Triloxía RTTM despedida 2018 - Duro Satisfeito Esgotado Antípodas Vivo ir arribair a MUSICAcr2018

RTTM: MODO DE EMPREGO - INDICACIÓNS E CONTRAINDICACIÓNS.

RTTM é unha substancia musical de efectos alucinóxenos baseada no seu principio activo Repetitive Trance Trip Music, elaborado dende hai uns anos no laboratorio privado do home bata.

A súa escoita pode producir efectos moi diversos ou ata ningún dependendo de quen, cando, como e para que.

Aconsellamos escoitar alto, con auriculares e tendo moi en conta antes da inxesta que a viaxe vai ser (se o é) normalmente longa. Esqueza o tempo, esqueza o espazo. Peche os ollos (opcional). Inhale os sons lentamente ata que se mergulle neles, será entón cando as micro e macro capas sonoras comezarán a ser inoculadas en vostede polo principio RTTM. Entón, o habitual é quedarse durmido aos poucos minutos (recomendamos o seu uso en problemas de sono), querer que paren os efectos canto antes (aconsellamos parar inmediatamente a reproducción de RTTM) ou, ás veces, en batamáns e noutras raras especies, fluír nun repetitivo bucle de moléculas sónicas con cambios case imperceptibles (sobre todo se son as primeiras doses) e xerar serotonina e endorfinas raras que inducen ao suxeito a un estado de parvo éxtase pachorrento.

Pode mesturarse con calquera tipo de bebida, alimento, droga ou o que se teña a man.

Non apto para:

- Persoas con présa, impaciencia, traballo por facer... (a non ser para tentar esquecer todo iso)

- Xente de oído lóxico: acostumada a cancións, melodías, rítmos con sentidiño e duración escasa ou xusta (máis de 5 minutos é un mundo). Nestes suxeitos provoca irritabilidade, confusión, fatiga, cansazo, fartura, picores, apaga xa, etc.

- Calquera con dous dedos de fronte musical "típica" e "tópica".

Elaborado nos Laboratorios HOMEBATAHOMESTUDOS, A illa de Arousa.

Manuel Seixas (Home Bata), A Illa de Arousa, 31 de Decembro do 2018.

01.- Drums con Rober na mente - 22:44// 21-31/xii/18

02.- Bucle virtual 27:45// 21-31/xiI/18

03.- Humano, demasiado imperfecto humano 27:46// 21-31/xiI/06