VOLVER A PORTADA INICIO

 

 

 

NEGRA SOMBRA,

NEGRA MAREA

     

 

FOTOS

 

 

 

ir arribaFUCK THE FUEL

FUCK THE FUEL*

FODAMOS O FUEL!! FODIDO FUEL!! O FUEL, QUE NON É NIN MÁIS NIN MENOS QUE UNHA NEGRA MANCHA, UNHA NEGRA SOMBRA NA NOSA MAR, NAS NOSAS COSTAS, NO NOSO CORAZÓN, NAS NOSAS BÁGOAS.

TEMOS RABIA. ¡¡MOITA RABIA!! ESTAMOS FARTOS DE PALABRERÍA INÚTIL, DE POLÍTICOS DE PATACÓN QUE AÍNDA POR RIBA NOS CHAMAN "NON PATRIOTAS" POR DICIRLLES O QUE SON: ¡¡INCOMPETENTES, INÚTILES, SEN VERGOÑA E SEN DIGNIDADE!!

PORQUE A DESFEITA QUE SE LLE FIXO POR MOITO TEMPO AO POBO GALEGO PUIDO SER EVITADA OU CANDO MENOS ENORMEMENTE REDUCIDA, SE O DON MANUEL CAZADOR MOMIFICADO, O CASCOS CAZADOR E ESQUIADOR DESPREOCUPADO, O RAJOY CAZADOR CAZADO DE MENTIRAS, O MATAS, CAZADOR DE POLTRONAS CHAMADAS -E NON É COÑA-, ¡¡MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE!!, O AZNAR CAZADOR APAMPADO DE BIGOTE FASCISTA E TODOS OS SEUS AMIGOTES DO GOBERNO DA XUNTA E DE ESPAÑA FORAN ¡¡GOBERNANTES DE VERDADE!!, QUE SE PREOCUPARAN POLO POBO E POLAS XENTES. ¡¡PERO NON!! ESTES SÓ SE PREOCUPAN DE TER OU MERCAR VOTOS O DÍA DAS ELECCIÓNS, E DO SEU PETO, SEMPRE CHEO DE CARTOS Á NOSA COSTA.

¡¡ESTAMOS FARTOS DE SER PARA ELES O CU DO MUNDO, DE QUE NOS TRATEN, MELLOR DITO, NOS MALTRATEN, COMO SE FOSEMOS O CU DO MUNDO!!

¡¡ESTAMOS FARTOS!! "NO FUTURE": "NON HAI FUTURO", BERRABAN RAPAZAS E RAPACES PUNKIS XA HAI VINTE ANOS.

SE GALICIA DESPERTA, AÍNDA CON MANCHA, AÍNDA COS CORPOS E AS ALMAS BALDADAS, HABERÁ FUTURO E ESE FUTURO, POR FIN, ¡¡SERÁ NOSO!!

¡¡NOSO!! NON NOS FARÁN MARCHAR DA NOSA TERRA SEN LOITAR. ¡¡NOSO!! NON NOS MERCARÁN CON ESMOLAS E TELEMARATÓNS BARATOS!!

NOSO, DAS GALEGAS E GALEGOS DE BEN QUE ESPERAMOS NUNCA MÁIS SER ENGANADOS POR FRANQUISTAS CAMUFLADOS E SEN CAMUFLAR.

NON SOMOS AMIGOS DA VIOLENCIA. MAIS A GRAN VIOLENCIA É O QUE NOS ESTÁN FACENDO. SE NOS OBRIGAN A TIRAR PEDRAS, A IR CONTRA AS ALAMBRADAS, A ATARSE AO APÓSTOLO SANTIAGO OU A DERRUBAR PEDRA A PEDRA O PALACETE DE DON MANUEL E COMPAÑÍA, QUE LOGO NON TIREN DA SORPRESA HIPÓCRITA E O INSULTO FÁCIL. ¡¡QUE ANDEN CON OLLO!!, PORQUE NON HAI NINGUÉN MÁIS PERIGOSO QUE AQUELES QUE NON TEÑEN NADA QUE PERDER E MOITAS MANS ESTÁN DISPOSTAS.

ASÍ QUE, MAMALÓNS DE OBRA E OMISIÓN, ¡¡ANDADE CON OLLO!! NON QUEREMOS VIOLENCIA. PERO NON ESTAMOS DISPOSTOS A ATURAR POR SEMPRE A VOSA. A VOSA QUE É ALDRAXE A GALICIA MIL VECES VIOLADA, MASACRADA.

¡¡NON LIMPAREMOS A VOSA MERDA ETERNAMENTE!! ¡¡MERDA NEGRA PARA ELES!!
¡¡A MERDA SERÁ PARA ELES!! ¡¡PARA OS IMBÉCILES E ESCUROS!! ¡¡ANTES OU DESPOIS!! ¡¡MERDA PARA ELES!! ¡¡MERDA PARA ELES!!

QUE SE FODA O FUEL E O CAPITAL DOS RICACHÓNS.
EN PÉ GALICIA!! EN PÉ, AROUSA!! AGORA NON É MOMENTO DE PARAR.
XUNTOS SOMOS FORTES. XUNTOS VENCEREMOS.
¡¡XUNTOS VENCEREMOS!!

IMOS GAÑAR ESTA BATALLA NEGRA!!!

IMOS GAÑAR E DESPOIS ACABAR CON ELES!!, COS QUE TRAEN AS NEGRAS MANCHAS, AS NEGRAS SOMBRAS.
PORQUE FARÉMOSLLES PAGAR A DÉBEDA PENDENTE. E PARA ISO NON SERÁ NECESARIO TIRAR NIN UNHA SOA PEDRA FÍSICA.
PORQUE ESTA VEZ TIRAREMOS A MAIOR DAS PEDRAS: ¡¡NON ESQUECEREMOS!! ¡E ASÍ PAGAREDES! ¡¡PAGAREDES POR ISTO!! ¡¡PAGAREDES!!

PORQUE ESTA VEZ ¡¡NON ESQUECEREMOS!! ¡¡NON PODEMOS PERMITIRNOS ESQUECER!! ¡¡NON, NON ESQUECEREMOS!! ¡¡NUNCA MÁIS!! ¡¡NON ESQUECEREMOS!! ¡¡NUNCA MÁIS!! ¡¡NUNCA MÁIS!! ¡¡NUNCA MÁIS!! ¡¡NUNCA MÁIS!! ¡¡NUNCA MÁIS!!

MANUEL SEIXAS, 21 DE DECEMBRO.
UN DÍA MÁIS NO MEDIO DA MERDA NEGRA QUE NOS TROUXERON.


* FUCK THE FUEL: Concerto organizado polos grupos da Illa de Arousa e celebrado na Sala Capitol da Arousa o día 21 de Decembro. Toda a recadación foi para a xente que o precisaba: a do mar.

ir arriba


ir arriba MANIFESTO DA COORDENADORA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
EN APOIO A MANIFESTACIÓN QUE TERÁ LUGAR EN COMPOSTELA O 1 DE DECEMBRO
NUNCA MAIS!!


A Costa da Morte, de Soneira e de Bergantiños están tinxidas de negro. Negras son tamén as lágrimas que mulleres e homes destas terras e de todo o pais tragamos de raiba e impoténcia. Galiza toda está de loito.
A do Prestige é a crónica dunha morte anunciada. Unha história de morte que se ven repetindo cada certo tempo, inexorabelmente. Denúncia-se unha e outra vez, de forma recurrente pero nen as leis nen os lexisladores, nen os que teñen o poder de cambialo escoitan. Igual sucede coa violencia contra as mulleres.
Este é tamén un acto violento, unha agresión e, igual que ocorre coa violéncia contra as mulleres, é froito dun sistema económico, político, social baseado na dominación e que se sustenta no uso, abuso e expólio dos RECURSOS. Un sistema agresor que conduce á desaparición e á morte destes recursos: á morte da terra, do mar e das mulleres. Nen as mulleres, nen a terra, nen o mar somos património particular de ninguén. Non somos recursos inesgotábeis dos que se poida abusar unha e outra vez impunemente porque o que se está poñendo en perigo é o futuro, a vida mesma. Camiñamos cara a un sensentido de guerra e violéncia e cómpre cambiar de rumo xa.
Tinxíronnos o pan e as rosas de negro. Contáronnos mentiras e moitas. Histórias, contos. E na Nosa Terra hai tradición de contos. Pero contos hai moitos e de castes ben diversas.
Nos meios de comunicación este dias puidemos escoitar moitas destas "histórias" que poderiamos clasificar en diversas tipoloxias :
a. Contos de desaparecidos. Aqueles protagonizados polo Governo Galego, con Don Manuel á cabeza. E aquí a história tórna-se ben curiosa pois vese claramente cómo os RESPONSÁBEIS se afanan en buscar chivos expiatórios. Porque, vós de quen pensades que foi a culpa, do capitán do barco?, do armador?, de Xibraltar? (é decir, do Inglés), do tempo ou da mala sorte?
b. Contos de auséncias e esperas (como a de Penélope agardando por Ulises): aquí os protagonistas son os ausentes: os meios de prevención (remolcadores, barreiras...), os meios técnicos de loita contra a contaminación (quen debe limpar?, con que? a onde se leva o material tóxico?). Todo o mundo agarda a que veñan, agás as autoridades que agardan pola deusa Fortuna, esta, por certo, tamén desaparecida.
c. Histórias de afogados: xa o deciamos antes, cada dez anos, máis ou menos afoga un barco que transporta materiais tóxicos e perigosos perto das nosas costas, pero, ante o grande negócio das multinacionais, quen non faria a vista gorda?.
d. Histórias de sereas ou mellor dito, de "cantos de sereas", promesas de "reestructuración" do noso sector pesqueiro e marisqueiro que non son outra cousa que o seu progresivo desmantelamento. Aquí desaparece un problema ben embarazoso para os nosos governantes pois o Prestige fixo xa o traballo suxo.
E fronte a estas macabras histórias, están aquelas outras que, sobre todo as mulleres, teremos que inventar para facer máis levadeiro o dia a dia, para ver de chegar a fin de mes, para pagar hipotecas, impostos, e ver que pasa dentro de seis meses cando se deixe de cobrar a miséria oferecida por Rajoy, se se cobra algun dia. Porque ser, seremos boas administradoras pero cos 40 Euros prometidos, as contas non dan. Despois de 10 anos empezáronse agora a cobrar as indemnizacións polo Mar Exeo, e ainda hoxe están sen cobrar as que se concederan hai 2 anos cando o temporal obrigou a ter amarrada a flota pesqueira.
Tamén teremos que inventar histórias para que as nosas fillas e fillos nacidos e por nacer coñezan os araos, os mascatos, os corvos mariños, os mazaricos, as píllaras e becacinas, e tantos outros que, de paso, ou invernando nas nosas costas cairon atrapados no chapapote. Anos tardarán en formar poboacións estábeis por aquí.
Esta é a história da NAI TERRA agredida e vítima máis unha vez, como o son as mulleres ás mans dun poder con rostro masculino. E para responder ás agresións non só temos as histórias, a palabra, mais tamén temos a ACCIÓN.
Imos ser quen de quitarlle o negro chapapote ao pan e ás rosas, de construir FUTURO E VIDA. Porque outro mundo si é posíbel.

ir arriba


ir arriba A ESE CACIQUE

A ese cacique
De napia violenta
Que inaugura aquí e alá
Anacos de miseria
Repartindo desiguais
Favores de merda,
Moita marea,
Marea negra,
Pero non para o pobo que berra.

A ese ministro
Que sentado na cadeira
Fuma xarutos
De revolucionaria pobreza,
Coa barba arranxada
Polas mans de rameiras,
Pagadas cos cartos
Dos que despreza,
Moita marea,
Marea negra,
Pero non para o pobo que berra.

A ese presidente
Que, como barca vella,
Acabado bambea
A esquerda e dereita
Segundo conveña,
Reconvertido fascista
En demócrata enseña,
Cazador furtivo
De almas en pena,
Moita marea,
Marea negra,
Pero non para o pobo que berra.

A ese ridículo déspota
De moito mostacho,
Menos estatura
E mínima decencia
Que cre que os demais
Temos que apandar
Coa nosa miseria
E lamber aos que veñan
Con moedas nas mans,
Moita marea,
Marea negra
Pero non para o pobo que berra.

RAÚL GÓMEZ PATO


ir arriba

 


ir arriba    CHAPAPOTISTAS:    MIL PALAVRAS E UNHA IMAXE

Desculpade a forma destas notas, pero 8000 caracteres para unha crónica sobre a catástrofe do Prestige, e as engadidas, con todo o que está caendo, é difícil, mesmo para un fato de galeg@s. Esperamos que comprendades, tamén, que esta sexa unha crónica de batallas, e, por unha vez, vos pidamos o esforzo da tradución simultánea, como fixo boa parte do voluntariado de a pé procedente do exterior, que xa comezou os seus pinitos na língua do país.

Facer-se unha ideia do desastre ecómico e social da mareia negra é relativamente fácil: mais do 10% do PIB da Galiza provén directamente do mar e a povoación enteira de muitos concellos depende exclusivamente da sua explotación; un exemplo, na Ria de Arousa, 8000 acuicultores producen o 40% dos mexilóns que se consumen en Europa e o 20% dos que se consumen no Mundo. E cada posto de traballo directo, induce cando menos 3 indirectos. Se contamos anos para adiante na recuperación das espécies...!

En 1970 foi o Polycommander (Baiona e Panxón): 16000 Tm; no 1976 o Urquiola (A Coruña): 20000 Tm; no 1986 o Casón (Fisterra): centos de estoupidos e as nubes tóxicas provocan o éxodo de milleiros de persoas; no 1992 o Mar Exeo (A Coruña): 80000 Tm.... e, agora, o Prestige. A Costa da Morte soporta un dos tráficos mais intensos do mundo e a única protección coa que conta é un corredor (a menos de 50 km dunha das costas mais bravas do mundo!), tres helicópteros, alguns pontos de controlo do tráfico marítimo e meia dúcia de remolcadores de pequena poténcia [chove sobre mollado, posto que cando o do Casón xa houbo un clamor para esixir barcos con doble casco, a inspección rigorosa dos mesmos e o alonxamento do corredor. Resposta do PSOE: nen se inmutaron. Resposta do PP: presionar para que a UE elaborara unha directiva sobre desguace dos petroleiros sen doble casco, a aplicar no ano 2015!, dar a calada por resposta a canta iniciativa houbo no Parlamento español por parte de IU e BNG e rebaixar á metade a partida orzamentária para Salvamento Marítimo por aquilo do déficit cero].

Que se pode dicer das respostas governamentais? Podiamos construir un prestigiário (de prestige + acuário): Fraga, Cascos, Rajoy, El-Rei, Cañete, Del Álamo, Cuco de Mesa, Aznar, Trillo...cunhas cantas pirañas. Mas, o mais importante é explicá-lo, entendé-lo. Na rebeldia do país hai variadas hipóteses: unha oportunidade para cargar-se a poténcia pesqueira galega, que sofre un ataque mui forte da UE através do Comisário Fischer; guerras internas do PP nas sucesións abertas na Galiza e no Estado, conflitos directos na xestión da crise entre duas administracións da mesma corda... Na nosa opinión, sen embargo, pesa mais a ineptitude, o abandono de responsabilidades, o destino no universal, a incuestionabilidade e reforzamento do poder executivo, as bandeiras ao vento e un Estado das Autonomías ninguneado e obsoleto, a escura trama Fraga-Fernández Tapias (sócio-capitalista do remolcador que transladou ao Prestige e compañeiro de caceria de Fraga)-Rich (empresário ianqui, propietário da carga e sócio de Fernández Tapias), o livre mercado que produce monstruos a xeito de carcamáns flotantes sen ningun controlo e a cargo de tripulacións sobre-explotadas, o pretendido auto-regulamento da natureza, o des-regulamento social e económico, a consideración virtual da sociedade que se governa, os poderosos meios de propaganda televisivos. Simplesmente, un exemplo evidente do que saben facer, do mal governo...

[Isto provavelmente daria para unha tese, mas..].A manipulación informativa, as óbvias mentiras mediáticas: a realidade (por desgrácia) encarregou-se dia a dia de desmentir as informacións e os pronósticos excesivamente bondadosos do(s) governo(s). Convertiron un accidente en atentado deliberado.. Nesta obcecación por negar a realidade mais nítida o señor Aznar atreve-se a manifestar a sua comprensión, solidariedade e apoio á manifestación do 1 de decembro, dicendo compartir o lema da mesma. A eterna estratéxia do poder: desvirtuar a realidade cunha simples declaración, que ben os e as manifestantes sabemos que ese Nunca Mais non é un berro contra os accidentes, que tamén, senón contra a extrema incompeténcia do governo; porque se sabemos aqui que o que pedia case o 10% da povoación galega concentrada nas ruas de Compostela era a demisión dos responsáveis, a televisión pública pretende matar a reivindicación ante as persoas que só acceden á realidade através do telediario.

O povo é quen máis ordena...., ma non tropo
Que se pode dicer que hai de novo no país? O cabreo, a vontade política de facer xustiza e expulsar da Xunta e do Governo español aos responsáveis do desastre, entrecruza transversalmente a sociedade galega e fai-se presente á menor oportunidade. Paralelamente hai unha extensión, sen parangón nas últimas décadas, da consciéncia nas próprias forzas e da capacidade de autoorganización. En palabras do Patrón Maior da Confraria da Illa de Arousa: "é impresionante o que este povo pode facer". As cousas non son lineais, claro, e mesmo podemos trazar raias na costa galega, mália que haxa múltiples excepcións a unha e outra banda: o sur da Costa da Morte, a ria de Muros e Noia, pode ser esa fronteira. Desde a beira norte desta ria até praticamente A Coruña temos unha sociedade fondamente desestruturada, devedora das míseras pensións non contributivas, con milleiros de viciñas e viciños -os sectores mais dinámicos da sociedade- que non deixaron de emigrar nos últimos anos (un concello como Muros ten mais do 10% da sua povoación censada nas Canárias), atrapada nas redes tupidas da Xunta e as Deputacións, no furtivismo... Da beira sur de Muros e Noia para abaixo, a cousa é ben distinta: as xentes das rias de Arousa, Pontevedra e Vigo son en realidade quen tocaron a campá e chaman a arrebato. Tampouco a cousa é lineal neste caso, mas, mesmo vinculeiros do PP no mundo do mar, ven-se na obriga de enfrentar-se sosiños, sen apoio nengun das suas autoridades, ao desastre; povos enteiros, como o Grove, Cangas, Oia ou Cambados (mais tamén Malpica ou Carnota, na Costa da Morte) organizan-se á marxe dos seus concellos e oferecen unha auto-organización de base que mostra o dinamismo das xentes de mar e o poderio da própria sociedade frente ás ineptitudes governamentais. Noutros lugares como A Illa de Arousa, gobernada polo PSOE, ou a própria Pontevedra, de alcalde nacionalista, o concello serviu de catalizador da resposta cidadá. E, claro, estes procesos nun desastre desta dimensión, adquiren unha dimensión política evidente e explícita.
É neste terreno onde o PP pode estar cavando a sua tumba. Quen si cavou a sua, política, entende-se, que a outra xa lla farán, foi Don Manuel [e esta é a imaxe]: o seu enterro non será capaz de xuntar tanta xente como aquela que pediu a sua demisión nas ruas de Compostela o pasado dia 1 de decembro, e desde aquela en dúcias de lugares e concentracións. Definitivamente non estará no Panteón de Galegos Ilustres, con Rosalia e Castelao, e será lembrado como un asasino ennegrecido de merda. Non obstante, non convén menosprezar a capacidade de recuperación do PP, apoiado no seu induvidável controlo social de unha boa parte do país (un país desvertebrado e con dúas velocidades, non o esquezamos) mediante a súa política clientelar e caciquil.

E se falamos de Fraga, temos que falar de Xosé Manuel Beiras. Tristemente -salvando as distáncias, por favor- teñen compartido a desaparición pública do cenário do país. No caso do primeiro pode ser menos incomprensível, que nos asuntos do Estado e do PP, nas liortas internas da Xunta e da Xunta co Governo estatal as cousas mesmo funcionan deste xeito. No segundo caso, se ben Beiras apareceu nos primeiros dias nas costas afectadas, que quen pretende representar un proxecto político alternativo para un país, renuncie a personalizar sen ambigüidades uns obxectivos colectivos polos que batallar (esixéncia de médios, dimisión da Xunta, responsabilidades de Aznar e cia.., apoio ali onde o povo é quen mais ordena...), resulta surrealista. Sen embargo, esta é a face colectiva de boa parte da dirección do BNG, agás honrosas excepcións -o Alcalde de Pontevedra, o de Vigo, ...-. Aprovamento dunha Comisión de Investigación no Parlamento Galego (co apoio unánime dos tres grupos, PP, PSOE e BNG!!), moción de censura de segundas, tras o PSOE, para o dia 12 deste mes, solicitude de comparecéncia de Rajoy no Congreso español e intervención consecuente do deputado Francisco Rodríguez na mesma. E ademais?. Pois a esforzada militáncia, sen a que non se poden entender nen o asociacionismo de base, nen a morea de plataformas e comités que hoxe inzan o país: dende as Plataformas Nunca Mais artelladas nacional e comarcalmente, nas que PSOE, UGT e CCOO non se teñen integrado polo de agora, até a Plataforma contra a Burla Negra, composta por xentes da cultura de toda condición.
O PSOE xoga a carta instituzonal de alcaldes e deputados europeos e tenta instrumentalizar as mobilizacións -ainda que con meteduras de pata, como a convocatória mediática de CCOO e UGT a un paro de catro horas para o dia seguinte das mocións de censura, agora mesmo desconvocado-, para reforzar o papel de Emilio Pérez Touriño e Rodríguez Zapatero como senllos líderes da oposición. Aproveita o flanco aberto pola orientación deseñada pola franxa máis posibilista do BNG logo do refluxo eleitoral das últimas autonómicas, aquela do "diálogo" con Fraga e o PP -que, todo hai que dicé-lo, comezou co acordo de deseñar o PP e o BNG, conxuntamente, o desenvolvimento na Galiza da LOU (ademais de comidas compartidas e comparecéncias de Fraga no Parlamento Autónomo), xustamente despois das maiores mobilizacións universitárias da história de Galiza, contra esa lei-. Logo de te-la desbotado a dirección do BNG, o PSOE adianta-se na moción de censura e orienta, cando menos, a sensibilidade das suas xentes -que teñen demostrado, ademais, unha presenza estrutural territorial e sectorialmente no país-; e, ao tempo, da-lle unha perspectiva cómoda, institucional, ao conxunto da sociedade para esixir responsabilidades. O BNG canea como pode a situación, até que finalmente, en mui más condicións, a rasto, remata por sumar-se coa sua própria moción cun ton forzosamente menor... e que mais?
Non nos equivocaremos muito se dicemos que as bases de apoio do BNG, se atopan divididas entre duas "sensibilidades": unha delas, a que manda, parece desorientada, sen ideias claras, atrapada na via dialogante con quen son os sepultureiros de todo un país, ocupada na mantenza de equilíbrios desacougantes entre proxectos políticos diferentes que nen sequer teñen a capacidade de definir-se diante da sociedade, á espera da desfeita espontánea nas bases populares tras a morte do fenómeno Fraga.... A outra é unha boa parte da coluna vertebral da resposta social e política posível deste país, está-o sendo agora mesmo, mesmo sen o auxílio preciso da maioria dos seus e as suas dirixentes.
Isto ocorre tamén a pé de obra: é desacougante ollar, o mesmo dia no que centos de milleiros de persoas manifestantes berran desesperadas e conscientes por todas as demisións precisas, unha mensaxe da Consellaria de Médio-ambiente, o Ministério español do ramo, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e a Federación Ecoloxista de Galiza (FEG), asinar unha páxina de publicidade na prensa falando de como limpar a costa. Pior ainda que iso: no méio dunha enxurrada de solidariedade e indignación, é bastante mais sério voltar a ver como os mesmos protagonistas asinan en todos os meios de comunicación unha chamada a non sermos voluntári@s na fin de semana do día 6 de decembro porque: sobra xente?, ou faltan medios?. Eis como corresponsabilizar-se da ineptitude da Administración e da desfeita que iso leva de seu. Tampouco semella clara a opción da CIG a prol dunha folga xeral reclamada dende sectores cada vez mais amplos, e, polo de agora, adiada sine die.

Voltando ás bases de apoio, recuperando a terminoloxia para-zapatista: somos chapapotistas!. Salvando as enormes distáncias, o fenómeno, a esta alturas, ten algo de semellanza, sobre todo para explicarmo-nos. Na Galiza a hipermetropia é unha endémia, a xente está afeita a mirar e ver no exterior, a distáncia, ao lonxe, polo que a mirada próxima ten outro valor, normalmente menos preciso. É por iso que o conto rompe duas veces na representación política: non se ten apreendido aquilo de mandar obedecendo; é unha mágoa dolorosa e, se non hai rectificación, parece que dificilmente terá volta atrás. Nen para tomar impulso.

Iñigo Berriochoa, Dionísio Pereira, Mercedes Raíces, Alberte Pagán, Lola Varela (do Coletivo Vences)

Galiza; 9/12/02

xa que, entre a redación e a edición do artigo tivemos un "impasse", palavra querida, aproveitamos con duas cousas, sempre duas: a primeira, que comprendemos a excepcionalidade do galego nesta revista, as dificuldades na sua lectura e interpretación; a segunda, que efeitivamente existen as "colónias" se, como parece, a estratéxia do PP é a defenestración de don manuel

Artigo escrito para Viento Sur (http://www.nodo50, org/viento_sur)

ir arriba


ir arriba CHORA O MAR LÁGRIMAS NEGRAS


"Mar do coral e a medusa,
o dos ventres froitidores e fecundos
e as mareias paridoiras,
fonte da vida e das formas, primixenio e xenitor !"

Ramón Cabanillas.


Ferido e doente chora o mar lágrimas negras que deita nos escuros cantís e nos louridos areais. Dóese porque esta ferida non é a primeira. O xofre que trae o piche de hoxe cae sobre a chaga non curada do "Aegean Sea", antes lañada polo "Casón" e antes... O mar das "mareias paridoiras" chora porque non comprende como respondemos con esta criminal agresión á súa farturenta xenerosidade. Pero, sobre todo, o pranto do mar é por nós. Polos mariñeiros que van emigrar e polos que van viver peor; polas mariscadoras, as regateiras e as atadoras; por todas as mulleres e os homes do mar. Negras bágoas chora o mar polos que dependemos economicamente del; e tamén polos que simplesmente o necesitamos para viver, porque é parte esencial i emocional das nosas vidas. Chora o mar polos mascatos, os araos e as gaivotas (¡ tamén polas gaivotas !), e polos peixes que non serán gala da tixola senón lama apodrecida e petroleada.

Antes da galerna e da maruxía, cando o mar estaba calmo coma un plato, verquiamos algunhas e algúns bágoas salgadas pola perda do patrimonio cultural marítimo. Xuntábamos afáns para recuperar embarcacións tradicionais, catalogar peiraos e recompilar cantares mareiros. Pero temolo dito moitas veces: a cultura maritima só sobrevivirá se continúa a vida mariñeira. Nada será máis triste que ver o inmenso legado cultural maritimo que herdamos convertido en descontextualizado e morto museu para turistas. Por esto sentimos as bágoas do mar como avisos de negros presaxios.

O vello mar sabe das causas do seu mal: do negro comercio de mercaderes especializados en solimán, da falta de previsión neglixente e suicida, da burocracia que pensa -na súa estupida altivez- que ten máis poder que a vida. Por eso chora lágrimas negras o mar e nos manda o seu lamento que debemos escoitar:

NUNCA MÁIS

NUNCA MÁIS

NUNCA MÁIS


Grupo Etnográfico "Mascato"
(Cambados)


ir arriba


 

ir arriba COMUNICADOS DE GREENPEACE (Remitidos por Quique Costas)

EL GOBIERNO ESPAÑOL QUIERE ELUDIR SU RESPONSABILIDAD
EN LA CATÁSTROFE ECOLÓGICA DEL "PRESTIGE"

Greenpeace opina que la única solución real para paliar la
catástrofe es el trasvase del fuel a un buque cisterna

Greenpeace ha mostrado su sorpresa y preocupación ante las
últimas noticias que sitúan al barco Prestige en la zona de responsabilidad
de salvamento portuguesa. La negativa del Gobierno a realizar el trasvase
del fuel a otro buque cisterna en aguas españolas, así como el intento de
traspasar el problema a Portugal, evidencia la falta de interés en evitar la
catástrofe ecológica que se produciría si finalmente las 77.000 toneladas de
fuel-oil pesado acabasen en el océano.

Sin embargo, a pesar de que desde la Delegación del Gobierno
se ha dado esta noticia sobre la ubicación del buque siniestrado, las
coordenadas (42º 26´09 N 11º 24´00 W) dadas por esta misma fuente sitúan al
barco a la altura de la isla de Sálvora, en Pontevedra, contradiciendo
inexplicablemente su propia información. Éste es un ejemplo más de la
descoordinación y la falta de rigor en las informaciones ofrecidas por el
Gobierno desde que empezó la catástrofe ambiental.

"No es fácil entender esta actitud por parte del Gobierno. No
quieren asumir sus responsabilidades y tratan de desviar la atención. Esta
situación es simplemente inaceptable" ha declarado Sebastián Losada,
responsable de la Campaña de Océanos de Greenpeace que se encuentra en la
zona afectada.

Para Greenpeace cualquier solución que no pase por el trasvase
de fuel a otra embarcación, ya sea el hundimiento del barco o la
incineración de este combustible, ni evitaría ni minimizaría la catástrofe
ecológica, ya que los compuestos tóxicos se extenderían por el fondo marino
o se liberarían a la atmósfera.

"No podemos consentir que en pleno siglo XXI se repitan los
errores de anteriores mareas negras. Hundir o quemar el barco sólo supone
esconder el problema debajo de la alfombra, sin acabar con él" añadió
Losada.

Fin del comunicado


17 de noviembre de 2002

GREENPEACE DENUNCIA LA PASIVIDAD DEL GOBIERNO
ANTE LA CATÁSTROFE AMBIENTAL DEL "PRESTIGE"


Diez años después del desastre causado por el Mar Egeo en las
costas gallegas el Gobierno no ha mejorado las medidas de seguridad y control.


A 15 días de cumplirse el 10ª aniversario de la marea negra
provocada por el accidente del Mar Egeo frente a las costas gallegas,
Greenpeace ha mostrado su más profunda indignación por la desidia tanto del
Gobierno como de la Xunta de Galicia para adoptar las medidas preventivas y
de control necesarias que hubieran evitado esta catástrofe.

Es también destacable el abandono mostrado por las autoridades
para disponer de un sistema de emergencia adecuado para responder ante una
catástrofe de estas características, a pesar de los desastres sufridos y de
la sensibilidad y peligrosidad del área.

"No es fácil entender como a pesar de haber tenido una década
para actuar, no se ha hecho nada. Los responsables tendrán que explicar a
todos los ciudadanos porqué no han dado los pasos necesarios para evitar
esta marea negra" ha declarado Sebastián Losada, responsable de la Campaña
de Océanos de Greenpeace que se encuentra recorriendo la zona afectada.

Incomprensiblemente y a pesar de haber transcurrido cinco días
desde que el buque "Prestige" dio la alerta, aún no se ha hecho público el
nombre de la compañía petrolera que fletó la embarcación.

"En el desastre causado por el "Erika" en la costa francesa en
las navidades de 1.999 el Gobierno francés se encargó de que la petrolera
TotalFina asumiera su responsabilidad. Sin embargo en este caso ni siquiera
sabemos quién es la compañía responsable" añadió Losada.

Otro de los factores comunes con anteriores mareas negras, es
que el buque ondea una de las denominadas "banderas de conveniencia", en
este caso la de Bahamas. Los países que otorgan estas banderas no ejercen
ningún tipo de control sobre las condiciones de su flota, y por tanto
incumplen toda la normativa internacional marítima.

En este momento Greenpeace junto con otras ONGs se encuentra
recorriendo las costas gallegas, analizando la magnitud del daño causado por
la marea negra. La organización ecologista ha reiterado su oferta de
colaboración a las autoridades para paliar los efectos de esta catástrofe.

"A pesar de haber ofrecido nuestra ayuda, no hemos recibido
una respuesta de las autoridades. Resulta incomprensible este rechazo cuando
uno se encuentra ante este panorama tan desolador" añadió Losada.
Fin del Comunicado

ir arriba

 


ir arriba

CONTRA A MARÉ NEGHRA


vin o rostro da misericordia
atónito
no campo de batalla
lambendo as feridas a un e outro
sen distinción
amigos e inimigos, contrarios e compañeiros
propios e estraños

vin o rostro da misericordia
no campo de batalla
alimentándose da carne dos mortos
dos pobres
dos febles

vin o seu rostro
xunto ao dos moribundos
na súa tristura enfermiza
aceptaban a caridade dunha morte lenta

ADIANTE COA LOITA


Alberte Momán Noval

ir arriba

 


ir arriba

ELUCUBRACIÓNS DUN EDUCADOR AMBIENTAL SOBRE O "PRESTIGE" (21-11-2002)

Pablo Ángel Meira Cartea
Presidente da Sociedade Galega de Educación Ambiental

Pode parecer que as relacións entre "incidentes" como o provocado polo Prestige e a Educación Ambiental son máis diferidas e distantes do que realmente son. Naturalmente, trátase dunha manifestación "localizada" dunha problemática moito máis ampla que soemos identificar como crise ambiental e que non é máis que a arritmia cada vez máis evidente e os feitos sos teimudos- entre os procesos socioeconómicos que se supón garanten o noso benestar e os procesos ecolóxicos indispensables para que ese benestar sexa posible. A Educación Ambiental entendida como unha serie de técnicas, recursos, programas, materiais, etc. soe prensentarse como un instrumento para cambiar a forma en que entendemos, valoramos, nos apropiamos, transformamos e distribuimos os recursos naturais e as cargas que, inevitablemente, xera a súa explotación. A profundidade e a orientación ideolóxico-política de dito cambio son motivo dunha complexa polémica dentro e fora do campo da Educación Ambiental. Incidentes como o que estamos a sufrir alimentan esta polémica.

Na medida en que ocurren catástrofes ecolóxicas a Educación Ambiental vese aludida e, incluso, cuestionada. Un dos interrogantes que podemos plantear é si realmente facemos Educación Ambiental ou, dito de outro modo, si non estamos facendo unha Educación Ambiental meramente cosmética, superficial, centrada máis nos efectos que nas causas, unha Educación Ambiental "dentro de unha orde", unha Educación Ambiental que a mesma realidade se encarga de arrasar periodicamente en Galicia en forma de mareas negras, vacas locas, urbanismo salvaxe, plagas de incendios forestais, etc. Este sería un primeiro punto de vista. Sei que moitos educadores e educadoras ambientais se sentirán identificados: é extremadamente difícil convencer a unha sociedade opulenta (relativamente) como a galega (ou calquera outra occidental) de que a clave de problemas como o que padecemos non está só na incompetencia dos gobernantes de aquí ou de alá, na vulneración das leis, na fraxilidade da tecnología (simple ou doble), na codicia dos empresarios e das empresas… senon no propio modelo, agora globalizado, que nos permite unha calidade de vida alta só perturbada cando nos manchamos os pes de crú ou temos que mirar de esguello a chuleta de vaca que temos no plato. As catástrofes non son máis que incidentes críticos que de vez en cando acentúan unha problemática máis de fondo.

No ano 1993, cando o embarrancamento do Mar Exeo na Ría de A Coruña, estaba eu en pleno curso da materia de Educación Ambiental que imparto na Universidade de Santiago. Como non podía ser menos aquel suceso convertiuse no eixo central das clases durante máis de un mes. Despois de chamar a atención sobre a contradicción fundamental que se desvelaba decidimos buscar outros puntos de vista que poideran ser moito máis constructivos na medida en que nos permitise aprehender a lóxica da catástrofe e as súas implicacións educativas nun sentido amplo.

Compre decir que a vía de información principal sobre o ambiente e a problemática ambiental da poboación, sexa cal sexa o seu perfil sociodemográfico, con ou sen estudos, son os medios de comunicación. Son istes medios a principal vía de acceso á realidade de incidentes como o que agora nos altera… salvo que o que presentan os medios non é a "realidade" senón unha representación mediada e mediatizada da mesma. Ofrecen un mosaico increíblemente complexo onde se mezclan imaxes e palabras, artigos de opinión e novas, viñetas de comic e entrevistas, periodistas e políticos, expertos e cidadáns máis ou menos indignados, empresarios e traballadores… Co acopio deses elementos a cidadanía constrúe a súa imaxe do que está a suceder, unha imaxe que soe ser bastante homoxénea.

¿Existen algunhas claves para entender a lóxica, si é que a hai, deste proceso de aprehensión da realidade? É posible que si. A idea non é nosa pero si, creo, que a afinamos a partir do seguimento que fixemos, os meus alumnos e eu, naquelas clases de Educación Ambiental de finais do 1993. Dreitzel, un estudioso alemán dos comportamentos sociais diante das situacións de risco, elaborou o que denominou "guía para a próxima catástrofe". Esta guía establece unha pauta de cinco pasos que, según él, se siguen indefectiblemente no procesamento institucional e mediático de catástrofes ecolóxicas como a que nos afecta. Nós, a partir da análise do embarrancamento do Mar Exeo, lle engadimos un paso máis para quedar como sigue:
1. Os máis afectados polo accidente serán, previsiblemente, os últimos en enterarse. Pensemos, por exemplo, na sorpresa que se levaron moitos habitantes da Costa da Morte, cando podían ver o Prestige, que supostamente estaba mar adentro, dende as ventanas das súas casas.
2. As informacións iniciais tenderán a quitarlle importancia ós riscos e perigos existentes. As declaracións do ministro de agricultura, Arias Cañete, negando a repercusións ecolóxicas da catástrofe son tan paradigmáticas como as de Francisco Vázquez en 1993 afirmando que o 99% do fume producido polo incendio do Mar Exeo era vapor de auga (¿e o 1% restante?). Así como o "sonsonete" tranquilizador do Delegado do Goberno en Galicia nas súas comparecencias á prensa.
3. Nos primeiros momentos existirán promesas sobre a cobertura económica e de compensación dos danos sobre ás persoas e ás propiedades: indemnizacións, subsidios, axudas… O caso actual é "de libro", pero convén recordar que cando embarrancou o Mar Exeo na Coruña non se tiñan cobrado as indenizacións do Urquiola e agora tamén estaban por cobrar as do mesmo Mar Exeo…
4. O accidente será atribuido a un "erro humano", un "erro de mantemento", ou a un erro facilmente subsanable dalgún elemento técnico, a fin de que non se poña en cuestión o sistema que comporta tales riscos. Resulta patética a imaxe do capitan do Prestige detido pola garda civil reflectida en todos os medios escritos e audiovisuais, ven a ser o equivalente á célebre "cabeza de turco", o que non deixa de ser unha ironía sendo de nacionalidade grega. Para os que teñan mala memoria recordar que a cuestión do "doble casco" xa se paseou polos medios no ano 1993, pero o que non se di é que tamén os barcos de doble casco se afunden.
5. En tódalas investigacións posteriores haberá intentos de encubrimento e minusvaloración dos danos sufridos polas persoas, a economía local e o medio ambiente. Eso é o que está facendo, de entrada, a Consellería de Pesca ó limitar a 1000 os pescadores afectados e, polo tanto, os potenciais receptores de axuda económica; ou tamén a loita que se vai a establecer entre as distintas aseguradoras e organismos implicados para ver quen paga o "morto"… para que agora, durante e finalmente o paguemos todos nós.
6. Cando finalice a investigación será moi pouco ou nada que cambiará. Lamentablemente, esta lección xa a temos ben aprendida.

¿Cal é o obxectivo deste modelo? Desvelar os mecanismos de "minimización da percepción do risco" que se utilizan sistemáticamente para moldear e limitar o impacto na opinión pública de catástrofes como á que nos afecta. Este modelo encaixa á perfección en sucesos tan aparentemente distintos e distantes entre sí como a riada tóxica en Doñana, a fuga química de Bhopal ou o afundimento do Prestige. O poder "educativo" deste modelo é considerable. A mensaxe que se pretende facer chegar á cidadanía é a seguinte: dentro do malo todo está baixo control, seremos capaces de limitar primeiro e eliminar despois as consecuencias negativas sobre a natureza e as actividades humanas; non é preciso, polo tanto, adoptar cambios máis radicais (que son ademáis máis costosos… ¿para quen?). Dentro de tres ou catro meses, probablemente para preparar a próxima campaña do verán (o turismo será a segunda gran víctima económica), dirase que a costa está "limpa".

Quizás conveña engadir un novo paso para completar este modelo: tratarase de alonxar o maís posible o orixe da ameaza do punto de vista da poboación (nunca burda estratexia de "ollos que non ven corazón que non sinte"). O errático periplo do Prestige (é unha pena que o capitán non se chamase Ulises) primeiro cara o oeste, despoís cada ó sur… chegándose a falar -no colmo da perversión global- de que podería recalar nun porto africano, obedece máis a unha lóxica mediática que a outro tipo de consideracións (técnicas, ecolóxicas, económicas…): canto máis lonxe e máis fondo menos impacto… mediático.

Un colega decíame un destes negros días que catástrofes como esta cuestionan toda a Educación Ambiental que se está a facer (que, por certo, non é moita). Estou e non estou de acordo con esta afirmación. Por unha parte, si é certo que quedan en carne viva as contradiccións nas que nos movemos na Educación Ambiental; pero tamén o é que a acentuación da sensibilidade ambiental da cidadanía, se somos capaces de desvelar as causas profundas e a manipulación que se produce na súa percepción do problema, pode servir para mellorar e movilizar os niveis de conciencia e cultura ambiental. Se trata, en última instancia, de construir unha imaxe menos inxenua e máis realista do tipo de cambios sociais e políticos que tan urgentemente necesitamos aquí en Galicia, no cotorno europeo e a nivel global.

Pablo Ángel Meira Cartea
Presidente da Sociedade Galega de Educación Ambiental

ir arriba

 


ir arriba

MANIFIESTO DE LOS GRUPOS DE INVESTIGACIÓN EN
GEOLOGÍA MARINA,OCEANOGRAFÍA FÍSICA Y ECOLOGÍA MARINA
DE LA UNIVERSIDAD DE VIGO", con 67 firmas, ante la la catástrofe ocasionada por el petrolero PRESTIGE.


Los abajo firmantes, profesores, investigadores en formación y personal técnico pertenecientes a los grupos de investigación en "Geología Marina", "Oceanografía Física" y "Ecología Marina" de la Universidad de Vigo, ante la catástrofe ocasionada por el petrolero Prestige manifiestan:

" 1- La serie de acontecimientos desencadenada a partir del día 13 de noviembre como consecuencia de la llamada de socorro del petrolero Prestige frente a la costa de Galicia pone de manifiesto actuaciones difícilmente derivadas del saber científico acumulado a lo largo de las últimas dos décadas y señala carencias que deben ser superadas en el futuro próximo.

" 2- El conocimiento disponible desde hace más de 25 años sobre la meteorología y las corrientes marinas de Galicia, que indica una preponderancia de los vientos del suroeste y de corrientes superficiales dirigidas hacia el norte en la zona del talud continental durante le otoño e invierno, desaconsejaba en cualquier situación el desplazamiento del buque hacia el sur, tal como aconteció entre el día 15 de noviembre y la fecha de su hundimiento.

" 3- El desplazamiento en dirección oeste y posteriormente hacia el sur del buque Prestige tras su llamada de socorro ha sido responsable de la extensión espacial del efecto nocivo de la marea negra. La posición del lugar de hundimiento hace probable su amplificación temporal por la llegada de oleadas sucesivas de fuel a la costa gallega. Claro exponente de la ineficacia del plan de alejamiento desarrollado es el hecho de que 15 días después de la primera marea negra, la mancha principal de fuel vuelva a afectar la costa tras un desplazamiento de más de 130 millas.

" 4- El traslado del buque a una zona abrigada hubiera aminorado, incluso en el peor de los supuestos, los efectos nocivos causados por la marea negra al reducir significativamente el área afectada y facilitar el aislamiento de las zonas contaminadas así como su limpieza. Esta decisión es en todo caso de difícil aplicación dada la inexistencia de un plan de emergencia diseñado con anterioridad a la catástrofe.

" 5- Una ventaja derivada del alejamiento del buque de la costa es la mayor escala temporal disponible para la realización de tareas de recogida de combustible por parte de buques especializados, así como la preparación de medidas de protección y la coordinación de la limpieza del litoral. Sin embargo, es de difícil explicación que una vez tomada la decisión de alejamiento del buque, el grueso de la flota de limpieza tarde más de 10 días en llegar a Galicia, la coordinación de las tareas de limpieza se inicie una semana después de que el fuel comenzara a alcanzar las costas, la composición química y toxicidad del vertido siga siendo objeto de debate y las medidas preparadas para la protección del litoral sean en gran medida fruto del esfuerzo personal de las cofradías locales.

Estas circunstancias motivan a expresar una vez más que:

" 1- La catástrofe pone claramente de manifiesto el gran déficit de medios tecnológicos y de herramientas de predicción para tener un conocimiento mas integral del comportamiento de nuestro mar. Esto lleva como consecuencia la limitación de las bases de datos existentes, y que éstas sean científicamente fiables, como para abordar con rapidez problemas de esta magnitud. A la vista de los hechos, este déficit parece más acusado en el caso de España que en el de Portugal y Francia, países de los que proviene la mayor parte de la información acerca de la trayectoria actual y futura de las manchas de fuel.

" 2- Entendemos que es necesario un plan estratégico de investigación marina ambicioso, con la dotación de medios pertinente, cuyo objetivo prioritario sea un exhaustivo conocimiento de nuestros mares desde una perspectiva pluridisciplinar mediante la coordinación efectiva de todos los recursos humanos disponibles en Galicia.

" 3- La existencia de la licenciatura de Ciencias del Mar en Galicia, y de otras licenciaturas con especialidades afines, genera anualmente decenas de profesionales adecuadamente capacitados para múltiples tareas relacionadas con la investigación, conservación y gestión del medio marino. Se está desaprovechando un potencial humano de valor inestimable, que por falta de infraestructuras, planes, previsiones etc. sólo encuentran acomodo laboral en otros países europeos, pero no en España y menos aún en una región tan volcada al mar como Galicia.

" 4- Los grupos de investigación en "Geología Marina", "Oceanografía Física" y "Ecología Marina" arriba mencionados han desplegado, y continuarán haciéndolo, su capacidad de observación y experimentación en los lugares afectados por la marea negra. La información derivada de estas actividades junto con la previamente obtenida a lo largo de muchos años de investigación en las rías y plataforma continental de Galicia se pondrán al servicio de la evaluación de los efectos de la marea negra sobre los ecosistemas litorales y del seguimiento de la recuperación de éstos.



LISTA DE FIRMANTES

Federico Vilas Martín
Emilio Fernández Suárez
Gabriel Rosón Porto
Javier Alcántara Carrió
Irene Alejo Flores
Paula Álvarez Iglesias
Rosana Álvarez Vázquez
Pedro Araujo Nespereira
Ricardo Beiras García-Sabell
Juan Bellas Bereijo
Ana M. Bernabeu Tello
Patricia Bernárdez Rodríguez
Ana Campillo Ruiz
Katia Carballo Coego
Pedro Cermeño Aínsa
Fernando Clemente San Feliciano
Susana Costas Otero
Irene Delgado Fernández
Paula Diz Ferreiro
Raquel Diez Arenas
Bienvenido Diez Ferrer
Ruth Duran Gallego
Patricia Estévez Blanco
Susana Fernández Bastero
Carlos A. Fernández Ferrín
Nuria Fernández Rodríguez
Guillermo Francés Pedraz
Luis Gago Duport
Ibon Galparsoro Iza
Tatiana García Díez
Ana García Garcia
Soledad García Gil
Raquel González Álvarez
Francisco J. Hernández Molina
Juan Luis Herrera Cortijo
Kais Jacob Mohamed
Iván León Luna
Camino Liquete García
Ignacio Lorenzo González
Gonzalo Macho Rivero
Jorge Magariños Alvarez
Emilio Marañón Sainz
Juan Carlos Mariño Balsa
Monserrat Martínez García
Gonzalo Méndez Martínez
Beatriz Mouriño Carballido
Miguel Angel Nombela Castaño
Raquel Novoa Gómez
Pablo Otero Tranchero
Leopoldo D. Pena González
Marta Pérez Arlucea
Valesca Pérez Rial
Patricia Pérez Pérez
Silvia Piedracoba Varela
Sara I. Queralt Estévez
Daniel Rey García
Natividad Rodríguez Fernández
Andrea Rodríguez González
Sandra Rúa Santerbás
Belen Rubio Armesto
José Ramón Seara Valero
Pablo Serret Ituarte
Carlos Souto Torres
Silvia Torres López
Elsa Vázquez Otero
Ramiro Varela Benvenuto
Antón Velo Lanchas


ir arriba


ir arriba

MARÉS DE MORTE

Galicia atópase nunha nova situación de emerxencia: unha enorme catástrofe está a devastar as rías. Nisto estamos todos de acordo, mesmo o "equipo mediático habitual" que tan ben retrataba un humorista de Madrid neste negro novembro de 2002.

Moitas galegas e galegos vimos hoxe a denunciar esta situación coma episodio decisivo na guerra que dirixe a todopoderosa industria capitalista multinacional contra o noso medio natural e contra nós mesmos dende o primeiro día que asomou por aquí.

Nas últimas décadas as fermosas rías galegas veñen recibindo con frecuencia a visita indesexable da súa armada invencible: a morte. Urkiola, Casón, Aegean Sea... naufraxios criminais que a industria cifra en perdas económicas, previstas e asumidas pola fabulosa estatística da Empresa Multinacional de Velenos. Hai vinte anos que esta agresión tocou o fondo da Foxa Atlántica a xeito de improvisado cemiterio nuclear.

Terra adentro as centrais térmicas e os parques eólicos transforman a postal do país dos mil encoros e minicentrais. Un país asulagado, onde aínda aboia visible a miseria en lugares despoboados que non gozan de electricidade nin dos servicios públicos esenciais. Debe ser por iso que a Xunta demandaba hai poucos días a construcción dunha central nuclear.

Si, pero Galicia xa non é o que era. Á devastación producida pola actividade da industria convencional súmanse as autovías e as autoestradas de peaxe onde segue a medrar a maré irresponsable de vehículos particulares que tamén enriquece as multinacionais fronte a outras alternativas racionais de transporte.

A especulación urbanística incontrolada, a concentración parcelaria, as industrias celulosas, madereiras e algunhas outras extractivas son os corceis dun carro de auténtico lume que hai tempo que escribe na pel dos nosos montes unha palabra estraña aínda no noso idioma: desertización. A isto último tamén contribúe a supresión das actividades agrícolas e gandeiras pola imposición de políticas liberais e outros males de importación coma o das vacas tolas.

Má sorte, di o cacique de turno: os raios, o vento, o temporal...

Cremos que, polas súas dimensións, este último suceso pode supoñer a solución final dos sistemas productivos tradicionais mariñeiro e marisqueiro, ameazados e minguados previamente pola corrupción política, coa conseguinte liquidación das súas (as nosas) formas de vida e cultura autóctona.

Unha vez máis, aquí o que gaña é quen contamina e quen sofre é a natureza do mundo e a xente traballadora que afronta a emigración e o desleixamento como única saída (vintemil galegas e galegos emigraron o ano pasado).

Somos moitos quen aínda discernimos que o amigo mundo apodrece pola dexeneración daniña da clase espoliadora que ocupa o poder e a dirección xeral das sociedades humanas. Outros matinaron antes como solucionar todo isto e a súa empresa tamén foi coroada pola merda.

Tamén sabemos que sería moito pedir unha intervención da ONU nestes conflictos: coñécese que anda moi atarefada administrando a guerra no mundo. Mais non se trata de soñar, a penas de despertar para que o pesadelo non triunfe por completo.

Hoxe só atopamos un camiño: a presión mundial contra a industria da morte e a proposta multilateral dunha moratoria sobre este tipo de actividades. Na esperanza de que despois podamos atopar solucións axeitadas ao auténtico problema é onde se funda con certeza a vida futura sobre a Terra.

XIAO GUDES para os medios libres

 

ir arriba


ir arriba

MANIFESTO DA ASEMBLEA DO CAMPUS DE VIGO (UNIVERSIDADE DE VIGO)

Diante da catástrofe provocada nas nosas costas pola marea negra do
_Prestige_ e da calamitosa, esperpéntica e humillante actuación das
autoridades autonómicas e estatais, máis preocupadas de minimizar os danos
e agochar as evidencias da traxedia, ca de informar realmente do acontecido
e proporcionar a coordinación e os medios para facer fronte á desgracia, o
alumnado, profesorado e PAS do campus de Vigo (Universidade de Vigo),
reunidos en asemblea o venres 29 de novembro de 2002, manifestan
publicamente o seguinte:

1.- Condenamos a actuación vergoñenta do Presidente da Xunta de Galicia,
ausente da realidade e insensible ó drama, non só porque non se puxese á
fronte das accións gobernamentais, senón por alardear de frivolidade e
mentir publicamente.

2.- Condenamos tamén o comportamento cínico, despreocupado e manipulador do
Presidente do Goberno Español e dos seus ministros de Fomento, Medio
Ambiente, e Agricultura e Pesca, así como, sobre todo, do seu
vicepresidente primeiro, responsable do periplo de insensateces que
gobernou o Prestige desde o momento do accidente.

3.- Condenamos a absoluta neglixencia e ocultación das autoridades; a
descoordinación total dos departamentos das consellerías e ministerios
afectados; a inexistencia de medios para combater o desastre e o caos
xurdido na costa afectada.

4.- Condenamos a información sesgada, parcial e manipulada dalgúns medios
de comunicación (Antena 3, TVE, TVG, Cope, Radio Galega, El Correo Gallego,
etc) e felicitamos a La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Vieiros, Cadena SER,
El País, Tele-5 e CNN+ por nos ofreceren unha información máis obxectiva e
menos tendenciosa.

5.- Esiximos dos grupos políticos de oposición firmeza e perseverancia no
seguimento de todo o proceso de urxente rexeneración da nosa costa e da
nosa economía pesqueira e marisqueira, na inmediata indemnización das
persoas afectadas e na reprobación pública e esixencia de demisión dos
responsables das carteiras de medio ambiente, pesca, fomento e presidencia
dos gobernos galego e español.

6.- Procedemos a constituírnos en Asemblea Permanente do campus de Vigo e
organizar grupos de voluntarios/as para colaborar desinteresada e
solidariamente nos labores de limpeza de praias, recuperación de aves, rede
de alerta da Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo, etc. Para
iso ofrecémonos a colaborar con Medio Ambiente, grupos ecoloxistas, OMA,
etc, alá onde a nosa presencia sexa necesaria.

7.- Acordamos enviar unha representación ó peche da Plataforma das xentes
da cultura _Contra a Burla Negra_ na Casa da Cultura de Laxe.

8.- Facemos un chamamento á dignidade a tódolos cidadáns e cidadás para
acudirmos á manifestación convocada pola plataforma _Nunca máis_, que terá
lugar este domingo día 1 de decembro en Compostela.

9.- Esiximos das autoridades medidas urxentes e reais para facer fronte ó
perigo que ameaza aínda e seguirá ameazando nas próximas semanas as nosas
costas e as nosas vidas. Esiximos información veraz acerca do grao de
toxicidade da marea e das consecuencias da mesma para as poboacións afectadas.

10.- Esiximos unha valoración realista dos danos a curto, medio e longo
prazo que o vertido está a ter para os sectores productivos e sociais
galegos, así como a concreción das compensacións económicas que se derivan
de tales danos.

11.- Esiximos das autoridades galegas, españolas e europeas, a inmediata
aplicación dunha lexislación marítima que impida o tránsito continuo de
chatarra contaminante a menos de 200 millas das nosas costas.

12.- Facemos un chamamento a toda a sociedade galega e española para
poñermos en cuestión o modelo enerxético prevalecente na nosa sociedade
dependente dos derivados do petróleo.

Vigo, 29 de novembro de 2002

ASEMBLEA DO CAMPUS DE VIGO (UNIVERSIDADE DE VIGO)

ir arriba


ir arriba

LAS FRASES DEL PRESTIGE

 


"Probablemente el fuel no toque la costa gallega"
Arsenio Fernández de Mesa, Delegado del Gobierno, 14 de noviembre

"Ya ha pasado el peligro más grave"
Manuel Fraga, 15 de noviembre

"Las mareas alejarán al petrolero de nuestras costas"
Fernández de Mesa, 15/11/2002

"Si el petrolero se parte en dos, se remolcarán de forma independiente proa
y popa para alejarlas al máximo"
Fernández de Mesa, 15/11/2002

"Se ha evitado un nuevo 'Erika' "
Fernández de Mesa, 15/11/2002

"Con el Prestige a 60 millas el riesgo no es alto"
Enrique López Veiga, Consejero de Pesca, 15/11/2002

"Afortunadamente, la rápida intervención de las autoridades españolas
alejando el barco de las costas, hace que no temamos una catástrofe
ecológica, como ha sucedido en otras ocasiones, ni prevemos grandes
problemas en las aguas españolas ni para los recursos pesqueros"
Arias Cañete. Ministro de Agricultura y Pesca, 16/11/2002

"Esto afectará al contencioso de Gibraltar"
Aznar. Punta Cana (República Dominicana). 16/11/2002

"Todo el fuel que tenía que llegar a la costa ya ha llegado"
López Veiga, 17/11/2002

"No puede hablarse de marea negra, sólo de un vertido de fuel"
Fernández de Mesa, 17/11/2002

"Sólo hay 50 km de costa realmente dañados"
Fernández de Mesa, 18/11/2002

"El petrolero pudo perder entre 3.000 y 4.000 toneladas de fuel"
Fernández de Mesa, 19/11/2002

"Las cosas se han hecho razonablemente bien. El barco se hundió a una
distancia razonable y prudencial"
Mariano Rajoy. Caión (A Coruña). 19/11/2002

"Hay que estar muy atentos a las mareas para que no se acerque la mancha"
Mariano Rajoy. 19/11/2002

"Estuvimos planteándonos bombardear el petrolero con nuestros cazas F-18"
Federico Trillo. Ministro de Defensa. 20/11/2002

"Si hace falta, me vuelvo a bañar como en Palomares"
Manuel Fraga, 21/11/2002

"Hay una cifra clara, y es que la cantidad que se ha vertido no se sabe"
Fernández de Mesa, 22/11/2002

"Afecta a una parte importante de La Coruña, pero no es una marea negra
sino manchas muy localizadas"
Mariano Rajoy, 23/11/2002

"Estuve en la cacería y me vine sin participar en ella. Después de la
cacería me vine para Galicia sin comer"
Manuel Fraga. 24/11/2002

"A toro pasado todos acertamos por qué lado se tira el penalti"
Álvarez-Cascos, Ministro de Fomento, 26/11/2002

"El vertido afecta a una extensión muy importante, pero no es una marea
negra"
Arias Cañete, 26/11/2002

"Si alguien habla de descoordinación, que lo demuestre, y, si alguien es
capaz de demostrar que es mejor que un petrolero que se está partiendo
entre en un puerto antes que ser sacado, que también diga que estaría
dispuesto a asumir esa responsabilidad. Nosotros no lo vamos a hacer y
vamos a contribuir a que el daño a las familias y el daño al medio ambiente
sea el menor posible. Lo que no vamos a hacer, Señoría, y ya se lo digo, es
ir a Galicia a hacernos fotografías, a no resolver nada y a mercadear"
Aznar, 27/11/02

"Parece ser que se trata de una variante de fuel que tiene algunas
complicaciones"
Manuel Fraga, 28/11/2002

"Creo que hay alarmismos muy poco justificados"
Aznar, Roma 28/11/2002

" En estos momentos, la estructura se encuentra deformada. Hay planchas
dobladas hacia adentro. Se piensa que el fuel está aún enfriándose, salen
unos pequeños hilitos, los que se han visto, hay en concreto cuatro
regueros que se han solidificado con aspectos de plastilina en estiramiento
vertical. Debe salir de alguna de las grietas. Están los técnicos
estudiando qué significa éso"
Mariano Rajoy, 5/12/2002

"¡Ah! ¿pero es que ha pasado algo?"
Atribuida a Jaume Matas, Ministro de Medio Ambiente. */*/*

ir arriba


ir arriba

NUNCA MÁIS (Crónica alternativa)

Digo que tamén estiven, como tantas e tantos, en Compostela,
nun chuvento primeiro de decembro do dous mil dous
despois de Cristo ... ou despois do cristo, tanto ten,
cando a catástrofe do petroleiro pirata "Prestige"
planeou como un voitre sobre milleiros de fogares
e o piche venenoso enviado pola incompetencia engominada
enseñoreou visgosamente fumas e praias, portos e cons.

Sabede que en Compostela ese día houbo
un mar de xente
un mar de bandeiras
un mar de gorxas
cantando entrelazadas
por un futuro de mar limpo
por un soño de mar próspero
por un desexo de mar recuperado
que se desatou entre nos e resoou
coa forza imparábel dos salseiros.

Fun un máis na maré humana que inundou as rúas e raíces
dunha Compostela máis acuática do que nunca,
cidade con corazón de aldea vella e pedra salgada.

Levei mellado o rostro pola chuvia.

Levei o corazón empapado en salitre.

Estou convencido agora de que nen todo o chapapote do mundo
sería quen de afogar este aceno solidario que vivemos,
a raiba que nos convocou e uníu en incríbel ardora colectiva.

Foi no primeiro de decembro do dous mil dous en Compostela,
mentres o fuel-oil mesturado con sartas de mentiras
ameazaba con inundar a nosa vida, cando imbéciles e escuros
teimaban sen éxito en converter este noso indignado pobo
nunha grea humillada e pobre, resignada para sempre.


EMILIO XOSÉ ÍNSUA

ir arriba


ir arriba

OS ARAOS DA REVOLTA

Os cans que nos gobernan son os mesmos cans que en 1936 encheron de mortos as bermas das nosas estradas; os mesmos cans que bombardean Iraq e permiten que un millón de nenos morran por falta de medicamentos; os mesmos cans que lamben nos cadáveres dos inmigrantes mortos no Estreito; os mesmos cans que proxectan sen escrúpulos a ruína dos nosos labregos, obreiros e mariñeiros e que que queren facer de nós inútiles crónicos; os mesmos cans que venden armas a todos os cans do mundo e despois falan de terrorismo; os mesmos cans que fan dos cárceres, auténticos campos de exterminio; os mesmos cans que limitan e controlan cada vez máis a liberdade de expresión; os cans que nos gobernan son a face verdadeira do poder, a que estaba agochada detrás de todas esas cousiñas coas que nos tiñan tan entretidos: o consumo, a carreira profesional, a parella, o fútbol, as festas gastronómicas. Os araos da revolta falamos desde a nosa cova de alcatrán:

Ou limpamos nós ou que limpen eles

Eles son a administración e as industrias do petróleo, nós somos os paxaros ex-tinguidos o povo en vía de extinción. .
Se limpan eles, xa que foron eles os que escangallaron toda esta merda, daquela que nos deixen tranquilos e non nos insulten esixindo a nosa solidariedade para limpar.
Se limpamos nós, daquela que se vaian.
Os araos da revolta non nos fiamos destes cans. Sospeitamos que o chapapote que estamos a limpar coas nosas maus, coas nosas bocas, e ate cos nosos ollos, é un veleno letal. Se daquí a uns anos comezamos a podrecer por dentro a estes fillos de pp non lles vai importar un carallo. Como moito seremos un número máis nunha lista ou un minuto máis dalgún programa hipócrita da televisión.
Os araos da revolta pensamos que a dimisión e as eleccións anticipadas non van tirar o chapapote das nosas praias. Aquí non hai só un problema entre Fraga e a oposición, aquí vese o confronto entre a administración e o povo. Non tudo o que ven do povo é necesariamente bo, mais tudo o que ven da administración está necesariamente podre. E isto, mellor ca ninguén, sábeno os nosos labregos e os nosos mariñeiros, afeitos a sobrevivir a pesar do desprezo secular do estado, a pesar da vontade decidida do estado para eliminalos.
Os araos da revolta, afogados no alcatrán da estupidez, queremos nutrirnos dese instinto de supervivencia do noso povo. A administración non só non resolve os problemas, senón que está interesada en que nós non sexamos quen de resolvelos, pois se cadra un día caemos na conta de que non os precisamos a eles. O noso povo está demostrando que é quen de axir sen a "caridade" dos de arriba, sen subvencións, sen coordinadores, sen exército, sen protección civil, etc. A intelixencia adoita estar en mans dos de abaixo, dos menos idiotizados.
Os araos da revolta pensamos que se somos quen de poñer en xogo as nosas vidas en contacto con este veleno, deberíamos ser quen de pasar a un acto de rebelión. Rebelión contra o estado e rebelión tamén contra a industria do petróleo, pois non esquezamos que somos víctimas desa peste negra, como os iraquíes, os nixerianos, e tantos outros.
Os araos da revolta, como os gregos extinguidos, entendemos a democracia como a participación directa dos cidadáns na vida pública. Se a nosa intervención na vida pública se limita a meter un voto nunha caixiña, daquela isto non pode chamarse democracia. Nos parlamentos a democracia repártese entre os de arriba e os seus amigos, ao tempo se capan as voces dos de abaixo. Antigamente falábase dun personaxe chamado "o tonto do bote"; agora, con tanto progreso, abundan "os tontos do voto".
Os araos da revolta pensamos que se pode equiparar "parlamentarismo" con todo o que abrangue a palabra "infantilismo". Nós poñemos as nosa capacidade para decidir e actuar en mans das institucións; nas institucións decide quen máis manda, non quen máis sabe; e cando xa ninguén pode evitar o desastre, bótase man dos "espertos", que están afundidos a máis profundidade que o Prestige, e non hai Nautilus capaz de dar con eles. Exemplo: cando España quixo invadir Inglaterra coa Armada Invencíbel, puxo ao seu mando ao duque de Medina-Sidonia, que non vira o mar na súa pp vida. Hoxe temos un director xeral da mariña mercante que non puxo o pe nun barco na súa pp vida. A gloriosa estupidez da administración nunca deixará de sorprendernos.
*Nota: Hai tres días que os araos de cons desaparecemos. E agora queremos reencarnar, mais non en cordeiriños, senón en raposas. É moi sinxelo para estes cans dirixiren aos seus cordeiriños para á fronte da guerra creada por eles mesmos, os que agora se agochan na retagarda.
Asinan: Joseph Ganime e Emilio Neira.



ir arriba


DIMISIÓNS E CENSURAS

SEGUNDA FEIRA (Faro de Vigo)

A catástrofe, no seu horror, trouxo tamén a luz. Quedou o rei do conto espido e todos o viron así e todos se recoñeceron enganados. En Galicia esborrallouse a autoridade política de Fraga Iribarne e con ela quedaron en minoría real as supervivencias franquistas que serán os únicos incondicionais que o sigan ata o final.
A Xunta de Fraga Iribarne é incompetente, prepotente; pro xa non imponente. Os conselleiros fan a figura dun fato de marionetas destabilladas que, de vez en cando, aventuran algunha xesticulación disparatada. Non saben; non saben que facer nin que decer.
O barco é o símbolo da súa ausencia de previsión e de política real. O barco pasará á historia. Está a podrecer nunha doca calquera, a carón dos dos contrabandistas. Chámase Punta de Fisterra ou algo así; non merece a pena de memorizar. É un barco da Xunta de Galicia destinado aos traballos anti-contaminantes, ou sexa contra as marés negras. Ten o motor gripado, carece de equipos electrónicos e de navigación, se cadra mesmo foi expoliado. Non ten tripulación nin comandante nin oficialidade. Este barco simboliza a Xunta de Galicia do PP. ¡Case seguro que alguén gañou bon diñeiro co buque pantasma da Xunta de Galicia!
Naturalmente que hai que pedir a dimisión de Fraga Iribarne, e mandalo, esta vez si, á Historia. E tamén a dimisión dese Del Álamo, madrileño, que un día fincou aquí a tenda porque o PP non lle tiña ocupación na Corte e Fraga Iribarne podía ben colocalo.
E todos os demáis conselleiros. E os presidentes das Deputacións, moi nomeadamente a da Coruña e a de Pontevedra, que demostraron que só traballan para alimentar a parroquia, cando esta se confude coa familia e co clan. As Deputacións son cousa de parques industriais, pistas, luces, chapapote de camiño que valen votos: nada de mar. E tamén deberían dimitir eses Patróns das Cofradías, todos do PP, por ter sostido, e apoiado cegamente o partido que hoxe é a arruína da xente que representan.
Todo o cal configuran unha moción de censura no Parlamentiño, que a haberá. Pero a cousa non pode parar aí: o lugar previlexiado da moción de censura deber ser a Carrera de San Jerónimo. ¿Por qué o PSOE do señor Zapatero aposta por pedir dimisións en Galicia e non en Madrid? ¿Por que propón unha moción de censura en Galicia e non no parlamento español? ¿Por que para o PSOE Fraga Iribarne e o seu piccolo goberno deben caír e non Aznar, Cascos, Cañete, e demáis culpabeis de chafalladas, incompetencia e, por parte, soberbia e desprezo polo pobo galego?
A verdade é que non se entende. E non se entende pola sinxela razón de que as augas territoriais da costa galega e a franxa marítimo-terrestre son de exclusiva competencia de España e do seu Goberno, como tamén o é o servicio de Protección Civil e, naturalmente, a Mariña de Guerra e o conxunto do Exército. Como son tamén de exclusiva competencia de Madrid as relacións de cooperación en caso de desastre con paises estranxeiros, como Portugal,que nin se tocou, e coa UE.
Todos sabemos a reacción autista de Aznar e a súa negativa a se abrir a posibeis axudas, algunhas das cales viñeron a Galicia de forma irregular ou mesmo forzada.
Dimisións e censura en Compostela: naturalmente que si. Dimisións e censura en Madrid: con moita máis razóns e fundamento. A non ser que o pacto PSOE/PP funcione neste caso do mesmo xeito ca no conflicto vasco.

XOSÉ LUIS MÉNDEZ FERRÍN

ir arriba