Creación Persoal- POESíA 2011ir arribair a portada cp 2011

 

 

 

 

 


 

ir arriba

O mar latexa

 

O mar latexa

No horizonte

De veas e temores

De gloria e sol.

 

O mar latexa

Na miña pel quente

Escoito as túas palabras

Escoito e son feliz.

 

O mar latexa

Entre nubes de azucre

E os teus ollos son lindos

Lindos como o mar

Dos meus amores.

 

Vén, compañeira!

Confía en min

Levareite ao perdón

Das ofensas e o pasado

Cambiarei por ti

Serei forte coma un muro

Antes cheo de soidade e noxo.

 

Que as miñas palabras se cumpran.

Non hai amén.

 

 

 

ir arriba

 


ir arriba

Hai un ollo

 

 

Hai un ollo

Que todo o mira

Ve as miserias e as ledicias

Ve o absurdo e o pertinaz

O ollo es ti

E ti son eu

Nós

Ollando o tremor de terra

Que mata a cordura

O tolo prendido

En llamas eternas

Toliño!, meu amigo!

Confúndete na noite

E escapa corre foxe

Pola agulla dunha

B-Á-G-O-A.

 

 

ir arriba

 


ir arriba

Pode

 

 

Pode que exista

Un arco da vella

No horizonte.

 

Pode que exista

Un bo día

No malestar.

 

Pode que exista

Un ser reconstruído

Cacho a cacho.

 

Pode que exista

Unha árbore agochada

No xardín da inquedanza.

 

Pode que exista

Un mergullador cansado

Sen aire nos pulmóns feridos.

 

Pode que exista

Unha luz ínfima

Na morea dos anuncios.

 

Pode que exista

Un futuro amable

Para os amantes calados.

 

Pode que exista

A esperanza.

 

 

 

ir arriba

 


 

ir arriba

Imaxina

 

 

Imaxina unha pel lila

Que percorre o teu corpo

Suavemente

Lenta lenta

E ti tes o poder

E ti tes a gloria

A ditosa vida

Que renaceu

Entre algas e fumes

 

Imaxina unha calor amarela

Que percorre o teu espírito

Docemente

Tranquilo tranquilo

E ti tes o poder

E ti tes a gloria

O ditoso equilibrio

Que volveu

Entre peixes e medos

 

Imaxina unha noite violeta

Que percorre o teu destino

Amablemente

Soña soña

E ti tes o poder

E ti tes a gloria

A ditosa ledicia

Que aquí está

Entre mans e ventos.

 

 

 

ir arriba

 


 

 

ir arriba

Atrapado

 

 

Atrapado nun no inexacto

Brisa etérea na cara fría

Unha presenza amábel

Atrapado nunha vea inexacta

Aire limpo nos pulmóns cansos

Un lindo saudar

Busco as certezas do incerto

O pesadume das horas

O costume das feridas

Busco un ser atrapado

Nunha gorxa fonda

Sanguenta

Amor en carne

 

 

 

ir arriba

 


 

 

ir arriba

Vibracións

 

 

O mundo vibra

Baixo o ceo da inmundicia

Mortes inocentes nenas nenos

Un vagar pesaroso

Outra bomba outro disparo

O mundo vibra

Baixo a choiva da ignorancia

E a maldade innata

Podes crer no ser humano?

Debes crer no ser humano?

Láminas cheas de bágoas

Punzantes cortan a respiración

A vibración é inmensa

Todo cae todo cae

A nai de tódolos fillos

Chora en silencio

A nai terra

É inxusta e indigna

Por culpa do becho

Que chegou a ser humano

Eu tamén teño a culpa

Teño tantas culpas

Tantos males

O mundo vibra

E baixo os pés

Hai medo.

 

 

ir arriba

 


 

 

ir arriba

Latexa

 

 

Latexa o corazón

Inconsciente no seu afán

E volven bolboretas azuis

A voar na tristura

E o sorriso.

 

Hai tempo, meu amor

Hai tempo para cambiar

Un latexo por un diamante

Fresco da túa boca

Hai tempo, meu amor

Hai tempo para agardar

Un milagre por unha moeda

Oxidada no chan quente.

 

Latexa o corazón

Eficiente no seu devir

Un segundo por unha broma

Ledicia pura nos ollos

Ateigados de pena

Hai tempo, meu amor

Hai tempo para comezar

Unha historia repetida

Ou tal vez nova

Que non doia tanto.

 

 

 

ir arriba

 


 

ir arriba

Ferida aberta

 

 

Os teus ollos choran

Bágoas de pasado e presente

A ferida aberta

Cae en todo o teu ser

E indicas o punto exacto

Da dor

Da desesperación

Do ouveo

Mentres,

A noite envolve o sangue

Que salpica as sabas

Limpas brancas

Agora vermellas vermellas

Coma nun pesadelo

Interminábel

Como unha certeza

Perfectamente estudada

Do que foi do que será

Os teus ollos choran

Ferida aberta

Non podemos ter máis medo

Non máis pranto entre silencios

A luz do día

Feble

Entra pola ventá agochada

Sangue sangue sangue

A morte en cada aceno

A desesperación

 

Houbo un día

No que unha pequena ferida

Comezou a facerse grande

E as xentes camiñaban alleas

Polas rúas do destino.

 

 

 

ir arriba

 


ir arriba

Natación

 

 

Mergullarse nas ondas

Caer no mar do nervio

Saír adiante

Coa cara dos mesmos días

Sorrir e chorar para dentro

Buscarse

Apalpar a paz afastada

Tremer nunha mañá eterna

Notar a auga na pel

Húmida e afortunada

Notar a corrente no ventre

Canso e doente

Volver aos días da paz

É todo tan difícil!

Aquí seguimos.

 

 

 

ir arriba

 


 

 

ir arriba

Preguntas

 

Todo son preguntas

Por responder

Mil incógnitas

Nun mesmo medo

Irracional.

Seguirei sendo o mesmo?

Relativiza.

E ela?

Sempre ela

Que será de nós?

 

Ten esperanza

Aínda que custe.

 

 

ir arriba

 


 

 

ir arriba

Eu poderei

 

Eu poderei

Poderei enfrontar o medo

E deixalo no abandono

E o silencio.

 

Eu poderei

Poderei seguir adiante

Contra min mesmo

Contra o incerto.

 

Eu poderei

Poderei buscar refuxio

Nos teus brazos

No meu amor anhelado.

 

Eu poderei

Poderei facerte feliz

Se me curo a min mesmo

Se atopo o meu camiño.

 

Eu poderei

Poderei vivir en paz

Algún día

Algún día.

 

 

ir arriba

 


 

 

 

ir arriba

Actos e feitos

 

Feitos e actos

Actos e feitos

Abaixo

Na mirada

Perdida

Cruza un corazón

E unha esmeralda.

 

Feitos e actos

Actos e feitos

Túnel

Escuridade

Metal candente.

 

Feitos e actos

Actos e feitos

Lánguido

Suave brisa

Un perfume

Unha palabra

Canto tempo

Agardada.

 

Vexo a prisión

Das cen mil caveiras

Os ollos foxen

E os monstros corren

A batalla comeza

Na terra

Morta

Exterminada.

 

 

Maldigo a dor

A enfermidade

Bendigo a paz

O sosego amable.

 

Os camiños que percorro

Son longos coma un escorpión

Interminable.

 

 

(29-III-XI)

 

 

ir arriba

 


 

ir arriba

Abril

 

Abril,

Co teu sol ás costas

O verde preñando a terra

Os amigos que falan

E ti es parte do mundo

Unha noite unha mañá

Un solitario latexo

Unha preocupación loitada

E, entre os mártires,

Unha cordura inesperada

Un agardado retorno

 

Abril,

A vida flutúa

Neste calendario frío

Da calor da túa presenza

Da enerxía dos seus anos

Pouco a pouco vou

Camiñando na vella estrada

Dos autistas e neuróticos

E o rapaz conta a súa vida

E sorrí tolo

Tan enfermo coma min

Tan raro

Tan vivo

 

Abril,

Un mes e un soño.

Perdido e atopado.

 

 

 

ir arriba

 


 

ir arriba

Síntomas

 

 

O tacto delicado

O perfume un arrecendo

Sobre a pel suave

Latexos de prata e mel

A brisa na cara fría

Os ouveos do pequeno can

A mirada que se escapa

O fulgor repentino

Soñar con dinosauros

De fermosas cores

A pena gardada baixo chave

A dor que mata

A morte como esencia dun sentido

Esquecer os tulipáns

Amarelo que dana a vista

O perdón renacido

A fervente inxenuidade do cotiá

Quererte

Morrer por un segundo

E ti estás aí

E o mundo é un clamor

Berros que saen do fondo

Un cantar inmenso

Benvido ao inferno do perdido

Ola!, camiñante impertinente

Vostede non ten nada

Vostede está curado

E marchas en paz.

 

 

ir arriba

 


 

ir arriba

Dende a dor

 

 

Dende a dor e a enfermidade

Escribo

Sortilexio das palabras repetidas

Un esquecer o tempo

Un xeito de estar

No mundo

As brillantes noites do confuso

O aluguer

O préstamo do feito

E todo está por facer

Non todo é escuridade que devora

Non todo está perdido.

Escribo

Como un puñal que crava

A miña alma

Se tal tivese

O espírito doente

Que quere sorrir

Aínda que sexa

Ás agachadas.

 

 

(30-IV-11)

 

 

ir arriba

 


 

 

ir arriba

O sentido do perdido (e atopado?)

 

 

O sentido do perdido

A inocencia esquecida

A ignorancia cómoda

Non hai problemas

O mundo segue

E ti, alleo

Estranxeiro no camiño

Coñeciches á Ela

Á ela que sempre está

E ti, tolo

Derrubaches á Ela

Á ela que case sempre está

Forxando un camiño xuntos

Cos meus medos repetidos

Ti, inocente, salvadora

Fronte do meu ser

Avance lento

Retroceso

Avance lento

Retroceso

Unha máquina perdida

Nunha casa abandonada

O mundo é lila escuro

O teu riso é bendito

A túa cara de anxo

Bo, moi bo.

Quero vivir contigo.

Quero morrer contigo.

Estómago, anguria

Desesperación medo

Medo

E afouteza

Toda

A pouca que che podo ofrecer.

Es ti.

Son eu.

Non me abandones.

Amor en silencio

Cariño de algodón

Un mundo duro

O futuro é unha posibilidade.

Para nós.

 

 

 

ir arriba

 


 

 

ir arriba

Soñar coa chegada

 

 

Soñar coa chegada

Dun letargo

Que se leve o nervio

E o conflito

 

Soñar coa chegada

Dun murmurio

Que se leve o ruído

E a tristura

 

Soñar coa chegada

Dun adeus

Que se leve o inferno

E a loucura

 

Soñar esperto

Coa paz dos días

Voar entre fíos verdes

E atopar o camiño.

 

Na distancia o home chora

E a muller cala en silencio.

 

 

ir arriba

 


 

 

 

ir arriba

 

 

GL'>Solicitude ir arriba

 

 

Solicito con urxencia

O fervor impenitente

Caer entre fíos

Suaves e adorados

Recuperar o alento

E caer na noite

 

Saber que todo ten sentido

Complexo desestruturado

Cambiar o sinal da emisora

Ofender a unha xorda audiencia

E vomitar

Sangue allea

Doutros pasos.

 

Cuspir na maldita vendima

De uvas podres como un mar

Enfermo case morto

Derrubado polos entes

Que ousan falar de piedade

Cambiar o rumbo

Xirar a historia.

O conflito permanece.

 

 

ir arriba

 

 


 

 

 

Ofrenda

 

 

 

Presento a miña ofrenda

Unha vida doente

E unhas pingas de maxia.

 

Presento os documentos

Que acreditan o dano desesperación

E un pouquiño de ledicia.

 

Presento a miña parte

O que me toca

O que me corresponde

O escuro brillante do xade morto.

 

Presento as miñas desculpas

A quen ofendín fixen dano

O neno grande berra

O perdón das súas ofensas.

 

Presento a última lección

Por sempre sabida

Esta vida é dura

Pero paga á pena.

 

 

ir arriba

 


 

 

ir arriba

E a mirada perdida

 

 

Recuperar o alento

A mirada perdida

Abrir un silencio impotente

Pechar unha doce enfermidade

Caer

Erguerse

Ser

Estar

Existir

Berrar

Soñar

Morrer

Escoitar

E perderse

Para atoparse

Unha vez máis

Unha vez máis.

 

 

ir arriba

 


 

 

ir arriba

Os remuíños do tempo ir arriba

 

 

 

Reviravoltas na cabeza

Nun caldo espeso e glorioso

Fun o camiñante perdido

Son a eternidade inesperada

O ouveo

O pranto húmido e de azucre

A esperanza que renace

Os días por vivir

Os días por morrer

Ten alguén respostas?

Resposta?

Reviravoltas na cabeza.

Eu non. Eu non.

Eu non.

 

 

ir arriba

 


 

 

ir arriba

 

Apareceu o día

 

 

Sen avisar

Apareceu o día

Que tapa a noite

O negro todo.

 

Sen avisar

Apareceu o día

Que esquece o dano

O fráxil pranto.

 

Sen avisar

Apareceu o día

Que alivia a pena

A fronte baixa.

 

Sen avisar

Apareceu o día

Que fai lindo o ruído

O señor das esperanzas.

 

Sen avisar

Apareceu o día

Que limpa as túas bágoas

O inverno inacabable.

 

 

Sen avisar

Apareceu o día

E fun ferido pola túa lanza

Que atravesou o meu corazón

E un soño

Volveu nacer.

 

 

ir arriba

 


 

 

GL'>ir arriba

Os sons

 

 

 

Os sons caen

Diluvio nos oídos

Podo precisar a incerteza

E o corazón queimado.

 

Non me digas que non escoitas,

Ti, compañeira

Non escoitas os sons que caen?

 

Como a noite perdida

Coma un can rabioso

Como un exemplo

Sen explicar

Así morre a noite

Diante dos teus ollos lindos.

 

Os sons caen

E o brillo da música

Regálame un sorriso.

 

 

 

ir arriba

 


ir arriba

Voar sobre ti

 

 

Voar sobre ti

E alcanzar o ceo

Dos que non cren no inferno

Tan só na vida

Tan só na

Maldita

E

Gloriosa

Vida.

 

Voar sobre ti

Amagar un aceno

Executar a ofrenda

Camiñar da man

Felicidade

Dous e un

E todo.

 

Voar sobre ti

En calma

Ollar dende alá arriba

Todos os horizontes

E as cores cambiantes

Somos

Un pouquiño

Máxico.

 

Voar sobre ti

Esparexer a ledicia

Os galos cantan

Días que virán

Días que foron

Contigo

Da man

Voar voar voar

E recoller os segundos

A segura doente

Compañeira.

Ti.

Ti.

 

 

ir arriba

 


 

 

ir arriba

Correndo

 

 

Atravesar as rúas

A velocidade de vertixe

Caer

Por un buraco enorme

E ver o día glorioso

O sol quentando

O gato que foxe

Correr

Atravesar as rúas

A velocidade de vertixe

Motor interno

Combustión rápida

Agardar o xuízo

Sen medo

Caendo

Caendo

Caendo

E, de novo,

Érguete!

 

 

ir arriba

 


 

 

Un saúdo

 

Un saúdo

Tan só iso

Preciso dos teus ollos

Para renacer

 

Un saúdo

Unha tibia sorpresa

Un amencer

Un soño.

 

Un saúdo

Tan só iso

O mañá posible

Unha certeza.

 

Un saúdo

Para comprar caramelos

Ricos e suaves

E chorar de risa.

 

Un saúdo

Material orgánico

Trenzas de tesouro

O teu cariño.

 

Necesito.

 

 

ir arriba

 


 

 

ir arriba

Contas

 

 

Contar un dous tres

E comezar de novo

Catro cinco seis

Unha humillante derrota

Sete oito nove

Unha inesperada vitoria

Once doce trece

Avanzar un pouquiño

Catorce quince dezaseis

Para parar un moito

Dezasete dezaoito dezanove

Contar ilusións, lembrar

Vinte vinteún vintedous

Deceleración continua

Vintetrés vintecatro vintecinco

Morrer e nacer cun sorriso

Vinteseis vintesete vinteoito

Non perdoar as ofensas

Vintenove trinta

Perdoar aos ofendidos

Contar un dous tres

Buda lento espeso

Non hai máis camiño

Ca paciencia.

 

 

ir arriba

 


 

 

ir arriba

Facendo garda

 

A ilusión como mostra de confianza

perderse nas augas azuis

e volver cheo de vida e azar

As aventuras que eles viviron

mentres agonizabas na cama eterna

O resplandor da emoción

que incita parasitos e velas

Un observador alleo

Unha perspectiva diferente

Se me dás unha oportunidade

Se me quixeras dar unha oportunidade

Eu afundiríame no contexto da pelexa

loitaría fronte a monstros e máis monstros

non fuxiría da responsabilidade

Perderse nas augas azuis

Calcular a profundidade

calcular o tempo

e enchelo con presentes

todos para ti

miña amada

gloriosa nena apaleada

brillo na escuridade do maldito

se me deras unha oportunidade

collería a miña bicicleta

e percorrería o mundo dos renacidos

contaríache fermosas historias

Sería todo fácil.

Sería todo tan fácil.

 

 

ir arriba

 


O soño segue

 

O soño segue

Segue a gloria

A dúbida tapada

O frenético ritmo

Do cotiá

Traballar

Como esencia

Como ponte

Como base

Para ser

Para estar

Contigo

Comigo

Con ela

Con eles

Para vivir

E ata gozar

Un día si

Un día non

Xa é bastante.

Dá grazas

E cruza os dedos

Moi forte

Moi forte

Moi forte.

 

 

ir arriba

 


 

As mañás

 

As mañás cravan

Como coitelos

No estómago

No corazón

No centro mesmo

Dos nervios.

Ansiedade.

Horas lentas.

Por que?

Quero espertar

En paz

Sosego

Calma

Por que?

Teño que aturar

Este tempo

Que non dá pasado.

 

Soñarei con que todo se vai indo

Nun carro de días tranquilos

Nos que o río flúe

Lento e pachorrento.

En paz.

 

 

ir arriba

 


 

 

Muller da miña vida

 

Muller da miña vida

Que a enfermidade

Non te alcance

Que os teus ollos

Volvan brillar co sorriso

De quen agarda

Unha nova e compartida

Realidade mellor

Os dous

Irei contigo da man

Ata a fin do mundo

Loitaremos se é preciso

E oxalá,

Brindaremos pola saúde

E a esperanza.

Quérote.

 

 

ir arriba

 


 

 

A vida segue

 

A vida segue

Para nós iso é moito

Pequenos pasos na area

Doentes e felices

Unha ilusión compartida

Unha filla

Un mundo

No que estupefactos pola inxustiza

Resistimos.

 

 

ir arriba

 


 

 

O comezo

 

Nun principio

Foi o comezo

Eu non estaba alí

Todo era silencio

Había nenos perdidos

Calados

E unha emoción intensa

E aceda

Nun principio

Foi a fin

Eu non estaba alí

Todo era estrondo

Había pedras por descubrir

Impasibles

E unha picada fonda

E sanguenta

Nun principio

Non houbo principio

E a nena choraba

E non había panos

Para as súas ferventes bágoas.

 

Colle a maleta.

Marcha rápido.

Veloz foxe.

Sen principio,

O home perdido

Na multitude

Silencio.

 

 

 

ir arriba

 


 

 

Sen facer garda

 

 

O tempo non pasa

O tempo semella eterno

Hai nervios que rachan

E unha ansia fonda

Como saír deste labirinto?

Como atopar a calma perdida?

Con paciencia

E confianza cega

Noutros segundos,

Noutras horas,

Noutros días

Mellores.

 

 

 

ir arriba

 


 

 

Pensando

 

 

Enfrontar o alleo

Dubidar da certeza

Permanecer de pé

Canso

Aturar a lánguida bágoa

O estupor premeditado

Acabar coa terra

Afundir o mundo

Tolo parvo

Alleo

Enfrontar o alleo

Como propio

Buscarse

Noutras caras

Noutros acenos

Farfallar as claves

Perderse

Atoparse

Vivir.

 

 

ir arriba

 


 

 

Insecto

 

Un inocente

Insecto

Percorre todo o espírito

De carne e sangue

Mañanciña

Que does no fondo

Ves esas patas?

Escuro insecto

Inocente

Parvo

Coma min?

 

 

ir arriba

 


 

 

A casa dos perdidos

 

 

Nesta casa

Sempre chove

Pero é fantástico

Mollarse

O corpo espido

Auga en cada esquecido

Poro.

 

Nesta casa

Sempre vai frío

Pero é marabilloso

Xuntar as lindas mantas

E sentir a calor

En cada mirada.

 

Nesta casa

Sempre hai ruído

Pero é perfecto

Sentir un mar de fondo

Calado

E falar con el

Baixiño.

 

Nesta casa

Sempre hai feridos

Pero é fermoso

Tapar o sangue

Das feridas

Malas.

 

Neste casa

Nunca hai descanso

Pero é real

Vivir nun intre

O desacougo

A inmensidade

Que se perde

Allea.

 

 

ir arriba

 


 

 

Sufrimento

 

Loitar contra o sufrimento

Inútil implacable

Apertar os dentes

Suor nas mans

Un mareo do espírito

A carne estragada

Vivir

Contra o puto

Sufrimento

Que devora

Que teima

Na súa loucura

Na súa inexplicable

Causalidade

Apertar de novo os dentes

Ata que doia máis

Que a propia dor

Saír desta

Coa cara ben alta

Agardar

Con impaciencia

A derrota

Do inimigo.

 

 

ir arriba

 


 

 

Gato

 

Gato vive

Alleo

No seu mundo

De xogos e comidas

Captura o segundo

Gato

Ti que me miras

Con inocentes ollos

Percorro a túa suave pel

Coas miñas nerviosas mans

Atopo o animal

O suposto sinxelo

A definición única

Os teus áxiles movementos

Os teus tranquilos momentos

E cando es feliz

Desprendes paz

E aloumiño na estancia

Toda

Gato

Gatiño

Nunca chores por dentro

Precisamos

O teu estar

Para ser

Contigo.

 

 

ir arriba

 


 

 

Fío

 

Instalarse no fío

Do malestar

Perder a alegría

E comezar de novo

Outro erro

Outro inferno

Outra espera

Non me renderei

Facilmente

Non me renderei

En absoluto

Seguir adiante

Recuperar o alento

O fío

Da vida doce

Inestable

Cambiante

O fío

Da loita.

 

 

 

ir arriba

 


 

 

 

A flor

 

A flor murchada

Sobre caudais de bágoas

Aloumiños na noite de tebras

Un resplandor afastado

Na nora dos desexos.

 

Corto a flor

Clorofila en sangue

Veas que ouvean

Corazón perdido

Nas mareas dos ouvidos

Unha tenue cor

Bañando rostros queimados

Nunha senda sen camiño.

 

Amo a flor

A súa cor

A súa presenza

O seu arrecendo

Adoro a flor

Libro enchido de palabras

Que atan e doen

Sorrisos frenéticos

Outra evasión no océano

Outra perda agardada

 

Morro por dentro

E renazo seco

Famento de esperanza

Famento de vida

Queda e silenciosa

Un trunfo:

Vencer o medo.

Unha derrota:

Apertarse nel.

 

As sereas chaman ao lonxe

E Ulises perderá a súa vontade

Porque hai flores cortadas

Mortas

Inanimadas

Polas que choro

E pelexo.

 

Corto a flor

Corto o cordón umbilical

Dos tristes alentos

Acubillo as presenzas

Nun medido aceno

E fuxo

Polo pétalo do teu corazón.

Amada miña.

 

Perdón e tempo

No horizonte de lava

Ardente.

 

 

 

ir arriba

 


 

 

Transacción

 

 

Vendo toda a miña fortuna

Por uns días coma estes

Por un encaixar tranquilo

Por unha semana amable.

 

Vendo toda a miña inmensa fortuna

Por un estar e ser no mundo

Por media ducia de paz

Polo teu sorriso cómplice.

 

E cando chego a casa

E podo envolver os soños

En papel de regalo azul claro

Entón, son feliz

Afortunado

Tan afortunado

Cando chego a casa

E podo acariciar

O teu fermoso cabelo…

 

Vendo risos e bágoas

Por un espazo de cordura

Entre rutina quente

E quente aperta.

 

Grazas.

 

 

ir arriba

 


 

 

Cansanzo

 

 

Remata a semana

De duro e fermoso traballo

Sen aire nos pulmóns

Con cabeza aterecida

E ollos cansos

 

Remata a semana

E todo foi vida

E costume de vontade

E afouteza entre mármore

E ollos cansos

 

Remata a semana

Como un pequeno ouveo

Mínima sinfonía do ben

Oasis de mel e fresas

Quero poder

Quero ser

Aínda con ollos cansos.

Eu quero

Logo podo?

 

 

ir arriba

 


 

 

Gustaría

 

 

Gustaría ser un hipopótamo

Doce e pachorrento

Nunhas augas turbias

Mais tranquilas

Coñecidas

Agardadas.

 

Gustaría ser un paxaro verde

Feliz e rápido

Vertixe no voo soñado

Sentir o aire fresco

Na miña plumaxe

De ferro.

 

Gustaría ser un can palleiro

Con amos bos e xenerosos

Comer as sobras do que estragades

Na terra ferida

Ladrar aos alleos

Fiel e manso.

 

Gustaría ser un home

Cheo de certezas e seguridades

E a dúbida e a inquietude

Flotan nos meus ollos abertos

Ás augas turbias

Ao aire fresco

Á terra ferida.

 

Ás veces.

Só ás veces.

Gustaríame ser quen non son.

Pero entón, penso

Decido lamento riso

Emoción desgraza amor

Perdón ditoso soño

Calma nervio compañeira

Amigo perdido perdida lúa

E entón, penso

Que ao mellor estou a gusto.

A pesar de todo.

Comigo.

 

Pero é dura a proba

Para os espíritos condenados

Coma o meu e os de tantos.

Tantos.

 

 

ir arriba

 


 

 

Combinación

 

Perpetrar a maxia

Que foxe de novo

E aturar o longo día

Espallar un combinado

De malestar e vida

Botar cinzas ao aire

Para non esquecer o esquecido

E camiñar

Lento

Pesado

Transitando cidades perdidas

E quentes fogares

Espertar no medo

E comezar unha vez máis

Perder a conta

Atopar motivos

Saber que todo feito

É un acto irrepetible

Atopar silencios

Na cordura fría

E voar soñando

Cun inocente día.

 

 

ir arriba

 


 

 

 

A ventá aberta

 

 

A ventá aberta

E unha humidade fonda

Que perfora os pulmóns

Fume nas feridas.

 

A ventá aberta

Poder vivir outra vida

Comezar de cero

Nada absoluta.

 

A ventá aberta

Confusión na mente

Un estoupido de nervios

Un pelouro de bonitas cores.

 

Pechar a ventá.

Humillar a humidade.

Ser bo.

 

Medrar.

Parto lento

E doloroso.

 

 

ir arriba

 


 

 

Soño esperto

 

Esperto soño

Cun remuíño de lambetadas

Que fan doce a vida

Unha empanada tan rica tan grande

Que quita a fame toda deste mundo

Esperto soño

Cun día sen dor

Medo

Inxustiza

Unha bolboreta brillante

Que alumee o horizonte dos cegos.

Esperto soño

Contigo e comigo

Vellos tranquilos

Tranquilamente felices.

Merecémolo.

Merecémolo.

 

 

ir arriba

 


 

 

Baixar da nube

 

Vivín nunha nube fermosa

Por un breve pero fermoso tempo

Fermosa vida fermosa esperanza

Agora caio

No nervio da adrenalina

Inquedanza e suspiro

Todo é máis complicado

De novo, espertar absurdo

De novo, seguirei

Mirando adiante

Con ollos limpos

Ou atemorizados

Mais seguirei

 

Que a viaxe

Non se faga longa.

 

 

ir arriba

 


 

 

Enlearse

 

Enlearse

nun mesmo

o acontecer do tempo

calmo

mar

aire

illa

almas xemelgas

reencontro

doce vagar

no espazo

da rutina ansiada

e un muro

que vai caendo

en anacos de diamante

brillos de esperanza.

 

Poder quedar tirado na cama

Sentindo o furtivo aviso da felicidade

Conseguir un novo día por vivir

Sinxela existencia, por favor, perdura!

 

 

ir arriba

 


 

 

Os vellos libros

 

 

Na cabeza un burato

De vellas letras rexistradas

En consciente ou inconsciente ecuación

Que produce mente

Visión crítica do mundo

Esas alleas mans

Escribindo impenitentes

Sen saber

Se haberá alguén despois

Sen saber nada

Non sendo

Que a fin é o comezo

é o camiño

O quefacer cotiá

Ata a rutina,

Se me apuras

Mago tolo dos sentimentos

Xogas comigo?

De seguro marchas

A outros pobos e cidades

Ateigados

Sen puro aire

Sen inocencia

Sen sentido

Calarei a boca

Tapareina

Non me queixarei

Agardarei

Simplemente

Un novo estoupido

E unha nova

Calma.

 

 

ir arriba

 


 

 

 

E agora que?

 

Nun lixeiro adurmiñar

Agardando o futuro

Incerto

Descoñecido

E agora que?

Aguantar as festas

Que danan o nunca eterno

Unha inesperada pendente

Cara abaixo cara arriba?

Un inesperado tacto

Dos sentidos cansos

E agora que?

 

Parar, mirar a auga do río

Que medra neste inverno

Estoupar por dentro

Ou tan só un afastado ruído

Un latexo amábel

 

E agora que?

Nin idea.

 

 

 

ir arriba

 


 

 

O futuro incerto

 

 

Collería unha lagoa

Chea das augas todas

Saciaría a miña sede

De sosego envolto en

Vida.

 

Correría tras de ti

Ata o límite da extenuación

Vixiaría as túas feridas

Cos coidados máis humanos que

Coñezo.

 

Miraría coa vista enchida

Un horizonte de esperanzas

Acabaría por algún tempo inquedo

Na podre froita do

Desacougo.

 

En fin

Viviría

O mellor que sei

E podo.

 

 

ir arriba

 


 

 

 

Oración (para repetir no 2012)

 

 

Que nas cinzas da miña cabeza

Envoltas en ruído tolo

Entre por sempre a paz

Paz

Paz

Non sufrir

Non sufrir

E o lado da esperanza di:

Que así sexa por sempre.

 

 

ir arriba