XANEIRO
ABRIL
Entre os seus brancos, febles
dedos
a papoula esqueceu un triste, lindo
pétalo
e un bosque de cor xurdiu
nas súas mans inquedas.
A vexetación da súa alma,
inmensa, cansa
propagou unha mística enerxía cáustica
polo mundo adiante estoupido,
salvaxe, tormento.
Nevou en marzo sobre as follas murchas
doente pegada
o branco cubriu a súa verde esperanza
innata nobre
eu ameina tarde.
Quérote, pequena papoula.
Alugou un feble espazo
no meu ventre cerebral.
Esixiu coma un suave vento:
“Escríbeme”.
E agora,
agora, no medio da treboada soleada,
os meus dedos trementes
tentan cumprir a súa orde máxica.
Soñaches suorento co fulgor dos seus ollos
que alumean un camiño impávido
de tortura e mel.
Cravaches a espiña da confianza cega
nun xordo mundo de perdedores e vencidos,
illados nas tebras da fatiga
deste existir inxusto e raro.
Afogan os sorrisos fieis
na escuma dos eléctricos sons xordos
ollos eléctricos eléctrica emoción
utopía que agarimas coa alma solitaria,
igual que agarimas o amado gato lindo e bo.
Quixen ser mellor,
conseguín chegar a algures,
conseguín paz nas entrañas,
conseguín perder un amor inmenso,
conseguín gañar unha preciosa amiga,
conseguín volver caer erguer caer erguer,
conseguín algo que non é pouco.
Quixen ser mellor,
e son máis vello,
e estou máis vivo,
e saboreo de cando en vez a calma,
e desprezo a miúdo tantos erros,
tantos pequenos fracasos,
pequenos freos a quen máis quero...
Agora, máis vello, máis vivo
agardo a morte cunha irracional calma
mentres vivo cada segundo,
como se non pasara nada,
nada máis que vivir e parir e traballar
e rir e doer e chorar e soñar
e asinar o inexistente trato
co inexistente dono do sino,
o trato marabilloso dunha morte doce
e anticipada aos que dixen e direi que máis quero.
Non derramedes unha bágoa triste por min, por favor!
Escoitade a miña música,
lede as miñas verbas,
e escachade de ledicia,
entre bágoas de retranca:
“Que tolo estaba! Que malo era!
Ha! Ha! Ha! Ha!”
Quérovos, benditas e benditos “cabróns”!!!