Ao longo de moitas das seccións desta páxina xa podiades enviar e-mails sobre temas máis ou menos concretos ( "Falade vós": opinións sobre discos, libros, críticas material creativo, etc.). Pero, evidentemente, podedes escribir sobre o que queirades. Se funciona a nosa intercomunicación este será o lugar específico para aquelas das vosas mensaxes que non entren nas outras seccións. Ao igual que no resto dos lugares onde vos podedes expresar se así o queredes, a miña intención é que, no caso de que o pidades, non, por suposto, nos casos en que queirades que a comunicación sexa estrictamente persoal e punto, aparezan esas vosas opinións, sempre que para min teñan, como sempre repito, o máximo respecto e o mínimo interese exisible. Gracias.
Se tedes algún problema co correo da páxina intentade enviarme o que queirades a través de manuneuroseixas@gmail.com
Nesta mensaxe xogo con ventaxa, porque eu sei algo que ti non sabes, que é
a miña identidade. Coñézote dos meus anos de estudiante en Vilanova (que
tempos aqueles!!) e sígoche tamén na túa faceta de escritor e músico; pero teño
que dicir que despois de revisar as distintas actividades ás que te adicas, coa que
máis disfrutei foi coa de profesor. Por iso me alegro de que sigas deixando parte
da túa vida e da túa cabeza (aínda que non tanto da túa saúde) en facer que xente
coma min disfrute coa Filosofía vendo como disfrutas tí ó mesmo tempo dela.
En fin, espero que esta breve mensaxe teña ese "mínimo de interese" que pides,
porque a escribín con todo o afecto e admiración que me merece un un "ser humano humanizado" que me fixo ser un pouco máis "ser humana humanizada".
Gracias polo esforzo que facías correxindo e "entendendo" os meus comentarios
de Platón, Santo Tomás, Descartes, Kant, Marx, etc. É unha mágoa que non
poida conservar certas anotacións que me facías de cando en vez ó final das
miñas parrafadas...
E sen máis, despídome condenándote, eso sí, a volver a recibir algunha cousiña
máis do meu interior. Unha forte aperta dunha antiga alumna con morriña...
Gracias, porque non sabes a forza que dá ler cousas así para tentar seguir cara adiante nas clases deixando o que sexa necesario. Un abrazo enorme, miña aluma-alumno, quen sexas.
Coido que o de amigo, non é nada imaxinario, coido que paga a pena ter publicado un libro para coñecer a individuos ( que palabra tan formal) mellor, tipos coma ti que alentan a un. Estou a ler algúns dos teus artigos, coido que che teña chegado o meu comentario sobre "O ESTRANXEIRO"; e gustame o teu comentario sobre o narco tráfico non recordo en que artigo: Penso que de certo hai persoas que se nutren desta porcallada maniquea, lease, o espantallo, Felipe Suarez, un home que se pon porriba do ben e do mal, que ten unha conciencia mesianica, que pensa que é a persoa "elixida"( elixir non elixe, so se me ocorre, unha elexia, coma palabra máis próxima), "el é o único que pode bater nas nosas conciencias, pobres, de nos, pobres parvos que o ignoramos todo, que necesitamos persoas tan elevadas par darnos de conta das cousas", o acontecido con Carlos Crespo e un exemplo claro do pensamento único, do "non pensamento", faltannos eses altofalantes de "1984" ou de "Un Mundo Feliz"(non o lembro ben) para saber que facer e que pensar ¿a donde imos?, ¿endogaxia?, ¿Saturno devorando ós seus fillos?.
O Tema do narcotráfico, e non cabe dúbida un problema de hipocrisia, a mesma que eu teño vivido en Cambados donde o gran problema, non era que adicaras ó "fume" ou que "foras narco" o gran problema era a envexa da sociedade bempensante de Cambados que viu ameazado o seu estatus xa que algunhas persoas saidas da nada tiñan máis que eles, ou quizais os que nos estiveron mazando toda a vida con fábricas e depurdoras(conserveras e outras) donde os traballadores non tiñan horarios nin dereitos, nin horarios, nin vida,nin nada, eran menos culpables que os narcotraficantes do enriquecimento ilícito, os cartos ben poderian ser limpos coma auga da nosa ría pero non son menos ilícitos. Asía todo, como non podian competir con eles, mesmo se unían a eles, e viceversa, moitos contarabandistas metidos a politicos ¡algúns inda seguen a dar noxo e a ser exemplicadores!
Non os vou xulgar eu, cada quen co seu...mais venme a memoria un capitulo do Principiño onde estando nun planeta ermo, seica so había unha rata, nomeano Ministro de Xustiza, e pregunta ou preguntase, ¿a quen vou xulgar eu? e respondenlle: a ti mesmo...¿desacougante, non si? para unha xulgarse a un mesmo temos que ser primeiro humildes, que dificil, sería unha vista rotunda, un xuizo caseque sen testemuñas, sen avogados, nin funcionarios, un xuizo que debería ser declarado de "interese nacional" e retransmitido polas principais cadeas de televisión e de radio, con grandes titulares nos xornais "O PRIMEIRO HOME QUE SE XULGA A SI MESMO"
Agardo que non sexa moi paranóico o meu xuizo, o meu comentario, seguirei lendo os teus artigos, agardo non cansarche
Xosé Maria
Nunha tarde longa de Maio, é que xa o dicia Rosalia "maio longo, maio logo.../para uns telas de voda
para outros telas de morte..."(coa voz de Amancio Prada, que di que en Galicia nos esquecemos del, ¿non será ó reves?, eu que sei...
Saudos
(Benquerido Xosé María:
Non, o de amigo non é imaxinario, é ben
real. Real como o problema sobre o que dá voltas a túa a miña
e tantas cabezas. Non é paranoia, é a nosa realidade. Para ben e
para mal. Alégrome que un dos meus artigos faga que alguén coma
ti penses dun xeito tan fondo e sentido. Non, para nada aburre iso, ao contrario.
Agradécese, sempre.
Así que, gratitude e conciencia, compañeiro.)
Levo media hora diante desta máquina pensando se realmente teño o suficiente coñecemento da túa traxectoria como para dar unha opinión.
Finalmente decidinme a escribir e falarei sobre o que coñezo:o profesor Manuel Seixas.
Nos meus primeiros cursos sempre me interesei por averiguar como sería o home dos pantalóns a cadros dando clase,polos pasillos,polo murmurar da xente a miña mente imaxinaba un mestre fascinante e unha persoa que semellaba cando menos interesante.
E despois de superar os distintos cursos cheguei a miña primeira clase de Historia da filosofía,foi aí cando descubrín o que de verdade significaba ser alumno,o que significaba aprender,pero o que máis me fascinaba non era a materia soamente senón o que aprendín e sigo aprendendo da vida nas túas clases é unha pena que isto soamente vaia durar escasos meses,porque Filosofía é con diferencia a miña etapa das mañáns preferida.
Ainda que penses que non lograr que unha persoa viva e sinta a materia que está estudiando é un gran logro,chegar a aula despois de experimentar todo tipo de sensacións e atoparte cun ser humano que di as cousas tal e como son e que sabe rectificar cando se equivoca,algo increíble.
Da túa traxectoria como escritor e músico todavía non sei nada,pero espero chegar a coñecer tódolos teus discos e libros porque a experiencia "ten boa pinta" cando o consiga,entón direiche si a parte de ser un profesor cojo... eres un bo artista,dende o meu punto de vista mais humilde,claro está.
O teu album de fotos mostra unha persoa... non sei como explicalo,pero seguro que de aquí a final de curso poderei completar eses puntos suspensivos.
Na páxina falas da dor e do desamor e de moitos sentimentos,non sei o teu mundo está comezando a molarme moitísimo.
Sigue así,non cambies nunca e se de verdade existe o ceo,espero que algún día nos atopemos nel e poidamos dende alí observar Vilagarcía,esa terra,que tanto se odia como se adora.
Firma:alguén moi tola.Rollo Lisa,jejejeje.
(Miña
querida tola Lisa:
Está
ben o dos pantalóns a cadros porque durante moito tempo, si, creo que si,
foron coma un sinal de identidade. Gracias por todo o que dis. Non sei, quedo
sen moitas palabras cando algunha/algún de vós me di estas cousas.
Só podo considerarme afortunado e agradecido. E, eu non sei se existe o
ceo, pero molaría máis ver dende o Monte Lobeira, por exemplo, Vilagarcía
e as súas miserias e ledicias. Amor e odio.
Manuel:
alguén moi seguramente inseguro. Rollo Simpsons forever. Gracias)
Hola:
Supoño que polo email xa adiviñarás quen son, por se iso
non ocorre direiche
que son Estrella,a chistosilla da primeira fila.
Escríboche este email porque na enquisa non puiden estenderme todo o que
eu quixera,ou quizais porque non me atrevín a dicircho en persoa.
Quero
simplemente que sepas que para min a asignatura de filosofía deste
ano,foi a mellor de todos,nunca disfrutei tanto nunha clase como nas
túas.Supoño
que é pola tua sinceridade por como actuas.Explicas as cousas
claramente
e incluso que parece que disfrutas dando clase,mellor dito,non é
unha
hipóteses: realmente disfrutas dando clase.Iso é algo
marabilloso,o
feito de que alguén realmente disfrute co seu traballo e algo
que
se nota.
Ademáis coa túa asignatura desarrollei a miña
capacidade crítica,descubrín
que eu non son a única
que ten barrenes mentales que poden durar noites,os
filósofos tamén
os teñen,jejeje.
De verdade che digo que te envidio(de forma sana claro),dis
o que
pensas,eres feliz co teu traballo e a xente respétate,espero
que nunca
cambies,que sempre te preocupes así polos alumnos e que
sigas sendo tan
comprensivo.
Moitas gracias,ainda que non o creas
este ano de filosofía cambioume a vida,doume confianza en min mesma,descubrín
que si mo propoño podo chegar ata onde queira e que non importa o que a
xente pense de min,sinon que o verdadeiramente importante e ser sincera conmigo
mesma e tamén cos demais.
Xa me despido,desexándote que sexas
moi feliz o resto da túa vida.
A tua filla debe estar orgullosísima
de ter un pai coma ti:unha persoa que
non é perfecta,senón
humana.
Estrella.
Pd:procura non cambiar e se cambias que
sea para mellor.
(Estrella:
Dende
antes de que che dera clase, xa me parecías alguén, digamos, singular.
Creo que foi nunha garda cando ti aínda estabas na ESO. Unha hora fugaz,
pero quedeime coa túa voz, coa túa maneira de sorrir e coa túa
cara de “Estrella”.
Supoño
que ti tampouco es perfecta, xa sabes que quen crea que o é, é máis
ben parva-o, mais estou seguro que terte como alumna, e esta palabra “alumna”
queda tantas veces curta foi algo marabilloso. A túa complicidade , a túa
sinceridade e expresividade eran sempre aire fresco.
Brilla
para ti e para os que te rodean, querida Estrella.)
_________________________________________________________________
Descartes, Marcuse, Platón e Manuel, sobre todo Manuel Kant ou Nietzsche.. non sabría con cal quedarme. Gracias a eles coñecín a ese profesor "adorado" do que tan ben falaban os maiores "é un tío de puta madre" dicían ata os "anti-profesores,.. e así foi Manuel; cos precedentes que tiña da filosofía de 3º non crin que a filo me enganchara tanto. boto de menos tantas cousas, tardes de instituto, comentarios de clase, os teus comentarios nos nosos examenes, podería lelos unha e outra vez e non me cansaría porque por unha vez na vida alguén valorou algo que eu fixera e pensara con entusiasmo. os teus "Moi Ben!!!!" enchíanme de alegría non polo traballo que pasara sinon porque entendía o que facía e ata cría nelo.
Algún día pasarei a darche unha visita e entón seguro que non sabrei nin que decir, nin como actuar, nin aproveitarei esos momentos contigo.
Gracias de todo corazón. Biquiño e recorda...
"Fai da túa vida un sono, e do teu sono unha realidade"
(Aínda que non é filosofía é pura vida)
V.P.
(Sabes que a vida e a filosofía deben ir xuntas.
Gustaríame saber máis de ti, cómo che vai..., ou sexa que
cando queiras faime unha visita. Polo que me dis, son eu quen ao mellor non aproveitaría
eses momentos contigo, porque hai moito en ti que me reborda, que me enche. Gracias,
gracias, gracias e alégrome tanto de poder poñer “Moi ben” con moitas
admiracións!!!!!! Sigue crendo no que sexa que fagas, se sae de ti e é
o mellor que podes dar.
Gracias!!!!!!!!)
Ola
Manuel!
Que lindo atopar a túa páxina web!!!
Cóntoche un pouco por que che mando
este mail: non sabía nin
que existías ata que hai uns 5 anos encontrei "A
velocidade do
frío" na biblio pública de Ourense. Chamoume a atención
o
título e decidín levarmo pero a sorpresa chegou cando cheguei
a casa e o
leín (3 veces!).
Non me adico a escribir nin moito
menos mais de cando en vez collo un par de
folios en branco e intento fiar
algunha historia. Cando leín "A
velocidade..." sentín
gañas de botarte en cara que... joder!... que é o
libro
que a min me gustaría escribir, que cabrón!(je je). Quero dicir,
que
unha vez que o teu libro está xa escrito eu xa non teño
nada que facer. Non
podes imaxinar canto disfrutei léndoo e como me
mergullei na historia.
Máis adiante merquei o disco (Carlos Blanco
é a canha!!)e tamén "Bailarina".
Leín algún
libro máis dos teus pero quitándoos das bibliotecas de por aí
diante, que non está a economía todo o ben que debera estar.
E a traca final chegou cando me enterei de que tiñas algo (moito) que ver
cos Korosi Dansas. Teño o "Cordura" e o "Non!";
coñecinvos gracias a un
colega de Castro Caldelas que andaba tolo
cos vosos discos e de seguido me
enviciei coa vosa música.
¿Que
por que che conto todo isto? Nono sei, gustábame que souberas que por
aquí se aprecia o teu traballo e que "A velocidade do frío"
me emparanoiou e
me fixo sentir un montón de cousas. Atopeite en culturagalega.org
e non fun
quen de resistirme a entrar na túa páxina.
Isto
é todo, nada máis nin nada menos.
Unha aperta e avante toda!
:Maria X:
***Adiante con Madame Mir, o disco de
Dhais é a canha!!!!!!
(Ola
María X.:
Primeiro, perdoa e perdoa pola tardanza. Lin o teu correo
o mesmo día que o enviaches, pero logo cambiei de ordenata (¡en mala
hora!), tiveron que
cambiarlle o disco duro dúas veces e o tempo foi
pasando entre unhas cousas e outras.
Non teño máis escusas.
Así que perdón.
Perdón porque a túa mensaxe chegou
no momento exacto en que me estaba a afundir e serviume para moitísimo.
Gracias por todo o que dis, non sei, é
marabilloso saber que alguén
sente algo así polo que ti escribes ou tocas.
Segue fiando historias,
por favor!!, a min tamén me bloqueou "A velocidade", tamén
quedei atrapado na súa paranoia, pero espero ter algo novo e intenso que
escribir, ando con iso, pero costa moito, é unha barbaridade de novela
que leva anos dando voltas nos miolos. Téñoa na cabeza e algo no
papel, pero estou coma esgotado. A ver se algún día consigo rematala.
Xa te avisarei.
É estupendo o de "Korosi", o noso traballo
non foi en van!! Agora está case
morto o grupo, pero como supoño
que viches na páxina, saquei un cd en
solitario: "Presentimento",
e formei, máis ben formouse por azar, unha nova banda: Manuel Seixas Neuroband,
onde están alumnos e exalumnos e todos os Korosi menos Josito que anda
liado co teatro e todo iso. Gustaríame tocar por onde vives e poder saudarte
directamente. Non sei se terei os nervios nin para tocar nin para saudarte, puff!!
Ben, despídome. Máis vale tarde que nunca, din. Que saibas unha
vez máis
que o teu correo foi un dos momentos máis preciosos
que conservarei como
ouro do corazón e que lerei unha e outra vez cando
as forzas fraqueen.
Gracias, gracias, gracias...
Un bico moi grande.
E coma non, avante toda!!
Manuel.)
Ola Manuel!!
Graciñas por respostar á
miña mensaxe. A verdade é que non pensei que o ías
facer;
alégrome moito de que o fixeras porque, ao igual que pra ti é lindo
saber que o teu traballo é capaz de tocarlle a fibra sensible a quen
o
recibe, pra min tamén é importante que o que eu che poida
dicir nun mail de
4 liñas che sirva de algo.
Dices que che gustaría
tocar por onde vivo e coñecerme; pois nono tés nada
difícil.
Reparto a miña vida entre dúas provincias: ando por Santiago,
Ourense e Castro Caldelas. En Santiago traballo (son fotógrafa de
espectáculos e do que se poida) e estudio Psicoloxía. Estudiei tamén
case 3
cursos de Filosofía -mira ti por donde imos ter algo en común-
pero tiven
que deixar a carreira porque entre a Fotografía, a Psicoloxía
e a
Filosofía... NON PODÍA CON TODO!! E ando por Ourense porque
eu son dalí,
nacín alí pero o meu corazonciño
téñoo en Castro Caldelas: síntome caldelá
ou
santiaguesa antes que ourensana.
Así que xa sabes, se algún
día te achegas ata algún dos lugares por onde
poida andar eu
avisa, que creo que imos ter mil cousas das que falar. E se
dades algún
concerto polos Santiaghos alí me teredes coa miña cámara
e a
tirar carrete.
Marcho que teño que marchar. Vou pra Casa das
Crechas a tomar un algo e
despois a coller o tren a Ourense. Que che vaia
todo ben lindo, un besiño
moi grande, graciñas e... a min si
que non tés que agradecerme o anterior
mail. Todo o que che dixen
levábao dentro dende había moito tempo gracias a
ti e non puiden
evitar non contarcho. Nada de afundirte, intenta sair a
flote e, unha vez
máis.... AVANTE TODA!!!
Ata que ti queirassssssssssssssssssss
:Maria
.
Só quería saudarte e saudar a Espe. Estarei pendiente de
cando comeces a xira de Presentimento.
Un bico para todos
Anxos
(Gracias Anxos. A túa sección si que está cada
vez más interesante. E non é peloteo.
Bicos. Manuel.)
(¡Ola, Diego!
Ben, o teu traballo de “The
Village”, ten un notable +, pero é mellorable. Coa capacidade que tes,
poderías e deberías afondar máis nas análises dos
personaxes e situacións. Hai altibaixos. Momentos nos que se ve que si
chegas á ironía e crítica social do corto, pero hai outros
nos que quedas na superficie con obviedades.
¡Ai, Diego! Pasa da
lei do mínimo esforzo, porque ás veces necesitarás algo máis
que a túa gran capacidade comprensiva e de redacción.
Por outra parte, creo que
hoxe non é o concerto, pero verémonos nalgún deles porque
paga á pena.
Coídate. )
_________________________________________________________________
Dende logo mira que é
rara a vida. Pasas por ela sen mirar cara atrás e de repente un día
acórdaste de algo ou alguén no que había tempo que non pensabas.
Últimamente penso moito no pasado, non sei por
qué, debe ser a idade que me vai afectando. Agora que o penso, ti tiñas
a miña idade cando me diches clase hai dez anos no insti de Riveira. Quero
que saibas que aínda que xa non gardo relación con ningún
dos meus excompañeiros, se me atopo con algún, sempre terminamos
lembrándonos de ti. Fuches un gran profesor, non só porque fixeches
que a filosofía nos entrara na cabeza, senón porque te divertías
cas burradas que dicíamos na clase, e eran moitas.
Espero que aínda conserves a guitarra e a foto
que nos fixemos todos xuntos, estamos toda a clase, Chema, Gena, Fer, María
José, Moncha, Ismael (lembraste cando o seu primo lle meteu unha unlla
nun ollo e tivo que andar cun parche no que Fer lle pintou un ollo a boli, menuda
pinta). Eu son Pili, a rubiña de ollos claros que era mais bruta que un
arado, de tódolos xeitos agora non son tan bestia, mellorei cos anos.
O caso é que me lembrei de ti porque estou lendo
o teu libro Bailarina. De momento estame gustando moito, espero que non me decepcione
ó final (xa cho direi noutro email se este te chega). Foi unha sorpresa
encontrar que tiñas unha páxina web propia. Unha aperta. Pi.
(¡Deus, Pi!
¡Que alegría! ¿Que se conservo a guitarra e a foto?
Gravo coa guitarra sempre que hai que empregar unha acústica, fálolle
dela aos alumnos e alumnas de cada ano en canto teño ocasión. Intento
que saia na prensa, e así é, coas vosas sinaturas e debuxos e caralladas.
Levo sempre a vosa foto na carpeta de cada curso que vai pasando.
¡Pi! Acórdome
perfectamente de ti e de moita xente de aquel ano e do anterior (e mira que cada
ano a miña memoria é peor, e os nomes xa non me veñen á
cabeza, si as sensacións). Ribeira foron dous anos irrepetibles, para ben
e para mal. Non sei se o sabiades, pero cando cheguei alí estaba fatal,
moi, moi mal. O primeiro ano foi sobrevivir ou morrer psiquicamente para sempre.
E o segundo, foi como un renacer e fun tan feliz coa vila cos seus berros auténticos,
todos revivimos, a miña muller, a miña nena daquela cativa, e fun
incriblemente feliz con vós, con todos e todas vós. Lembras? Morrera
a miña nai e regaláchedesme a guitarra nun cadaleito de cartón.
Toda a sala de profesores horrorizada. ¡Mira que erades gore! ¿Síguevos
gustando Metallica? ¿Lembrades “Johny cogió su fusil?”. Quitáchedesme
os meus prexuízos anti-heavys cando me amosáchedes aquel vídeo
de Metallica baseado na película. ¡Puff!!Ás veces boto de
menos as vosas benditas burradas. Si, Pi, o tempo pasa. Espero que non che decepcione
“Bailarina” e se che decepciona, pois mira, só é un libro.
Encantaríame verte.
Ata sempre, Pi. Gracias por manter vivos aqueles tempos que eu gardo coma un tesouro.
Bicos. Manuel)
A vida e unha festa na que as veces se vai a luz e non pode seguir soando a musica; que bonito cando alguen che canta para que o silencio non te deprima...
as tuas verbas nas clases eran para nos a musica que cubria ese silencio.
Primeiro debemosche agradecer que foses para nos moito mais que un mestre de filosofia: un mestre da vida! Xa que nas tuas clases aprendemos moito mais que filosofia, aprendemos a vivir, a reflexionar, a non conformarnos co que nos dan feito...
Soamente esperamos que os nosos camiños se volvan a cruzar nesta historia chamada vida. Como un bo profesor nos dixo unha vez: "peor que odiar a alguen e esquecelo" non coñecemos o que significa "odio" , e esquecerte... eso e imposible.
Un gran saudo e apertas para
o "TOLO SENSIBLE" das tuas admiradoras: "AS CINCO TOLAS DIVERTIDAS"
... VOLTAREMOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!...
(Queridas “Tolas Divertidas”, como non vou ser un “Tolo
sensible”, se me mandades cousas tan fermosas. Supoño que sodes as de aquel
COU pequerrecho no espacio da aula pero enorme no cariño e no ben que se
estaba. Vexo que seguides senso poéticas, iso está moi ben. Eu tampouco
vos esquezo, e tamén aprendín moito de vós, moito...
Seguro que os nosos camiños
se cruzan de cando en vez. Hoxe, por exemplo, aínda que sexa só?
con palabras. Un bico a todas.
Voltarei!!!!!! )
Recibí vuestro mensaje, y aproveché para
visitar la web, está muy simpática, sobre todo el album familiar.
Puri.
(Gracias, Puri. A nós tamén os divirte e nos fai lembrar
outros tempos o álbum.
Saudiños.)
Gracias por el detalle de mandar tu disco.La verdad es que había temas de los que me acordaba de aquella vez que estuvimos Cris y yo por vuestra casa y nos habíais hecho una audición.
Te ha quedado muy bien, si señor. Me gusta bastante el contraste de los temas en todo el conjunto y me parece un trabajo estupendo, sin prejuicios de ningún tipo que resulta algo difícil de escuchar hoy en dia,(me incluyo), y desde luego un pedazo de curre de carallo que se nota bastante en el acabado de sonido general.
Enhorabuena tio !!
El libretillo y el diseño gráfico quedó muy curioso y el catálogo que nos enviastes de la editorial tiene muy buena pinta.
Si quieres te digo tambien lo que no me gusta, aunque es una chorrada.-No me gusta la última canción- pero supongo que la pondrías ahí por alguna razón.
Me pareció escuchar la voz de Esperanciña por ahí entre coros y en algun arrouto de esos que me recuerda siempre a una negra pariendo en una sala de maternidad (Como en un disco de Pink Floyd del que no me acuerdo el título) Un besazo Espe.
Y juraría que escuché la voz de Lauri, es ello posible?
Bueno Manuel, ánimo y a ver si os sale bien lo de la editorial en estos tiempos tan poco indicados para la expresión sincera y el buen hacer artístico.
Besos a los tres.
Javier
(¡Foder, Javier! Vindo de ti é todo un privilexio ler o que dis, porque a túa vida é a música, e non esquezas a túa música (¡ese bolerazo que me dá tanta envexa non ter feito eu!).
Si, estou contento co traballiño do disco. Foi moito. E non digamos o libreto, currado por Roberto, a miña xente e mais eu. E o de Madame Mir por Santi e un servidor. Faise o que se pode.
Non hai voz de Espe máis que nos coros. Esta vez son eu o que está parindo continuamente. E non digamos nos ensaios do directo coa ManuelSeixasNeuroband. Cada fin de semana teño octillizos, cando menos. Laura non está en voz pero si está sempre en min, xa sabes.
Gracias e bicos para ti de nós os tres.)
Ola, Manuel. Chegoume o outro día un correo de Rafa coa nova da
túa páxina en Internet. Andei por ela un cacho. A verdade é
que non lin moita cousa, en proporción, porque, carallo! hai alí
para ler e ler! moito escribes, rapaz!
Debo confesar que non me gustou o deseño. Pero está claro
que non era o que che preocupaba especialmente, senón os contidos. E a
verdade é que, postos a escoller, está claro. Tamén é
que eu son moi tiquismiquis con eses rollos. Pero en fin, que noraboa de verdade
pola saída á rede.
Tamén eu estou preparando o meu desembarco de sillicon valley. De
feito xa teño unha versión de proba da páxina, que aínda
estou enchendo con cousas.
O día D será o próximo 17, aínda que xa non
conto con ter para ese día todo o que quixera.
¿O do morro? Porque me pareceu unha idea de puta madre abrir un
oco para que a xente opine sobre os contidos, e copieina vilmente para a miña
páxina.
Por se queres botarlle un ollo á páxina, e opinar, claro,
vai por http://luagris.iitalia.com
Bueno, espero que todo vaia ben e non decidas pedirme dereitos polo
plaxio. Mándoche unha aperta gorda (a ver se te convenzo).
Edu
(Para nada me parece morro, e os dereitos de autor, qué
che vou contar que ti non saibas.
Si, o deseño non
foi para nada a nosa prioridade. En principio, a páxina ten digamos dous
obxectivos: un informativo (practicamente cuberto, incluíndo páxina
oficial de Korosi Dansas), e tes razón, con moita información, pero
é que iso é unha das cousas que me gusta atopar na rede: información.
E o outro obxectivo é a creación e a apertura á xente: para
iso está o correo, e o “Espacio de creación” que desenvolveremos
canto antes.
Unha aperta para ti igual de gorda.
Manuel.)
(Nota: dende a recepción deste correo cambio a dirección
da páxina de Eduardo Estevez. Podedes atopala nos links).
Supoño que non esperarias que che mandase un mail.
Como normalmente non temos moito tempo para falar, e a min encantame falar
contigo, supoño que esta e unha maneira mais de poder facelo. A verdade
e que non me gustaria que pensaras que son un pesado, por que vou moitas veces
darche a brasa no recreo, sera por que che admiro, e creo que ainda podo
aprender moito de ti.
A verda e que parezo un pelota, pero asi e como eu o vexo.
Unha vez mais, sorprendechesme. Encantame realmente o teu disco, creo que
a calidade musical e inpresionante, e si en un principio dixen que me quedaria
con Feira, xa que parece un tema que se sae do convencional que expresa o noto
que da como esta montado este mundo, ou eu asi o entendo. Agora diria que coa
que me sinto mais identificado e coa de naufrago supoño que sera por que
todos estamos sos, e a min tamen me afecta demasiado a soidade.
Bueno estoume enrollando moito, e quero dicirche que me gustou a dedicatoria,
xa que non estou sobrado de amigos, e ti considerasme teu amigo.
Ben espero que saques tempo e poidamos conversar moitas veces, ainda que
sempre que falo contigo, sintome un pouco cortado, non sei si e polo rol que nos
toca desempeñar na vida ou por que sabes demasiado e iso faime sentir un
pouco ameazado, non sei, eso si,non deixes nunca de facer musica, por que non
hai mellor menciña espiritual que sentirte formando parte da musica.
Un saudo do teu amigo:
VICTOR
(Ola,
Victor!
A
verdade é que me encanta que me mandes emails porque é outra forma
máis de manternos en contacto. Acabo de abrilo, (o venres ás seis
e
Mañá
non irei ao concerto. Síntoo, de verdade. Apetecíame E dáme
rabia non vervos. A ti, a Alberto, a Nico... e esquecerme de todo, desconectar
un
Imos
ao máis importante. Non me roubas tempo. Ao contrario. Eu
No
instituto son como un relato dos primeiros que me publicaron "o home
Pois
nada, que mañá a rachar. Dálle un abrazo a Alberto, Nico,
Ata
logo, Víctor.)
Que
queres decir con iso? Todavia estas mal? Que e o que pasa!?
Espero
que non sexa nada que non teña solucion, deixastesme moi preocupado e con
moita incertidume.
Ben
falando de outra cousa, o concerto saiu ben, moi ben, supoño. A verdade
e que foi o concerto no que mellor mo pasei ata o de agora, ainda que a primeira
cancion, e a terceira non sairon como deberian, o resto soaron mellor que nunca,
inda que os nervios estaban a flor de pel, e non o digo por min solo, por que
tiñas que ver as nosas caras antes de comezar, a verdade e que eran irrisorias,
pero bueno a fin saiu todo moi ben, asistiu bastante publico, que ainda que comenzou
un pouco apatico foise metendo pouco a pouco no seu papel e fixonos disfrutar
tanto a nos como eu espero que disfrutaran eles.
Xa
me despido por esta vez, esperando seguir recibindo mensaxes túas, que
xa sabes que non me fan perder o tempo, si non todo o contrario.
Bueno
Manuel, espero que sigamos en contacto, un saudo agarimoso:
Victor G.
[P.D. Persoal: E vaia se seguimos en contacto. Hoxe Víctor é
un dos compoñentes de ManuelSeixasNeuroband, case se pode dicir, ou sen
case, que un dos promotores básicos da idea. E, cada día, máis
amigo e máis boa persoa.]
pasar desaperciv/bidos nas clases.Queremos darche as gracias por
cambiar a
nosa visión da filosofía.A nosa antiga visión
era chapar, chapar, e chapar,
sen entender nada do que poñíamos
nin aprendiamos.Actualmente, esta visión é un simple recordo que
non vale a pena nin comentar. Desde que comezamos a escribir comentarios e desde
que nos fixeches comezar a b/varrenar sobre
fotos e simples frases, entendemos
o verdadeiro significado da Filosofía. O
rollo de estar posuido pola
cultura e ter cultura, ten as súas bases e a
verdade e que é
una gran verdade.
Os comentarios fixéronnos indagar sobre a verdade
das cousas e realmente o
que a sociedade nos quere facer creer, pero a túa
visión da vida axudounos
moito a ver as cousas como nos as queremos
ver e non como a sociedade e todo o noso entorno nos "obliga a creer".
Unha aperta do que sae na foto e de outro que non ten foto pero ten un 10
con duas exclamacións.Veña profe, sorte en Lisboa. E que o outro
dia
cambiamosche o coche de sitio, pero non hai rancor. Peace forerver tio.
(Gracias
ao da foto e ao que non sae na foto. ¿Que podo dicir? Que con vós
cumprín todas as espectativas que anhelaba no primeiro curso que daba Filosofía
no novo sistema de 1º de Bacharelato. O fondo sempre debe ser o mesmo, pero
un ten dúbidas sempre: xa o sabedes. Gracias polo de Lisboa. A verdade
que a presentación de “diario de Ausencias” foi unha gozada, sobre todo
cando escoitei os meus versos en boca de alumnos galegos en Portugal, e non digamos
dos que traduciron os poemas do galego ao portugués, ¡que ben leron,
que ben soaba! Ben, tedes cultura e non estades posuídos por ela. Clave.
E incriblemente os comentarios xa non son o demo. A ver cando me manda emails
xente dicindo todo o que sofre nos piiii! Comentarios. Sobre todo en segundo.
Apertas
para os dous, e para toda a vosa revoltosa pero riquiña clase.)
_________________________________________________________________
Tamen che quero dicir que xa voto de menos os paliques nas clases
ainda que votar voto de menos a moita xente que agora os vexo rara vez (referindome
a compañeiros.
Outra cousa e que tamen me gustaria escribir algo e mandarcho o
que pasa que cando me poña a escribir xa non existira a literatura ou internet,igual
xa cho mando por ondas cerebrais na miña vixesimo octava reencarnacion.
bueno nada mais
un saludo do teu admirador secreto SAUL
(¿Saul? ¿Realmente es ti? ¿O meu Saul? Sempre me
caíches moi ben, porque sempre estabas ao teu, coas túas historias
e o teu mundo. Non pensei que... Ben, o que tantas veces dicía, estamos
uns fronte a outros e podemos pasar anos xuntos e non saber realmente ata que
punto o outro sinte algo ou qué sinte de verdade. Non lle dou máis
voltas. Por favor, non esperes ata tan lonxe no tempo. Mándame o que sexa
canto antes, boh, cando queiras, claro. E non penso corrixir nada, todo como ti
o mandaches. Normalmente os emails e cousas que me mandan non as corrixo. Pero
nos comentarios o vermello era polo voso ben. ¡Que vou dicir se non!
Outro saúdo doutro admirador xa non secreto.)
Non o cría, sinceramente, cando esperaba ansiosa as notas do primeiro exame de evaluación, un catro con vintecinco en Platón. Non podía ser, pero foi, valeume de moito aprenderme o da "caverna" pero naquel examen non estiven á altura para aprobar. Pero, a pesar do suspenso, houbo unha cousa que me dixeras que me encantou e foi que, a pesar de non ter aprobado, vías que me esforzara, que che fastidiaba suspenderme pero, o que máis me gustou sen dúbida algunha, foi que dixeste que o meu exame era mellor que moitos dos que tiñan por nota un oito ou un nove, xa que na última parte do comentario de texto (creo que se chamaba valoración) poñía a miña opinión persoal, que era no fondo o que tí buscabas, non tanta teórica, nin tópicos, nin arquetipos e máis ideas propias. Dixésteme que me esforzara un pouco e recordo que nunca máis volvín a suspender filosofía, é máis, na segundo saquei notable e na terceira sobresaínte.
As túas clases servíronme para aprender moitas cousas, sobre todo as pequenas, aquelas que ningúen che ensina..., só a vida. Síntome afortunada ó poder compartir contigo e con tódolos compañeiros aquelas "alborotadas" clases de filosofía que, ó contrario dos demáis profesores, cando nos saltábamos o guión para opinar, estabas encantado, que lle deran ó guión!, o que querías e que opinásemos, que che fixésemos ver qué significaba para nós todo aquilo.
Foste un dos profesores cos que me esforcei máis para aprobar porque, confésocho, así como a ti amolábache suspender á xente, a min tamén me disgustaba moitísimo fallarche no exame.
Polo que puiden comprobar ano tras ano eres dos profesores que deixan unha pegadiña na alma, dos que sempre tes cousas boas que contar e dos que nunca te esquezes. Por todo iso e moito máis, mándoche o meu cariño envasado en papel, sobre todo para animarche a seguir sendo como eres e para que sigas enchendo de ledicia os corazóns dos alumnos que acuden entusiasmados, día tras día, ás túas clases de filosofía.
Recibe moitos bicos da túa ex-alumna, Dolo.
P.D.: Recordiños para Francisco, Elena e Felisa.
(¡Ola, Dolo! Teño que confesar que non estou seguro de qué
Dolo es, porque xa houbo e haberá moitas Dolos e Luísas e Sandras
e...
É unha ledicia para min poder ler isto. Os comentarios de texto
son algo moi complexo, sempre volo dixen. Pero se se ve que pensas, que tes unha
iniciativa crítica como se ve que era o teu caso, logo é cuestión
de irlle collendo a estructura para analizalo con rigor. Mais sen algo teu, propio,
queda incompleto, soso, dende o meu punto de vsita, case antifilosófico.
Sempre digo que o importante é como se acaba no curso, non como se comeza.
É lóxico fallar ao comezo, ninguén nace aprendido, e ti es
unha proba empírica máis. Espero que tomen nota as alumnas e alumnos
deste curso de 2º de Bacharelato e dos outros tamén.
O guión. ¡Que ben poder saltalo! Pero, iso si, sempre tendo
en conta que tedes que ir ben preparados para a seguinte proba e a seguinte. Pero
unha clase de Filosofía non pode ser un armario pechado que cheira a pasado.
A filosofía e pasado presente futuro, é vida, é rachar e
é analizar con coherencia. “Cariño envasado en papel”, ¡que
frase máis fermosa! Gracias sen límites polos teus ánimos,
polo que dis, pola “pegadiña na alma”. Ti xa má deixaches ben fonda.
Gracias, Dolo.)
Non pares, rapaz.
En serio, moitas gracias, é un pracer saber que hai xente que segue
o teu traballo por aí fóra onde nos temos que buscar a vida (e logo
o dos inmigrantes!!) Oxalá se traduciran os libros ou puidera tocar po
aí como os Beatles. Tes razón no do deseño da páxina,
mais non era o noso obxectivo prioritario, senón os contidos que ti sinalas.
O dos “collóns” non é algo que busque premeditadamente.
Fago o que me sae, sen preocuparme (ata que sae ao público) de que pensarán
ou deixarán de pensar. Só iso. (Que xa é bastante).
Saúdos galegos agradecidos.
Manuel)
Son unha docente de galego que traballo no “Centro de
Estudios Internacionais” en New York. Chegou á miñas mans o teu
“Diario de Ausencias”, a través dun amigo, Phil, de Ámsterdam, que
mo recomendou. Gustoume tanto que fun directa á dirección web que
aparece no libro. A partir de aí foi unha odisea conseguir as túas
obras literarias pero ¡vaia!
Non sei cómo “A
velocidade do frío” non ten unha película de éxito (estragaría
o libro), é do mellor que teño lido na miña longa vida (gáñote
nos anos) non só de literatura galega, senón universal. “Bailarina”
resultoume menos intensa, pero de gran calado e unha maneira heterodoxa e persoal
de enfrontarse a un xénero como o da SF. (Concordo contigo na análise
que fas na páxina respecto a que é unha novela clásica nun
entorno futurista).
Agardo impaciente que
saques unha nova obra.
Recibe unha aperta dende
o imperio paranoico sen torres xemelgas.
Ana Carballo.
(Querida Ana:
Moitas gracias polo que
dis, ponme a pel de galiña que alguén pense iso dos meus libros.
Vexo que o sistema de Eds. Tema de ter sucursais por todo o mundo funciona. Debo
agradecerllo a Alberto Augusto Miranda e á súa labor. Se me dás
o teu enderezo en New York, gustaríame enviarche algunha outra obra que
ao mellor non liches para que me deras a túa opinión, como os relatos
de “Viñeron do espacio interior” ou o poemario “Vestixios do verme”, que
supoño serán difíciles de conseguir.
E se saco unha nova obra
(ando a voltas con ela, pero non ten présa o contador), seguro que cha
envío (e se non che gusta, dimo, ¿vale?)
P.D.: Mándalle un
bico e un gran agradecemento a ese Phil descoñecido que prendeu o lume.
Manuel Seixas.)
R de rabia.
(Ben, R de Rabia, espero que non che dea comigo e me mordas na clase.
Si, a materia é dura de moer, sobre todo agora ao comezo, toda esa teoría
abstacta: eu que sabe, cousa sabida, hermenéutica e a historia da filosofía
en capítulos resumidos. Gracias por poñerte en contacto comigo.
Xa sabes, hai que aprender dos erros, así que cando vexas que me estou
equivocando no fondo ou na forma de dar as clases, avisa. E non vos quededes cos
exemplos, que só son iso, exemplos.
Ata logo.)
Querido
Manuel,
De novo volvo ter valor para mostrarche
algúns anacos de sinceridade.
Teño que confesar que desta vez
resúltame un pouco máis difícil, porque
agora sei que
liches a primeira mensaxe que che mandei. Ás persoas tímidas
sempre nos queda a esperanza de que o olvido reciba o que enviamos... Pero a
sensación de comprobar que o que escribín provocou eses sentimentos,
anímame
a seguir tentando superar a timidez que me frea á hora
de escribirche, ou a
que me fai rachar canto escribo ós cinco minutos
de telo escrito, porque eu
son tamén unha de esas persoas que tenta
plasmar historias, sentimentos,
pensamentos e rarezas varias en papel, pero
sen moito éxito... Admiro a túa
capacidade para facelo.
Perdoa por seguir escondéndome baixo ese "Gabriela Cervantes";
permíteme
ese pequeno toque de misterio... de calquera xeito, non
me recoñecerías
tampouco polo nome.
Sigo escoitándote
a meudo, resula que a túa música é a que máis amortizo,
dado que son tendente a darlle máis voltas á cabeza do que
debería e, vásme
a perdoar, pero os teus discos son a perfecta
banda sonora para eses
momentos (para min, dende logo...) Gracias por eso.
Boto de menos escoitar as túas paranoias (con perdón) na
clase; agora
espero escoitalas (dentro de pouco, polo que me dixeron) véndote
tocar.
Ata pronto,
náufrago...
Un abrazo da memoria...
Gabriela Cervantes
Outro abrazo para ti, enorme e encantado, miña misteriosa "Gabriela".
Non
sei cómo expresarche a sorpresa, Manuel, que me produciu a túa páxina, que non
cońecía por desgracia. Encantoume de veras, e creo que transmite moitísimo "bó
rollo", algo bastante difícil de atopar, polo xeral. está moi moi ben
feita, pero ademáis é riquińa, sincera, divertida e interesante. Gustoume
moito, e felicítoche, oxalá poidas publicitala canto máis mellor, pois penso que
debe cońecerse e convertirse nunha referencia.
En canto a min, estou moi escasa de
inéditos (unha pena!), pero en canto tivera algo axeitado xa pensarei en colgalo
aí. Moitas gracias polo convite.
E aproveito en xeral, esta ocasión,
para agradecerche o que me teńas na túa axenda de xente á que contarlle novas
e cousas interesantes (encántame que me teńas ao día!!) porque non dubides que
o teńo moi en conta. Ah, e a mińa admiración.
Un bico
Yolanda
(Querida Yolanda:
A admiración é mutua. De verdade que as túas palabras prodúcenme unha
gran alegría. Un rogo: żpodería subir o teu mail á mińa sección de correo? É que
me dá moita moral para o da páxina.
De novo gracias e bicos.
Manuel)
e a primeira vez q entro na tua paxina web,e todo esta no seu lugar,ordenadiño ainda q ti es un desastre.
como non vas a ir dar quen son boucho a decir. son o teu amigo o funguiñoooooooo,o sea o aleman.
teño q decir q a neuroband impresioname cada dia mais.sodes uns tios cojonudos.si xa sei q e o de sempre pero pra ti non teño sentido critico malo.por certo non te preocupes polo debut da neuroband home q xa veras como sae de puta madre e se non e asi unha boa chispa e a olvidar cos colegas.
es un tio de puta madre.coñecinche no insti pero nunca viñestes a clase como un profe senon como un amigo un colega q paga a pena escoitar.esa foi a miña sensacion desde o primeiro dia.moita xente (profes incluidos)deberian aprender un pouco de ti.
o unico q che digo e se como eres q vales un mazo
bueno xa nos veremos no insti.
P.D.:CUIDA TU OJETE MANUELETE,CINCO CINCO CINCO
Alemán
Manuel
Silvia
Ola, Silvia descoñecida!
Alégrome de que a
páxina sirva para poñer queixas tan especiais como as túas.
O de publicar poesía creo que é un “case imposible” para moit@s
de nós. Pero ti, iso, fotocopia e papel reciclado e a triunfar... Gracias
por seguirme e lerme e recomendar “A velocidade...”. Molaría que moita
xente fixera o mesmo (para facerme moi rico e mercar coches caros e roupa da hostia
e... case mellor non, ou non tanto. E semella que ás veces unha entrevista
pode valer de algo, neste caso de moito. Procurarei seguirte eu a ti. Mándame
o que queiras. Agradecido de antemán. Só un detalle: o do café
para sandar a todos os sistemas nerviosos fráxiles. O meu é un sistema
nervioso roto, máis que fráxil, e se tomo café afoga en agobio.
¿Tomo descafeinado, paso directamente ou morro de nervios empapado en cafeína?
Xa me dirás. Bicos
para ti.
hola don asqueroso Manuel Seixas.
como todo o mundo q che escribe fala moi ben de ti (en plan pelota),eu voulles a levar a contraria.
e mais vou ter o privilexio de poñerche a pingar.empezo:
mira tio cheirache o alento q apestas,vas en plan guay e eres un gilipollas.
tes unha pinta colega cos pantalon a cuadros e cos tenis dos anos da pera q nin EL FARY NOS SEUS TEMPOS MOSOS.
como profesor non podo opinar xa q nas tuas clases quedome a dormir
ahhhhh por certo diraslle o teu peluqueiro(xa sei q non pode facer milagros)q che corte ben o pelo q parese q tes estropajo en ves de pelo.no teu puto,jodido e asquroso disco aparece unha foto tua onde tes un cabeson de seta q lo flipassssssss.
en canto a musica simplemente che dijo q e unha puta merda.das noto ti e a merda de cansions q fas.
cada ves q che vexo non sei si cuspirche a cara ou potear.
enfin,como ves eu tamen che quero.q che den polo cu payaso.
(si o contido desta mensaxe e demasiado forte sinto q o teñas q ler e si me pasin pois jodeste)
unha pequena broma para un bo fanatico da musica (ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja )
bueno cuida tu ojete manuelete.5555555555555555555555555555555555555555555555555555555555555 por el culo te la inco.
CHORUS:
SE,SE,SEIXAS.............NEUROBANDDDDDDDD,SE,SE,SEIXAS........NEUROBAND..........
cancion
escrita por el mejor saxofonista de la ria Santi Frutos..........alias Capitan
Zorza
Alemán
¡Foder, Alemán! Si que tomaches
ao pé da letra o de que mandarades tamén emails para poñerme
a parir!!! Supoñendo que teñas razón en todo (non sería
ilóxico), non podo deixar pasar a ofensa, o agravio brutal ao meu pelo,
entre outras cousas porque o pobre peluqueiro non ten culpa de nada, xa que o
meu superpeinado consiste en non peinarse. ¡Que lo sepaaasssss!!
Ben,
non te pasaches nada (xa, xa, xa nos veremos mañá na clase, pedazo
de...), así que voute coller e...
Non me vou poñer nervioso. Parezo
Homer detrás de Bart. Capitán Pelos saúda a Capitán
Zorza e ao piiiii!! Capitán Alemán.
Manuel
Xa vin a páxina, e gustoume tanto o que ten de oferta para a creación,
como polo contido en xeral (e en especial ás referencias a min, para que
nos vamos a enganar).
O problema sobre a miña creación -e aquí recordo con
envidia como tiña as túas sensacións de escritor ó
ter nas máns o primeiro libro- é que é de encarga, quero
decir que son bastante incapaz de facer algo sen un prazo e un destino inmediatos.
Que soamente sirvo para periodista, vaia. De todas formas, se me dá por
aí, xa mandarei algo (admítense poemas de juventú atopados
en papel cuadriculado?).
Estou argallando unha apañada de castañas e conseguinte
magosto no Incio. De concretalo, xa te aviso.
Un saúdo a ti, e bicos á familia (puto machismo!)
Xosé Manuel Pereiro
http://www.bravu.net
Jelou, Josito Pereiro:
Pois si que ten mérito
o de periodista, colega.
Gracias polo que dis da
páxina (porque saes ti, xa, egoísta) e claro que se admiten os “poemas
de juventú en papel cuadriculado”. Ou qué cres que é o que
teño publicado ata hoxe (¡¡??) Que llo digan a certos críticos
(mellor non).
Gracias polo do magosto.
Á fin, esas cousas son as que nos importan, ¿non si?
Un abrazo
moi grande do teu amigo Manuel.
(Sinto poñerme
meloso pero éche o que hai. Bicos tamén a toda a túa fermosa
familia. Posesivo machista “túa”, “miña”. ¿Temos nós
a culpa? Pois si, se cadra.)
Canta xente non?, cantos
recordos, cantas caras, cantos pensamentos distintos, ideas, minutos, imaxes.....
Dios, parece que foi onte e pasou toda unha vida, oito anos??, nove??....noraboa
Manuel definitivamente non es unha persoa normal. Serás un extraterrestre?,
virás do espacio exterior??.
É evidente que o don da palabra
non é o meu. Nunca terminará de abraiarme o poder da escritura,
como combinando estúpidos e minúsculos fonemas sobre o papel podes
crear pensamentos, historias... e o que é todavía mais difícil
historias que curen, que emocionen e catalicen novas reaccións, capacidade
que por suposto esta só o alcance de poucos. Noraboa.
A filosofía
surxe como unha critica a todo e a todos, dixeches algunha vez esa frase??, non
me lembro! o tempo fai mella no cerebro, e termina destruíndoo todo. o
final non quedan mais que recordos algúns reais, outros imaxinarios...
crees realmente que os pensamentos son reaccións químicas??...onte
estaba mirando como un mono sen pelo con complexo de deus paseaba un can, aínda
que non estou moi seguro de quen paseaba a quen... que nos pasou para perder a
conciencia do que realmente somos. O pensamento e o prezo que temos que pagar
pola supervivencia, reaccións químicas que sen duda nos levaran
a extinción.
Canto boto de menos os desbarres filosóficos....
aquelas clases nas que aburridos de kant tocabamos o resorte do Seixas antisistema
e tinhamos unha clase de filosofía da boa, da que non se olvida co tempo....
que recordos.... que lindas reaccións químicas!!!.... pero tende
coidado rapacinhos do bacharelato, enganchan!!.
es sen dubida o mellor profesor
que tiven, o enzima desencadeante da mellor das reaccións químicas,
o pensamento autónomo.
noraboa!!
Santi
Noraboa a ti, por dicir e pensar cousas como "que
nos pasou para perder a conciencia do que realmente somos". Por aí
seguramente estea todo o problema deste mundo, qué é o que realmente
somos, e, sobre todo, qué é o que realmente queremos ser.
Encántame
o de "Enzima". Moitas, moitas gracias. Creo que non son "normal",
pero iso non sei se che é moi bo en canto sufres. ¿Mellor sufrir
e pensar ou non sufrir e non pensar? A solución semella fácil: "pensar
e non sufrir", mais non é tan doado. Pero seguirei coa teima da que
flas, o pensamento autónomo, o pensamento crítico, é a nosa
pequena táboa de salvación, a nosa pequena esperanza de cambios
reais nun futuro.
Gracias polo da escrita, téñoa bastante parada
pola música, o instituto e demais. Como a correos posteriores, ¡perdoa
pola eterna tardanza! Teño certas desculpas: dúas veces fastidiado
o ordenata, imposibilidade de traballar na páxina durante moito tempo,
correo que non funciona unha e mil veces. E moito cansancio.
Gracias, gracias,
gracias, enzima-Santi.
P.D: Se só somos reaccións químicas,
ás veces dan moito de si.
Santiago Fernández - Manuel-enzima
Seixas
Tu asignatura me gusta y mucho , ya que se le dan vueltas
a las cosas
y a veces puedes llegar a descubrir cosas que ni esperabas.Antes
mi
asignatura preferida era religión , ahora son religión y
filosofía porque
me gusta pensar en las cosas y tambien escuchar opiniones
diferentes a la
mía y compararlas hasta llegar al punto común
de todas las ideas,al que
siempre se suele llegar.
También me
gustaría hablar sobre algunas cosas que me
sorprendieron.Principalmente
la euforia que nos dejaste ver despues de
que nos corrigieras nuestros 1º
comentarios.Si tú mismo dices que son
difíciles y mas aún
cuando nunca hiciste ninguno ¿por qué ese
enfado?¿somos
tan malos?
Otra cosa que me sorprendió y me gustó mucho es
las ganas con que das
las clases.¿Tanto disfrutas de la filosofía?Yo
le veo una parte muy
buena,pero no tanta como la que veo que expresas.Esperaba
algo parecido
porque todos los amigos a los que les diste clase antes que
a mi me lo
dicían,pero de como lo decían a verlo la cosa cambió
mucho.
Ya por ultimo decirte que creo que las opiniones sobre cualquier
dibujo o fotografía también dependen mucho del estado de ánimo
de la
persona en ese momento.Y según este se puede llegar a pensar
todo lo
contrario y que en esas opiniones la persona no se refleja completamente.
Ya no me enrollo más.Espero recibir tu respuesta pronto.
ME CAES
MUY BIEN.
SALUDOS
P.D:Espero no arrepentirme de mandarte este e-mail,como
pasa a veces,ya
que despues las cosas se piensan mejor.
Alguien de 1º de Bacharelato
Alumn@ descoñecid@:
Primeiro, perdón, perdón, por tardar tanto en contestar. Se ves
o anterior correo da páxina xa verás algunhas "excusas",
iso si, nunca suficientes.
Alégrome de que sexa filosofía unha
das túas favoritas, tamén a min me gusta a relixión para
analizala e vela con perspectiva humana, que é na única na que me
movo respecto ao "sagrado".
Xa expliquei na clase a "euforia"
tralos comentarios. Hai, entre outras, dúas razóns polas que falo
así na clase, con esa "agresividade". Unha, a mala, é
cando estou cabreado por algo que non concibo nin podo pasar por alto (cuestións
de respecto, actitude...), digo "mala" porque prefiro que non pase ou
que pase o menos posible. Outra é cando me "emociono", me "meto"
moi, moi a fondo en algo. Os comentarios de texto son para min a base da filosofía,
e non só da filosofía. Un comentario de texto é algo vivo
que hai que resolver dende esa mesma perspectiva só que cargados de boas
argumentacións eóricas. Non tiña unha "euforia"
negativa contra os vosos resultados. Faltaría más.Verás que
repito todo o curso que do que máis aprendemos é dos erros. ¿Entón?
Pois, entón eu quero que sintades a importancia dos comentarios, e vivo,
berro, incido, destripo cada detalle. Aínda estamos en primeiro e sabedes
que ninguén quedará con filo polos comentarios, pero ben sei, que
hai un segundo, e que é fundamental, fun - da - men - tal, que vos vaia
entrando a mecánica e a fondura dun comentario de texto.
Ben, para
quen non me coñece doutos cursos é lóxico que semelle unha
"bronca". Pero, como xa dixen nas clases, porque en todas pasa o mesmo,
é lóxico, nunca, nunca tentarei "machacar" ao alumnado
por erros que todos podemos cometer. O único que non soporto é o
non traballo. E, sobre todo, quen sn traballar, aínda quere pretender convencer
de que o fai. Se fas todo o posible e te equivocas, nin ti, nin ninguén
debe sentirse culpable de nada. Só mal porque agardabas outra cousa, pero
para nada, para nada, debes botarte nada en cara se fixeches todo o que podías.
Lembra a Aristóteles: "Se non chegas á felicidade, tenta chegar
á perfección, que consiste en facer o mellor que poidas as cousas".
(Cita resumidiña).
Para rematar: Necesito as clases de filosofía.
As necesito. Sei ben o "rollazo" que poden chegar a ser, eu tamén
o sufrín no bacharelato, pero sei ben tamén todo o que che poden
aportar como alumn@ ou mestre. Eu doulle máis de media vida pero ela dáme
estas vosas cousas máxicas.
Ah!, totalmente de acordo co das fotografías
e nunca te arrepintas de cousas tan fermosas como comunicarte con sinceridade
con alguén. Perdoa, repítoo unha vez máis, polo inmensa tardanza
na contestación.
Anónimo 1º BACH. C
hola profe desde aqui quérolle decir
que me parece un gran profesor e que me gusta moito como dá a clase.
Pois, anónimo:
Moitísimas gracias, porque
cando comezas un curso estás expectante diante de caras e pensamentos novos,
e nunca sabes cómo responderán, e qué pensarán. Así
que dá moito ánimo esta mensaxe. Gracias.
(Isto estaba escrito
hai séculos para mandarcho. Perdoa polo tempo pasado, aínda que
agradecín o correo na clase e comentei os problemas técnicos que
estaba a pasar. Unha aperta)
hola Manuel!!! llevo toda la tarde intentando mandarte un mensaje y el ordenador me está dando la lata de ......Soy Sandra. EEEEEESSSSSSAAAAAA!!!!!! la misma que te daba la bara hace dos años en filosofía del derecho y el año pasado en filosofía. supongo que ya sabrás que estoy en el piso con Estrella, Fani y Lidia. Está bien la vida universitaria, pero la verdad no acabamos de acostumbrarnos a que los profesores nos traten como números! tenemos unas ganas tremendas de tener un dia libre en la facultad para poder colarnos de intrusas en una de tus clases. que tal con los nuevos alumnos de este año? seguro, pero fijo, que no son ni tan listos, ni tan simpáticos ni tan guapos como nosotros, a que no? bueno, no te doy más la brasa que seguro que tienes muchos exámenes que corregir (je, je). y recuerda que no somos tus alumnos, somos tus amigos. TE ECHAMOS DE MENOS!!!!!!!!!!!!!!! bikiños y trankilo, que alguno de estos días ya estamos pululando por el instituto otra vez. . graciñas y contesta, que tengo ganas de saber de ti.
Ola,
Sandra:
Pois non vexas a min o que me leva facendo o ordenata!! Si, xa sei
que estás con Estrella, Fani e Lidia. Vaia catro!! Vaia catro marabillosas
e non é falar por falar. Si, teño moitos exames, ¿cando nos
os teño? Pero bótovos moito de menos, e de cando en vez lles falo
a 2º A deste ano de certo 2º único e irrepetible do ano anterior
(non llo digo así, que eles/elas son moi riquiños e teñen
moitas virtudes, e non sei que dirían sobre "tan listos, guapos, simpáticos,
etc.").
Eu tamén me considero o voso amigo e é un privilexio
que vosoutras me consideredes así. Saúda a Éstrella, Fani
e Lidia.
(Cando esto leas, verás que o tempo pasou en exceso, que xa
nos atopamos no insti, que xa che comentei os problemas do correo e páxina.
Pero máis vale tarde que nunca).
Boas Manuel,
Son as 4:00 da mañán. Estaba
estudiando para o examen de Dereito Penal do luns e acordeime de ti cando lin
algunhas opinións doctrinais de Feuerbach, Liszt e algunhas teorías
de Kant. Din que canto mais pasa o tempo a mente tende a recordar as cousas boas
("calquer tempo pasado foi mellor"), e a esquecer as malas (quizais
demasiado rápido), e sinceiramente co mal que me levaba coa filosofía
(que non co profesor ou filósofo), creo recordar, e hai que ver como volven
a aflorar esas "milimerdas" que ma facían especial.
A verdade é que xa son despistado e xa me esquezo de moitas cousas o longo
do día. Ata de presentarme. Pero lembro unha cousa que dixeches na clase
un día e que che jodía moito: que te esqueces dos nomes dos alumnos
co tempo pero si recordas as caras, as formas de ser e as maneiras de pensar...
as súas circunstancias. Pois ben, eu son un que está estudiando
en Madrid e que lembra todo o bo que lle pasou no instituto, como os teus comentarios
nas clases que a facían unha clase doutrinal e saías como "iluminado"
dela. Lembro tamén algo do malo (se vexo algún que outro profesor
pola rúa diríalle catro cousas ben ditas, agora que sentín
as ideas). E esquezo moito, como a normativa galega. Isto é por influencia
da Illa, a fala da casa sempre queda.
Estou lacónico deses anos,
sei que non se van repetir e aínda que así o fixeran non os quería.
Son parte da miña vida, pero non o son todo. Sempre nos podemos xuntar.
Alá quedaron Loly Oubiña, Wences e Rocío, Marcos, Helena
Seoane,.... Unha parte. Parte importante. Este son Eu
Joder vaia roio
entre "recordo", "esquezo" e "parte". Teño
que deixar de escribir a estas horas. "Como se me va la almendra" como
din aquí.
Pois nada, a xente di que non cambies. Eu digo que
si, pero para mellor se é que unha boa persoa, como é o caso, pode
mellorar mais do que é. Espero que teñas máis éxitos,
cos teus libros, música, clases, familia, amigos....e se pode ser non nos
viría mal a ningún (incluídos os "excluídos")
económicamente.
Boas noites Manuel, o saúdo alargouse de
máis. Iso é bo.
Vítor S.G.
Querido
Vítor:
Si que me "jode" o dos nomes. Coa hipocondría
pregúntolle aos compañeir@s se lles pasa e imos caendo no problema
case todos, non sendo Elena (aínda é moi nova). Gracias polos detalles,
porque así sitúome, teño tantos Víctor no coco. Pero
ti es quen es, e xa o sei, incluso a estas horas da noite.
Gracias por lembrarte
de min e por traerme recordos de Wences, Loly, Rocío, Marcos, Helena...
. ¡Que xente mais caralluda! E si os recoñezo e lembro mentalmente,
eh? Aínda non estou perdido do todo.
Creo, sinceramente, que non merezo
todo o bo que me dis e me desexas. Non creo ser unha boa persoa, tal vez, si,
un bo profesor, en canto dou todo o que teño, pero ¡hai tantas cousas
que debería mellorar en min! En todo caso, é fantástico que
se che vaia a "almendra". ¡Que gozada!
Unha abrazo grande
( e está ben esquecer a nomativa, que carallo, con perdón!!)
P.D.: ¡¡Vivan as "milimerdas"!!!
P.D. ": A ver
en qué século chega esta resposta!!
Hola
Seixas, despois de moito tempo acabo de enterarme de que tiñas esta fabulosa
páxina. Ainda que xa non estea no instituto en Vilanova, ainda que non
che vexa a diario, eres unha desas persoas que recordarei toda a miña vida.
Quero que saibas que foches unha persoa que conseguiu que me dera conta que era
unha persoa que tiña moito que demostrar e moito polo que loitar. Non cambies
nunca, segue sendo como eres, non o olvides. O igual que todas as persoas que
pasamos polo instituto da Basella eu encontrei en ti, algo máis cun mestre,
un amigo, alguen con quen falar sinceramente, con quen compartir dudas, a quen
pedirlle consello, e podería seguir...
Manuel gracias a ti comprendin
o significado de moitas cousas, e o que é máis importante aprendin
a comprenderme a min mesma e os demáis.
Por certo que sepas que non
esquecerei nunca o libro "El extranjero" de Albert Camus, ainda non
encontrei outro tan bó coma el, se sabes dalgun avisame.
Agora a miña
vida cambiou un pouco,ainda que sigo estudiando( estou facendo un ciclo de Informática
en Vilaxóan), non podo deixar de lembrar esos anos de instituto de Vilanova
como os mellores anos de estudiante.
Fai un mes entereime de que voltaras
a formar parte dun grupo, no cal algun dos compoñentes son veciños
meus, o que me alegrou moito, o que me dou moita rabía foi saber o fin
de semana pasado que derades un concierto en Cambados e non enterarme a tempo.
Bueno teño que despedirme que xa comezan as clases, besos e abrazos
Tamara García Ríos.
Ola, Tamara!
Que
alegría ter noticias de ti. Para min sempre fuches unha rapaza moi especial.
Atenta, respectuosa. Un encanto. Non sei qué dicir, van pensar que todos
estes correos están amañados. Moitísimas gracias polas cousas
tan fermosas que dis e que lle suben a moral a calquera. Hai grandes libros. Se
tal, non sei, xa che intentarei dicir outros Aínda que cada persoa ten
os seus gustos co dos libros. De feito, "El extranjero" a min marcoume
a vida e a outra xente nin lle "toca".
Non te preocupes polo concerto,
supoño que faremos algúns ís, a ver se coincidimos.
Bicos,
abrazos e agradecemento profundo.
P.D.: Pasaron meses dende que isto debera
estar colgado na páxina. Síntoo. Por certo, a primeira semana de
xuño 2003 tocamos en Vilagarcía. Vémonos.
Hola Manuel:
No sabes el trabajo que me cuesta enviarte este mensaje porque
casi no soy capaz, esto de internet es un rollo.
Bueno sólo te escribo
para decirte que nunca he tenido ni voy a tener un profesor como tu, bueno para
mi un amigo y confidente. Nunca olvidaré nuestras charlas en ética
e filosofia do dereito con Nuria, Sandra, Yoli y Lucia. Tus consejos me sirvieron
de mucho. Me despido con un beso y espero que me contestes.-- Maria Ventoso Oubiña
Querida
María:
Eu tampouco esquecerei nunca aquelas preciosas clases. Foron
a miña primeira experiencia con Ética e Filosofía do Dereito,
e ter tan só cinco alumnas: Ti, Sandra, Nuria, Lucía e Yoli, fixo
que ao principio estivera moi preocupado. Ao final, aprendín moitísimo
de voas as cinco e collinvos un caíño moi especial, como non podía
ser doutra maneira. Ao ano seguinte todo foi diferente, ¿verdade María?
Outra materia, moita xente na clase, grupos tan dispares... Pero, ben, non saíu
mal a cousa tampouco.
Un bico grande para ti e alégrome do dos consellos.
Oxalá che vaia moi ben na vida, María. Ata sempre. Ata logo, mellor.
P.D.: Se recibes este correo tarde no tempo é polo ### piii! internet.
Hola
Seixas, son unha de esas alumnas que tanto che dabamos a lata nos últimos
anos de COU, si son eu Tamara.
Fai uns días por casualidade descubrin
que tiñas esta páxina a través de Saul, un ano máis
somos compañeiros.
A verdade e que non teño moito que contarche,
o único e que estou estudiando en Vilaxóan un ciclo de infórmatica,
espero ser capaz de acabalo porque polo de agora cóstame bastante, pero
non perdo as ganas, teño uns bós compañeiros e unhas boas
compañeiras que me dan animos. É iso agradécese moito.
Bueno espero que todo che vaia ben, que tanto no en "Madame mir" como
no grupo, etc...
Bueno teño que despedirme ata outra....
Recordos
de Rafa e dos demáis...
Ola de novo, Tamara:
Si, Saúl é un dos que "fedellou" pola páxina. Dálle
recordos a el, Rafa e os demais.
Moita sorte no ciclo. O dos compañeiros
e compañeiras é fundamental, e pensa que é lóxico
que che resulte duro, pero, iso, non perdas as ganas e a por el.
Ánimos
e bicos.
Compañeiro
Manuel:
Despois da túa conferencia de antonte en Vilagarcía,
non sei se che agradecín persoalmente a disertación, ou quizais
a marea NEGRA me afectou o sentido, confeso que ás veces pola mañá
non facía máis que espertar e prender a radio e coma se unha grande
anguria nos acosara, e inda segue a nos acosar, ¿cando vai rematar todo
isto?, ¿ata cando o pesadelo?, pola radio as novas eran abafantes, uns
dicían, outros din, outros non chegan a dicir.O vento de norte, de nordés,
de sur, ese vento do demo. E o peor a insufrible certeza do mal, o poder consiste
en controla-lo mal, ou a verdade;non saber, descoñecer, ignorar, déixanos
a todos inermes, temos que mirar o mar tódolos días á xexa,
tamén vistas aéreas, avistamentos transoceánicos, sentámonos
fronte a televisión e somos testemuñas da desfeita, á fin
o chapapote chegou ás nosas conciencias deberiamos de troca-lo discurso,
o mesmo Celso Emilio desacougado agardando sustituir nunha "fe de erros"
chapapote ou fuel -non o ten moi claro- por pedra, así seria moito mellor
"Longa noite de Chapapote", seria moito máis real, daquela a
literatura, a poesía e tódolos seus achegados irían parar
á longa lista de afectados polo petroleiro que por ir ó norte foi
sur, el si que se equivocaba non outros, e para daquela poder formar parte dos
que recibiran unha indemnización de millóns de euros divididos e
subdivididos, o mesmo Batallón Literario da Costa Da Morte declararía
abraiado que tra-la tinta do superpetroleiro que abonda para poder escribir toda
a poesía do mundo non estaba máis que a borra da lura xigante, a
que andaban a procurar sabios magníficos, científicos mundiais,
e mentes preclaras. En nese intre con 20000 légoas de viaxe Ítaca,
Sálvora, Avalon, Ys...ala remataran as nosas ilusións, as nosas
máis, demoledoras arelas, casque no Parque Nacional das Illas Atlánticas
que magnifico nome e que pretencioso, ¿canto durou?¿ata cando imos
a aturar todo esto? Ata cando imos baixar a frente e esperar, esperar que pasen
as desgracias porque outras virán(xa non lo dixo a nosa Rosalía,
que non sei se trascribin ben de memoria), cando o temporal pase, cando o tempo
pase, por baixo do chapapote atoparémo-la sustancia indubidable, o azuado
fluxo da marea da esperanza, que nos fixo perder o medo, e faremos garda esculcando
o horizonte nos faros e nas gabias, sabemos que certamente "algo foi que
se nos perdeu no mar", amigo Manuel, algo foi ¿non sei que carallo
perdemos? ata ter que berrar sen altofalante, nin grandes escenas épicas
cunha voz unánime ateigada de certezas NUNCA MAIS.
xose maria vila
ribadomar, vilagarcía, unha lua traidora reverdeceu o mar co luar
Compañeiro
Xosé María:
Si que mo agradeciches coa vosa presencia. Non sei,
a palabra, como dixen na conferencia xa non abonda. É o que ti dis: "a
certeza insufrible do mal". Eu non o sabeía dicir mellor. Iso é
o peor. Esa certeza, ese sufrimento. Berramos nas rúas NUNCA MÁIS,
soñamos nas mentes que o real sexa NUNCA MÁIS, mais vemos chapapote,
corrupción, os nosos, as nosas mercados con cartos. ¿Somos nós?
¿Que vai pasar? ¿Algo? Teño medo, compañeiro.Teño
medo de que o mal se converta en medo nesta terra gobernada polos amos do terror.
Teño esperanzas tamén. Teño a mirada perdida. No mar, nas
nubes tristes, nos cansados mariñeiros, nas nosas amadas illas, o noso
tesouro do corazón. ¡Canto sufrimento máis, compañeiro!
Agora non queda máis que limpar mentres choramos enrabeados. Algún
día, cabróns, algún día...
Manuel Seixas, Vilagarcía,
unha bágoa salgada soñou un mar e unha Galicia limpa dentro fondo
por sempre.
Un
colega díxome que tiñas unha páxina na rede, fun mirar e
atopeime cunha
agradable sorpresa. Felicítote polo traballo.
O
que máis me gustou foron as fotos familiares, voltar a ver a Espe despois
de tantos anos alegroume.
Despois de ler o artigo que tes sobre as Humanidades
comprobo que segues a
facer a nefasta separación entre ciencias e
humanidades como se éstas non o
fosen.
Estas cousas pasan por
non ler a don Gustavo( A filosofia é un saber de
segundo grado que
presupòn outros saberes previos que son precisamente as
ciencias).
Resulta patético explicar a Zenón sen saber resolver unha ecuación
diferencial,ou a Descartes sen saber derivar, ou o Positivismo Lóxico
sen
coñecer a mecánica cuántica,etc.
Despídome
. Bicos para os dous
Xose Luis (Pitiska)
¡Pitiska!
Ola, tío, cánto tempo, foder. Ah¡, qué tempos na facultade
e que ben o pasaba contigo (incluído no ICE, ¿lembras?). Gracias
pola felicitación respecto da páxina, outra cousa non terá,
pero traballo...
Recordos de Espe, ela tamén se alegra de que teñas
contactado con nós, e che manda un abrazo grande.
Agora imos aos nosos
debates longo tempo parados, tachan!!:
O artigo de Humanidades foi feito para
a Sección de Humanidades da Facultade ..... , o cal xa leva algo implícito,
¿non?, pero a pesar diso non "renego" de nada do que alí
digo.
Vexamos, don Gustavo ten cousas boas e cousas que mellor.. ("corramos
un estúpido velo"). Ti, amante dos presocráticos, eu amante
da lóxica, como ben sabes. Esta é unha premisa (ou dúas).
Ante esta premisa eu non fago esa nefasta separación. Coincido contigo
plenamente en que é nefasta e así llo digo aos meus alumn@s todos
os anos. Pero, Pitiska, a situación real do ensino é que as ciencias,
se é que lle queres chamar así, son supostamente "o futuro",
xa que "evidentemente" teñen máis "saídas".
Por aí, vai o meu discurso. Iso é o nefasto. Por iso, cito o teu
amor polos presocráticos, que eu a cada curso que pasa recalco máis
nas clases. ¿Por que? Porque eles facían ciencia sendo humanistas.
Isto é unha barbaridade. Cambio a frase. Eles eran FILÓSOFOS. Que
segue significando amor pola sabedoría, ¡¡¡de ciencias
ou letras!!, pero nunca, NUNCA!!!, amor polo cartos que me pode dar saber derivar
ou saber mecánica cuántica.
¿Entendes a miña
postura? Eu son escravo das miñas deficiencias en "ciencias"
e por iso vou sempre que podo a cursiños sobre o universo, sobre a cuántica
e o que se me bote, pero no fondo, ¿para que vou?, para indagar sobre as
miñas dúbidas profundas sobre o COSMOS, ¿non era e é
o cosmos a orde interior e exterior? ¿Non é ese o noso obxectivo?
A postura de Don Gustavo si que é para min perniciosa, ¿qué
é iso de "segundo grao"?, veña home, non nos podemos permitir
eses luxo, Don Gustavo, nin Pitiska, porque a filosofía tamén é
praxe real (e aquí engloba, non parte, "sae" necesariamente da
ciencia). Desa praxe humana, insisto, humana, estase a esquecer, cando menos o
ensino e cando máis esta estúpida sociedade de consumo que se basea,
non o esquezamos, nunha tecnoloxía ("ciencia") irracional e non
ao servicio da FILOSOFÍA, é dicir, do ser humano, senón ao
servicio do capital. ¿Ou cómo me explicas que a ciencia, como lle
queres dar a chamar teña que basearse case sempre, por desgracia, nos investimentos
debidos á guerra ou ao medo? ¿Ou non é así? ¿Como
me explicas que haxa "carreiras" por atopar unha "CIENTÍFICA
VACINA" contra a SIDA, contra o CANCRO, ou contra o que sexa, ANTES QUE...
(léase Instituto Pasteur fronte a USA). ¿Por que pasa isto? Porque
o suposto saber de "segundo grao" segundo Don Gustavo pasou ou queren
que pase a mellor vida. Pois non amiguiños, non. Zenón, Descartes
e o Positivismo Lóxico son moito máis que derivar, física
ou mecánica cuántica, ecuacións diferencias, óptica
e demais. Iso tamén, pero MOITO; MOITO MÁIS, senón eles mesmos,
estou seguro, estarían ben decepcionados.
É fantástico
poder explicar a eses autores dominando todo o que citas (non citas a óptica
de Descartes, p. ex, ¿tamén a temos que dominar?), pero non imprescindible.
O patético, na miña modesta opinión, sería esquecer
a gran mensaxe de cada un, que vai máis alá de ciencias e letras
para converterse na gran verdade que todos anhelaban: a postura ante a vida: persoal
e social.
"Canso de libros e viaxes, decidín aprender no gran
libro do mundo". Para min, esa mensaxe faría que a HUMANIDADE, non
só as humanidades, tornaran noutra cousa, se o obxectivo é o cartesiano:
SER MÁIS TOLERANTE. E iso, non hai derivada, nin cuántica, nin hostias
benditas que o superen.
Gracias, Pitiska, por facerme revivir o ambiente daqueles
anos. Aquí estou para que me "machaques", he, he, cando e canto
queiras, isto é moi san para o coco. Senón ficamos mortos, "momias
conceptuais", que diría Nietzsche, e lembremos ao meu adorado Wittgenstein,
lembrámolo ben, ¿verdade? Despois de "destripar" a conciencia,
todo o saber filosófico (evidentemente CIENCIA incluída) no seu
Tractatus, ¿a onde chegou?: "Do que non se pode falar, mellor é
calar". Pitiska, Don Gustavo, nese ámbito a filosofía é
o primeiro grao que o engloba todo (humanidades e ciencias), pero repito, esquecer
a situación actual do ensino e do mundo é coma vivir no mundo das
ideas platónico para non voltar.
Bicos, compañeiro de barrenes.
(P.D: Escribirei outro artigo baseándome nesta resposta en canto teña
tempo. E outra cousa, se isto chega tarde bótalle a culpa á tecnoloxía
esta de internet e demais, tan útil e "humanizante" como absurda
e alienante).