Creación Persoal- POESíA 2009ir arribair a portada cp 2009

 

 


 

 

ir arriba

Perdido

 

 

Ando perdido

Nunha loita constante

Enfrontamento de almas

Abatidas

Busco a saída

Desesperado

Non atopo portas

Non atopo solucións

Sei que teño que ser

Ser máis forte ca nunca

Sei que teño que estar

Estar de pé afrontando o vento

Ando perdido

E búscome.

Sorte, afouteza e axuda.

 

ir arriba 


 

 

 

 

Ao lonxe

 

Soa unha campá

E un abeto cae

Ten a ilusión

Do que comeza

Ten a certeza cansa

Do que está de volta.

Xorde, xorde, por favor!

Xorde paixón, vida,

Riso, paz, día encaixado

Xorde, por favor

Aínda que sexa ao lonxe

Pero nesta vida, ao lonxe

Ao lonxe.

 

 

ir arriba 


 

 

Compañeira

 

 

E buscou un norte

Un breve latexo

Colleu as súas manas

Febles e pequenas

E marcharon contentos

Compañeiros de por vida.

 

 

 

ir arriba 


 

 

Sons de palabras

 

 

Escoita os sons

Palabras que nacen

Nun curruncho da vida

Pequeno e machucado

Palabras que voan

Sobre as cabezas cansadas.

 

Escoita os sons

Palabras que quentan

Arden, queiman, arrasan

Todo o que diante de si existe

Bombas reiteradas

E sempre vivas

 

Escoita, palabras.

Palabras, palabras.

O son das palabras

Aínda está aquí.

 

 

 

 

ir arriba 


 

 

 

Piano

 

 

Soa un piano lento

Como a noite estrelada

Que compartes comigo

Entre flores e algodón

Un camiño de margaridas

Azuis como o ceo transparente

Camiñar contigo da man

Observar as parellas pasear

Unha ovella que chora

Non ten pastor

Non ten esperanza

Soa un piano lento

Seguimos xuntos.

 

 

 

ir arriba 


 

 

Percorrer

 

 

Percorrer unha distancia infinita

E ter tempa para dar unha volta

Comezar cada nova mañá

Como se fose a derradeira

Percibir o cheiro das flores

Nun nariz reconfortado

Absorber os zumes da vida

Como se aínda non estivese murchada

Ser un camiñante no camiño

Que leva a ningures

A todas partes

O camiño que percorro

Como dous amantes cansados

Novos renacidos

Ser eu o meu maior inimigo

Dende a distancia infinita

Do tempo.

Loitar e poida que

Poida que

Ver a luz.

 

 

 

 

ir arriba 


 

 

 

Unha oportunidade

 

 

Busco unha oportunidade

Entre o azar e o caos

Entre o destino e o ámbar

Amar por sempre

Por sempre morrer

Muller, que fixen?

Muller, xa é tarde?

O inverno vai asomando

Na miña alma

Mais un verán cálido

Aínda loita por facerse caso

Porque o escoiten

Porque noten a súa quentura

Benigna

Muller, dáme tempo!

Muller, doucho todo

Por unha oportunidade.

 

 

 

ir arriba