Vida-casa. As nosas horas.

[Aquí aparecerá unha especie de "album de fotos" do que é a nosa vida máis real, a de cada día; os nosos momentos de diversión e de simplemente estar. Para min, a nosa casa, o noso piso, para ser exactos, é o meu refuxio, o meu templo sagrado. A tele, a habitación para escoitar música, o estudio para traballar e correxir e correxir, as broncas e as ledicias entre paredes. É o territorio que preciso como o osíxeno para respirar. Non son moi de saír (pero cando saio!!), nin de viaxes, pero veredes que a praia, o mar está tamén sempre presente nas nosas horas (as benditas Cíes), e as miñas dúas rapazas: Espe e Laura, e o noso can Teo, que agora pasa os días co meu pai, porque alí ten máis terreo para ladrar e correr. Foi unha decisión dura, pero necesaria para el e para nós. E os amigos e amigas. Qué sorte poder ter xente así. ]