(2017-2002)

NEUROBAND - CONCERTO DESPEDIDA: "ATA SEMPRE, CAMARADAS!!" -

CON DO MOUCHO - A ILLA DE AROUSA 28 OUTUBRO 2017

GRAZAS A TOD@S POR ESTES COMPLEXOS E MARABILLOSOS ANOS NEURÓTICOS!!!

2002 - DECEMBRO 2017

Foi unha fermosa e dura historia. A Neuroband remata porque así o quere ela. E nós, nós somos simples "rapaces" que tivemos o privilexio de contar coa súa presenza e a súa compañía no inferno raro e na sinxela gloria. A constancia en "Microse", "Proceso Amniótico", "Tirando a Verde" e "Verde". Unha bágoa e un sorriso.

Neuroband morreu!! Viva a Neuroband!!

 

Manuel Seixas, 30 de Xaneiro do 2018.


 

XIRANDO VERDE 2017

NEUROBAND - CONCERTO "CARNAVRÁN 2017 " - A ILLA DE AROUSA 11 AGOSTO 2017


 

XIRANDO VERDE 2016

NEUROBAND - CONCERTO "AMEIXA ROCK" - CARRIL 3 SETEMBRO 2016


 

XIRANDO VERDE 2015-16

VENRES 10 XUÑO 2016 - VERDE EN PRE ROCKIN´

PAVILLÓN MULTIUSOS VILANOVA

 



 

XIRANDO VERDE 2015-16

PRESENTACIÓN VERDE LA IGUANA VIGO 16-IV-16

VINTE ANOS DESPOIS DE PRESENTAR NA IGUANA O NON! DE KOROSI DANSAS PUIDEMOS SABOREAR O ETERNO RETORNO NEURÓTICO.

GRAZAS A TOD@S POR FACER REALIDADE ESTE SOÑO

 

https://www.youtube.com/watch?v=CP0hkZ_Shyw#t=21 (Cortesía Manuel Couto)

https://www.youtube.com/watch?v=fE52EXgusD8#action=share (Cortesía Manuel Couto)

https://www.youtube.com/watch?v=w2HeLHDCxbw#action=share (Cortesía Manuel Couto)

https://www.youtube.com/watch?v=w2HeLHDCxbw#action=share (Cortesía José A. Piñeiro)

 

 



 

XIRANDO VERDE 2015-16

SÁBADO 27 FEBREIRO 2016

PRESENTACIÓN VERDE NO CON DO MOUCHO

PRESENTACIÓN VERDE CON DO MOUCHO ILLA 27-II-16

GRAZAS A TOD@S POR ESTA NOITE MÁXICA (En especial a Nuria, Adri e Con do Moucho)



 

XIRANDO VERDE 2015-16

27-XI-15- NEUROBAND - AUDITORIO ILLA DE AROUSA

PRESENTACIÓN VERDE AUDITORIO ILLA 27-XI-15

QUE FANTÁSTICO E ESPECIAL DÍA!!

(Proxeccións: Xurxo Romero. Iluminación: Dani Son e apoio: Víctor Karallada. Infraestrutura e apoio: Faber Cores.

Feiticeiros na sombra: Carlos Blanco e Con de Tres pés. Fotos: David Piñeiro)


 

 

 


 

NEUROBAND- "XIRA" PRESENTACIÓN VERDE

2015-16
Koko e Víctor xa non están fisicamente na banda. Cousas da vida que non teñen explicación ou si. Simplemente pasan. Formamos esta "nova Neuroband" para defender en directo o "Verde".

Somos:

Nico Leal: Batería.

Santi Frutos: Saxos, teclados, voces.

Borja Torrado: Baixo.

Xurxo Romero: Guitarras, voces, deseño gráfico.

Manuel Seixas: Voz, guitarras.


 

 

 


 

ABRIL 2015: TRAS DOUS ANOS DE DURO E FERMOSOTRABALLO (2013-15) "VERDE" ESTÁ

REMATADO!!!

AGRADAMOS QUE PRONTO POIDADES VIAXAR POLA ESENCIA E O LEGADO FINAL DA NEUROBAND.

ATA SEMPRE. GRAZAS!!!


 

PRESENTACIÓN: “PARVO”

SEGUNDA ENTREGA DO DISCO “VERDE”

 

Ola, compañeir@:

No nome da NEUROBAND (rock neurótico para tempos neuróticos), quería facerche partícipe dun acontecemento para nós moi importante.

Despois do noso primeiro disco (“Proceso Amniótico”, Pai Música, 2011) -como moi ben dixo a crítica: “Unha baixada aos infernos”-, chega agora o noso segundo traballo: “VERDE”.

 

 

Segue sendo “NEUROBAND” , (iso non hai quen o “arranxe”, son moitos anos na fronteira!), pero tamén é unha saída deses infernos, unha pequena verde esperanza que floreceu, florecerá e que seguramente é o único que a tod@s nos queda.

 

Este sábado 2 de Xuño, aparecerá en youtube, como NEUROBAND AROUSA (si, facemos música, risas e bágoas nun paraíso en forma de illa):

https://www.youtube.com/watch?v=e2N_POLx4e0

 

e na miña páxina web: www.manuelseixas.com (moi velliña e moi cheíña), a nova entrega: “PARVO” , deste noso segundo disco.

Se “Xadrez” pretendía ser algo así como un canto xeneroso, un “comparte con nós a túa soidade”, “Parvo” é o máis importante que aprendín en máis de 50 anos. Sufrir innecesariamente, facer sufrir á xente que máis queres e que te quere, é de “parv@s”. Non sexades parv@s, por favor. Eu caín na autoinmolación, fíxenme e fixen moito dano. Agora, á fin “Sei que non quero non ser feliz”.

A nosa idea, como xa vos dixen, é ir subindo á rede ao longo deste ano, os temas que compoñen “VERDE”, que logo converteremos en “obxecto físico” (para nós o concepto “disco”, como obra unitaria, aínda segue a ser importante) co seu deseño gráfico “ben traballadiño”, as súas letriñas, e, de seguro, algunha sorpresa sonora.

 

Só pretendemos tentar espallar o traballiño duns cantos “tolos” que cren na música, e en galego (a quen se lle conte!) como salvación persoal e social, íntima soidade compartida.

 

Manuel Seixas.

Neuroband.

Xuño do 2013.


 


SÁBADO 20 ABRIL 2013: SUBIREMOS A YOUTUBE (NEUROBAND AROUSA: http://www.youtube.com/channel/UCmuiRCbGS6MYukvA7ebDE3g?feature=guide ) E A ESTA PÁXINA A PRIMEIRA MOSTRA: "XADREZ" DO QUE SERÁ O NOSO PRÓXIMO TRABALLO: "VERDE".

(SERÁ UN GRAN DISCO. POLO MENOS, NÓS CREMOS MOITO NEL).

OXALÁ VOS GUSTE!!!

PLAN: IR SUBINDO OS TEMAS UN A UN E AO REMATE FACER O DISCO "FÍSICO" (DESEÑO, LIBRETO, E, DE SEGURO, ALGUNHA SORPRESA SONORA...)

GRAZAS POR ESTAR SEMPRE AÍ!!


CONCERTO NEUROBAND DA FIN DO MUNDO

VÉMONOS!!!


 

31 XULLO 2012: CONCERTO EN DIRECTO PARA RADIO GALEGA MÚSICA. EMISIÓN: MARTES 31 XULLO, 23:00 HORAS; PROGRAMA: "PLANETA FURANCHO" (GRAZAS, VITUCO)

(Temas de "Proceso Amniótico" e do que agardemos será o noso segundo traballo (sen contar "Microse"): VERDE


NEUROBAND: CONCERTO NO ARDE CALDAS 7-VII- 2012

Resumo do concerto: O malo: Tocamos as cinco da mañá!! Pouca xente. Graciñas @s que aguantáchedes. O bo: Tocamos por primeira vez en directo temas do noso ilusionante segundo traballo: "VERDE"


 

XANEIRO 2011: SAE Á LUZ O PRIMEIRO DISCO DA NEUROBAND (DESPOIS DA MAQUETA "MICROSE" (2004): "PROCESO AMNIÓTICO"

Pois, á fin, foron tres anos de duro traballo e de longa espera (2007-2010), nos que nos dedicamos sen parar a "regravar"o "PROCESO AMNIÓTICO". PAI MÚSICA deu o seu OK e xa está editado!!, cun libreto ben que fermoso de 18 páxinas e 10 temas para os vosos oídos. Hai moita rabia e enerxía neste disco, moita vida envolta en todo el. Esperemos que vos guste.


 

Tras dous anos de gravación, si, dous anos!! (2007-09), no estudio que Víctor Karallada, o noso guitarra montou na Illa, un luxo de estudio, KSF, fixemos a que foi a nosa toma de contacto antes de sacar o noso real primeiro disco á venda "PROCESO AMNIÓTICO", nun concerto solidario para o S.O.S. KOMAIRA, a causa ben o merecía, aínda que o son non fora o mellor. Agora, xa estamos a toda marcha para que poidades escoitar o noso traballo a finais deste 2009. Que así sexa!!!

 


 

GRACIÑAS MIL MA TOD@S @S QUE O SÁBADO CONSEGUÍCHEDES

QUE O CONCERTO DO "MOUCHO" FOSE UNHA FESTA E UNHA ALEGRÍA REBORDANTE.

ASÍ CALQUERA TOCA!!!


 

SÁBADO 11 DE DECEMBRO. PUB O CON DO MOUCHO: ILLA DE AROUSA. 00.00H.

(O RETORNO NO 2006!)

CONCERTO
-MSNEUROBAND


MSNEUROBAND ESTARÁ O 27 DE MAIO NO FESTIVAL DO NORTE!! VÉMONOS!!!


 

MSNEUROBAND ESTARÁ O 13 DE MAIO NA "CULTURA CIRCULA"

EN OURENSE!!


PRÓXIMA XIRA 2006

11 DE MARZO - CON DO MOUCHO - A ILLA

28 DE ABRIL - A ESMORGA - BOIRO

6 DE MAIO - D-4 - PORTONOVO

13 DE MAIO - A CULTURA CIRCULA- OURENSE


27 DE MAIO - FESTIVAL DO NORTE - VILAGARCÍA


1 DE XUÑO - FÁBRICA DE CHOCOLATE - VIGO


COMO PODEDES LER EN HISTORIA, O 2005 FOI FODIDO POR ESCARALLE TOTAL OMBRO. AGORA, REMATANDO FEBREIRO DO 2006 ESTAMOS "AFINADOS" E "ACOPLADOS" PARA COMEZAR A NOSA "XIRA E XIRA" COS TEMAS NOVOS DOS QUE TEDES SUBIDAS XA AS LETRAS E UNHA GRAVACIÓN CASEIRA COS MESMOS EN MÚSICA. A NOSA INTENCIÓN É GRAVAR UN DISCO PARA A POSTERIDADE!!

VÉMONOS NOS CHIRINGOS, GARITOS, BARES, PAVILLÓNS, ESTADIOS OLÍMPICOS, TEATROS REAIS, HE, HE, HE, ETC. , ETC.


Despois dun 2005 cheo de sobresaltos (0 30 de xuño rompín o ombro e tiven que operarme e aínda hoxe Febreiro de 2006, ando coa rehabilitación a voltas), comezamos o 2006 con novos folgos e novos temas dos que podedes ver xa as letras; agardamos actuar dentro de pouco e coa man do noso mánager Faber e doutr@s amig@s, comezar a "rular" por aí adiante ( e co meu ombro, he, he!). Que a NEURO vos/nós acompañe!!!


 

ESTAMOS A PREPARAR O NOVO TEMARIO PARA O NOSO SEGUNDO TRABALLO.

Manterémosvos informados.

(O 2005 vai chegar xa! A ver se non é malo para tod@s os neurobandict@s. Bicos.)

29/XII/04

 


VENRES 22 DE OUTUBRO 2004. PUB HARBOUR: VILAGARCÍA. 00.30H.

CONCERTO - PRESENTACIÓN CD "MICROSE"
-MSNEUROBAND


SÁBADO 7 DE AGOSTO 2004. O BAO. ILLA DE AROUSA. FESTA DAS TRADICIÓNS MARIÑEIRAS:

CONCERTO COS GRUPOS:


-MANOLO BACALLAO 22.30 H.

-MSNEUROBAND 23.30 H.

-GURU DEVA


VENRES 25 DE XUÑO 2004. DISCOTECA A PERA: CAMBADOS. 00.00H.

CONCERTO - PRESENTACIÓN CD "MICROSE"
-MSNEUROBAND


 

VENRES 18 DE XUÑO 2004. DISCOTECA YUMA: ILLA DE AROUSA. 00.00H.

CONCERTO
-MANUELSEIXASNEUROBAND


 

SÁBADO 5 DE XUÑO 2004. PUB WOODSTOCK: PORTONOVO. 23.30H.

CONCERTO
-MANUELSEIXASNEUROBAND


 

VENRES 30 DE ABRIL 2004. PUB URBANO: ILLA DE AROUSA. 00.00H.

CONCERTO -MSNEUROBAND (O retorno. Paso previo presentación Microse) -FUNGO


Á fin volvemos aos escenarios. O 30 de Abril do 2004, na festa despedida do pub Urbano na Arousa, xa con Nico na batera volveu soar msNeuroband. A partir de aí, Faber converteuse no noso mánager, e empezamos a ter concertos con regularidade. ¡Case todas as fins de semana no mes de xuño! A destacar o concerto no Woodstock de Portonovo (gran cea, e grande Chis), e, sobre todo, o do 25 de Xuño no pub A Pera, foi as nosa confirmación como grupo "maduro e compacto", alí estaban Ana (a muller de Rober), o seu irmán Javier, e moit@s d@s colegas que sempre nos seguen e a quen queremos agradecerlles especialmente o seu apoio: Tante, Mayte, Marta, Pablo, Espe, Ale (gracias por levarnos o son e aturarnos, 555), e tant@s outr@s. Sen vós, qué sería de nós!!! ¿E que vai pasar a partir de agora? Ninguén sabe o que vai deparar o futuro, pero estamos traballando para ser cada día un pouco máis grupo, seguiremos presentando "Microse" xunto con temas do "Presentimento" e agora a idea é comezar a traballar nos novos temas para ver de gravar o noso segundo traballo. Non se sabe ata cando, pero a historia continúa! msNeuroband está viva.

 


  • DESPOIS DA MORTE DE ROBERTO, O 26/ IX/03, TIVEMOS VARIAS SESIÓNS DE "TERAPIA DE GRUPO", FALANDO, CALANDO, PENSANDO. ¿SEGUIMOS, ABANDONAMOS? A PESAR DA DOR E DA AUSENCIA IMPLACABLE DE ROBER, DECIDIMOS CONTINUAR. PRIMEIRO TOCAMOS SÓ CON SAMPLERS-LOOPS. DUN XEITO CASE ESPONTÁNEO "APARECEU" NICO, O BATERÍA DE FUNGO, E TODOS COINCIDIMOS EN QUE TOCARA A BATERÍA CON NÓS. EL ACEPTOU. GRACIAS, NICO. ROBERTO É INSUSTITUIBLE, POLO TANTO, NON SE TRATA DE QUE NICO SUBSTITUIA A ROBER, SENÓN SIMPLEMENTE DE QUE É UN MEMBRO MÁIS DA MSNEUROBAND. O SUCESOR NATURAL.

  • POR SORTE, ANTES DE QUE ROBERTO SE FORA A BAÑAR AO MAR DA AROUSA CON TODOS NÓS AQUEL TRISTE DÍA, DEIXÁRAMOS REMATADO O NOSO PRIMEIRO DISCO COMO NEUROBAND: MICROSE, QUE É, AO MESMO TEMPO, O NOSO NACEMENTO EN CANTO A GRABACIÓNS COMO MSNEUROBAND E A DESPEDIDA ETERNA DESAS FANTÁSTICAS BATERAS DE ROBERTO.

  • QUEREMOS PRESENTAR MICROSE ANTES DE QUE REMATE ESTE ANO, POR ROBERTO E POR NÓS. ASÍ QUE A VER SE NOS XUNTAMOS TODOS NO NOME DA MÚSICA, DA VIDA, DA MORTE, DO TEMPO QUE PASA E O PASAMOS BEN. ESTÁ CLARO QUE TEMOS QUE DISFRUTAR, SEMPRE QUE SEXA POSIBLE, DE CADA PEQUENO E INMENSO SEGUNDO.

 


VENRES 6 DE XUÑO. PUB HARBOUR: VILAGARCÍA. 00.30H. (2003)

CONCERTO
-MANUELSEIXASNEUROBAND



  • SÁBADO 21 DE DECEMBRO. SALA CAPITOL: ILLA DE AROUSA. 22.00H. (2002)

    CONCERTO "FUCK DE FUEL", COS GRUPOS:
    -SPARKY & GLOOMY
    -PINK ROSE
    -EPIDEMIA
    -FUNGO
    -MANUELSEIXASNEUROBAND

    (Todo para quen realmente o necesita: A xente do mar)


  • SÁBADO 23 DE NOVEMBRO. PUB AVERNO: CAMBADOS. 23.30H. (2002)

    CONCERTO
    -MANUELSEIXASNEUROBAND