L
Lémbroche, Amanda ("Te recuerdo, Amanda" - Víctor Jara - "Pongo en tus manos abiertas... ")
Desamparado e abandonado ("High and dry" - Radiohead - "The bends")
Maxia e perda - O resumo - ("Magic and Loss - The Summation" - Lou Reed - "Magic and Loss")
Fóra do muro ("Outside the wall" - Roger Waters - Pink Floyd - "The Wall")
Blues do cárcere ("Jugband blues" - Syd Barret - Pink Floyd - "A saucerful of secrets")
Vida eterna ("Eternal life" - Jeff Buckley - "Grace")
Cabalos salvaxes ("Wild horses" - The Rolling Stones - "Sticky Fingers")
Pequena Á ("Little Wing" " -Jimi Hendrix- "Axys: bold as love")
Perdendo a fe ("Losing my religion " - Michael Stipe- R.E.M. - "Out of time")
Sincronicidade II ("Synchronicity II " - Sting - The Police- "Synchronicity")
A circunsición de Harry ("Harry´s Circumcision" (Reverie Gone Astray) - Lou Reed - "Magic and Loss"
Tes que estar tolo, tes que ter unha auténtica necesidade
Tes que durmir na punta dos pés, e cando estás na rúa,
tes que ser quen de picar carne fácil cos teus ollos pechados.
E entón entrando silenciosamente, fóra do alcance de ollos e oídos,
tes que lanzarte no momento oportuno, sen pensalo.
E, despois dun tempo podes gañar puntos en elegancia,
como a garabata do club e a aperta firme de mans,
unha certa mirada nos ollos e un sorriso fácil.
Tes que gañar a confianza de aqueles a quen mentes,
así cando che dean as costas,
ti terás a oportunidade de cravar o coitelo nelas
Tes que manter un ollo mirando por riba do ombro.
Sabes que se vai poñer máis duro, e máis duro e máis duro a medida que te fas vello.
E á fin empaquetarás e voarás cara o sur,
esconderás a túa cabeza na area,
só un triste ancián máis,
completamente so e morrendo de cancro.
E cando perdas o control, segarás a colleita que tes sementado.
E a medida que o medo aumenta, o sangue malo vaise parando ata volverse pedra.
E é demasiado tarde para soltar o peso que adoitabas necesitar descargar.
Así que, que teñas un bo afundimento mentres, solitario, te afundes
arrastrado pola pedra.
Teño que admitir que estou un pouco confuso.
Ás veces paréceme como se sinxelamente estivese sendo utilizado.
Teño que permanecer esperto, teño que intentar sacudirme este reptante malestar.
Se non me manteño firme no meu propio terreo, como vou atopar a miña propia saída deste labirinto?
Xordo, mudo e cego, continúas crendo
que todo o mundo é utilizable e que ninguén ten un verdadeiro amigo.
E paréceche que o que habería que facer é illar ao gañador.
E todo se fai baixo o sol,
e ti cres de corazón que cada persoa é un asasino.
Quen naceu nunha casa chea de dor,
quen foi ensinado para nos cuspir no ventilador,
quen foi ao que home lle dixo o que debía facer,
quen foi amestrado por persoal adestrado
quen foi equipado con colar e cadea
quen recibiu un asento na tribuna,
quen estaba abandonando a manada
quen non era máis ca un estraño na casa
quen foi pulverizado ao final,
quen foi atopado morto ao teléfono,
quen foi arrastrado pola pedra.
Home esquizofrénico do século XXI
Garra de gato, unlla de ferro
Os neurocirurxiáns claman por máis
á envelenada porta da paranoia.
Home esquizofrénico do século XXI.
Tormento de sangue, coroa de espiño,
pira funeraria dos políticos
inocentes violados co lume do napalm
Home esquizofrénico do século XXI.
Mortal e cego xerme da cobiza do home,
Fillos de poetas violentos mortos de fame
Non necesita para nada o que ten
Home esquizofrénico do século XXI
Deus salve á Raíña
O seu réxime fascista
Convértenche nun imbécil
Unha potencial bomba H
Deus salve á Raíña
Ela non é ningún ser humano
Non hai futuro
Nos soños de Inglaterra
Que non che digan o que queres
Que non che digan o que precisas
Non hai futuro, non hai futuro
Para ti.
Deus salve á Raíña
Dicímolo en serio, home
Encántanos a nosa Raíña
Deus a salve.
Deus salve á raíña
Porque os turistas son diñeiro
E a nosa mandataria
Non é o que semella.
Ouh, deus salve á historia
Deus salve o teu tolo desfile
Ouh, señor Deus, ten piedade
Todos os delitos páganse.
Cando non hai futuro
Cómo pode haber pecado
Somos as flores no cubo do lixo
Somos o veleno na máquina humana
Somos o futuro, o teu futuro.
Deus salve á raíña
Dicímolo en serio, home
Encántanos a nosa Raíña
Deus a salve
Deus salve á Raíña
Dicímolo en serio, home
E non hai futuro
Nos soños de Inglaterra.
Non hai futuro
Para ti
Non hai futuro
Para min
Non hai futuro
Para ti
Non hai futuro, non hai futuro
Para ti.
Non me deixes
Hai que esquecer
Todo se pode esquecer
O que xa se foi
Esquecer o tempo
Dos malos entendidos
E o tempo perdido
Para clarexalos
Esquecer esas horas
Que mataban ás veces
A golpes de porqués
Ao corazón da felicidade.
Non me deixes,
non me deixes,
non me deixes,
non me deixes.
Eu ofrecereiche
perlas de chuvia
chegadas de países
onde non chove.
Eu escarvarei a terra
Ata despois da miña morte
Para cubrir o teu corpo
De ouro e de luz
Eu farei un reino
Onde o amor será rei
Onde o amor será lei
Onde ti serás raíña.
Non me deixes,
non me deixes,
non me deixes,
non me deixes.
Eu inventareiche
Palabras tolas
Que ti comprenderás
Falareiche
Deses amantes
Que teñen visto por dúas veces
Arder os seus corazóns.
Eu contareiche
A historia dun rei
Que morreu por non ter
Podido atoparte.
Non me deixes,
non me deixes,
non me deixes,
non me deixes
Viuse a miúdo
Rexurdir o lume
Do antigo volcán
Que se cría demasiado vello.
Existen terras queimadas
Que dan máis trigo
que un mellor abril
E cando chega a noite
para que un ceo arda
O vermello e o negro
Acaso non se xuntan?
Non me deixes,
non me deixes,
non me deixes,
non me deixes
non me deixes
Non vou chorar
Non vou falar
Ocultareime
Para mirarche
bailar e sorrir
E escoitarche
cantar e despois rir
Déixame volverme
A sombra da túa sombra
A sombra da túa man
A sombra do teu can
Non me deixes,
non me deixes,
non me deixes,
non me deixes.
Cando era novo,
A vida parecíame marabillosa
Un milagre, era fermosa, máxica.
E todos os paxaros nas árbores
Cantaban tan felizmente
Con ledicia e enredantes, mirábanme.
Pero despois, mandáronme fóra
Para aprender a ser sensato,
Lóxico, responsable, práctico.
Ensináronme un mundo
Onde podía amosarme digno de confianza,
Clínico, intelectual, cínico.
Hai momentos cando todo o mundo durme
Nos que as preguntas se volven
Demasiado profundas
Para un home tan sinxelo coma min.
Queres dicirme, por favor
Que temos aprendido?
Sei que soa absurdo
Pero, por favor, dime quén son.
Agora, coidado co que dis
Ou vante chamar radical,
Liberal, fanático, criminal.
Non queres apuntarte?
Gustaríanos sentir que foses
Aceptable, respectable, presentable, un
Vexetal.
Hai momentos cando todo o mundo durme
No que as preguntas se volven
Demasiado profundas
Para un home tan sinxelo coma min.
Queres dicirme, por favor
O que temos aprendido?
Sei que soa absurdo
Pero, por favor, dime quén son, quén son, QUÉN SON.
Cando era novo
A vida era condenadamente
Marabillosa.
Lémbroche, Amanda
a rúa mollada
correndo á fábrica
onde traballaba Manuel.
O sorriso ancho
a chuvia no pelo
non importaba nada
ías atoparte con el
con el, con el, con el
son cinco minutos
a vida é eterna
en cinco minutos
soa a sirena
de volta ao traballo
e ti camiñando
aluméalo todo
os cinco minutos
fanche florecer.
Lémbroche Amanda
a rúa mollada
correndo á fábrica
onde traballaba Manuel.
o sorriso ancho
a chuvia no pelo
non importaba nada
ías atoparte con el
con el, con el, con el
que partiu á serra
que nunca fixo dano
que partiu á serra
e en cinco minutos
quedou destrozado
soa a sirena
de volta ao traballo
moitos non volveron
tampouco Manuel.
Lémbroche Amanda
a rúa mollada
correndo á fábrica
onde traballaba Manuel.
Dous sobresaltos nunha semana
Aposto que te cres que es o máis listo,
Verdade, rapaz?
Voando na túa motocicleta,
Mirando todo o chan se derruba baixo os teus pés
Mataríaste por un recoñecemento
mátaste para non deterte xamais
Rompes outro espello,
Ccnvérteste en algo que non es.
Non me deixes abandonado,
non me deixes desamparado
Non me deixes abandonado
non me deixes desamparado
Ausente nunha conversación,
serás o único que non poida falar
Todo o teu interior cáese en anacos,
só sentas aí desexando poder aínda facer o amor
Eles son os únicos que te odiarán,
cando creas que obtiveches o mundo todo se descubre
Eles serán os que che cuspirán,
ti serás o único que berres.
Non me deixes abandonado
non me deixes desamparado
Non me deixes abandonado
non me deixes desamparado
Ouh… É a mellor cousa que nunca tiveches
A mellor cousa que ti nunca, xamais tiveches,
É a mellor cousa que nunca tiveches,
A mellor cousa que nunca tiveches, foise.
Non me deixes abandonado
non me deixes desamparado
Non me deixes abandonado
non me deixes desamparado.
Cando pasas polo lume,
Pasas pola humillación
Pasas por unha mole de dúbidas
Cando pasas pola humillación
Pódeche cegar a luz
Hai xente que nunca se decata diso
Pasas pola arrogancia pasas pola dor
Pasas por un pasado sempre presente
E é mellor non agardar que a sorte te salve
Tes que pasar a través do lume cara a luz.
Cando pasas polo lume
Sacude a man dereita
Hai cousas que tes que tirar
Ese terror cáustico da túa cabeza
Non che vai axudar sempre a saír
Tes que ser moi forte
Porque vas comezar de cero
Unha e outra vez
E cando se disipe o fume
Haberá un lume que o consome
Todo xusto diante.
Din que ninguén pode facelo todo
pero na túa cabeza ti queres facelo
Pero non podes ser Shakespeare e non podes ser Joyce
en lugar diso non queda máis remedio
que cargar contigo mesmo e cunha rabia que pode ferirte
Tes que comezar outra vez dende o principio
e xusto nese momento
ese lume marabilloso comeza outra vez.
Cando pasas pola humillación
cando pasas pola enfermidade
Cando o pasas
Eu son mellor que todos vós
Cando pasas pola ira e o auto-desprezo
e tes valor para recoñecelo
Cando o pasado che dá risa
e non podes saborear a maxia
que che permite sobrevivir á túa propia guerra
atópaste con que o lume é paixón
e que máis arriba hai unha porta, non un muro.
Cando pases polo lume cando pases polo lume
procura lembrar o seu nome
Cando pasas polo lume relambendo os beizos
non podes quedar igual
E se o edificio está ardendo
vai ata a porta
pero non apagues as chamas
Hai un pouquiño de maxia en todas as cousas
e logo algunha perda para compensalo todo.
Completamente sós, ou en parellas
Aqueles que realmente te aman
Camiñan dun lado para o outro fóra do muro
Algúns da man
Algúns arrexuntándose en grupos
os corazóns sufrintes e os artistas
Van ocupando o seu lugar
E cando che teñen entregado todo
Algúns camiñan vacilantes e caen, despois de todo non é fácil,
golpeando o teu corazón contra o muro de algún tolo infeliz”
É moi considerado da túa parte que penses en min aquí
E síntome moi agradecido por deixarme claro que non estou aquí
E nunca pensei que a lúa fora tan grande
E nuncapensei que a lúa fora tan azul
E agradézoche que tiraras os meus vellos zapatos
E , en cambio, me trouxeras aquí, vestido de vermello.
E pregúntome quén estará escribindo esta canción
Dáme igual que non haxa sol
e dáme igual que nada sexa meu
E dáme igual que me poñas nervioso
Amarei en inverno
E o mar non é verde
E amo á raíña
E que é exactamente un soño?
E que é exactamente unha broma?
Vida eterna está agora no meu camiño
Toma o meu brillante e vermello vello ataúde, só necesita un cravo máis
Mentres todos ese horribles cabaleiros xogan os seus xogos tolos
Hai un flamexante vermello horizonte berrando os nosos nomes.
E como as túas fantasías están rotas en dúas
Realmente pensas que esta sanguenta senda podería prepararche o terreo
Mellor deberías xirar e soprar o teu bico de benvida á vida eterna
Anxo.
Todos os racistas, que tedes feito?
Tío, fixeches un asasino do teu fillo aínda non nacido
Coroa o meu medo o teu rei a punta de pistola
Todo o que quero é amar a cada un.
E mentres as túas fantasías rachan en dúas
Realmente pensas que esta sanguenta senda podería prepararche o terreo
Mellor deberías xirar e soprar o teu bico de benvida á vida eterna
Anxo.
Non hai tempo para o odio, só preguntas
Onde está o amor? Onde a felicidade? Que é a vida? Onde está a paz?
Cando atoparei a forza para liberarme?
Dime onde está o amor do que falou o teu profeta
Tío, seméllame coma una prisión para os mortos andantes
Teño una mensaxe para ti e para o teu revirado inferno
Mellor deberías xirar e soprar o teu bico de despedida á vida eterna
Anxo.
Así que, así que cres que podes distinguir
O ceo do inferno,
Os ceos azuis da dor.
Podes distinguir un campo verde
dun frío raíl de aceiro?
Un sorriso dun veo?
Crees que os podes distinguir?
E eles conseguiron facer que cambiaras
Os teus heroes por fantasmas?
Cinzas ardentes por árbores?
Aire quente por unha brisa fresca?
Fría comodidade por un cambio?
E cambiaches un papel principal nunha guerra
Por un papel protagonista nunha gaiola?
Oxalá, oxalá estiveras aquí
Somos só dúas almas pedidas nadando nun acuario,
Ano tras ano.
Correndo sempre sobre a mesma vella terra.
Que é o que temos atopado?
Os mesmos vellos medos
Oxalá estiveras aquí.
A vida da infancia é fácil de levar
As cousas que querías merqueinas para ti
Dama sen graza ti sabes quen son
Ti sabes que non podo deixarche esvarar entre os meus dedos
Cabalos salvaxes, non puideron levarme
Cabalos, cabalos salvaxes, non puideron levarme.
Vinche sufrir unha monótona e forte dor
Agora ti decidiches amosarme o mesmo
Ningunha dramática saída ou liñas fóra do escenario
Poderían facerme sentir amargado ou tratarte cruelmente.
Cabalos salvaxes, non puideron levarme
Cabalos, cabalos salvaxes, non puideron levarme.
Sei que te soñei, un pecado e unha mentira
Teño a miña liberdade pero non teño moito tempo
A fe rachou, bágoas deben ser choradas
Vivamos un pouco despois de morrer
Cabalos salvaxes non puideron levarme
Cabalos salvaxes, montarémolos algún día
Cabalos salvaxes non puideron levarme
Cabalos salvaxes, montarémolos algún día.
Ela está camiñando
A través das nubes.
Coa súa mente que é un circo
Que está volvéndose salvaxe.
Bolboretas e cebras
E brillos de lúa e contos de fada
Iso é todo no que ela pensa
Mentres cabalga no vento.
Cando estou triste ela ven a min
Dándome mil sorrisos sen pedir nada a cambio.
“Todo vai ben”, di ela, “Todo vai ben”
Colle o que queiras de min,
“O que queiras”
Voa, pequena á, voa
Os que se arrastran pola alfombra
Hai la de cordeiro baixo os meus pés espidos
A la é suave e tibia
Dá algunha clase de calor.
Unha salamántiga lánzase ás chamas para ser destruída.
Criaturas imaxinarias nacen atrapadas no celuloide.
As pulgas aférranse ao vélaro de ouro
Agardando atopar paz.
Cada pensamento, cada aceno queda atrapado no celuloide.
Non hai agocho na miña memoria
Non hai lugar onde esconderse.
As paredes están pintadas de vermello ocre e teñen estrañas insignias; algunhas locen como ollos de boi, outras como paxaros e botes. Máis abaixo no corredor, el pode ver algunhas persoas; todas de xeonllos. Entre suspiros entrecortados e murmurios eles pelexan, en cámara lenta, para se mover cara a porta de madeira ao final. Tendo visto os corpos inanimados do Gran Desfile dos Envases sen Vida, Rael corre para falar con eles.
Os que se arrastran cobren o chan no corredor vermello ocre.
Ollando por segunda vez a estas persoas, agora semellan máis animadas ca antes.
Móvense cara unha pesada porta de madeira
Onde o ollo da agulla está chiscando, pechándose sobre os pobres.
Os que se arrastran pola alfombra escoitan a quen os chaman:
“Temos que entrar para saír”
Temos que entrar para saír
Temos que entrar para saír”.
Que está pasando?, bérralle a un monxe murmuriante, que bocexa e responde “Aínda falta moito tempo para o amencer” Unha esfinxe chama o seu nome dicindo “Non lle preguntes, o monxe está borracho. Cada un de nós está tentando chegar ao cumio das escaleiras, unha saída agárdanos alí” Sen preguntar cómo el pode moverse con liberdade, o noso heroe lánzase valentemente a través da porta. Detrás dunha mesa chea de comida, hai unha escaleira de caracol que chega ata o teito.
Só hai unha dirección nos rostros que vexo;
Miran cara o teito, cara onde din que está a cámara.
Así como a loita do bosque pola luz do sol, a que bota raíces en cada árbore.
Eles son empurrados polo seu magnetismo, crendo que son libres.
Os que se arrastran pola alfombra escoitan a quen os chaman:
“Temos que entrar para saír”
Temos que entrar para saír
Temos que entrar para saír”.
Superhomes de suaves modais están atrapados na kryptonita,
E as virxes sagaces e parvas rin cos seus corpos brillando.
A través da porta, un festín é alumeado pola luz das velas;
É a parte inferior dunha escaleira cunha espiral que escapa á vista
Os que se arrastran pola alfombra escoitan a quen os chaman:
“Temos que entrar para saír”
Temos que entrar para saír
Temos que entrar para saír”.
O manequín de pel de porcelana rachada teme atacar.
O paquete levanta as súas xerras – e lévanse todo o que lles fai falta.
O líquido conxelouse, filtrándose a través da greta
E o diario toma a súa espiña.
Os que se arrastran pola alfombra escoitan a quen os chaman:
“Temos que entrar para saír”
Temos que entrar para saír
Temos que entrar para saír”.
Hai unha casa sen porta e estou vivindo alí
Polas noites vai tanto frío e os días son difíciles de soportar no seu interior.
Hai unha casa sen teito, así que a chuvia cólase,
Caendo a través da miña cabeza mentres eu trato de pensar no tempo.
Eu non te coñezo, ti dis que me coñeces, pode ser,
Hai tantas cousas das que non estou seguro…
Ti pronuncias o meu nome, pero soa irreal, non lembro cómo me sinto,
O meu corpo rexeita a cura.
Hai unha casa sen timbre, así que ninguén chama;
Ás veces resúltame difícil saber se hai alguén vivo no exterior.
Hai unha casa sen son; si, é tranquilo alí
Non teñen moito sentido as palabras se non hai ninguén con quen compartilas.
Aprendín as miñas liñas, seinas tan ben, estou disposto a dicir
Quen virá finalmente
Da liña da miña mente que é fría na noite, non parece ir ben
Cando hai esa oscura pequena figura correndo…
Hai unha casa sen porta e non hai vida alí:
Un día converteuse nun muro…, ben non me preocupei nese momento.
Hai unha casa sen luz, todas as ventás están seladas
Sobrecargado e tenso XA NADA É REVELADO SENÓN O TEMPO
Eu non te coñezo, ti dis que me coñeces, pode ser,
Hai tantas cousas das que non estou seguro…
Ti pronuncias o meu nome, pero soa irreal, non lembro cómo me sinto,
O meu corpo rexeita a cura…
Podería alguén axudarme?
Ouh, a vida, é máis grande,
Máis grande ca ti.
E ti non es eu.
As distancias que percorrerei,
A distancia nos teus ollos.
Ouh non, dixen demasiado,
Téndoche unha trampa.
Ese son eu no curruncho.
Ese son eu, no centro das miradas,
Perdendo a fe.
Tratando de manter o contacto contigo,
E non sei se podo facelo.
Ouh non, dixen demasiado
Non dixen dabondo
Crin escoitarche rir,
Crin escoitarche cantar.
Creo que pensei en verte tentándoo.
Cada murmurio,
En cada intre no que estou esperto,
Estou elixindo as miñas confesións,
Tratando de non perderte de vista,
Coma un idiota ferido, perdido e cego.
Ouh non, dixen demasiado.
Téndoche unha trampa.
Ten en conta isto,
Ten en conta isto,
O consello do século,
Ten en conta isto,
O esvarón, que me puxo de xeonllos,
Fracasou.
Que pasaría se todas estas fantasías,
Viñeran, sacudíndose ao redor.
Agora dixen demasiado.
Crin escoitarche rir.
Crin escoitarche cantar.
Creo que pensei en verte tentándoo.
Mais iso foi simplemente un soño.
Mais iso foi simplemente un soño.
Ese son eu no curruncho,
Ese son eu no centro das miradas,
Perdendo a fe.
Tratando de manter o contacto contigo.
E non sei se podo facelo.
Ouh non, dixen demasiado.
Non dixen dabondo. Crin escoitarche rir.
Crin escoitarche cantar.
Creo que pensei en verte tentándoo.
Mais iso foi simplemente un soño,
Téntao, chora, por que?, téntao.
Mais iso foi simplemente un soño,
Simplemente un soño, simplemente un soño… soño.
Outra suburbana mañá familiar
A avoa berrando á parede.
Temos que gritar por riba do ruído dos nosos cereais (dos nosos Crispies)
Non podemos escoitar nada de nada.
Mamá canta a súa ladaíña de aburrimento e frustración,
Pero nós sabemos que todos os seus suicidios son un conto.
Papá soamente mira ao lonxe
Está a punto de estalar.
A moitas millas de distancia algo emerxe do lodo
Do fondo dun lago escocés.
Outra horrible mañá industrial
A fábrica vomita sucidade ao ceo.
Hoxe el atravesa sen obstáculos os piquetes,
Non se lle ocorre preguntarse por qué.
As secretarias poñen cariñas e se menean como putas baratas nun barrio chino,
Pero o único que se lle ocorre é contemplar.
E cada reunión cun suposto superior
É unha humillante patada na entreperna.
A moitas millas de distancia algo se arrastra cara a superficie
Dun escuro lago escocés.
Outro día de traballo rematou.
Só o inferno da hora punta con quen enfrontarse.
Apiñados como lemmings* en brillantes caixas de metal.
Concursantes nunha carreira suicida.
Papá agarra fortemente o volante e queda coa mirada perdida na distancia,
Sabe que algo nalgún lugar ten que estalar
Agora ve o fogar familiar perfilándose ante os faros,
A dor arriba que lle fai dano nos ollos.
A moitas millas de distancia hai unha sombra na porta
Dunha cabana na beira
Dun escuro lago escocés...
A moitas millas de distancia
A moitas millas de distancia
A moitas millas de distancia...
*Lemmings é un videoxogo desenvolvido orixinalmente para Commodore Amiga, deseñado por DMA Design
(actualmente Rockstar North) e publicado por Psygnosis no ano 1991 e que tivo versións para diferentes
Ordenadores e videoconsolas. No momento da súa publicación foi un dos xogos de máis éxito e logrou puntuacións
máximas nas revistas especializadas.
Os personaxes do xogo están baseados na crenza popular de que os lemmings se suicidan en masa en situacións de perigo.
O obxectivo do xogo é o de salvar a un número determinado de lemmings en cada nivel, para o que se conta con oito
habilidades distintas que se poden repartir en número limitado a cada lemming para lograr alcanzar o final de cada fase.
**Synchronicity II é o terceiro “single” do disco Synchronicity, quinto álbum do grupo de rock británico The Police.
Significado da canción
Esta canción, que se refire á teoría da sincronicidade de Carl Jung , fala sobre un home cuxo entorno, fogar e vida son terribles
e deprimentes. A letra fala de problemas familiares e enfermidade mental ("Grandmother screaming at the wall"), do
descontento e desesperación da súa esposa ("mother chants her litany of boredom and frustration,
but we know all her suicides are fake") así como da humillación por parte do seu xefe ("and every sin gle meeting with
his so-called superior/is a humiliating kick in the crotch"). Mentres tanto, lonxe de alí, algo monstruoso emerxe de
"un escuro lago escocés", unha posible referencia ao monstro do lago Ness.
Sting explicou a temática da canción á revista “Time”: " Jung cría que había un gran patrón (“arquetipo”) na vida, que non era
soamente, sinxelamente caos ”. A nosa canción Synchronicity trata de dous eventos ou circunstancias paralelas que
non están conectadas causal ou loxicamente, pero si simbolicamente ”
A CIRCUNCISIÓN DE HARRY
Cando se miraba ao espello a Harry non lle gustaba o que vía
as meixelas da súa nai, os ollos do seu pai
A medida que os días se foron rachando ao seu redor
O futuro foise revelando
Estábase convertendo nos seus país
A decepción final
Ao saír da ducha Harry fitou na peluxe que debullaba o beizo superior
Colleu a navalla para empezar a se afeitar
E pensou, ai!, oxalá fora distinto
Oxalá fora máis forte. Oxalá estivera máis delgado
Oxalá non tivera este nariz
Estas "orellas de soplillo" que me lembran a meu pai
E non quero que me recorden a nada.
A decepción final.
Harry mirouse ao espello pensando en Vincent Van Gogh
E con un xesto rápido cortou o nariz
E contento con isto rebandouse o queixo
Sempre quixera ter un "hoyuelo"
O final de todas as ilusións.
Logo mirándose atentamente entre as pernas
Harry pensou na gama de posibilidades.
Unha nova cara unha nova vida sen recordos do pasado
E rachouse a gorxa de orella a orella.
Harry espertou con tose os puntos retorcérono de dor
Un doutor sorriulle dende algún punto da habitación
Fillo, salvámosche a vida, pero nunca serás o mesmo
E cando escoitou iso, Harry botouse a rir
E cando escoito iso, Harry botouse a rir
Aínda que lle doía Harry botouse a rir
A última decepción