O ESTRAÑO KARAOKE DO HOME BATA
(UN ROSARIO LAICO EN 3 MISTERIOS)
E QUE VÉN SENDO ISTO DO "KARAOKE"?
E QUE VÉN SENDO ISTO DO "KARAOKE"?
É O MEU "PENÚLTIMO PROXECTO" PARA "TOCAR EN VIVO" (A PARTIR VERÁN 2014?)
DESPOIS DE TER CASE REMATADO O ÚLTIMO DISCO DA NEUROBAND ("VERDE" - 2014-15?), E TRAS LEVAR FACENDO ANOS O QUE DENOMINO "MÚSICA VIRTUAL" (2005 - 2014) [NO APARTADO DE "CREACIÓN PERSOAL - MÚSICA" (En www.manuelseixas.com )] , PENSEI QUE ERA O MOMENTO DE TENTAR COMEZAR OUTRA AVENTURA ESTRAÑA EN CARNE VIVA, COA PRETENSIÓN ÚNICA DE COMUNICAR E COMUNICARME. DE COMPARTIR UN POUCO MÁIS DE VIDA VIVA CON VÓS E COMIGO MESMO. ASÍ NACEU OU RENACEU O MUTANTE HOME BATA.
O HOME BATA É UN RARO BECHO QUE DE ESCURO VERME ESTÁ A TROCAR EN RARA BOLBORETA E QUERE SALDAR CONTAS CO QUE FOI, CO QUE É E CO QUE AO MELLOR SERÁ. E SEGUIR CAMIÑANDO, CAMIÑANDO.
ESTE SER HOME BATA OFRECE A UN PÚBLICO SELECTO, SENSÍBEL E SABIO (SENÓN NON VALE) UN KARAOKE VITAL COMPOSTO DE TRES MISTERIOS (CAL PEQUENO ROSARIO).
UN ROSARIO LAICO MESTURA DE POESÍA E MÚSICA. DOZURA, RABIA, LAMENTO, NOXO SON ALGÚNS INGREDIENTES COMÚNS COS QUE FALA, BERRA E TOCA O HOME BATA.
"O ESTRAÑO KARAOKE DO HOME BATA" DIVÍDESE EN:
1º MISTERIO.- HOME (BATA) IN HOME
OITO ACTOS, OITO VIAXES SONORAS FEITAS IN HOME QUE SERVEN DE BASE-KARAOKE SOBRE O QUE TOCAREI-AMAREI UNHA GUITARRA E RECITAREI, CANTAREI, BERRAREI PALABRAS DAS ENTRAÑAS.
2º MISTERIO.- HOME (BATA) IN NEUROBAND
ALGÚN DOS TEMAS DA NEUROBAND DO NOSO ÚLTIMO (E DERRADEIRO) DISCO "VERDE" (GUITARRAS E PRODUCIÓN: VÍCTOR KARALLADA; GUITARRAS E COROS: XURXO ROMERO; BAIXO: ÉDGAR "KOKO" SANTÓRUM; BATERÍA: NICO LEAL; SAXO E COROS: SANTI FRUTOS; VOZ, GUITARRAS, MANUROSE: MANUEL SEIXAS) QUE REVIVIREI EN DIRECTO GALOPANDO NAS COSTAS DOS POR SEMPRE AMIGOS E CAMARADAS..
3º MISTERIO.- HOME (BATA) IN MEMORIAM ROBERTO CAMBA
PARA REMATAR, UN PEQUENO REPERTORIO EN COMPAÑÍA DO ESPÍRITO DE ROBERTO, O NOSO ETERNO AMIGO, BATERÍA DA ALMA DE KOROSI DANSAS E DA PRIMITIVA MSNEUROBAND. VERSIÓNS (ALGUNHAS DA NEUROBAND), E MOITA BATERA: TE RECUERDO AMANDA, WISH YOU WERE, NO SURPRISES, OS HIMNOS DAS PATRIAS (AS QUERIDAS E AS NON TANTO) SOBRE MIL TAMBORES E UNHA GUITARRA CHORANDO POR HENDRIX, E , DE FIN DE VIAXE "ROSARIAL" O "AMÉN" (A "PEQUENA BIBLIA" DOS KOROSI DANSAS).
NON SEI SE TAL COUSA PASARÁ ALGÚN DÍA, NALGÚN CURRUNCHO, CON OÍDOS XENEROSOS...
IDEA ESENCIAL: TOCAR EN SITIÑOS NOS QUE SE POIDA PRODUCIR UN AMBIENTE CERCANO E GLORIOSO. POUCOS CONCERTOS. (XA VOU VELLO. NON, MAIOR). ASÍ QUE SE VOS INTERESA, ESTADE ALERTA, O HOME BATA PODE APARECER EN CALQUERA INTRE PRETO DA TÚA HOME. COMO BO HOME BATA.
Xuño 2014.
Logo “Manuel Seixas”: ”: ROBERTO CAMBA
Fotos "Manuel Seixas": aMEBAVisióN
Collage fondo "cartaz home bata": "O cárcere da información" XURXO ROMERO , para a exposición do libro
"Bailarina" de Manuel Seixas, Eds. Xerais, 1999.
Manuel Seixas ( Vilagarcía de Arousa, Galiza, 1961 ) – Obreiro cotiá da filosofía, pai, compañeiro, escritor, músico, proxecto de home digno.
ALGUNHAS OBRAS PUBLICADAS (todo isto non son nin máis nin menos que tentativas de camiñar entre a derrota e a esperanza):
LITERARIAS :
POEMARIOS : Vestixios do verme (Eds. Positivas, Santiago de Compostela, Galiza,1999); Diario de Ausencias (Eds. Tema, Lisboa, Portugal, 2001)
FICCIÓN : Viñeron do espacio interior (Relatos; Eds. Positivas, Santiago de Compostela, Galiza, 1996); A velocidade do frío (Novela; Premio Xerais, Vigo, Galiza, 1996); Bailarina (Novela; Eds. Xerais, Vigo, Galiza, 1999);
OUTROS : A memoria de Vilagarcía (Álbum de postais. Carlos Díaz Martínez- Manuel Seixas; Eds. Xerais, Vigo, 2003);
MUSICAIS :
Co grupo KOROSI DANSAS : Cordura (CD; Man Records, Vigo, Galiza, 1995); Non! (CD; Chorima Records, Vigo, Galiza, 1996) (Tamén aparecen temas do grupo en “ A cantar con xabarín 1 e 2 ”, ou en “ Selección, xa! ” )
EN SOLITARIO : A velocidade do frío (CD; Eds. Xerais, Vigo, Galiza, 1997), coas voces, entre outras de: Ana Romaní, Quico Cadaval, César "Tacho" González, Josito Porto, Carlos Blanco, Lino Braxe, Miguel Curra, Paco Abelleira. , Manuel Millán… ) ; Presentimento (CD; Madame Mir Eds, Santiago de Compostela, Galiza, 2001)
Co grupo NEUROBAND : Microse (Maqueta in memoriam Roberto Camba; Autoedición. KSF estudos, A Illa de Arousa, Galiza 2004). Proceso Amniótico (CD; Eds. Pai Música, Gondomar, Galiza, 2011)
COLABORACIÓNS MUSICAIS :
Colaboracións con outros grupos e músicos en concertos e gravacións: Dolmhen, Hipercerdos, MC2, Moluscos Depurados, O Coro dos Rozadores, Manu Chao, Emilio Cao, Segundo Grandío, Ángel González, Siniestro Total, Marcos Coll, César Morais, Alfonso Franco, Carlos Castro, Ángel González, Los Ronaldos. ..
COLABORACIÓNS TEATRAIS:
- No espectáculo Directamente Paco , dirixido polo actor galego Carlos Blanco, no que mesturou as funcións de arranxista musical coas de guitarrista e coros en directo
- Participante en montaxes en directo do Xabarín Club da T.V.G.
COLABORACIÓNS EN XORNAIS, REVISTAS E OBRAS CONXUNTAS :
- Sección de artigos semanais "Case estou contento" e participación en “Relatos de verán” ("La Voz de Galicia").
- Membro fundador e produtor artístico da editorial músico-literaria "Madame Mir " .
- Membro do consello de redacción da revista "Bravú " (Eds. Xerais) , na que ten publicado relatos, artigos, etc.
- Artigos e relatos en publicacións como "Guía dos libros novos" , "Cerna" , "Enormic Banda" , “Casa da Gramática” , "Escaramuza”, “Compostelán”...
- Participación en libros conxuntos de relatos como:
"Novo do Trinque" ( Eds. BNG, 1.997 ) , "Contracontos" ( Faro de Vigo ) , "Mini.Relatos" ( Eds. Cartabón, 1.999 ) , “Palabras con Fondo” ( Eds. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade , 2000), e obras de creación poética común: “Negra Sombra. Intervención poética contra a marea negra ”. ( Eds. Xerais, 2003 ), “Xuro que nunca volverei pasar fame” (Poesía escarlata) ( Eds. Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2003 ), “Vis á vis” (Poesía a favor da insubmisión) , " As flores. Ela. O home ", relato p ara o cd "Narradio. 56 historias no ar". Na voz das autoras e autores. (Eds. Xerais-Media, Radio Galega ) , "Dorna (revista de expresión poética galega)" (Eds.Universidade de Santiago de Compostela), "Cadernolixo" (Eds. Artelixo, Redondela), etc.
A súa labor complétase ao longo destes anos cunha serie de conferencias sobre filosofía, literatura, música, creación , tanto para institutos (IES Virxe do Mar, Noia, IES As Telleiras, Narón, IES Rosalía de Castro, Santiago de Compostela,..). como para asociacións (“Asociación Galega de Saúde Mental”, “Asociación Galega de Ciencia-Ficción”, “Asociación de amigos da República” ), presentacións de libros ( de autores como Marilar Aleixandre, Xosé Cid Cabido, Ramón Caride, Xosé María Vila, Emma Pedreira... ) e de exposicións artísticas ( Xurxo Romero, Sebas Anxo, Joam Berride, Artefactosalnés. IES Ramón Cabanillas, Cambados, “píntao de rock (artes plásticas + literatura + cultura rock)” , 2013, etc...), pregóns e unha serie de recitais poéticos e concertos musicais por Portugal, Galicia e o resto do Estado.
Creación, vida, obra, colaboracións, proxectos e participación interactiva en:
www.manuelseixas.com