Espacio de creación na rede - MUSICA

[Aquí irei metendo todos aqueles materiais creativos que me enviedes, e tamén aquilo que vaia creando especificamente para a páxina]

Ben, puff, pasou o tempo, e un día incerto do verán do 2003, pasoume pola cabeza a idea de facerlles un regalo aos de msNEUROBAND, e a min, ao xeito de: "Mira, esto é parte do que fixeches, só, con tales grupos". Como toco madeira, aquí está, aínda sen gravación de estudio, a memoria musical, ou un cachiño ben representativo dela e quero que sexa para vós, colegas. Ben, pois agora quero ampliar este para vós, e que sexa para tod@s @s que entrades nesta páxina se queredes. Así que, a partir de hoxe 30/XII/04, acabando o ano e acabándose a miña gorxa (¡ai, deus ou diaño, axuda e sorte, por favor!), e case comezando o novo 2005 (que non sexa peor, é o que normalmente pido, se vén algo melloriño a maiores, caralludo!!), a partir de hoxe, retomo, bla, bla, irei subindo as cancións contidas neste ¡triple cd! que lles pasei gravadiño coa súa porta e contraportada, (tituleino "La persistencia de la memoria", polo cadro de Dalí, como é fotocopia e regalo non creo que haxa dereitos de autor, ¿quere máis Dalí? Vale. E subtítulo: "Some previously unreleased songs on cd (he, he) ou paseo por unha vida en música), o seu libretiño grampado todo "made feito na casa", pero quedou riquiño (podedes velo máis abaixo). Non foi un acto de pedantería, de verdade, é algo así como ata aquí cheguei e chegaron e foron quedando comigo (gustoume moito que lle molara o regalo a Roberto, á fin e ao cabo el é parte fudamental de moitas das miñas gravacións inquedas) e agora a ver esta nova época, ou algo así. Mandádeme vós cousiñas: cancións, musiquiñas varias que queirades que suba, veña, veña...

CD 1:

DESTINO 7:18

SE TODO É ASÍ 5:28 (SUBIDAS A PARTIR DE FEBREIRO 2011)

ESTOU CANSADO 9:45

NO ABRAS LA PUERTA 6:38

OBSESIÓN (KD live 34-1-90) 3:08

auga clara 2:50

azul 3:56

la canción de esperanza 4:29

tengo dos ojitos 4:05

regreso de cíes 2:44

mentres agardo no café 6:17

laura 3:17

delicado 3:07

ego-jam 2:57

 

CD 2:

juan con miedo 4:50