|
Manuel Seixas (Vilagarcía, 1.961). Licenciado
en Filosofía e Ciencias da Educación. Profesor de Filosofía no Instituto de Vilanova de Arousa, dende
o ano 1.992. Comezou como docente no ano 87 no Instituto de Viana do Bolo, pasando
posteriormente polos Institutos de Carril e Ribeira. Algunhas
obras publicadas:
Poemarios: "Vestixios do verme"
(Eds. Positivas, Santiago de Compostela, Galiza, 1999); "Diario
de Ausencias" (Eds. Tema, Lisboa, Portugal, 2001); Trevo -Triloxía do Outono- (Ed. Galaxia, Vigo, Galiza,2021)
Ficción:
"Viñeron do espacio interior" (Relatos;
Premio "Concello de Marín" ao relato "Cemento";
Eds. Positivas, Santiago de Compostela, Galiza, 1996); "A velocidade
do frío" (Novela; Premio Xerais de novela;
Eds. Xerais, Vigo, Galiza, 1996); "Bailarina" (Novela;
Eds. Xerais, Vigo, Galiza, 1999); Interferencias (Ed.Xerais, 2015)
Musicais: Co grupo Korosi
Dansas: "Cordura" (CD; Man Records, Vigo, Galiza,
1995); "Non!" (CD; Chorima Records,
Vigo, Galiza, 1996) En solitario: "A velocidade do frío"
(CD; Eds. Xerais, Vigo, Galiza, 1997);
"Presentimento"
(CD; Madame Mir Eds., Santiago de Compostela, Galiza, 2001); "O estraño karaoke do home bata" (2CD; Ferror Records,2022)
Co
grupo NEUROBAND): "Microse"
(CD; The Fungo Sound Factory, A Illa De Arousa, 2004); "Proceso Amniótico" (Ed.PAI música, 2011); "Verde" (Eds. Con de tres pés, 2015)
Colaboracións
musicais: Coa banda Coro dos Rozadores, cos que edita
varias cancións en cd's conxuntos, e, como guitarrista, con autores como
Emilio Cao. Colaboracións en xornais, revistas e obras conxuntas: -
Sección de artigos semanais "Case estou contento" en "La
Voz de Galicia". - Membro do consello de redacción da revista
"Bravú" (Eds. Xerais), na que ten publicado relatos, artigos,
etc. - Artigos e relatos en publicacións como "Guía
dos libros novos", "Cerna". "Enormic Banda",
"Escaramuza"... - Participación en libros conxuntos
de relatos como "Novo do Trinque" (Eds. BNG, 1.997), "Contracontos"
(Faro de Vigo), "Mini.Relatos" (Eds. Cartabón, 1.999),
e obras de creación poética común: "Dorna
(revista de expresión poética galega)" (Eds.Universidade
de Santiago de Compostela), "Cadernolixo" (Eds. Artelixo, Redondela),
etc. A súa labor complétase ao longo destes anos cunha
serie de conferencias sobre filosofía, literatura, música, creación,
tanto para institutos como para asociacións como a "Asociación
Galega de Saúde Mental" ou a "Asociación Galega de Ciencia-Ficción"
e unha serie de recitais poéticos e concertos musicais por Galicia e o
resto do Estado. Vida, obras, colaboracións, proxectos e participación
interactiva en: www.manuelseixas.com manuel@manuelseixas.com
|