LETRAS CD "Verde"

LETRAS VERDE

01.- NON TEÑO NOME

02.- PARVO

03.- SÍNTOMAS

04.- VERDE

05.- XADREZ

06.- DÁME A TÚA MAN

07.- NA NOITE ESTRAÑA (NA NOITE ESCURA)




 

01.- NON TEÑO NOME

 

NON TEÑO NOME

ROMPÍN A PEDRA

MUROS PESTANA

TAN SÓ UN BURATO

DA ETERNIDADE

 

ROMPÍN O FÍO

DA TEA DE ARAÑA QUE VAS FACENDO

TAN SÓ UN REFLEXO

DA SOIDADE

 

NON TEÑO NOME

SON O SILENCIO

SÓ TEÑO FAME

FAME POR DENTRO

 

ROMPÍN O CEO

QUE COBRE O ALTO DUNHA MIRADA

PERDÍN A MAN

PERDÍN O XOGO

NON QUEDA NADA

 

ROMPÍN A HISTORIA

PARA ESCRIBILA

VELLAS INXURIAS ELFOS E ANANOS

NON DIGAS NADA

SEI QUE ME AMAS

 

 


 

 

 

02.- PARVO

PARVO

 

SEI QUE ESTÁS BEN

SEI QUE ESTÁS MAL

SEI QUE NON CÓMPRE

MIRAR PARA ATRÁS

 

ISTO É POR TI

ISTO É POR MIN

SEI QUE NON QUERO

NON SER FELIZ

 

 

NON CHORES MÁIS

NON CHORES MÁIS

NON SUFRAS MÁIS

NON SUFRAS MÁIS

 

PARVO

PARVO

PARVO.

 

 


 

 

03.- SÍNTOMAS

 

SÍNTOMAS

O TACTO DELICADO

O PERFUME UN ARRECENDO

SOBRE A PEL SUAVE

LATEXOS DE PRATA E MEL

 

A BRISA NA CARA FRÍA

OS OUVEOS DO PEQUENO CAN

A MIRADA QUE SE ESCAPA

O FULGOR REPENTINO

 

SOÑAR CON DINOSAUROS

DE FERMOSAS CORES

A PENA GARDADA BAIXO CHAVE

A DOR QUE MATA

A MORTE COMO ESENCIA DUN SENTIDO

ESQUECER OS TULIPÁNS

AMARELO QUE DANA A VISTA

 

O PERDÓN RENACIDO

A FERVENTE INXENUIDADE DO COTIÁN

QUERERTE

MORRER POR UN SEGUNDO

 

E TI ESTÁS AÍ

E O MUNDO É UN CLAMOR

BERROS QUE SAEN DO FONDO

UN CANTAR INMENSO

 

 

BENVIDO AO INFERNO DO PERDIDO

OLA!, CAMIÑANTE IMPERTINENTE

 

VOSTEDE NON TEN NADA

VOSTEDE ESTÁ CURADO

E MARCHAS EN PAZ.

 


 

 

04.- VERDE

 

VERDE

VERDE É A COR

NO ALOUMIÑO DA NENA

QUE ESVARA POLAS BÁGOAS

E AS LEDICIAS TODAS.

 

VERDE É A COR

DUNHA FONTE ESMERALDA E PRATA

QUE PINGA NOS BEIZOS

SUAVES POR SEMPRE.

 

QUERO O TEU SOÑO E A TÚA MAN

QUERO PODER CONSTRUÍR UN MUNDO

PARA TI

PARA MIN.

 

VERDE É A COR

NA FRAGA DAS TORMENTAS

QUE LATEXA NOS OÍDOS

DA MULLER QUE ALLEA CHORA.

 

VERDE É A COR

DA MULLER DOS MEUS ANHELOS

QUE POR VIDA TEMPO MUNDO

É RAZÓN DUNHA HISTORIA.

 

 

QUERO O TEU SOÑO E A TÚA MAN

QUERO PODER CONSTRUÍR UN MUNDO

PARA TI

PARA MIN.

 

UN MUNDO VERDE.

 

 


 

 

05.- XADREZ

 

XADREZ

 

ALFIL A DAMA ESCONDE

PEQUENO SER QUE EVITAS

CHAMADAS E CHAMADAS

NON HAI NINGUÉN

 

PEÓN DE REI CAÍDO

LEÓN QUE DORME ARRIBA

CHAMADAS E CHAMADAS

NON HAI NINGUÉN

 

COLLE UNHA NUBE

BAILA ENTRE ALGODÓNS

CUBRE TODOS OS SOÑOS

CO MEU CORAZÓN

 

TORRE QUE CAE AMADA

VENTÁ QUE TRAE O VENTO

CHAMADAS E CHAMADAS

NON HAI NINGUÉN

 

 

CABALO DE ESCURAS NOITES

BRILLO NOS OLLOS CLAROS

CHAMADAS E CHAMADAS

NON HAI NINGUÉN

 

 

COLLE UNHA NUBE

BAILA ENTRE ALGODÓNS

CUBRE TODOS OS SOÑOS

CO MEU CORAZÓN

 

 


 

 

06.- DÁME A TÚA MAN

 

DÁME A TÚA MAN

 

DEIXACHES O COITELO DA ALMA

ATRÁS, ONDE TODO É PASADO

E A GUERRA CONTINÚA PRESENTE

E A FAME SEMELLA SER O FUTURO

 

AGARDACHES POLA TÚA AMADA

FUCHES HUMILLADO E MALDICIDO

E AS BOMBAS SEGUEN CAENDO

E OS NENOS SEGUEN MORRENDO

 

DÁME A TÚA MAN

DÁME A TÚA MAN

DÁME A TÚA MAN

POR FAVOR

 

ESQUECICHES SER UN HOME POR UN DÍA

ADEUS Á ESPIRAL DE NOITE E MEDO

E OS CADÁVERES CÓNTANSE POR MILLEIROS

E AS VÍTIMAS CALAN DERROTADAS

 

ESCOITACHES O SORRISO ENLATADO

EMOCIÓNS QUE FINXIRON OUTROS MONSTROS

E O SER HUMANO É UNHA PERDA

E O AMOR TAMÉN TEN SENTIDO.

 

DÁME A TÚA MAN

DÁME A TÚA MAN

DÁME A TÚA MAN

POR FAVOR

 

 


 

 

07.- NA NOITE ESTRAÑA (NA NOITE ESCURA)

 

NA NOITE ESTRAÑA, NA NOITE ESCURA

VEXO UN MAR CHEO DE PEIXES MORTOS

AFLICIÓN POLA DOR ALLEA E PROPIA

PISO CORAZÓNS PISO INOCENTES MENTES

ROMPÍN A TÚA ALMA ROMPÍN O QUE ERAS

 

VEXO UNHA ESPECIE AFUNDIDA NO FRACASO

INXUSTIZA NOXO MISERIA FAME

ORACIÓNS TODAS EN VAN

SILENCIO XORDO DO BECHO QUE SOMOS

 

NA NOITE ESCURA NA NOITE ESTRAÑA NA NOITE ESTRAÑA NA NOITE ESCURA

 

VEXO QUE ME QUERES QUE ME AMAS

PERO EU NON SEI QUERER NON SEI AMAR

VEXO INFINITAS FLORES CUBRINDO UN CORPO

MURCHAS POLO XEO DO INFERNO

 

VEXO UNHA BOMBA ESTOUPAR INOCENTE EXACTO

MALDITO DEMO SAPIENS SAPIENS

HORROR PERCORRE RÚAS CIDADES

ESQUECIDOS

VIVIMOS

 

NA NOITE ESTRAÑA NA NOITE ESCURA NA NOITE ESCURA NA NOITE ESTRAÑA

 

VEXO UN CORVO NEGRO COMA A SOMBRA QUE NOS COBRE

UN SORRISO QUENTE CANDO GARDAS O TESOURO

VEXO CÓMO NOS EMBORRACHAMOS DE ILUSIÓN

COA RESACA ETERNA DOS PEQUENOS SEN REGALO

 

VEXO SANGUE PO SALVAXE MAFIA

BERRANDO NA TOMBA DE DEUSES FALSOS

VEXO A HUMANIDADE COMO UN VESTIDO AZUL RACHADO

POLAS NOSAS MANS OS NOSOS PECADOS

 

NA NOITE ESTRAÑA NA NOITE ESCURA NA NOITE ESCURA NA NOITE ESTRAÑA

 

VEXO UN UNIVERSO INDESCRITÍBEL

SOMOS TAN TAN TAN TAN PEQUENOS

UNHA CARICIA A TÚA PEL SUAVE

A AUGA FRESCA DO RÍO QUE NUNCA PARA NUNCA PARA

 

NA NOITE ESTRAÑA NA NOITE ESCURA NA NOITE ESCURA NA NOITE ESTRAÑA