Creación Persoal- POESíA 2015ir arribair a portada cp 2015

 

 

XANEIRO

 

MARZO

 

MAIO

 

 

 

 

 

ir arriba


 

 

 

Perdidos (Dende A Basella, co corazón na casa)

 

 

Perdidos

No abismo recorrente

 

Perdidos

E a choiva cae implacable,

Teimuda, eterna

Como esta vella doente loita,

Como este morrer por dentro.

 

Perdidos.

Outro erro

Outro idéntico, repetido erro.

 

Buscar saídas,

Labirinto,

Estar perdidos.

 

Chorar, ouvear famélicos de paz,

Almas queimadas na nosa propia historia.

 

Saídas.

Aínda quedan?

Perdóns?

Aínda teñen sentido?

 

Nada hai no corazón

Senón esta humidade perenne

Que oxida o sorriso, perdido.

 

Todo perdido.

Unha vez máis.

 

Gustaríame atopar un pequerrecho fulgor

De ledicia sosegada.

Só existe o tormento e o sangue.

A desesperación.

A decepción.

O noxo, a rabia,

Si, este inferno en vida

Que é vivir perdidos.

 

Dicir que o sinto,

Dicir que non son nada,

Que mellor non ter nacido,

Que mellor esvaecer calado.

 

E non dicir nada.

Arrepentido e parvo

Esgoto a derradeira bala

Contra ti

Contra min.

 

E no cadaleito da derrota triste

Os nosos nomes, o noso camiño

É queimado, abrasado, aniquilado

Pola tortura da incomprensión maldita,

Do maldito becho que sempre fun e son.

 

 

Non escribirei metamorfose,

Porque non son Kafka,

Tan só o verme de sempre

Máis vello, máis afundido,

A cucarache negra,

O abismo que racha os nervios

E afoga a cordura e iso,

Iso que chaman amor

Ou comprensión, parella.

 

Perdidos, perdemos.

Non sei se a definitiva batalla,

Non sei se o fin desta cruel,

Deshonrosa guerra.

 

Só queda mirar absorto o reloxo

Perderse nas agullas que cravan

Por sempre

Empapado de inocente chuvia fina

Que penetra, penetra

Ata que estoupan os teus podres ósos.

 

Perdidos. Perdido.

 

 

 

 

 

ir arriba 


Esgotamento, sangue, morte, Australia

 

E todo un turbillón frenético arrebatou a calma.

Troco. Movemento caoticamente acelerado.

E o cansazo, o sangue, a morte, o adeus e o ata logo.

E o nó na súa gorxa descomposta.

Animal irracional, cruel na podremia,

arranxaches e segues destruíndo.

O seu sangue no corredor

A desesperación, a anguria, a culpa.

Coseduras na alma, unha vez máis.

E unha vida morre mentres outra olla un novo mundo.

Así é a vida.

Pero doe tanto.

Dóeche tanto a túa perda, amada miña,

Dóeche tanto, que con dificultade respiras o aire fresco

da esperanza rota en anacos.

 

Mais a vida segue. Allea e impenitente.

E os canguros saúdan ao noso soño fermoso, valente,

e tamén a túa nai dende os corazóns dos bos e xenerosos

tamén ela saúda e sorrí se ti non choras.

Mais as bágoas son máis veloces que a razón, a cordura, a lei de vida,

as bágoas percorren o teu espírito derruído.

Mais as feridas cicatrizan, lenta, lentamente.

Agardaremos por ti, unha vez máis envolta na negrura mala,

agardaremos, e sorrirás, si, sorrirás

co teu soño real e co teu soño real ausente,

e serás apertada por mil brazos agarimosos,

estrullada contra o peito aberto dos que te aman

e do asasino maldicido

que te quere tanto tanto,

que te falla tanto tanto.

 

Marzo, marcha xa,

Ti non tes a culpa, ti nada sabes,

mais marcha xa, marzo,

e déixanos na porta un minúsculo suspiro de ilusión futura,

unha nova e pequerrecha, case invisíbel,

ínfima posibilidade.

 

 

 

ir arriba 


 

 

E a vida segue... (Outra vez máis)

 

Un suave piano que reflicte a ausencia bágoa

sobre os piares da verde gaivota allea,

sobre os corazón rotos e remendados.

 

Un breve lategazo na brisa inqueda

sobre as nosas pegadas repetidas,

únicas, camiño.

 

E a vida segue...

 

E marchan...

 

E aquí nós,

sangue fervente do gato adurmiñado.

Mórdeme!

E serei feliz.

 

Un duro cristal que bate na ventá choiva treboada

sobre as árbores caladas, verdes e esmeraldas,

sobre a impotencia fronte ao inevitábel.

 

Un adeus e nunca dixen nada

nada máis que existe sorte illada

entre baleas tristes e oráculos da noite,

mentres ese ouveo infindo barre o escuro lodo.

 

E ti,

estrela dourada na estraña viaxe,

estrela consumida súper nova da alma,

estoupido brillante nun inmenso horizonte,

fogos artificiais na illa dos tesouros,

e os piratas ao lonxe facendo simples maldades,

e o vento batendo na negra bandeira

que todos portamos indignos e ignorantes.

 

Non quixera perder o doce fío

dos inocentes e humillados,

dos que choran pola culpa deste inferno

que entre todos fabricamos.

 

Así que marcho preto da area secada milagreira

e absorto escruto as nubes brancas de algodón entretecidas.

E deixo pasar iso que nos mata.

 

Tempo.

 

Iso que nos fai e desfai.

 

Tempo.

 

Iso que algún día aperto con ansia.

Iso, xa sabes, calma.

 

Calma.

 

Miña amada,

creo que comezo a ser un home novo

medrando neste corpo vello.

 

 

 

ir arriba 


 

 

A vontade de existir

 

Domingo.

Trens e coches.

Sono.

Despedida.

 

Agora, só con esta estrela na fronte,

estes vermellos terreos asolagando

esta vella cara que non vexo...

 

Agora, só,

cavilo na importancia da compañía amada.

Imaxino posibilidades variacións e labirintos

do que puido ser do que podería ter sido...

Do que nunca foi do que non será nunca...

 

Agora, só coa droga da existencia teimuda,

formulo hipóteses irrefutábeis sobre ausencias e risos,

e unha pequerrecha escordadura mental remata con todas elas...

 

Agora, sen verdades absolutas, sen dogmas implacábeis,

sen deuses do falso consolo, sen o monstro que dominou este eu,

agora, creo entender o sentido da existencia condenada,

o sentido deste latexar que aínda perdura,

o sentido das palabras.

 

Tocar.

Sufrir.

Morrer.

Rir.

Chorar.

Nadar.

Ollar.

Perdoar.

Maltratar.

Abandonar.

Apertar.

Fuxir.

Volver.

Resistir.

Perder.

Gañar.

Loitar.

Amar.

Amarse.

Amar.

Amarse.

Odiar.

Odiarse.

Odiar.

Odiarse.

Resumir.

Rematar.

Descansar.

Traballar.

Esquecer.

Lembrar.

Comer.

Vomitar.

Camiñar.

Parar.

Cruzar.

Quedar.

Quedar.

 

 

Quedar mentres a existencia pague á pena, por calquera deste ou doutros verbos, pola súa afirmación ou negación, pola súa perda, polo seu arranxo, polo seu índice de logros conseguidos e arrebatados. Quedar ata que chegue o día que a morte doce e natural te leve suavemente, ou ata que a dor cruel e a morfina gloriosa te deixen fuxir desta crueldade en vea, ou ata que a pistola na sen faga á fin o seu traballo, porque xa non podes máis, xa non podes máis, o precioso cruzar a rúa ateigada de coches ruxindo cos ollos pechados e adeus, á fin, ou entrar no mar espido e perderse para sempre nun azul escuro e frío.

 

A cantidade e a calidade da existencia.

 

Ben certo é

que ansiamos a dignidade

do ser e o non ser.

Ansiamos a transición natural e silente,

como se non pasara nada,

porque á fin,

nunca pasa nada a nivel global,

porque nada es,

formiguiña que camiñas,

hoxe soa e adurmiñada,

agardando a bandeira branca

da paz compartida, anhelada.

 

 

Supoño que isto é existir

entre enigmas e erros.

 

E agora, apago a luz da alma absorta,

e debullo un corazón no teu ventre delicioso,

mentres formiguiñas bailan arroutadas

botándose ao lume eterno da inconsciencia.

 

Nunca terei palabras dabondo.

Nunca.

 

 

ir arriba