* WARNIN*WARNING:  DENDE O 2005-2016 FIXEN “EN SILENCIO” O QUE DEI EN CHAMAR  "MÚSICA VIRTUAL".

É (MÁIS BEN FOI) UNHA NECESIDADE PERSOAL, UNHA FORMA DE SUPERVIVENCIA, UN XEITO DE CONTAR O MEU IR SENDO.

A "MÚSICA VIRTUAL" CARACTERÍZASE PORQUE “NON TOCO FISICAMENTE" NINGÚN INSTRUMENTO. É DICIR, NON SENDO ALGUNHA EXCEPCIÓN, É TODO "VIRTUAL".

OUTRA DAS CARACTERÍSTICAS QUE CADA VEZ FOI A MÁIS É A DURACIÓN DOS TEMAS . HAI "RÁFAGAS BREVES" (SOBRE TODO NA PRIMEIRA ÉPOCA - DISCOS 1-2-3) , PERO VEREDES QUE MOITAS PEZAS SON LONGAS E REPETITIVAS .  "RECORRENTES". POR QUE?

PORQUE ÁS VECES ENTRABA EN "TRANCE" COS SONS REPETIDOS, NUN ESTILO QUE VIRÍA SENDO "CAPAS SOBRE CAPAS SOBRE CAPAS", "CEBOLAS OU CORTINAS SONORAS", DE AÍ, QUE EN OCASIÓNS AS DENOMINE   "NEUROSAPOS",  "HIPNOSAPOS”, "CIRCULAR BELLS"... E OUTRAS VECES AS CHAME   "ESCORDADURAS SONORAS"  (CANDO TEMPOS E RITMOS ESTÁN "ROTOS").

TAMÉN ESTÁN OS TERMOS "VARIACIÓNS" E "REPRISE" QUE SON OS TEMAS QUE SE BASEAN EN DISTINTOS XEITOS DE AFRONTAR ESQUEMAS, SONS E LOOPS SEMELLANTES E QUE ATA VOS PODERÁN PARECER EN OCASIÓNS “DEMASIADO FACILÓNS” (SOBRE TODO AS VARIACIÓNS, CASE TODAS EN DISCOS 4 A 9).  

“MÚSICA VIRTUAL” FUNCIONOU A MODO DE "BLOG MUSICAL”, DE "DIARIO MUSICAL”  E É A CONSTATACIÓN DUN RENACEMENTO LAICO (DENDE A TERRIBLE “LONGA NOITE DE PEDRA” NA QUE ESTIVEN ANOS ATA "QUE A NOITE VEÑA TRANQUILA, SUAVE, RÁPIDA – POST-INTERFERENCIAS" NO QUE VIVO Á FIN EN PAZ NESTE TEMPO EXTRA, NESTE MÁXICO REGALO DA VIDA CO QUE NON CONTABA, AGARDANDO ISO, QUE A FIN -PORQUE SEMPRE HAI FIN- SEXA O MÁIS LEVADEIRA POSIBLE PARA MIN E PARA QUEN MÁIS QUERO E ME QUERE.

TODO O QUE VEXADES BAIXO A DENOMINACIÓN DE ORIXE:  "LEMBRANDO O TEU GOLPE PERFECTO" SON TEMAS EN MEMORIA E INSUFICIENTE HOMENAXE A ROBERTO CAMBA, ÁS SÚAS BATERÍAS IMPOSÍBEIS, ÁS QUE NON FORON E SERÍAN, COAS QUE XOGAMOS, SOBRE AS QUE VOAMOS. GRAZAS POR DEIXARME "SER UN NENO" PENSANDO EN TI, AMIGO DA ALMA.

ASÍ QUE, PERDOADE POLA DIFICULTADE DA ESCOITA EN MOITOS CASOS E ÁNIMO PARA @S ATREVID@S !

 

LISTADO DISCOS 

MÚSICA VIRTUAL VOL. 1

NA LONGA NOITE (2005-2010)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 2

LONGA NOITE E PRIMEIROS RAIOS DA MAÑÁ (2011)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 3

VAI SAÍNDO O SOL - PARTE 1

(XANEIRO - FEBREIRO - 2012)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 4

VAI SAÍNDO O SOL - PARTE 2

(FEBREIRO - MARZO- ABRIL - 2012)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 5

VAI SAÍNDO O SOL - PARTE 3

(ABRIL - MAIO - 2012)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 6

VAI SAÍNDO O SOL - PARTE 4

(MAIO - XUÑO - 2012)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 7

VAI SAÍNDO O SOL - PARTE 5

(XULLO 1 - 2012)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 8

VAI SAÍNDO O SOL - PARTE 6

(XULLO 2 - AGOSTO 1 - 2 - 2012)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 9

VAI SAÍNDO O SOL - PARTE 7

(AGOSTO 2 - SETEMBRO - DECEMBRO 1 - 2012)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 10

VAI SAÍNDO O SOL - PARTE 8

(DECEMBRO 2 - 2012)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 11

MEDIODÍA PARTE 1

(XANEIRO- MARZO - MAIO - XUÑO 1 - 2013)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 12

MEDIODÍA - PARTE 2

(XUÑO 2 - 2013)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 13

O SOL BRILLA FORTE NA TARDE - PARTE I

(XULLO 1 - 2013)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 14

O SOL BRILLA FORTE NA TARDE - PARTE 2

(XULLO 2 - 2013)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 15

O SOL BRILLA FORTE NA TARDE - PARTE 3

(XULLO 3 - 4 - 2013)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 16

O SOL BRILLA FORTE NA TARDE - PARTE 4

(XULLO 4 - AGOSTO 1 - 2013)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 17

CEN REPETIDOS SOLES QUENTAN REPETIDA CALOR NO ALTO - PARTE I

(AGOSTO 2 - 3 - 2013)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 18

CEN REPETIDOS SOLES QUENTAN REPETIDA CALOR NO ALTO - PARTE 2

(AGOSTO 3 - 4 - 2013)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 19

CEN REPETIDOS SOLES QUENTAN REPETIDA CALOR NO ALTO - PARTE 3

(SETEMBRO - 2013)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 20

CEN REPETIDOS SOLEN QUENTAN REPETIDA CALOR NO ALTO - PARTE 4

(OUTUBRO - 2013)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 21

CEN REPETIDOS SOLES QUENTAN REPETIDA CALOR NO ALTO - PARTE 5

(NOVEMBRO - DECEMBRO 1 - 2013)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 22

CEN REPETIDOS SOLES QUENTAN REPETIDA CALOR NO ALTO - PARTE 6

(DECEMBRO 2 - 2013)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 23

SOLPOR INDESCIFRÁBEL - PARTE I

(XANEIRO - 2014)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 24

SOLPOR INDESCIFRÁBEL - PARTE 2

(FEBREIRO - ABRIL - XUÑO 1 - 2014)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 25

SOLPOR INDESCIFRÁBEL - PARTE 3

(XUÑO 2 - XULLO - 2014)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 26

SOLPOR INDESCIFRÁBEL - PARTE 4

(AGOSTO 1 - 2014)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 27

SOLPOR INDESCIFRÁBEL - PARTE 5

(AGOSTO 2 - 2014)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 28

SOLPOR INDESCIFRÁBEL - PARTE 6

(SETEMBRO - 2014)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 29

SOLPOR INDESCIFRÁBEL - PARTE 7

(OUTUBRO - NOVEMBRO 1 - 2014)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 30

SOLPOR INDESCIFRÁBEL - PARTE 8

(NOVEMBRO 2 - DECEMBRO 1 - 2014)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 31

SOLPOR INDESCIFRÁBEL - PARTE 9

(DECEMBRO 2 - 2014)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 32

SOLPOR INDESCIFRÁBEL - PARTE 10

(XANEIRO - FEBREIRO 1 - 2015)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 33

SOLPOR INDESCIFRÁBEL - PARTE 11

(FEBREIRO 2 - ABRIL 1 -2015)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 34

SOLPOR INDESCIFRÁBEL - PARTE 12

(ABRIL 2 - MAIO - 2015)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 35

QUE A NOITE VEÑA TRANQUILA, SUAVE, RÁPIDA - POST-INTERFERENCIAS PARTE 1

(DECEMBRO - 2015)

MÚSICA VIRTUAL VOL. 36

QUE A NOITE VEÑA TRANQUILA, SUAVE, RÁPIDA - POST-INTERFERENCIAS PARTE 2

(XANEIRO - XUÑO - 2016)