A muller camiña lenta e as follas caen. Hai un río dentro da súa alma e un tremor intenso na súa gorxa. A muller camiña e ve o seu fin e o seu principio.
O home loita contra o seu medo. O comezo dunha batalla. A sensación negra na boca. Non se sabe quen gañará. Pero el vai dalo todo. Todo por ser feliz. Todo por ter un mundo con ela.
Escoitar a noite. Camiñar polo prado que nunca viches. Esquecer. Durmir. Ser un quen é. Poder atopar a esencia. Volver de novo ao mesmo sitio. A mesma ansia. Camiñar. Sempre. Sempre.
A noite cae sobre os nosos corpos. Non hai luz onde agocharse. Por sempre perdidos. Non hai luz. Hai soños en cores. Soou o disparo. Soou o disparo e a noite foi un soño vermello.