Creación Persoal- POESíA 2008ir arribair a portada cp 2008

 


 

ir arriba

Outro ano

 

Case sen decatarse

Comezou un novo ano

Coas mesmas ilusións

Coas mesmas cargas

Teño que ser forte

Temos que ser fortes

Agradezo a auga

Que purifica a boca seca

Agradezo a televisión

Que me deixa mirar sen ver

Cando é preciso

Odio este estado

de incerteza

que me deixa

paralizado ás veces

tirado un n sofá

agardando

que pasen as horas

Busco unha acción moderada

E tranquila

Busco a paz

En doses xustas

Atopar isto

Require movemento

Ánimo vamos!

Comezou un novo ano

Case sen decatarse

E aquí sigo

Fronte ao coñecido

Fronte ao descoñecido.



ir arriba 


 

ir arriba

Chave

 

Irregular camiño

Tempos indefinidos

Cal será o futuro?

Máis importante:

Cal é o presente?

Nadando na incerteza

Abro os ollos de cando en vez

E vexo sombra

E vexo luz

E véxome atrapado

Buscando a chave

Que me libere

 

 

ir arriba 


 

 

ir arriba

Velocidade sen prudencia

 

Velocidade sen prudencia

Vertixe preto da morte

Hai sensacións que afogan

Hai sensacións que reviven

A un morto

El, o morto,

Correu ata o horizonte

Sen falar con ninguén

Tan só correr

Con boca de salitre e mel

Á fin, canso,

El, o morto,

Retornou á súa caixa

Veloz e imprudente.

Feliz.

 

 

ir arriba 


 

 

ir arriba

Desentrañar a verdade

 

Desentrañar a verdade

Resulta tan custoso

Saber con certa exactitude

Xa non a orixe

Senón a fin,

A solución dos problemas

Queimar bandeiras e fotos de papas

Sen bigote estalinista

Que raro é o mundo

Ou cando menos, o meu

Que dor, que cansazo,

Que costa arriba

Pero veña!, dálle!

Vamos! Ti podes!

E todas esas cousas

Que se din

Con máis

Ou menos

Convencemento.

 

 

 

ir arriba 


 

 

ir arriba

Eterna contenda

 

Eterna contenda

Un pouco de paz

Non á amargura

Non ao medo.

 

Eterna contenda

Un fío de nervios

Non á inquedanza

Non ao receo.

 

Buscarei

Outra vez máis

A calor e a forza

Non tirar a toalla

Apertar os dentes

Apertar a alma

Contra o teu peito.

 

 

ir arriba 


 

 

ir arriba

Primavera adiantada

 

Vai sol estes días

Mestura de frío cedo

E calor nas tardes

Que semellan primavera.

As praias relocen

O ceo é fermoso

As ventás reflicten

Un mundo frutífero.

 

Colectar enerxía solar

E aplicala nas neuronas.

 

 

ir arriba 


 

 

ir arriba

Avanzo e retrocedo

 

Avanzo pese a todo

Non sei se polo camiño correcto

Avanzo e retrocedo

Para ollar as pegadas que preciso.

 

Non sexades parvos, gozade da vida

Sabémolo ben os que transitamos

Entre a dor mental e a paz ocasional.

 

Son un barquiño

Navegando

Entre ondas moi altas

E calma

Con brisa fresca.

 

 

ir arriba 


 

 

ir arriba

Paxaros lindos

 

 

Os días dos paxaros lindos

Van quedando atrás

Como un recordo.

 

Paxaros lindos, volvede!

Volvede a aniñar en min!

 

Os paxaros lindos

Percorren grandes distancias

Pero se me manteño firme

Volverán a min

Na súa peregrinación constante.

 

Paxaros lindos

Sei que estades por aí

Voando lonxe e preto

Sei que aínda que non vos vexa

Gardades o meu sinal.

Oxalá o envíe pronto

E o meu sorriso sexa amplo

Ao vervos de novo, lindos.

 

 

ir arriba 


 

 

ir arriba

Procesos

 

Esquivar o dano e a ferida

Trazar unha liña de frondosa beleza

Ouvear agardando a máxima consciencia

Ser quen de andar na procura das palabras

Obedecer un sinal imprevisto

Loitar coa condena e o destino

Aleitar unha cría de violetas

Saltar os pasos e as inferencias

Colectar unha présa indefinida

Ser simplemente

Estar no mundo complexo

Atopar o termo medio.

 

 

ir arriba 


 

 

ir arriba

Entre...

 

Entre unha pesada actividade

Vai pasando a vida

Dificultade

Os humanos non conscientes

Sorrín despreocupados

Sinxelo

Hai para todo o mundo

Nesta vida

Hai caramelos e regalos

Momentos doces e levados

Momentos acedos e mergullados

Entre unha pesada actividade

E un case relax perfecto

Vai pasando a vida

Sinxela dificultade.

 

 

ir arriba 


 

 

ir arriba

A pedra da vida

 

 

A pedra chea de vida

Aínda que sexa dura

Un estómago negro

Granito

Voltas

E a cabeza que se vai

Ao peor ao medo de sempre.

 

Mais a pedra chea de vida

Ama, camiña aos poucos,

Sente, sorrí, palpa.

Tantas horas, tantos días,

Veña!,

Outro penúltimo esforzo

A pedra, en ocasións,

É tan fermosa

E tan chea de futuro.

 

 

ir arriba 


 

ir arriba

A formiga

 

 

A pequena formiga

Chea de medo e nervios

Camiña paseniño

Entre as brumas malas

A pequena formiga

Achou un refuxio

E o medo doía menos

Foi ela feliz

Por intres

A máis forte,

A máis loitadora

Colleu o peso ao lombo

E comezou a camiñar.

 

Formiga sen medo

Ás veces.

Feliz na súa fortaleza

Que vén e vai.

 

 

ir arriba 


 

ir arriba

A formiga II

 

 

Aquí estou

Fronte a vós

Nun deserto de mesura

Non sei calcular

O peso da miña mente

O peso do meu corpo

Enorme diminuta formiga.

 

Como e bebo

E camiño aos poucos

E, en ocasións preciosas

Río comendo un bocata

Coa miña elixida

E si,

Sempre hai brumas malas

Que eu tento afogar

Legal ou ilegalmente.

Como sexa.

 

 

ir arriba 


 

 

ir arriba

Calor

 

 

Vai calor neste Xullo

Que vai rematando

Entre cerebro perdido

E reencontrado

 

Vai calor neste Xullo

No que as perlas brillan

Os diamantes rachan

E as escumas brotan

 

Vai calor neste Xullo

No que as palabras calan

Os silencios falan

E as pedras vanse recollendo

 

Loitarei contra a enfermidade

Son un pequecho en transformación.

 

 

ir arriba 


 

 

ir arriba

Travesía

 

 

Fun feliz en días

Inesperados

Como inesperada

É a caída

Gocei dos amigos

Das palabras

Dos baños

Dos bocatas

Inesperadamente

Todo sinxelo

E rico.

Agora, busco

Busco o refuxio, a calor,

Busco paz entre indicios

De inestabilidade

Busco, coma sempre,

O equilibrio.

É a miña travesía

Infinda.

 

 

ir arriba 


 

 

ir arriba

A rama caeu

 

 

Unha rama arrinca o norte

O fulgor pétreo dun amencer

Unha rama que cae no meu colo

E soña vidas de cor marrón

A árbore, impasible, asubía ao lonxe

E un xílgaro canta a súa canción do lamento

Mentres as formigas traballan e traballan mudas. Mudas.

Rama, serás sur dos meus anhelos

Ansias compartidas e soidade en bote

Nocilla para merendar, unha aperta

Somos os vellos árbores que calan

E miran a Pink Floyd de igual a igual

Vivimos entre flores, guerra e noxo

Vida, aparece na túa intensidade

E borra a pobreza, a tortura,

Guerra e noxo, políticos de patacón,

Vida, corre, cambia ao ser humano

E que veñan os que miran a Pink Floyd de igual a igual

Os tranquilos, os pacíficos, os enrabiados co mundo, os tristes e solitarios,

Os ignotos, os inesperados, os compañeiros, as que son quen son

Pese a todo

Rama, caerás e non será en van.

 

 

ir arriba 


 

 

ir arriba

Setembro

 

 

Setembro, dura rocha roendo

Entre felices amantes

Que casan

E unha tortura

Inestabilidade interior

Setembro, os amigos marchan

E volven novas noites

O traballo e a esperanza

 

Poder ser quen de facer

Responsabilidade humana

Ser quen de ser humano

Ser quen de non ser tolo

Podes facer real a música

Facer real a vida.

 

 

ir arriba 


 

 

ir arriba

Aquí estou, de novo

 

Aquí estou

Outra vez con vós

Quedei mudo, sen palabras

Case sen voz

Non murmurios

Quedei mudo

Sen palabras

E agora algunha vén

E recólloa entre as mas

Quento o seu alento

Palabriña miña

Volve a min

E os días pasan

E loitando

Entre batallas

Sobrevivo.

 

 

 

 

ir arriba 


 

 

ir arriba

Un alivio, un agarimo

 

Un alivio, un agarimo

Entre os teus dedos quentes

E o fulgor das libélulas

Camiño buscándote

Buscando o teu amor

A tenrura, o espírito

Un alivio, un agarimo

Que sosega.

 

 

ir arriba 


 

 

ir arriba

Non digas nada

 

 

Cala.

 

Non digas nada. Non digas nada.

 

Cala.

 

Xa todo está dito.

 

Cala.

 

Xa todo está falado.

O teu ser o meu ser.

 

Cala.

 

Flúe o silencio.

A lúa está muda.

Mudiña que cala.

 

Cala.

 

Non digas nada.

 

 

 

ir arriba 


 

 

ir arriba

As árbores

 

 

As árbores mudan

O seu corazón caloso

Nenúfar de prata

Asubío de ouro

 

As árbores funden

O seu corazón saboroso

Ninfa de azucre

Latexo de louro

 

As árbores marchan

O seu corazón silencioso

Nada de escarlata

Ouveo de lobo.

 

 

ir arriba