Creación Persoal- POESíA 2010ir arribair a portada cp 2010

 

 


 

ir arriba

Si

 

Si,

Estou vivo

Si,

Baixo a influenza do mar

Apaixonado e abatido

Si,

Medio caído

Si,

No eterno milleiro

De preguntas

Sen resposta.

 

Si,

Meus amigos,

Aquí volvo

Por un intre

Indefinido

Que reclama

Das miñas mans

Un aloumiño

En palabras

Sen son

Sen brillo.

 

Si,

Aquí estou

Amarrado ao barco

No medio da tormenta,

Si,

Podo dicir que

SOBREVIVO

Si,

Ao mellor

Aínda, si,

Si,

Ao mellor,

Aínda queda algo

Daquel eu que fun

Si,

Quen son?

Si,

A ver se o adiviño.

 

ir arriba

 


 

ir arriba

Verde

 

Verde é a cor

No aloumiño da nena

Que esvara polas bágoas

E as ledicias todas.

 

Verde é a cor

Dunha fonte esmeralda e prata

Que pinga nos beizos

Suaves por sempre.

 

Quero o teu soño e a túa man

Quero poder construír un mundo

Para ti

Para min.

 

Verde é a cor

Na fraga das tormentas

Que latexa nos oídos

Da muller que allea chora.

 

Verde é a cor

Da muller dos meus anhelos

Que por vida tempo mundo

É razón dunha historia.

 

 

Quero o teu soño e a túa man

Quero poder construír un mundo

Para ti

Para min.

 

Un mundo verde.

 

ir arriba


 

ir arriba

Caer de novo

 

Caer,

Este maldito demo

Que impide

As palabras

O tempo.

 

Caer,

Eu tamén son aquel

Penúltimo camiñante

Na noite

Que, de novo,

Cae

Dentro.

 

Caer

Esvarar polos labirintos

Da mente

E o corpo presente

Sen bendicir

Chora

No medio

Dunha feble luz.

 

Caer,

Tal vez,

Erguerse,

Non sei,

Unha vez máis

Como o pallaso ausente

O anxo autista

O amigo fiel

A muller que amas

A linda filla.

 

 

Caer

Ter tanto

E aínda así

Caer

Parvo

Parvo

Parvo.

 

 

ir arriba


 

ir arriba

Non me deixes só

 

Ben

Entonces houbo unha casa

Había unha mapoula na entrada

Había seres de outro mundo.

Entonces houbo unha canción

E un sutil diferenciarse

Un estraño reflexo

Unha maldición

O furado do fusil

A impaciencia

A morte

Houbo tormenta aquela noite

Houbo mil lampos

Si, un estraño reflexo

Non me deixes só

Non quero quedar só

Hai sede hai fame

Hai morte no mundo

E eu no medio

Desta longa noite

Unha maldición

O furado do fusil

Vén, lévame contigo

Lévame contigo

Ata o final dos días

Non problemas

Non incerteza

Anda,

Lévame da man.

 

 

ir arriba