D

Creación Semanal - Palabrasplus 2022ir arribair a portada cp 2022

XUÑO

 

 

ir arriba INCERTEZA QUE BATE

Incerteza que bate nos miolos. Son un vello? Ou pasarei a ser un vello enfermo? A enfermidade como compás dun destino e un destino marabilloso e cruel.

A luz bate tenue na mesa e ao fondo tralas ventás as nubes loitan en cruenta batalla co sol que empurra.

Incerteza. Inestabilidade. Loita. Suspiro. Futuro. Paz.

Recalcular. Recalculando dirección, ánimo, ser, teima, piedade. Recalculando e o estúpido e fermoso reloxo de area infinito voltas e voltas así e a vida voltas e voltas e reviravoltas caendo de pé machucando o corpo enteiro perdendo a cordura nunha fugaz ou eterna caída.

Quen son eu? Flutúo. En proceso. Agardo que son algo mellor ca onte pero nin diso estou seguro. En calquera caso, unha vez máis, perdón. E Sorte meu!

 

(26-VI-22)