Creación Persoal- POESíA 2014ir arribair a portada cp 2014

 

 

XANEIRO

 

FEBREIRO

 

XULLO

 

AGOSTO

 

NOVEMBRO

 

ir arriba


 

 

 

Segue 2014

 

 

Segue

Fronte ás dores traidoras

Segue

Entre a néboa dos pulmóns

Segue,

Camiña un paso máis

E outro

E outro.

 

Non hai fin nesta vida por vivir

Só silencio ao final da viaxe

Vicisitudes do desamparo

E unha breve bágoa que sangra.

 

Segue

Alumea a noite da derrota

O fracaso é tan relativo

A vitoria é tan efémera.

Entre os labirintos da loucura

E a cordura sosegada

Corre, segue,

Avanza, ánimo.

 

Souben que o corazón racha

E o miolos estoupan.

Souben que a noite semella eterna

Cando non tes nin un misto seco

Para prender o lume da ilusión.

Souben que hai vales de bágoas

E ríos de sorrisos quentes.

 

En calquera caso,

Segue,

Segue,

Segue.

Esquece a mágoa maldita

Esquece o maldito abano

Dos predestinados.

Segue,

Coa súas mans apertadas

A unha afouteza renovada

Que trouxeches do mundo dos tolos.

 

Camiña, pequerrecho

Sé mellor

Sé un home

Non pares.

Non caias no brutal desalento.

Di si á vida

Di si

Con todos os seus peros

E os seus irresolúbeis interrogantes

Camiña

Camiña

Ánimo, sorte,

Esperanza.

 

 

 

ir arriba 


 

Día de Reis 2014

 

 

Os reis farsantes do imperio cotiá non entran por ningures.

Non dan entrado.

Foise a maxia.

Perdeu o soño a inocencia.

 

Os reis farsantes nunca chegan.

 

Tes aí todos os teus regalos insospeitados.

Tes un camión de bombeiros queimados.

Un videoxogo no que morres sentindo dor punzante.

Unha moneca diabólica que atrapa a túa cordura esférica.

Un tren eléctrico que dá corrente continuamente acelerada.

Un balón pinchado, estragado, abatido.

Morto.

Tes toda unha morea de sinxelas cousas.

E outra morea de cousas extraordinarias.

 

Os reis farsantes non dan chegado.

Nunca chegan.

Mais ti aínda conservas o precioso tesouro

dun latexo quente que continúa teimudo

e teimudo e teimudo.

 

Cada día,

cada acontecer repetido,

cada nova melodía,

cada única inspiración e expiración,

cada precioso segundo interminábel,

cada sorpresa por diante e polas costas.

Cada arrefrío rápido,

cada quente estoupido.

 

Cada un de nós é o rei humano

do seu propio agasallo.

 

Quérete. Quérete moito.

 

Quere. Quere á xente que tanto te quere.

 

Quere incluso aos que ofenden sen pretendelo.

 

O odio corrompe a sangue, destrúe o espírito dos pacíficos.

 

Sé rebelde e afoutado. Loita.

 

Á fin os reis precisos entraron na miña cansa mente.

 

Co prezado aloumiño da vida por vivir.

 

 

“Morir no es malo, sufrir es malo” (Korosi Dansas: “Hoy y ayer y también mañana”, do disco “Non!”)

 

 

 

ir arriba 


 

 

A chuvia nunca para

 

 

Chove.

Sempre chove.

As bágoas frías percorren a pel húmida.

Chove.

Sempre chove.

Na Galiza intanxíbel

e resignada.

 

Chove.

Sempre chove.

As escuras e quentes nubes

bloquean o camiño anegado,

fondo abisal e un lento bico.

 

Chove.

Sempre chove.

Entre o teu corazón e o meu,

cansos e feridos,

gladiadores inocentes

e culpábeis.

 

Chove.

Sempre chove.

Pronto, o esforzo cotiá

queimará follas de memoria

con vermellos carácteres,

conceptos ilusorios,

ás veces, baleiro absurdo,

mentres chove.

 

Chove fóra.

Dentro, o miúdo destello

dun sosego case apreixado.

 

Empapados corremos polas rúas.

Empapados escoitamos ao vello tolo,

entusiasmados.

Empapados vivimos e morremos

mentres a chuvia cae,

mentres a humanidade tropeza

unha e outra vez máis

coa súa indigna sombra.

 

Nunca para de chover aquí.

No fondo, gústame este tempo.

 

Chegará un verán

e un sol brutal e salvaxe.

Haberá suor e pingas queimadas.

Solpor na area dourada.

Haberá outro éxito,

outro fracaso,

outra rocha por subir,

nós,

eternos sísifos,

teimamos.

 

 

 

 

ir arriba 


 

 

Volver

 

 

Volver

Coa ansia maldita

A neve nos poros

Os cansos ollos

A noite calada.

 

Volver

Abrir a ventá

Un mundo de cores

Fogueira na alma

Vida amoreada.

 

Volver

Ser o seu fiel escudeiro

Virxe e limpo de lixos

Vellos e escuros.

Camiñar.

 

Volver

E atoparte coa súa dor

Por vez primeira

Cambiar o centro de gravidade

Usar o compás da calma.

 

Os días semellan leves malleiras que non rematan contigo.

A vida semella unha enorme e longa malleira

que sanda todas as túas fondas feridas.

 

E camiñar.

E volver

Erguer

Unha vez máis.

 

Volver onde todo comezou.

A orixe da traxedia e a gloria.

O lugar do indigno crime

O fogar do bico ardente.

 

Volver

Botar ao lume as penas todas

E as bágoas repetidas.

Volver

Botar ao lume corpo e espírito

E renacer espido, limpo, puro,

Simple, inocente, feliz.

Ou sexa inconsciente e libre.

Ou sexa imposíbel inútil anhelo.

 

Volver e volver e volver.

 

Sísifo non dá morto.

E as nosas costas tampouco.

 

Volve!

 

 

ir arriba 


 

 

Miña Esperanza! (Últimas vontades do verme claro)

 

 

Miña Esperanza, non sufras máis! Esperanza, que me deches esta vida que latexa nas mans, esperanza que alumeaches a noite, estoupidos contra a alma. Esperanza! Síntoo tanto! Volve! Volve! Volve!

 

Tempo.

 

Tempo.

 

Creo que estou listo para a morte mortal.

Só preciso un has pequenas constatacións suaves

para me poder marchar en paz.

 

Fun feliz no frío río,

na fría mar salgada,

nos vosos brazos,

cos vosos bicos,

co voso amor,

coa amizade leda.

 

Tiven máis,

moito máis do que nunca imaxinara.

 

Así que,

pombas libres dun aire raro,

deixádeme dicir as miñas pequenas derradeiras vontades.

 

Antes de morrer pido:

 

Que a miña Esperanza volva ser a estrela de ouro que alumeaba todas as galaxias. Que a miña nena teña unha vida digna de ser vivida.

Que cando morran, morran sen lenta agonía.

Que non sufran máis do xusto e necesario,

que xa foi moito.

 

Son consciente da enormidade do que pido.

 

Pero pídocho a ti,

seguramente nada,

cruel destino azar baleiro.

Pídocho a ti,

por se unha ameba transformada en deusa

fose quen de cumprir os soños dos humanos próximos,

como se unha bágoa azul caera na túa ansia,

como se un branco cabalo cruzara a túa fermosa mirada,

como se todo se fora, marchara, todo se esvaece, esvaece, esvaece.

E entón,

cumprirase o que pedín

e morrerei en paz.

Ou non.

 

 

 

ir arriba 


 

 

 

Gustaríame non ter que escribir versos tristes esta noite

 

 

 

Gustaríame non ter que escribir versos tristes esta noite.

 

Escribir, por exemplo:

“Mira a bolboreta azul

Danzando no teu precioso ventre”.

Ou tal vez:

“O peixe nada tranquilo

Como a calma mar amada

que cobre toda a miña alma”.

 

Gustaríame, pero non,

non pode ser, non me deixa.

A vida entra pola porta

coa súa xemelga, a morte morta.

E entón un berro de rabia percorre o mundo enteiro

e maldigo este existir inxusto, cruel,

insoportábel.

 

Maldigo a dor e o sufrimento,

a soidade eterna, o desengano,

a ausencia, a falta, a perda,

a resignación da derrota.

 

Maldigo non son ninguén,

Maldigo non valgo para nada,

Maldigo xente grosa que morre por ser delgada,

Xente osuda que morre por ter graxa.

Fame, noxo.

 

Que queres que escribas?

Queres que diga que eu tamén son quen de ser feliz.

Xa o sabes.

Todos os sabemos.

Pero hai días, segundos....

Xa o sabes.

Faría estoupar o mundo enteiro,

todas as súas miserias

todas as súas grandezas.

Comigo, só comigo dentro do estoupido.

Supoño que non sería unha gran perda,

nin un inmenso alivio?

 

Ti onde estás?

Xa o sei.

Xirando e xirando nesta bóla

de chumbo e diamante.

 

E a vida segue...

E a vida segue...

Aínda que non poidas con ela

Aínda que foxas

Aínda que marches

Adeus

Moi boas

Non aturo nin un intre máis

Aínda que expliques

Aínda que non digas nada.

Dá igual.

A vida segue.

E con ela, Lou,

sinto repetirte tanto,

pero ninguén o dixo mellor

E con ela,

“A maxia e a perda”.

“A decepción final”

“The final disappointment”.

Isto é vida!!!

Danzade, benditas e benditos

Maldicidos.

Danzade e perdede a consciencia

Ata que a dor sexa un raio de esperanza

E a anguria un arco da vella inesperado.

 

 

 

ir arriba 


 

 

 

Volver (Unha vez máis)

 

 

Volvín do inferno da loucura

Cun ramo de rosas vermellas

Só para ti, miña nena.

 

Volvín da enfermidade contumaz

Co alento extenuado do fracaso

E respirei un aire fresco

Que nunca antes existira.

 

Deixei atrás medos,

Pesadelos, angustias e bágoas

E trouxen un alivio quente

Na agradecida mirada.

 

Gañei cando todo era perda

Cando o inferno era o común

E o sosego a excepción ansiada.

 

Fun nada, ninguén, demo atrapado

Na súa propia ignorancia

E queimei, abrasei o destino

Dos perdidos na loucura.

 

Volver, deixar atrás a historia,

Esa pequena e inexacta

Esa que nos fixo dous

Esa que esgotou as nosas almas.

 

Volvo, camiñante incansábel,

Para buscar o lume quente

Da brisa fresca na cara,

Para buscar a vida amábel

En cada tenro agarimo.

 

Cambie.

Gañei.

Perdín.

Perdín.

Gañei.

Volvín

E ti aínda agardabas.

 

Grazas.

 

Oxalá a sorte traia

Unha chuvia sen alarmas,

Unha treboada de miradas

Sosegadas.

 

 

 

ir arriba