Colguei o teléfono. Inmediatamente volveu soar. Coloquei o auricular na orella e non dixen nada. Tan só escoitaba, un silencio interrumpido ás veces por un pi desacougante, foi o único que se me comunicou. Colguei de novo e saín da cabina. Ollei a rúa, cara arriba e cara abaixo. A rúa atopábase extrañamente deserta. O son das brisas a xogar coas follas secas que penduraban das árbores, metíame no corpo unha agradable sensación de acougo. Fitei alí un pouquiño do tempo, impasable, que empapaba a rúa. Débiles brisas quentes rozaban docemente o meu rostro. Mergullada en cavilacións absurdas, camiñei pola cidade. De súpeto, deime conta. Berrei en voz baixa. Un susurro de abraio saíu da miña boca, rebotou en tódalas paredes, e voltou ós meus adentros. As demais rúas polas que andivera a deambular, estaban tan desertas como a primeira. Non fun quen de atopar respostas a tódalas preguntas, ocorrencias e hipóteses que comezaban a rebulir pola miña mente.
O tempo morrera na cidade. Non existía pasado, nin presente, nin futuro. Respirei profundamente, coma se fose a primeira vez que respirase na miña vida. Atopei un cheiro, cheo e baleiro á vez, e o meu corpo estremeceuse.
Coa soidade como a miña fiel compañeira, acordei voltar ó apartamento.
Cando cheguei, subín as escaleiras ata o ático e entrei no apartamento. Entrei ó meu recanto. O silencio esvaeceuse cando abrín a porta. O meu recanto tamén estaba deserto, pero coma sempre. A tenue luz do sol, que xa abandonaba o mundo, entraba pola fiestra, e o recanto convertíase en cálido e acoledor. Achegueime á ventá e sentei. Pechei os ollos e soñei. Soñei... As rúas da cidade estaban ateigadas de xentes descoñecidas entre elas. Os ruídos dos claxons, das obras, das voces... Dun lado para outro, dun lado para outro... Abrín os ollos de súpeto. Só fora un soño. Ollei polo cristal, a cidade continuaba deserta, como agardando. Dende aquí arriba, semellaba un labirinto, coas súas rúas que non chegan a ningures. Baixei e camiñei por entre os edificios, para un e outro lado, sen rumbo. Cheguei ó lugar onde, o día anterior, comezara todo. Sentíame soa. E dos meus adentros saíu un berro que fixo eco e estremeceu toda a cidade. Cando se recuperou o silencio, comezou a chover, e entre o son inquedante das pingas ó bater no chan volveu soa-lo teléfono.
Xa ninguén ten tempo para soñar
Xa estaba escurecendo e o ambiente recendía a soños e contos. Os máis fermosos cadros cobraban vida. Uns labirintos sen fin nos que habitaban trasnos, elfos e fadas, estábase a celebrar unha gran festa. Nas lagoas á beira do castelo, un principe máis unha princesa, camiñaban por riba das augas, namorados. Entre as xigantescas árbores nas que medraban os froitos de cor púrpura, magos e meigas pronunciaban feitizos interminables. Mentres os dragóns durmían, os unicornios falaban cos peixes brancos á beira do río. As néboas medraban polos camiños da fraga. O silencio calaba mentres as flores cantaban. Os soños dos lobos estaban gardados en burbullas de cristal dentro das súas covas. Falaban comigo os elfos, as fadas, falaban comigo os trasnos, os dragóns, as meigas, os unicornios, ... e pedíanme por favor que non os asasinase, que non deixase xamais de soñar.
Impetuoso desexo de amarte
cada vez máis, e
compracente agonía que
sinto por quererte.
Medo apaixonado, que medra en min
ó pensar no momento
que eu deixe de amarte.
Tal momento, será a miña morte,
e senti-la miña morte
será o meu alivio.
Colguei o teléfono, que o jodan, eu non teño por que aguantar
todo isto, é meu pai e quérolle pero teño vinte anos
e fago o que me sae dos huevos, esta vez pasouse. Ademais nunca se preocupou
por min e vaino facer agora? Á merda con el, fago o que quero, porque
quero e cando quero
ou non? Bueno, tamén lle podo decir que
se me acabou a batería.
Los primeros rayos de sol
invaden la habitación.
Su luz, resplandece en tu cara
y mi corazón palpita con fuerza.
Siento tu mano
rozando la mía con firmeza.
Te acercas, mi cuerpo tiembla.
Tus labios besan
tiernamente mi piel
pronunciándose con fuerza
sobre mis labios.
Mientras, las paredes
observan sigilosas la habitación
con silenciosos susurros de aire
que se clavan en mis oídos
diciéndome que nunca serás mío.
Más mi cuerpo, se niega a creerlo
y vuelve a ceder ante tu pasión.
Luego me despierto.
Tú me das la espalda
y te marchas.
Aguanto mis lágrimas,
no las mereces;
esperando con el desagradable
dulce sabor de los besos
que me distes,
a que vuelvas y
me poseas de nuevo.
Colguei o teléfono e saín correndo do piso saltando as escaleiras
de tres en tres. Abaixo estaba esperando o meu colega que faría o
encargo comigo.
Montamos no coche e saímos botando lume. De camiño, tiñamos
que coller a María que tamén viña connosco Cando cegamos
a súa casa, xa non estaba. E agora, que íamos facer? Eu púxenme
nervioso e encendín un cigarro. Embarcamos de novo no coche e saímos
en busca de María. Cando paramos no semáforo, eu avistina
e chamei por ela berrando María! O meu colega saíu do coche
correndo tras dela coa mala sorte que pasou un camión de cervexa
heineken e atropelouno. Co frenazo que pegou o camión, María
mirou hacia atrás pero creo que non me veu, porque seguiu camiñando.
Saín do coche e fun correndo ata o do camión. O colega ficaba
no chan coa cabeza fendida e os sesos desparramados polo asfalto. De repente
soou un disparo. Alzín a vista e vin a María caer desplomada
ó lonxe. Sen case pensalo, collín o coche e fuxín
co maletero cheo de billetes de cen e sen saber onde me ía meter.
Xa estaba escurecendo
Xa estaba escurecendo, e nós estamos nesta casa sen poder saír,
por culpa desas cousas que hai aí fóra. Xa se nos están
a acabar as provisións e o Nito e Pablo xa se uniron ós miles
de mortos que cercan a casa. Cada vez que intentamos fuxir, unha desas cousas
mata a algún de nós. Xa nadie quere saír. Xa é
de noite Estamos á luz dunhas velas que encontramos no faiado. Dende
aquí, escóitanse os alaridos dos mortos que queren entrar.
As ventás e as portas están reforzadas con algúns paus
que lle puxemos esta tarde. Non creo que pasemos desta noite. Máis
de un de nós ten algunha que outra chanchada por saír fóra
e enfrentarse ós mortos.
Non creo que pasemos desta noite. Escóitanse ruídos no sótano.
Xa están dentro da casa.
Quero que non me deixes
Que esteas sempre
ó meu lado
comendo peixes
e caracolas na
praia, xogando
coas ondas.
E sentindo o vento
na cara e a area
nos nosos pés, nus.