CLASES PSICOLOXÍA 2º BACH

CURSO 2019-20 EMERXENCIA CORONAVIRUS ir arribair a portada clases

Clase Martes 17-III-20: Terapias para tempos de crise (persoal ou social) 40´18´´

Clase Mércores 18-III-20: Clasificación e diagnóstico en Psicopatoloxía (páxs. 12-13) + Trastornos do estado de ánimo: Depresión 40´53´´

Clase Xoves 19 -III- 20 (Para Martes 24 de Marzo): Os trastrornos de ansiedade xeneralizada; Trastornos fóbicos; Trastorno Obsesivo-Compulsivo (TOC); Estrés postraumático 46´18´´

Non lembraba que hoxe era festivo!!! Acabo de ter videochamada da miña filla e claro!, o día do pai!!! Si que estou nunha burbulla !!! Considerádeo o meu regalo!! (He,he!!) O que vos digo na clase de hoxe para entregar o martes obrigatorio e avalialo, queda para entregar como data límite o Mércores 25 de Marzo*, e esta clase será a correspondente á do martes que vén, 24 de Marzo. Coidádevos moito!! E moitísimas felicidades a todos os vosos pais que o merezan, que coñecéndovos deben ser practicamente, ou sen practicamente, todos!!! Ata a semana, meus!!!

* Mil grazas a Luís, por terme avisado que puxera 25 de Abril. Era un erro!!! Agardo que esteades tod@s aí. Hai alguén aí???

Clase Mércores 25-III-20: Trastornos esquizofrénicos; Trastornos da alimentacion (Anorexia nerviosa, bulimia nerviosa) 45´22´´

Película para afondar no tema da esquizofrenia que vos recomendo: "Una mente marabillosa", que vos aparece na páx. 23:

Unha película

(clica sobre a imaxe para descargala en formato AVI - 699 MG

Ron Howard: Una mente maravillosa . EE. UU., 2001. Duración: 130 min. Narra a historia de John Nash (1928-2015), matemático galardoado con Premio Nobel de Economía (1994) que loitou contra a esquizofrenia paranoide desde 1959.

Clase Xoves 26-III-20: Teraapias psicolóxicas; 1) A psicanálise (páxs. 29 - 34) 38´51´´

Clase Martes 31-III-20 (Rematamos a teoría do curso, compañeir@s!!!!): Terapias psicolóxicas; 2) Terapia cognitivo- condutual (páxs.34 - 39) (Necesito que teñades para esta clase o material denominado: 54´00´´(PASEIME UN POUCO DE TEMPO, SORRY!)

Rematamos o curso, compañeir@s!!!

Clase Mércores 1-IV-20: Avaliación das actividades entegadas + Sinalar detalladamente que teoría entra e cal non, de cara aos exames test e verdadeiro-falso + DESPEDIDA CURSO PSICOLOXÍA 2019-20: 50' 13''

Rúbrica e corrección-avaliación actividade páx. 18 - Formato pdf


CLASES EXTRA

Unha vez rematados os contidos teóricos que sinalabamos ao princio do curso como esenciais, continuarei agora (para quen queira saber máis e para afrontar mellor estes raros tempos), desenvolvendo nas clases os apartados de "Baixa tolerancia á frustración" e, posteriormente,os dos apuntamentos dos temas 6 ao 9, que xa están formulados como o básico (resumo) de aspectos como "Sensación e Percepción", "Imaxinación", "Memoria","Intelixencia", "Motivación", "Reforzos e castigo", "Frustración", "Vontade"... (tedes todo o material preciso para seguir estas clases "fóra dos estándares obrigatorios" na páxina principal de Psicoloxía, así como os apuntamentos (desenvolvidos polo miúdo) dos temas 4: "Sensación - Percepción - Imaxinación - Atención" e 5: "Estados de conciencia e drogas", que podedes ollar pola vosa conta). Calquera dúbida, contactade. Apertas e ánimo!!!

Clase Martes 14-IV-20: Baixa tolerancia á frustración (para estes tempos tan difíciles) + Ao final da clase: AVISO SOBRE ACTIVIDADE-EXAME PÁX. 41 (DATA, ETC.): 50' 13''