo branco. Ben, non é tan kafkiano. Foi más progresiva a metamorfose, pero non tanto. Vexo a miña foto de contraportada de Bailarina (1999) e sigo a ser o que era, o tío extremadamente delgado e con cara afiada. Hoxe, abril 2005, a metamorfose é cada vez máis clara. Un cambio hormonal pola idade, non poder facer exercicio por culpa da protusión discal, as galletas que me trago gracias ás pastillas para os nervios que reteñen líquidos e dan fame, esas son, supoño, as causas básicas. Se o prezo por vivir en paz é esta metamorfose (que ao mellor sen tantas pílulas pasaba igual porque xa me tocaba, que os anos non pasan en balde) bendita sexa.
Ao principio, ben certo é, non me recoñecía, e familiares, alumn@s ou amig@s que me vén despois de anos alucinan bastante. Sempre pensei que loitaría contra a miña enfermiza delgadeza, xa ves ti. Nunca me gustaron as barrigas, xa ves ti.
Atópome agora cos meus 43 para 44 nun lugar raro. Non é xa a crise dos 40 (creo que a pasei), pero si a dúbida sobre a túa imaxe (ben, iso é parte da crise, así que contradicción). Xa para tant@s es "MAIOR", "VELLO", e eu, por dentro, sigo tan novo e tan vello como sempre, coas miñas arroutadas rabias paixóns medos inquietudes ( e aínda berreando nun grupo cañeiro!!!); máis canso, home si, pero máis novo que tant@s nov@s que coñezo.
Xa non sei se son atractivo. Pode parecer unha parvada. Pero é o feito de caer na conta de que xa as mulleres non te miran con interese. Ben, se temos unha conversa e todo iso, os atractivos entón relativízanse. Pero é algo ao que tes que adaptarte nesta metamorfose. Nunca fun de guapo (non é esa a idea que tiven xamais de min), pero si de ser consciente de poder atraer fisicamente a moi diferentes persoas. Agora, deste "capullo" vexo saír unha bolboreta, pero rara. Polo tanto, conclúo que:

Manuel, ti tes que sentirte atraído primeiro por ti (ti todo. Estar a gusto contigo); Manuel, ti atraes á muller que máis te importa, á que comparte a túa vida contigo. Manuel, ti tes 43 para 44 e hai que levalo con dignidade e seguridade. E barriga. E canas opcionais. Uf!, quedei a gusto. Mira que son "gilipollas", pero tiña ganas de soltalo ao aire.

ir arriba


ir arriba

 Parece que morreu o Papa


Espectáculo multimedia. Sairán vídeos, DVD´s en edición coleccionista e ata que poida que xogos para videoconsolas e PC, xogos interactivos: "Escota e repite as palabras sagradas do Papa moribundo" E os xogadores repiten. "Mal. Entoaches como se se entendera algo, mal, mal." "Querer volver a empezar" "Pulsa tal..." Ao papa moribundo non se lle entendía nada; realmente nada dicía. Pero carallo se se lle entendía antes (sempre) a Wojtyla e ao seu dogma católico apostólico romano. Un papa hiperconservador. E aí están os feitos e a historia. Sempre do lado dos que forman o imperio político, non sendo o seu detalle (de agradecer) na postura fronte a guerra de Iraq. E o mellor de todo: pedir perdón pola multitude salvaxadas pasadas. Ben, só por "setentaetantas". ¿Cantos séculos teremos que agardar a que pidan perdón polos mortos evitables debidos á teima do condón?
Claro, por iso Teresa de Calcuta semella santa. No sentido kantiano pode ser: cumpriu sempre co seu deber dogmático. No meu modesto entender, para nada santa, dende unha simple perspectiva de lóxica humana, de dignidade humana. Se ti curas feridas e enfermidades e deixas a túa vida por moita xente, vale, santo-santa, todas as loanzas para ti. Pero se resulta que dentro desa moita xente están os que ti curas porque ti os "enfermaches", os que ti condenas á morte por acción ou omisión ao permitir-obrigar que se infecten porque o di o teu dogma. ¿Iso é un ser humano santo? ¡Por favor! ¡Que interesante santidade! As cosas seica funcionan así.
En todo caso, alegrémonos todos e todas, meus irmáns/irmás, porque tivemos doses dabondo de papa. E aínda nos queda o enterro para este venres, o conclave e a aparición do espírito santo para que alumee esas cabeciñas, e iso, a gozar vendo todo iso nas teles privadas mañá tarde e noite, e ¡como non!, "¡moi ben, PSOE, coherencia!", na pública en doses de cabalo.
Ata nas revistas e programas do "corazón", que palabra para esas revistas e programas en xeral. ¡Estamos tolos! ¡Están tolos estes romanos! Pero como sempre lle digo ao meu alumnado: hai que ver a tele con ollos críticos, e ler as revistas do corazón de igual xeito, e así vendo as fotos e os reportaxes dos enviados a Roma podes caer na conta de que o coche máis "barato" no que chegaron ata agora parte dos elixidos é un Golf GTI. O máis barato! Mercedes, BMV, Audi, etc., etc., sen ningún escrúpulo. Ah!, preciosa relixión baseada na pobreza, humildade e igualdade entre todos os seres humanos da que falaba un tal Cristo que esqueceron hai moitísimos séculos. Se non que llo digan aos cristiáns de verdade, que quedan, pero pouc@s, ou á teoloxía da liberación; por suposto, para toda esta xente Wojtyla non é nin un grato recordo.
Seguirei ollando de cando en vez esta preciosa mentira engalanada con pulcro púrpura e ouro, moito ouro que cega os ollos e enche as arcas do/s seus Banco/s non metafísico/s. Físico/s e ben físico/s. "O papa morreu, viva o papa". O que acabou co comunismo (¡o que hai que oír! As cousas caen polo seu peso. Estudiade a lei da gravitación universal de Newton e facede unha simple recompilación de datos e aplicádeos rigorosamente á política, por favor!). O malo é que así estamos, así nos vai, e os séculos pasan inexorables.

4/IV/05

Nota: Recoméndovos un fabuloso artigo de X. Antón L. Dobao, aparecido en Vieiros ao día seguinte de que isto escribira. Á parte de darme moral, e de confirmarme que somos moit@s os que estamos no mesmo lado, consegue dun xeito magnífico clarificar cousas que eu só apuntei aquí.

ir arriba


ir arriba

Breve refexión sobre a situación da Filosofía no novo proxecto educativo do Psoe e outras consideracións xerais sobre o ensino

Cada cambio de goberno, @s que nos dedicamos ao ensino da Filosofía estamos preparados para unha nova "traca" . Que 3 horas en vez de 4. Que obrigatoria en 2º só para "letras", logo para todo tipo de bacharelato e agora vén o PSOE e en 2º obrigatoria só para ciencias. Incrible. Non pola ligazón íntima que Filosofía e Ciencia manteñen, (realmente Filosofía e Ciencia foron sempre unha, e hai esta optativa "polo momento" denominada "Filosofía da Ciencia" e como ocorría nos primeiros filósofos de Mileto: "podía haber un físico que non fora filósofo, pero todo filósofo era físico"), polo tanto, repito, non por esa íntima unión senón porque resulta INCRIBLE que unha materia (das poucas existentes actualmente no ensino) na que se "obriga" dun xeito explícito nos propios currículos e obxectivos da materia a formar persoas con madurez, sentido crítico, visións persoais, etc., é dicir, unha materia a priori para nada "conservadora" senón claramente "progresista", e progresista de verdade, aínda que se estudie "Sto." Agostiño ou "Sto." Tomas, sexa maltratada sistematicamente por un partido que se di progresista. INCRIBLE.
Semella que as mentes "pensantes" de alá arriba: políticos e supostos "sabios" que andan polas nubes do Olimpo queren que nos dediquemos a outros mesteres e supoño que remataremos cubrindo o noso horario coa nova patriótica constitucional "Educación para a cidadanía" (mal menor?) e se non con disciplinas "afíns" (boa palabra tamén, que enmascara barbaridades como ter que dar música, latín ou o que cadre). É dicir, a nosa carreira, aquilo para o que nos preparamos durante anos, a dura oposición, o noso esforzo, a nosa formación, os nosos cursiños para a mellor maneira de enfrontarnos ao noso traballo de profesores de filosofía rematará por non ter sentido ningún, por non ter nada que ver co que faremos no NOSO TRABALLO?
E máis se temos en conta que o profesorado en xeral está OBRIGADO cada vez máis a ser policía, vixiante xurado de gardería, psicólogo, pallaso, familiar máis próximo ao alumnado, etc., etc. E, claro, TEMOS MOITAS VACACIÓNS. Que veña un/unha d@s que di iso e se poña no meu lugar. Un mestre que se toma o seu traballo en serio esgótase física e psiquicamente dun xeito brutal e demoledor. Deixa parte das súas forzas, da súa vida, cada día en cada hora nas clases, nas aulas. E, despois, na casa, corrixindo e corrixindo, tentando mellorar as clases, os apuntamentos, os detalles... NON SE DESCONECTA CANDO SOA O ÚLTIMO TIMBRE
!! E moito máis en materias que teñen que "tocar fibra" como a Filosofía (ou a Literatura, por poñer outro exemplo).
Recoñezo e cónstame que hai compañeir@s en moitos institutos que non dan un pao a auga e viven como "Dios". Pero iso é culpa de quen llo permite nos propios centros: alumnado, claustro, dirección, e inspección que inspecciona basicamente burocracias baratas, papeis e moito cuño e pouco máis.
Remato, polo de agora, que isto era breve. Haberá que ir asumindo a situación. Xa se está a ver nos novos modelos de exame: chape, chape, chape. ¿Comentario de texto? Asumamos a derrota. Xa non están os tempos para cousas raras. Pensar molesta e moléstalles.

Unha cidadanía que non pensa criticamente non é unha cidadanía educada. Non é nin cidadanía. É "carne de cañón" utilizable, moldeable, "si señor" e a quen teño que votar? Aos dos telediarios ou telegaitas, qué máis dá, qué máis ten, a min que me importa, a min non me afecta, iso non me interesa e logo extrañádevos de cómo vai o mundo e logo dicide que apoiades un ensino público de calidade. HA! Ás monxiñas, que polo menos xa sabemos o que hai, non señores?

ir arriba



ir arriba

De novo: o ser humano

Que somos por natureza? Cal é a nosa esencia? Resulta inevitábel caer no pesimismo antropolóxico ante tanta barbarie, morte inútil, violencia, inxustiza. Poida que Hobbes teña razón: puro egoísmo. Poida que sexa certa a afirmación de que "somos o peor virus que xamais habitou este planeta". Porque, se non, qué explica tal cantidade de maldade século tras século. Tal cantidade de estupidez humana. Nietzsche buscaba a superación deste "ser híbrido: metade fantasma, metade planta"; eu non busco o Superhome nietzscheano (sempre tan mal entendido) pero creo que a propia lóxica da nosa natureza odiosa explica que todas as grandes revolucións baseadas en ideais "dignos" ou "bondadosos" fracasaran: o "Amor" cristiá (de Cristo, non da Igrexa), a "igualdade, liberdade, fraternidade" dos revolucionarios franceses, a "Xustiza social" do comunismo marxista, etc. Todos confiaban no ser humano como proxecto mellorábel. Conclusión: Semella que non se pode confiar nunha especie así. Tan só en "mutantes" (non sabemos cántos hai entre nós) de corazón inmenso, principios nobres, compromiso real ante a inxustiza, en fin, loitadoras e loitadores que teiman contra a brutalidade da súa "especie nai". Oxalá nos "colonicen" algún día e fagan deste planeta un mundo que un poida ollar globalmente sen ter que tentar controlar a rabia ou no vómito.

ir arriba


 

ir arriba

NUNTIO VOBIS GAUDIUM MAGNUM: HABEMUS PAPAM" ("Anúnciovos unha gran alegría: Temos Papa")

Que ben! Que sorte! Que ledicia! Outra vez todas as cadeas televisivas, as ondas radiofónicas falando do único. A SER peor cá COPE. A pública superando a Tele 5, a Antena 3!! Canal + dálle que dálle. España laica. ¡Toma España laica! Neste telemaratón publicitario hai mar de fondo. Hipótese probable: Os socialistas queren demostrar que son "boa xente", que son coma todos (ai!, PPSOE, vaia, vaia), que tranquilos, que o da relixión era outra carallada, que vai estar, e vaia se vai estar!, non só no ensino, vai estar como toda avida, xa sabedes, tranquiliños, tranquilamente podedes darnos o voso voto cando o precisemos, xa tiñamos a Bono como caudillo da patria e da relixión profunda, pero non era suficiente, así que xa vedes: os nosos telediarios con Lorenziño Milá en Roma, Iñaqui Gabilondo en Roma, Gema Nierga: Roma, Roma, Roma. "Donde está la noticia allí está la SER" Todo o día, señores de Prisa? Tan excesiva e impudicamente? Ai, políticos e medios informativos de patacón! E logo, ata se atreverán a tentar"meterse" coa igrexa. Poida que por vergonza ou por recuperar voto "progresista" (Que mágoa, outra oportunidade histórica perdida, Zapatero!). Con que forza moral poden logo pedir un voto de "progreso", facendo esta campaña do medievo inquisitorial cos medios do século XXI? Hipócritas e covardes. ESPAÑA CATÓLICA, APOSTÓLICA E ROMANA.Habemus Papam: Ratzinger, que agora xa empeza a ser ata unha "esperanza de renovación". Moito tería que tolealo o espírito santo para que tal ocorrera. Iso si que sería un milagre. O milagre de que a igrexa macroestructura dinosauro e o seu novo "xefazo" avanzaran cara adiante nos problemas sociais, nos auténticos problemas do ser humano; que loitaran contra as mortes que eles fan máis posibles, máis brutais en estatística e carne viva. ¡Cristo bendito! ¿Lembrará este inmenso monstro cheo de bispos e cardeais, lembrará algún día algunha das marabillosas ensinanzas dese pobre home: Cristo? A igualdade, a xustiza, o amor, o perdón... Pero, de verdade, eh¡?, non de blabla bla, amén, qué dixo o cura? Non sei. Amén. Qué máis ten. Qué mais dá. Amén. E punto e segue o rosario. Beeeeeeee!!!!

ir arriba


ir arribaESCRITO CONTRA A SITUACIÓN DA FILOSOFÍA NO ANTEPROXECTO DE LEI DE EDUCACIÓN SOCIALISTA (En galego e en primeira persoa)

Estimad@s señor@s:
A filosofía é unha "arma cargada de futuro". Unha arma de palabra e praxe. Que un goberno progresista diminúa a probabilidade de educar o sentido crítico, a madureza persoal, o contacto co mundo no que vivimos, resulta non xa paradoxal, senón frustrante. E, por ende, contradictorio co propio anteproxecto que xa comeza no apartado de "Fines", sinalando no punto a): "el pleno desarrollo de la personalidad y de las capacidades de los alumnos". ¿Poden dicirme algunha disciplina que se centre máis que a Filosofía no desenvolvemento da personalidade?, e continúa, por exemplo, no punto d): "el desarrollo de la capacidad de los alumnos para regular su propio aprendizaje, confiar en sus aptitudes y conocimientos, así como para desarrollar la creatividad, la iniciativa personal y el espíritu emprendedor". "¡Sapere Aude!" "Atrévete a saber. Ousa servirte do teu propio entendemento sen a guía doutro". Esta cita de Immanuel Kant non precisa máis comentarios respecto ao final do punto d) cuxos finspretenden conseguir. E, fíxense no 1º PRINCIPIO XERAL que vostedes indican para o bacharelato: "El bachillerato tiene como finalidad proporcionar a los alumnos formación, madurez intelectual y humana, conocimientos y habilidades que les permitan desarrollar funciones sociales e incorporarse a la vida activa con responsabilidad y competencia. Asimismo, capacitará a los alumnos para acceder a la enseñanza superior." A filosofía foi e é un dos alicerces fundamentais da madureza intelectual humana; confío en que non teñamos que lamentar en xeracións futuras esa perda de madureza e responsabilidade coa nosa especie.
Creo que na situación actual non nos podemos permitir (nin instancias educativas, nin políticas) non educar na comprensión do pensamento máis fondo do ser humano. E, moito máis, nun nivel como o bacharelato, onde o alumnado, debe saír preparado para enfrontarse non só a Universidades ou Ciclos, senón tamén á vida.
Modestamente, creo que deberían reflexionar seriamente, porque de ser así, chegarían loxicamente á conclusión de que a Filosofía, -sexa a Filosofía I de 1º de bacharelato, ou a Filosofía II ou Historia da Filosofía-, ten que ser obrigatoria (materia común) en todas as modalidades de Bacharelato, como o é neste momento. Sentido común e unha predisposición a contar cunha cidadanía que poida pensar por si mesma. Non chega coa materia "Educación para a cidadanía"; é imprescindible seguir sendo conscientes do noso pasado histórico, pero, sobre maneira, do noso pasado humano, dos porqués da filosofía da historia, dos porqués en xeral, do "amor polo saber", do amor pola verdade. ¿Están dispostos a que un enorme número de alumnado, de PERSOAS, perda ese tesouro?
Tampouco se trata, - e penso que esa é a "filosofía de fondo (seguramente chea de boa vontade) do anteproxecto -, de unir esa triste separación ciencias/letras, cun camiño que se queda a medias de todo, "Filosofía" para o bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía e "Ciencias para o mundo contemporáneo" para as modalidades de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais. Non. Apoio esa nova materia para todas as opcións de bacharelato, ao igual que ten que ocorrer coa Filosofía. Dese xeito si estariamos "unindo" dous mundos que por desgracia se teñen separado.
Lamentablemente un goberno progresista pode chegar a tomar unha decisión propia dun goberno conservador. É dicir, que non se fomente que a xente pense por si mesma, senón polo que diga o "Urdaci de turno". Oxalá non cometan este gravísimo erro, polo ben de todas e todos, incluído o ben do seu partido político se pretende realmente mellorar esta sociedade e facela moderna, crítica, reflexiva, tolerante. Resumindo: unha sociedade con "talante" vital.


Atte.:

Manuel Seixas.
Xefe do Departamento de Filosofía do I.E.S. Vilanova de Arousa
27/IV/05

ir arriba



ir arribaESCRITO CONTRA LA SITUACIÓN DE LA FILOSOFÍA EN EL ANTEPROYECTO DE LEY DE EDUCACIÓN SOCIALISTA

Estimad@s señor@s:
La filosofía es un "arma cargada de futuro". Un arma de palabra y práctica. Que un gobierno progresista disminuya la probabilidad de educar el sentido crítico, la madurez personal, el contacto con el mundo en el que vivimos, resulta no ya paradójico, sino frustrante. Y, por ende, contradictorio con el propio anteproyecto que ya comienza en el apartado de "Fines", señalando en el punto a): "el pleno desarrollo de la personalidad y de las capacidades de los alumnos". ¿Pueden decirnos alguna disciplina que se centre más que la Filosofía en el desarrollo de la personalidad?, y continúa, por ejemplo, en el punto d): "el desarrollo de la capacidad de los alumnos para regular su propio aprendizaje, confiar en sus aptitudes y conocimientos, así como para desarrollar la creatividad, la iniciativa personal y el espíritu emprendedor". "¡Sapere Aude!" "Atrévete a saber. Osa servirte de tu propio entendimiento sin la guía de otro". Esta cita de Immanuel Kant no precisa más comentarios respecto al final del punto d) cuyos fines pretenden conseguir. Y, fíjense en el 1º PRINCIPIO GENERAL que ustedes indican para el bachillerato: "El bachillerato tiene como finalidad proporcionar a los alumnos formación, madurez intelectual y humana, conocimientos y habilidades que les permitan desarrollar funciones sociales e incorporarse a la vida activa con responsabilidad y competencia. Asimismo, capacitará a los alumnos para acceder a la enseñanza superior." La filosofía fue y es una de las bases fundamentales de la madurez intelectual humana; confiamos en que no tengamos que lamentar en generaciones futuras esa pérdida de madurez y responsabilidad con nuestra especie.
Creemos que en la situación actual no nos podemos permitir (ni instancias educativas, ni políticas) no educar en la comprensión del pensamiento más hondo del ser humano. Y, mucho más, en un nivel como el bachillerato, donde el alumnado, debe salir preparado para enfrentarse no sólo a Universidades o Ciclos, sino también a la vida.
Modestamente, creemos que deberían reflexionar seriamente, porque de ser así, llegarían lógicamente a la conclusión de que la Filosofía, -sea la Filosofía I de 1º de bachillerato, o la Filosofía II o Historia de la Filosofía-, tiene que ser obligatoria (materia común) en todas las modalidades de bachillerato, como lo es en este momento.
Sentido común y una predisposición a contar con una ciudadanía que pueda pensar por sí misma. No llega con la materia "Educación para la ciudadanía"; es imprescindible seguir siendo conscientes de nuestro pasado histórico, pero, sobre manera, de nuestro pasado humano, de los porqués de la filosofía de la historia, de los porqués en general, del "amor por el saber", del amor por la verdad. ¿Están dispuestos a que un enorme número de alumnado, de PERSONAS, pierda ese tesoro?
Tampoco se trata, -y pensamos que esa puede ser la "filosofía de fondo (seguramente llena de buena voluntad) del anteproyecto-, de unir esa triste separación ciencias/letras, con un camino que se queda a medias de todo: "Filosofía" para el bachillerato de Ciencias y Tecnología y "Ciencias para el mundo contemporáneo" para las modalidades de Artes y Humanidades y Ciencias Sociales. No. Apoyamos esa nueva materia para todas las opciones de bachillerato, al igual que tiene que ocurrir con la Filosofía. De esa forma sí estaríamos "uniendo" dos mundos que por desgracia se tienen separado.
Lamentablemente un gobierno progresista puede llegar a tomar una decisión propia de un gobierno conservador. Es decir, que no se fomente que la gente piense por sí misma, sino por lo que diga el "Urdaci de turno". Ojalá no cometan este gravísimo error, por el bien de todas y todos, incluido el bien de su partido político si pretende realmente mejorar esta sociedad y hacerla moderna, crítica, reflexiva, tolerante. Resumiendo: una sociedad con "talante" vital.


Atte.:

Manuel Seixas.
Jefe del Departamento de Filosofía del I.E.S. "A Basella" - Vilanova de Arousa
Pontevedra. Galicia.
27/IV/05

ir arriba


 

ir arribaAs eleccións galegas do próximo mes de xuño

Franco morreu na cama. Creo que sería frustrante que ocorrese o mesmo con Don Manuel. Non pola forma de morrer, por suposto. Non lle desexo o sufrimento inhumano nin ao meu peor inimigo. Se non porque significaría que unha vez máis Galicia e @s galeg@s semellamos estar na prehistoria (Oxalá: matriarcado e comunismo de bens, entre outras cousas).
Non creo que poidamos esquecer o sabor da amargura despois das elección tralo Prestige, trala Negra Sombra. A min, persoalmente (inocentemente, se queredes) custoume traballo asumilo.Asumir a indignidade, a indecencia dunha gran parte d@s que comparten supostamente contigo un conxunto de emocións, historia común, etc., que denominamos POBO.
Non me valen escusas de Galicia profundas, nin dos cartos, nin de nada. Patético.
Agora a situación podería trocar politicamente. E lamentablemente, moitas e moitos non sabemos a quen votar. Sabemos que non é bo para o país nin para a saúde a continuidade de Fraga e o seu PP de telegaitas, mais @s que realmente sentimos a esquerda, vemos o horizonte desta con treboadas varias. O PSOE é unha alternativa "light", mais alternativa. Obxectivamente no Estado Español ( a pesar de Bonos, Ibarras e demais) non se respira a atmosfera negra, fascista e mentireira a ultranza da dereita. Aínda que aquí necesitamos -necesitan-, algo maia forte, máis contundente e serio en rigor político e risco que Touriño e acompañantes. É dicir, un bloque galego homoxéneo e socialista. Xa. Non temos, por un casual, un Bloque contundente e de esquerdas? A situación do BNG vén sendo triste para quen confiabamos neles como azote ao PSOE para que non se durmira, nun suposto goberno de coalición PSOE-BNG. A saída pola "porta de atrás" ou "pola porta grande" -segundo quen o mire-, de Beiras, toca fibra fonda nunha parte do electorado de seu. Tamén a indefinición en temas fundamentais para o país.
En todo caso, eu seguirei remoendo a quen votar sabendo que para xente moi ben pensante e honesta o voto en branco ou a abstención é o máis coherente se non hai unha forza política na que poidas depositar a túa confianza con algo máis cuns mínimos hipermínimos. E seguirei remoendo porque quero que tamén aquí se poida respirar un pouco. Que se marchen os espectros da noite de pedra (que mira que é longa, Celso Emilio) e que veñan aires novos. Non os puros desexados? Ben. A pureza en política é case unha utopía. E non sei se debín engadir o case. Así que decidirei, votarei se non hai forza maior e agardarei unha victoria PSOE-BNG, BNG-PSOE. E espero, que de ocorrer esta victoria, non nos defrauden e pasen barbaridades intolerables como as do concello de Vigo e demais. Será como con Zapatero. Terán a confianza lexítima do pobo, pero non lles deixaremos pasar nin unha. Así somos @s de esquerda. Con conciencia e ideas propias. E moi críticos. Ou así deberiamos ser, penso eu.

ir arriba


ir arriba Saúde

Cando as costas doen, os ollos choran, o estómago e o ventre tiran de ti para baixo. Á fin, isto que nos pasa estas semanas semellan ser pequenas cousas. Pese a todo, unha vez máis tomas consciencia de que a vida é diferente co malestar físico (e non digamos psíquico).
A saúde. Sempre o repito, unha e mil veces, típico tópico: saúde, amor e o diñeiro imprescindible para subsistir. Case nada.
Xunto as man rezando á sorte para que o sufrimento da enfermidade non pise demasiado esta casa e, de paso, as dos humanos que andamos por este mundo.

ir arriba


 

ir arriba Campións

Ser do Barça é para min un sinal de identidade. Cumprido o soño interminábel de ser campións de Europa de básket, agora acabamos de ser campións de Europa de balonmán, de xoquei patíns e, despois duns cantos anos, de fútbol. É, esta última unha ledicia que xa nos ía tocando. E que comparto con todos os "culés" coma min.
De neno, todos os outros rapaces eran do Madrí, entre outras razóns a fundamental: porque sempre gañaba. A min non me van moito os gañadores. E menos cunha camiseta e calzón tan feos (branco de muda limpa de "mamá"). Así que blaugrana. Somos un equipo diferente, unha emoción non centralista e, sobre todo, sabemos o que é sufrir e por iso sabemos o que é gozar coas victorias. É como a vida mesma. Só aqueles que perderon moito saben o que é gañar algo. Non somos acaparadores, he, he. Ben, pois así me "mirou" onte a miña ameba coa nosa Olympia nova.

GOL DE ETOO!!
QUÉROTE ETOOOOOOOOOO!!!
CAMPIÓOOOOOOOOOOONS!!!
GAÑAMOS!!!!
HOLLIGAN CASEIRO I
HOLLIGAN CASEIRO II
ROOOOOOOOONALDINHOOOOO!! (TOMA!!)
Á FIN A CALMA FELIZ

 

Xa vedes, cousas de nen@s grandes. Que son as cousas que alegran uns momentiños unha vida e un mundo tan complexo. Ánimos sempre á xente do Atlético de Madrí, a ver se sube o Celtiña e os merengues, tranquilos que xa tedes demasiadas copas e copóns, ho!

ir arriba


ir arriba O traballiño do ensino I

Vai rematando o curso e unha vez máis terei que reflexionar o meu "cabreo" con todo este sistema que falla por todas as súas patas. De seguro, comezando pola miña. Así que, vou preparando os miolos para soltar a finais de xuño todo o que fun tragando este curso. En todo caso, xa cheguei ata aquí e o alumnado a quen lle din clase creo que recibiu todo o mellor que lles puiden dar. Outra cousa é como o vexan elas e eles. Outra cousa é a burocracia e o gremialismo, outra cousa é... Xa seguirei

ir arriba



ir arriba Comeza Xuño
Comeza Xuño e eu estou tirado por dentro. Un mes levo enfermizo con esta treboada no estómago, no intestino delgado e groso. Unha proba máis. E teño que aprobala. Non me fai gracia a gastroscopia. ¿A quen? Faime gracia, ilusión, a mestura "praia-chiringo" e todo o que a acompañaba. Loitarei por iso e por que teñamos un verán razoablemente tranquilo e feliz a medio curto longo prazo.

ir arriba


ir arriba Dezanove de Xuño
Xa vedes. ¿Por que subo poucas cousas ultimamente á paxina? Porque estou maliño. Ao final, non será unha gastroscopia, senón unha colonoscopia e unha ecografía e cada vez atópome peor, sen forzas, co servicio e o medo na cabeza. O 21 as probas o 30 os resultados. Longo Xuño, ¿rematarás ben, lindo? Veña, ho. Poida que colite ulcerosa, colon irritable, pólipos ou algo peor, pode que algo mellor que todo o anterior, unha pasaxeira inflamación ou algo así, xa me gustaría. En todo caso, hoxe, a miña amada e mais eu fomos votar e agardo que hoxe cambie un pouco o mundo de fóra, que poidamos respirar un pouco, que se acabe parte da longa noite de pedra. Sería un bo sinal, sendo egoísta, para dentro de min, para os meus ánimos. Saúde e cambio, compañeir@s.

ir arriba


 

ir arriba O Renacemento
Hoxe, 22 de Xuño do 2005, pódovos dicir que teño a sensación de ter volto a nacer. A angustia mortal, terrorífica que pasei o día do meu aniversario, e o día da colonoscopia e ecografía (onte) foron deses que non se esquecen pronto. Non polo medo á dor, polo medo ao medo, polo medo ao peor, polos presaxios posibles, polo puto pensamento negativo acompañado, iso si, dun sangue e unha dor positivos, no sentido obxectivo, empírico da palabra. Pero, tamén sei, que non os debo esquecer para sacar os aspectos bos para mellorar como persoa. Traballar contra o pensamento negativo, non deixar que a miña mente xogue co mal, aínda que é de lei recoñecer que chegaba con moi pouquiña forza mental debido a mil troulas destes dous últimos meses. Semella que ao final todo vai quedar nunha morea de "espamos" de colon, ou colon irritable. Non é agradable, pero desta non é. "Mala herba non morre", he, he, he. Grazas á miña ameba, ¡cánto sufriu!, á miña filla da alma (debes ser máis forte de mente que o teu pai, cariño), aos meus/ nosos amigas e amigos. A tod@s @s que me/nós apertáchedes cos vosos mails, mensaxes polo móbil, etc., que nos acompañástedes polo teléfono, coa vosa presencia física, mental... Grazas e mil grazas. Agora, debemos vivir, cruzar os dedos, un pouquiño de paz, por favor, ir sacando a merda que me queda aínda nos miolos pouco a pouco e tirar para diante. A vida segue. E iso é moito, moito.

ir arriba


ir arriba Caída e futuro do Renacemento
Isto, querid@s amig@s, que nesta común casa entrades, comeza a semellar unha penosa sección de "El Caso". Pois si, o caso é que na noite do 29 ao 30 de Xuño, o día que ía recoller oficialmente os resultados esperanzadores do colon, caín dun xeito estúpido e brutal pola noite cando ía do baño á cama. Nin sequera estaba moi durmido, esvarei ou din contra algo, todo é algo confuso agora que esto escribo (7 de Xullo 2005) e o meu ombro foi dar sen posibilidade de agarrarme a nada contra o chan. Luxación e rotura total do úmero nun nivel no que incluso tras da operación e colocación de tres ferros hai un 20% de posibilidades de necrose, pero mellor non pensar niso. Nin no verán fodido nin na dura rehabilitación. Agora teño outro vello inimigo moito máis forte e cruel: a angustia. O pánico interno que fun acumulando durante meses e meses desta época tan dura para nós. E aquí me tedes coma o manco de Lepanto aquel loitando con uñas e dentes contra muíños que tantas veces SON XIGANTES MALOS. Pero teño que lembrar o que escribín na sección de poemas. O pensamento positivo. O poder da mente para o bo, non só para o malo. Ir botando a merda fóra pouco a pouco, como a anestesia, e ter fe laica ou de convicción humana en que tras este buraco negro negro hai luz e sempre, sempre, esperanza. Que o Renacemento tivo graves baixadas, graves problemas, pero que foi e será superado por un e outro máis novo e diferente no que a vida fluirá, agardo máis vida, máis tranquila e cando menos, iso, máis vida, non de cantidade, xa o escribín, de calidade, de vivir algo mellor e logo mellor. De cando non te das conta que vives, porque no fondo estás vivindo en paz e ata feliz. Cruzo os dedos de mans e pernas e xuro que vou loitar. Grazas a tod@s por estar sempre aí.

ir arriba


ir arriba Lenda

Unha lenda antiga di que se tes o que hai que ter superarás as dificultades da vida con presencia de ánimo e espírito. Que ben¡ Pequeno problema: ¿teño o que hai que ter? Ando na súa procura, que xa é bastante ou algo.

ir arriba


ir arriba Veráns


Vexo a miña soidade no pasado máis remoto. Tardes interminábeis sen amigos, sen televisión, sen radio, sen música, sen sons. Véxoa e entendo por que hai esa parte de min que é como é en calquera estación. Despois, os tempos da xuventude que quería ser inconsciente, viaxes en todos os sentidos, mais sempre retorno á cova. Agora, nunca só, coas miñas dúas amadas, pasan as tardes de verán pero incluso da máis esquecíbel sae algo que sería unha sinfonía no tempo remoto. Non me gustan as festas ou felicidades ou masas programadas: vacacións porque ten que ser, moreno-a porque toca, día dos namorados, dos apampados, fin de ano festa obrigatoria. Non. Non. Eu fun e son da festa inesperada, a rachar ou tranquila, do "festín de amigos" do que falaba Jim Morrison. Evidentemente, coas responsabilidades, o traballo alienado (ai, Marx!) e todas as demais cargas que un vai carrexando todo este modelo de festa, estilo de vida vaise complicando. Pero, qué mundo tolo no que ata temos previstas por instancias superiores os nosos tempos de ocio e din que vacacións-felicidade. Que mundo!

ir arriba


ir arriba POR FAVOR, LE ISTO E INTRODÚCEO NO COCO DUNHA FODIDA VEZ


ADIANTARSE ÁS COUSAS, SUCESOS, ACONTECEMENTOS, ENFERMIDADES, DIAGNÓSTICOS, REUNIÓNS, EXAMES, OPERACIÓNS, VIAXES, AO QUE SEXA¡¡, PARA AGONIARSE É UNHA PARVADA MORTÍFERA E QUE SÓ LEVA AO SUFRIMENTO INÚTIL¡¡ APRÉNDEO XA¡¡, DUNHA MALDITA VEZ, MANUEL, PORQUE A VIDA XA CHE AMOSOU DEMASIADOS EXEMPLOS¡¡

ir arriba


ir arriba Volta ao traballo

Entre néboas e paisaxes brumosos ela levoume ao instituto. Xoves 22 de Setembro. O meu primeiro día, con "cabestrillo", pero con moral e os nervios no seu sitio. Hoxe remato a curta semana, xa é outono, e só quero pedir un curso tranquilo e levadeiro, unha época de paz para os tres, que ben que a precisamos.

ir arriba


ir arriba Vai medrando Outubro

E os días van pasando e agora é ela quen ten as súas costas rotas e sofre e eu non sei moi ben qué facer con todo isto e chega a chuvia e unha rapaciña cara de anxo faime revivir o pesado brazo e vexo a natureza esplendorosa a través da ventá do tren e os estudiantes que se recollen á volta ás súas casas, coa música dance nas orellas do que teño ao lado bumba bumba bumba e a moza tan guapiña que se dorme e que non para de berrar polo móbil móbiles que soan e soan e o tren non para e as súas costas tampouco paran de producir punzadas e dor e a nosa nena loita e gaña empata perde coa vida, como todos, e seguimos en busca da paz nunha inestábel estabilidade nunha presenza do case case. Ai!, case, case, falta unha migalla ou dúas. E outubro, como o tren, segue impasible.

ir arriba


ir arriba Barrene 1


Atravesei un muro interminábel e crucei sen pensar en qué fora quén era quén son non sei máis que atravesei e renazo nun novo neno que flota entre papoulas e violíns cordas que soan por un el unha ela é todo tan triste na noite dos que atravesan o muro bipolar son bipolar conscientemente do que vai vén vaivén vaivén insostíbel por este por un calquera nós mesmos por un afundido pallaso que chorou nesta noite bendita non hai reis magos no noso pequeno belén húmido e sen fe sen agardar nada do que ti outras outros outros outras que puideron alcanzar máis aló das palabras o fío do hermafrodita elael que fala tranquilo nun implacábel silencio grazas non grazas en serio triste pallaso soidade soidade silencio silencio e cámara e acción nas infindas pelis que nunca nunca rematan nunca de novo nos meus miolos que non paran trompeta nos meus oídos ti que murmuras pequenos segredos ti trompeta que acaricia o meu sexo ergueito na cama longo longo ha longo eu eu ata onde as puntiñas puntiñas dos meus dedos poden alcanzar ata onde milagrosamente perciben un minúsculo e máxico tacto do teu corpo que entra e xa vés amor cara min xa vés e pronto seremos dous nunha mesma trompeta con sorpresa ou non regalo cintas no teu pelo ámote e todo isto supoño que non é máis ca iso todo se resume nun final ámote ámote ámote tanto que non podo deixar de escribir ou tocar tocarte certo real todo porque hoxe non é senón outro sábado no que o fume me leva e entón sae todo e saes indefectíbelmente ti ti e os gansos cantan pero soa ben non molesta oídiños ide para cama.

ir arriba


ir arriba A situación política actual

Non sei se todo este ruído demoledor que todo o infecta era semellante ao do 36, ao do 31, ou ao do 5007, pero comeza a ser insoportábel e preocupante.
Porque é un ruído polo ruído. Cans rabiosos que ladran e ladran simplemente pola súa rabia.
É evidente que o PSOE non é a marabilla das marabillas, pero é que antes, co PPAZNAR que agora se enrábea coma un neno malcriado, antes, lembremos, afogabamos tod@s @s que tiñamos un pouco de vergonza, dignidade e sentido crítico. Afogabamos entre mentiras soltadas ao vento como se nada e repetidas unha e mil veces diante dos nosos ollos alucinados. (E non é necesario que cite casos que tod@s teremos presentes moito tempo).
O problema do Estado español e a súa convivencia en paz e respecto coas nacións que o integran ten que ser solucionado con calma e tacto por todas as partes. Mais aló da "terminoloxía" está unha realidade que nunca se afrontou porque tivemos que tragar sapos durante unha "modélica transición" (sobre todo, para a dereita extrema). Unha realidade que no caso de Cataluña é incuestionable, mírese como se mire. Así que o Estatut ten que saír adiante polo ben do que podería ser unha "nación de nacións" e non pasaría nada, no canto dunha nación grande e libre viva España, amen!
Chegará logo o eterno problema vasco e a definición do que Galicia quere ser dunha vez por todas.
Hai que ter valentía e altas miras políticas. Hai que facer un esforzo e outro e outro. E os que berran e ladran e van a misa "libres de pecado" acabarán mordéndose a si mesmos, se toda esa xente a quen lle (nós) meten medo ou ganas de estoupar, ve que as cousas se van arranxando e isto non é a fin do mundo.
Oxalá suceda así. Como sucedeu coa lei do divorcio (non é o "gran" Cascos o que se divorciou e tal?) coa que se ía matar a familia, coas autonomías (coas que se ía acabar con España), cos supostos non penalizados do aborto (que bronca, por favor!, que bronca montaron!), etc., etc..
O PSOE ten que dar uns primeiros pasos ben difíciles, para que algún día vivamos laicamente en paz e sen privilexios para instancias medievais ou metafísicas.
Só serán un primeiros pasos e moit@s @s consideraremos claramente insuficientes, mais sen primeiros pasos, aínda agarrándose ás paredes, non hai quen aprenda a andar en liberdade.

ir arriba


ir arriba PROBA SUPERADA!
Ben, colegas. Conseguín o meu propósito. Mellor ou peor, con máis ou menos fortuna e máis ou menos brillantez, conseguín en todo caso o meu obxectivo: SUBIR CADA SEMANA ALGO "CREATIVO" Á PAXINA. BEN!!!!!!!! Grazas por sentirvos aí, ao outro lado, que é este mesmo.
Foi duro e marabilloso. Como a vida. Como este ano. A verdade é que non sei cómo o conseguín porque xa sabedes o frouxiño que son de saúde e aínda por riba rompo o ombro do xeito máis parvo e máis fodido. E agora, co buraco no estómago e o stress destas festas que paso entre rehabilitación, tren, tele, ceas e demais, si, agora, pese a todo ou grazas a todo, podo dicir si, amig@s, podo dicir SIIII!!!, está feito, Manuel!!!
Coma se recibira un óscar (he,he,he) teño que dar os meus agradecementos:
Para todos vós xa foron; para os amig@s que sempre estiveron comigo: Roberto (sempre estarás), Xurxo, VíctorK, Elena, Koko, Nico, Cris, Javier, Santi, Josito, ElenaR, Julián, Kathrin, Faber, Ana, Joe, Marika, María, Tante, Mayte, e, ben, toda a xente da Illa que me/nós recolleu e tod@s @s que puiden esquecer de onde queira que sexades..
Aos colegas do insti, por amosarme afecto cando ía co braciño roto e axudarme a ir ao cole: Tod@s, pero, concretando, Antonio e Carlos. ElenaR por ser amiga e confidente. Diego por ser do Barça e ter un sorriso; a Moncho por aturarme e por valorar o esforzo (sei que o valoras, iso espero!!).
Aos meus filliños, mulleres e homes con quen comparto esta Filosofía que nos devora. A pesar dos malos días polas dúas partes, sodes boa xente e sodes o principio básico que me fai seguir (como podo) neste duro e serio traballo.
Aos bos médicos que me axudaron este ano (incluídas as pílulas, aínda que non fagan milagres), e tamén concreto nun: Dr. Alberto Domínguez.
Á xente de STIN por arranxarme tantas veces este maldito becho, sempre con agarimo no trato.
E, como non, por suposto, ás miñas amadas. Sei que vos fixen pasar un ano ben fodido, vaia se o sei, pero ti sempre estiveches aí, a pesar da fartura e as poucas forzas que che quedaban e che quedan, graciñas miña Esperanza, sen ti, nin páxina, nin nada, nada. E, Laura, miña filla, quérote tanto que ata me esquezo de min (ti xa me entendes). Espero que non suframos moito, que o novo ano sexa para nós, cando menos non peor. Vale, quen sexa?
E agardo que para tod@s vós, citados e non citados, a vida sexa un pouquiño máis fácil con cada novo día, con cada novo ano.
Bicos do currante e neurótico Manuel.

ir arriba