FALAMOS SOBRE CD "Proceso Amniótico "
Manuel.-
Despois de tanto tempo, aquí está!!! O traballo de 3 anos resumido en 10 cancións e 18 páxinas de libreto editado por PAI MÚSICA. Comeza a época do "PROCESO AMNIÓTICO", así se chama.
"Proceso Amniótico" é o noso primeiro disco despois da maqueta "Microse (2004)". Dende o 2007 ata o 2010 estivemos a darlle voltas ata que quedou ao noso gusto. E é o primeiro disco de NEUROBAND como tal , xa sen a MS diante.
Agora somos un grupo absolutamente compacto e iso é o que podedes atopar neste disco: o traballo dun grupo.
Aínda que contamos con Santi Frutos en dous temas, xa non segue con nós. Que che vaia ben, amigo! Goza da vida! Pero seguimos os cinco de sempre: Víctor Karallada, Édgar Santórum (Koko), Nico Leal, Xurxo Romero e máis eu.
O son é rabioso e potente. A base rítmica é contundente e sobre ela toda unha cortina de guitarras punzantes. E, sobre iso, unha voz que racha no berro ou chora na bágoa. As letras falan do desacougo, do amor e o desamor, da neurose, da alienación persoal e social...
Á fin naceu o "Proceso Amniótico". Un disco difícil pero que che pode dar satisfaccións inesperadas a cambio.
Puxemos todo o noso empeño e esforzo. Agora escóitao. Esperamos que che guste.