[Comezarei sinalando os
intentos de "autorretrato" que me pediron, e que, en ocasións apareceron
publicados. Logo, cando poida, farei "autorretratos" inéditos e aínda máis
persoais (se tal é posible), e irei colocándoos aquí]
"A frecuente sensación de ser o meu propio empregado. Despois de
me vivir xa na nenez, episódico e fantasmal, souben que ía ter traballo para
toda unha vida (un traballo que me esixiría tamén toda unha vida; souben que
nunca remataría de pensarme)" (Peter Handke)
O das citas en ocasións resulta
moi pedante, pero son dos que cre que a pedantería esvaécese en canto o
sentimento asoma. E eu son un parvo sentimental. Non vos enganedes, tamén a
rata máis noxenta, o camaleón máis áxil e eficaz.
Tempos en que o camaleón facía horas e horas extras. ¿Cando
comezaron? Supoño que na nenez que case non lembro. Que perdín e ás veces boto
de menos. Por iso escollín esa foto. Porque me recoñezo na cara forzada,
aferrado á guitarra salvadora. Tempos. Chegou a enfermidade de dentro, de alá
ao fondo, a da soidade non buscada, a do desamor, a de non encaixar, a de qué
fago eu aquí, ¿que fago eu aquí, só? E comecei a pensar e pensar entre
pastillas e noites moi negras. Masturbacións para non morrer de pena. Tempos
nos que aprendín que dor, sufrimento, medo, anguria, ¿onde estás, amor?, son
reais feridas que sangran de verdade, non de película, non de conto. Non é
divertido sufrir; así que nada de poses masoquistas, nada de loanzas da mala
vida, nada de "moda maldito".
Todo podería ter sido doutro xeito, pero foi como foi, como é. Non son o único pintor deste retrato.
A guitarra e as palabras
disimularon os ocos. Grupo tras grupo, deixando a gorxa e os nervios en cada
nota, en cada "m" de muller. Chámase substitución por sublimación.
Si, tamén son mestre. Anos loitando coa filosofía, coas caras dos alumnos
agardando un sentido que ao mellor non hai. Débolles moito. Encántame dar
clase. Mais cansa. Porque, e aquí vén unha cor básica do meu retrato: tomo todo
moi en serio. Poida que demasiado. Traballador e responsable, cun "Pepito
Grillo" inmenso, inacabable. Por iso estou tan canso. Traballador de
sentimentos: nas aulas, nos discos e concertos, nos libros. Libros: literatura
a corazón aberto. Descubrín que estaba farto de ser camaleón Zelig. Que a xente
non merece sorrisos e choros finxidos, sucedáneos de apertas. Ben, a xente que
interesa. A outra, a cadrada e fría, non existe. Non existe máis que para foder
o mundo. Incorrixible preocupado: preocúpame (¡a quen se lle conte!) que a
dereita paleolítica gañe na Galiza, que o ensino se converta nunha clonación de
ovellas mansas descabezadas, que boas persoas estean no cárcere por insubmisos,
valentes, críticos, que o éxito sexa tantas veces reflexo da nadería, que un
país laico sexa un eufemismo de todos a misa de 12 e a comulgar, que un-unha
oprimido-a calquera cuspa na miña cara con razón. Eu, preocupado burgués de
merda.
Preocúpame o Barça. E volto á
miña nebulosa infancia e vexo a un tal Sadurní, porteiro, espetado contra un
poste no Camp Nou. E eu alí, chorando. Xa daquela era un brando histérico. A
dor fíxome duro e desconfiado; chámanlle precavido, finamente. O amor con sexo,
a bendición carnal e humana, Espe, muller, tróuxome certo grao de confianza.
Laura, filla, o misterio da vida, a loucura de ser pai, sendo coma son nun
mundo coma este. Teo, can, o instinto que perdín nalgures mentres pensaba. Teño
que ser máis animal, máis.
Vivir é fermoso, pero doe.
Palabra de culé. Palabra de traballador responsable preocupado. Se crera en deus cravaría o final. Que magoa. Non
penso chorar.
("Autorretrato". La Voz de Galicia. 7/12/97)
REVISTA BARDOS Nº 18. LETRAS GALEGAS 1997. INSTITUTO FERMÍN BOUZA BREY. VILAGARCÍA.
Quen é Manuel Seixas? Iso é o que pretendemos descubrir a través
desta entrevista. Case toda a xente de Vilagarcía sabe que é o vocalista
e autor da maioría das letras do grupo KOROSI DANSAS, tamén que é profe
de Filosofía no instituto de Vilanova e gañador do último premio Xerais de novela coa súa novela A velocidade do frío. Pero queremos amosar
aquí unha pequena parte do xenio do artista, a súa necesidade de comunicarse,
de pensar e facernos pensar aos demais. Así vimos nós a un Manuel Seixas
amable e cercano, sen poses nin estridencias, que nos regalou unha tarde
de abril para manter a conversa que aquí reproducimos.
-¿En que te inspiras
para escribir as túas obras?
-Para escribir inspírome na vida, nas cousas que pasan todos
os días, nas que pasan ou poderían pasar. Pódese facer literatura a partir
de grandes temas, falar de grandes heroes, narrar grandes epopeas, ou falando
de cousas cotiás. Calquera cousa é válida se hai sentimento nela.
- Por que che
gusta escribir?
-Non sei se me gusta. Ha, ha! É unha necesidade, igual que
ser profesor, a necesidade de comunicar. É como a vida. ¿A ti gústache vivir?
Ás veces sofres, ás veces disfrutas... O que si podo dicir é que a literatura
apórtame a min máis do que lle aporto eu á literatura.
- ¿Por que tes
un estilo tan innovador?
- Debería tomar iso como unha crítica positiva... Supoño que é porque non sei escribir moi ben. Eu non controlo o idioma tanto como os filólogos. Son de Filosofía, ou sexa, son máis de barrenar. Ás veces paso das comas e dos puntos. Busco a fluidez na linguaxe. Pero non me considero un innovador. James Joyce xa fixo iso no seu Ulises hai case un século.
- ¿Por que cres
que os profesores e profesoras de galego non nos recomendan o teu libro
A velocidade do frío?
- Boa pregunta. Onte chamoume o director de Edicións Xerais
para comentarme que hai unha editorial española que vai traducir o libro
ao castelán. A min o que me gusta é que a miña novela a lea moita xente,
por iso estou contento. Considero que o meu libro é un “libro de instituto”,
no sentido de que o alumnado pode lelo sen problemas. Ás veces a cultura
é un engano. Dende pequenos dannos o máis «light», o máis fácil. Non quero
con isto criticar aos profesores porque ás veces xa é difícil conseguir
que a xente lea. Pero tamén penso que en moitos casos no difícil está o
máis agradecido.
-¿Tes algunha
obra pendente de publicación?
- Gustaríame publicar a poesía, xa que é o que sempre fixen.
Teño dúas ideas para novelas que están por escribir, pero teño pouco tempo
para centrarme. Entre a música, dar clase, a miña filla, os problemas da
espalda …
- ¿Por que tes
esa paranoia cos coches na túa novela?
-Os coches son máquinas do demo. Aínda agora veño de pelexar
cun Renault 5 que me emprestaron. Non me abría a porta e tiven que entrar
pola de atrás. As marchas non lle entraban… O protagonista da novela é un
Peugeot 205 que é o que nos temos. É certo que nalgúns dos personaxes pode
haber algo da miña familia.
- ¿Que pensas
da familia?
A familia é a peor institución que hai. A familia na que me
criei non era mellor nin peor ca outras. Non me gusta o núcleo familiar
pero eu tamén formei a miña propia familia. Unha contradicción típica. Aínda
que agora xa estou descubrindo familias que son un modelo máis interesante.
- Pasando á musica,
como é o novo disco de KOROSI DANSAS?
- O novo disco chámase NON!.
Está collido do título dun poema de Celso Emilio Ferreiro que aparece no
voso artigo do número anterior da revista BARDOS, que me acabades de amosar.
Está adicado á xente que aínda ten valor de dicir non. A sociedade funciona
uniformizando todo. “Come o mesmo cós demais, viste igual cós demais, escribe,
toca, pensa coma os demais …”
Os KOROSI DANSAS non somos borregos. Podemos ser burros, tocar
mal, escornar a cabeza contra unha parede por imbéciles, pero non por seguir
o mesmo “rollo” cós demais. NON é un disco arriscado nas letras e na música.
Eu pensaba que non se ía editar, que ningunha compañía se ía atrever a publicalo.
O difícil vai ser vendelo.
- ¿Cando ides
dar outro concerto en Vilagarcía?
- Sempre nos preguntan se imos tocar nas festas de San Roque.
Tocaremos no ALÉN de Cambados o 17 de maio, pero aínda non é seguro porque
é posible que o pechen por problemas de insonorización. Agora apetécenos
actuar, sobre todo para os que nos seguen desde o principio, para que vexan
a evolución.
- ¿Cómo é a relación
entre os membros do grupo?
Agora somos cinco. Antes, cando eramos catro diciamos que eramos
dous matrimonios ben-mal avenidos... Temos a sorte de poder falar, divertirnos,
chorar, rir, o que nos dea a gana, xuntos. Eu prefiro a relación de amigos
á posible calidade musical. Sen algún de nós sería impensable o grupo.
- ¿Qué opinas
da musica galega de hoxe?
-Hai seis meses estaría destrozado pensando como Herdeiros
da Cruz puideron ter tanto éxito e ter centos de mulleres diante aplaudindo
e saltando mentras lles chamaban de todo. É deprimente ver o éxito dun grupo
como este. Espero que ese fenómeno non se repita. Todo isto xa llo dixemos
a eles á cara cando coincidimos nunha actuación porque iso é o que caracteriza
a KOROSI DANSAS, dicimos as cousas por diante, aínda que sexa xente moi
importante. E así nos vai, claro. Agora co movemento «Bravú» hai moitos
grupos diferentes que, ademais de cantar en galego, transmiten cousas. Os
ingleses e os americanos cando están nas discotecas, a parte de pasalo ben,
entéiranse do que din as cancións. Mentres que a nós pódennos estar a chamar
idiotas que non nos inmutamos. Por iso é importante ter música propia.
- ¿Por que cantades
en galego?
-Xa dixen que é importante ter musica nosa, pero non nos obsesionamos
co tema do idioma. No disco hai tres cancións en castelán e unha en ruso.
Precisamente esta é unha parodia desta moda absurda que vén de cantar en
inglés. O que non podemos é ser hipócritas. Nós, como moita xente da nosa
xeración, non sentiamos o galego como lingua propia. Era a lingua dos nosos
pais, contra quen nos tiñamos que rebelar. Tivemos que facer un esforzo
para atoparnos co galego.
Pensamos que hai que fomentar cada vez máis o seu uso, pero
a iso chégase por convicción. Temos moito que avanzar aínda.
- Queremos preguntarche agora pola túa faceta de profesor. ¿Que é o mellor e o peor de ser profesor?
- Penso que é unha das cousas máis fermosas do mundo. O peor
é ter que correxir exames. A primeira vez que fixen un exame estaba eu mais
nervioso cós alumnos. É difícil valorar, poñer notas, non todos temos a
mesma capacidade. Hai xente que saca un 3 e merece a mesma valoración que
outra que saca un 9.
Preguntáronme nunha emisora de radio se cun bo contrato musical
deixaría o ensino e non souben que contestar. Unha cousa que me fai sentir
novo é estar en contacto con xente coma vós. Seguramente me faría moi vello
se deixase de dar clase.
Isto dígoo agora. Se me colledes en plena 3ª avaliación poñendo
notas e correxindo exames, ou un día que te abres na clase e ves que todo
o mundo pasa do que estás dicindo, entón diría: “¡Vaia merda de traballo!”.
Pero non hai que perder a perspectiva. Eu viña de traballar
en LARSA cobrando 40.000 pesetas e comecei a cobrar máis facendo unha cousa
que me gusta.
- Nas túas obras amosas unha preocupación constante polas relacións entre as persoas. ¿Considéraste un humanista?
- É posible que eu non sexa un escritor de agora, unha persoa
de agora. Comentaba hoxe cunha compañeira que dentro de pouco non atoparemos
xente con quen falar, con quen compartir sentimentos básicos, porque cada
vez somos máis fríos, máis distantes. A min ensináronme dende sempre que
había que disimular os sentimentos e iso levoume a rematar, coma moitos
dos meus compañeiros, nun psicólogo ou nun psiquiatra, ou en “rollos” paralelos
como as drogas ou camiños sempre trabucados. Ata que te decatas de que a
solución non é disimular: disimular a dor, disimular o sorriso, todo forzado,
coidado non te abras Manuel que che van dar un pau... E ao final levabas
igual o pau. O único que me interesa dicir é: «mirade, eu son así. Eu sinto
así. Sei que moitos de vós tamén sentides. Entón, non teñades medo.» Ese
é o meu humanismo. Na miña literatura estou detrás de cada palabra, cada
bágoa, cada mal “rollo”. A iso chámaselle auténtico, pero esta palabra está
tan gastada que parece non dicir nada. A min gustaríame que o mundo fose
mellor, menos máquina, menos rápido. Gustaríame que non estivesemos correndo
detrás dun coche mellor, para poder comunicarnos co que temos ao lado. Interésanme
as persoas, as masas danme medo. Por iso non quero moralizar. Teño moitas
dúbidas.
-Aínda que dis que non queres moralizar, ¿que nos dirías para pechar esta entrevista para a revista BARDOS?
- Eu sempre lle poño aos meus alumnos unha cita de Peter Handke:
“Entón souben que ía ter traballo para toda a vida: pensar, pensarme, dubidar,
dubidarme”. Iso é un traballo, do que moita xente escaquea. Hai que dubidar,
preguntarse o por que das cousas. ¿Por que hai ricos e pobres? ¿Por que
non funciona o mundo? Non debemos quedarnos coa superficialidade das cousas.
IVÁN LEIS. FARO DE VIGO. 17/VIII/97
Entre los conciertos del grupo "Korosi Dansas", la
preparación de un primer poemario y su trabajo como profesor de instituto,
el último Premio Xerais apenas si tiene tiempo de ir a la playa. Moreno
o no, Manuel Seixas (Vilagarcía, 1961) sigue siendo un hombre oscuro.
- Escritor, músico, profesor de filosofía, ¿hay una línea común entre actividades aparentemente tan dispares?
- Comen y beben unas de otras. Ser profesor influye directamente
en mi trabajo como escritor, y ser escritor en algunas letras del grupo.
Todo influye en la perspectiva sobre la vida, que es lo que se intenta reflejar.
Incluso el hecho de ser padre.
- Se aproxima al ideal renacentista de "artista total".
- Hay palabras que me dan un poco de miedo, que suenan por
encima de lo humano. Lo de “artista” me resulta un tanto complejo. Sólo
me considero una persona con un mínimo de sensibilidad que tiene la fortuna
de disponer de tiempo para expresarla. Estoy convencido de que hay un montón
de gente con esa misma sensibilidad (o más) que no la puede expresar por
mala suerte. También existen cabezas cuadradas, pero bueno, eso es una desgracia
para el universo.
- Tiene que haber de todo...
- Sí, claro, pero hay algunos extremos que sobran.
- La concesión del Premio Xerais por "A velocidade do frío", ¿marca un antes y un después en su trayectoria literaria o se queda en anécdota?
- Anécdota para nada, porque me dio una confianza que comenzaba
a perder. Cuando uno escribe piensa que lo que hace no tiene ningún interés.
Con el premio, aparte de obtener el reconocimiento de un jurado compuesto
por lectores (si fuesen filólogos ya veríamos), se dio a conocer más mi
obra. En muchos conciertos viene gente y me dice que leyó el libro, que
le encantó tal historia, que estuvo a punto de llorar por tal otra... Eso
es lo que realmente buscaba. Es impagable. A partir de ahí debería comenzar
una carrera como escritor, aunque quizás me sobrepasa un poco. No sé si
tengo la capacidad suficiente. Lo dirá el futuro.
- Cuando recibió el premio declaró que estaba atravesando una "mala racha", ¿la superó?
- Sucede que las rachas son cíclicas, un eterno retorno. Es
lo que decía en el libro parafraseando a Lou Reed: "Hay un poco de
magia en todas las cosas y alguna pérdida para compensarlo todo". Pienso
que es así. Hay momentos de magia como el Premio Xerais y pérdidas en todos
los sentidos: físicos y psicológicos. La vida da vueltas, unas veces estás
arriba y otras abajo. Lo importante es tener salud o, como dicen los Heredeiros:
“non levar un gholpe”.
- Ahora está preparando una obra poética. ¿Cuál es el motivo central? ¿Tiene que ver con "A velocidade do frío"?
- Todo lo que escribo está absolutamente relacionado. Por suerte
o por desgracia dicen que tengo un estilo, que siempre rondo los mismos
temas…
- ¿Y cuales son?
- La soledad, el amor y el desamor. También la enfermedad.
Al final, lo de "salud, dinero y amor" es lo fundamental. Salvo
el dinero, que tiene que ver con el sobrevivir, lo demás constituye la base
de este mundo.
- Escribir poesía parece más espontáneo, menos metódico que hacer una novela.
- La poesía es dificilísima. En una novela puedes tener momentos de flojedad, de bajón, y recuperar en las siguientes páginas. Un poema es rápido, directo, un sentimiento que debes coger y hacérselo sentir a otra gente. Es algo muy parecido a la música, exige una chispa para conectar.
- Los poetas lo tienen chungo. Primero no hay quien publique, luego no hay quien lea ¿Dónde ve usted el problema? ¿Tal vez en la ignorancia?
- (Me voy a mojar porque no tengo mucho que perder). No creo
que la gente sea ignorante, aunque los medios de masas no fomentan para
nada la sensibilidad poética. Un problema es que muchos poetas te apartan
de la poesía. Veo dos corrientes: una, la de las grandes palabras vacías
de contenido, de lo que no se entiende ni la quinta parte, y la de los juegos
estéticos, que al final también están vacíos. Me parece un mundo cerrado:
los poetas leen poetas y se devoran a sí mismos. Así no se acercan al público.
Por otra parte, existe un miedo. Se piensa que la poesía debe estar muy
bien escrita. Y el principal cometido de la poesía consiste en tocar la
fibra del lector; si se escribe bien, mejor. Pero me da rabia que los poetas
actúen como estudiantes de arquitectura teórica, buscando cómo darle vueltas
a las palabras. Por suerte, hay muchos y muy buenos poetas y poetisas que
dicen cosas que la gente puede entender. Esos son los que al final conectan.
- Usted reconoce que no lee literatura gallega ¿No le parece que eso no es predicar con el ejemplo?
- Lo que pasa que hay gente hipócrita y gente menos hipócrita.
No leo mucha literatura en general. A mí me influyeron más los discos, letras
que escuchaba y traducía, tal vez porque soy vago o porque mi madre leía
tanto que me dejó escoñado de por vida. Tengo la vista cansada y prefiero
dedicarme a otros menesteres como ver la televisión...
- "A velocidade do frío" presenta unos personajes atormentados, aterrados, víctimas. ¿Escribe como terapia, para huir de sus fantasmas?
- Algún pseudocrítico me dijo eso como echándomelo en cara.
Yo no veo nada malo en ello. Mientras uno no se vuelva loco, bienvenida
sea la escritura. En mi caso, escribí la novela para sacar mis obsesiones,
aunque luego los personajes cobraron vida y pasaron a dominar la historia,
a verter sus barrenes sobre mí. ¿Hay que estar un poco loco para escribir?
Hay que estar un poco loco para vivir. Hablando con colegas de filosofía
este verano me di cuenta de que todos partimos de la misma base: dudar de
todo. Y quien duda está un poco loco porque le produce dificultades, inseguridad.
Creo que hay que dudar y sufrir (no demasiado) para entender este mundo.
Me da miedo la gente que dice estar muy cuerda, que siempre tiene razón.
- Como profesor de filosofía, ¿comparte la visión pesimista del mundo que refleja la música de Korosi Dansas?
- Es más bien realista. Nuestro último disco ("Non!")
acaba hablando de abismos, pero también de soledades compartidas. No es
un concepto pesimista. Pienso que todos estamos absolutamente solos, porque
es imposible la comunicación total. Sólo aspiro a compartir esa soledad.
La música de Korosi Dansas salió así, tanto en mis temas como en los de
mis compañeros Josito o Xurxo. Coincidió esa onda negra y dura.
- ¿Para qué sirve la Filosofía en una sociedad tecnificada?
- Cuando nos quiten la filosofía nos quitarán la posibilidad
de ser tolerantes. Acabaremos matando a musulmanes o a cristianos o a negros
porque lo son, porque tú eres del Madrid y yo del Barça. Traerá la imposibilidad
de meterse en la cabeza de otro, de dudar y ser crítico. Eso es lo que enseña
la filosofía: amar a las cosas sin querer poseerlas. Pensar que podemos
estar equivocados. Si no enseñamos esto a las nuevas generaciones estamos
perdidos. Nos quedará tecnología fría en manos del gobierno de turno, y
un montón de clónicos diciendo 'sí, señor, encantado'. La tecnología es
buenísima, pero sin sustento moral queda en nada.
- Mal vamos. ¿Cuál es la solución? ¿Tirar para adelante?
- No soy el más indicado para decirlo por los bajones que me
dan, pero creo que la solución es tener esperanza. En uno mismo y en los
demás. A veces escucho a alguien en clase o en otro sitio y vuelvo a confiar
en todo. Mientras haya dos para hablar...
MANUEL LAGE TOURIÑO.FARO DE VIGO. LA RÍA DEL OCIO. 14/II/1997.
Músico, escritor, profesor de filosofía no Instituto de Vilanova … Manuel Seixas é o derradeiro gañador do Premio Xerais de Novela.
NOMES E ALCUMES/ Son Manuel Seixas,
pero son tamén Manuel R. García Seijas. Son tan esquizoide como Galicia.
Dupricidade ás veces traumática, ás veces tan natural como que me chaman
"Manu" e xa está. Ou cousas peores e mellores.
O LUGAR/ O lugar é amor e odio: Vilagarcía. Tentar gozar do entorno
tan fermoso. Tentar non ser demasiado "inglés". Pechar os ollos
nas aparencias da Baldosa. Saber o duro que é ser galego nunha vila tan
santa. Ser ti mesmo neste santo lugar que pouco perdoa os que non van polo
rego.
OS PREMIOS/ Cando un gaña un premio “gordo”, corre o risco de perder
o norte. Eu quero premiarme a min mesmo e á miña familia, e aos que quero.
Ou sexa, quero non cambiar no que non debo, e a ver se cambio no que tantos
anos levo escornándome. Só un aviso para navegantes: ¡non son un chulo!.
Aínda que haxa xente que non me coñeza de nada e pensa que estou por aló
arriba. ¡Ha!. Nin antes nin despois. Só Manuel Seixas.
O COÑECEMENTO/ Coñezo moitos defectos, moitos. Moitos meus. Coñezo pouquiñas
virtudes: amar, loitar, sentir... O coñecemento frío e filosófico vale para
os apuntes, para un fermoso diproma. A vida é facer e desfacer. Paixón máis
a razón.
O ENTROIDO/ Non me gusta o entroido, non. Tan farto como estou de xentes
con máscara, falsas caras e falsas palabras todo o ano, toda a vida. ¡E
aínda por riba, isto!. ¡Compasión!
O PROPIO E O
IMPROPIO/ O propio, o que sinto
preto é o que creo que é verdadeiro, a xeito. Con corazón, vísceras e demais
(non Tarantino, ¡ehI). O propio é a xente que me quere: Espe, Laura, Korosi
Dansas, e sei que moitos alumnos e alumnas. Seino por sorte. O impropio
é a falsedade, as literaturas, músicas, sentimentos que só son envoltorios.
O engano da publicidade que envolve o que cheira. A hipocresía.
A ÉTICA/ A miña teima. A miña especialidade na facultade, ¡a quen
se lle conte!... Loito pola ética da tolerancia. Mais non a calqueira prezo.
É unha palabra moi grande para o pouco sentido que ten nestes tempos. Unha
mágoa.
KOROSI DANSAS/ Unha sorte. Unha bendición (¡non cristiá!). Un vehículo para
dicir o que pensamos, o que soñamos, o que sufrimos. Para min, un gran grupo,
claro. Aínda que semelle moi inmodesto, o noso último traballo, “Non!”,
creo que é algo que moita xente coma nós agardaba dende hai moito tempo.
A ver se non me equivoco.
A VELOCIDADE
DO FRÍO/ Tempo enriba da folla
en branco, sentindo cada palabra. Rindo, sufrindo, sorprendéndome. E agora,
¡persoas que non coñezo poden sentir cousas semellantes!. Ese é o meu soño,
tanto en literatura, música, filosofía. Compartir o que un pasa, o que un
crea. A "soidade compartida". ¡Que sorte tiven co do premio!.
¿Merecido?. jEu que sei … !
TEMAS/ A Insubmisión. A irracionalidade das grandes e pequenas relixións.
O fútbol (debería dicir o Barça e o fútbol). A música. E ¿por que a xente
pon cara feliz cando o grupo de moda lles chama "perros" nun perfecto
inglés do imperio?. Os hospitais. A xente que sofre. A morte. E entón a
vida. Os buratos negros. A merda do capitalismo que é a que eu tamén trago
e xa ¿asumo?. ¿Deus?.
TEIMAS/ Soño con persoas abertas de mente e corazón. Boa xente. Soño
con non estar enfermo, nin por dentro nin por fóra. Soño coas típicas “parvadas”:
non fame, non guerra, non exércitos, non escravitude, non machismo. Soño
con vivir tranquilo e descansar. Soño con morrer sabendo que as dúas mulleres
que quero son felices e cunha vida chea. Soño e esperto a barrenar outra
vez. Soño con ter un interruptor para me apagar de vez en cando.
[Isto
é unha difícil enquisa á que nos sometía o alumnado do I.E.S. de Vilanova
na “Revista A Batea”. Isto foi o que conseguín dicir daquela.]
Nome: MANUEL
Apelidos: GARCÍA SEIXAS *
Alias: “MANUEL SEIXAS” – “ABUELO”, E OUTROS
QUE NON DEBO DICIR.
Asignatura/s: FILOSOFÍA E SEMELLANTES
Rasgo principal do meu carácter: FORZA
DE VONTADE + NEURAS
Cualidade que prefiro no home: QUE ME
GUSTE (en sentido amplo)
Cualidade que prefiro na muller: QUE ME
GUSTE (en sentido amplo)
O meu principal defecto: ¿CANTOS FOLIOS
TEÑO?
Ocupación no tempo de lecer: TV: BARÇA,
SIMPSONS; MÚSICA; BARRENES, etc.
O meu soño inalcanzábel: SER XOGADOR DE
BALONCESTO, E 100 SOÑOS MÁIS.
Pasaría unha noite de amor con: DE SEXO,
CON CALQUERA CORPO EXCITANTE. AMOR, XA O SABE ELA.
Para estar en forma necesito durmir: ISO,
¡¡NECESITO DURMIR!!
Feito histórico que máis admiro: SOBREVIVIR
Á LOUCURA (calquera século).
Se non fose mestre sería: OUTRO.
O que máis detesto do meu traballo: OS
DÍAS NOS QUE PERDO A ESPERANZA E OS NERVIOS; OS DÍAS EN QUE AS NOTAS SON
O ÚNICO QUE TEN SENTIDO…
Estado actual do meu espírito: INQUIETO,
COMA SEMPRE.
Quixera morrer: CASE QUE NON
Reforma que creo máis necesaria: A DO
QUE DIN QUE TEMOS DENTRO DA CABEZA: ¿CEREBRO?
Gustaríame que o mundo fose: ¿SOPORTABLE?
* Ah!, perdoade, chámome Fortuna,
son a secretaria persoal de D. Manuel e como el está sempre ¡tan ocupado!
(menos mal que non rouca, meu deus), pois fago estas cousas. O de corrixir
os exames é o máis divertido, xa sabedes, o que fan todos, ¡hala!, tiralos
ao aire e a ver qué para. É caralludo.
Ben, encantada, un bico e a mandar.
Fortuna.
(Revista “A Batea”, nº 10, Xaneiro 2000)