Discos “Xabarín”- Disco “Selección Xa!”

Korosi, como tantos outros grupos galegos sumouse ao “movemento Xabarín”, programa ben coñecido da TVG e que lle deu folgos á música feita por moita xente dende aquí.

            Nós colaboramos con dous temas, un sobre a rachadura do machismo, o propio de homes, e, por tanto, a marxinación e inxustiza coa muller: “Xuntos e revoltos” e outro sobre os problemas medioambientais, “Os Galisáns”. Para este último fíxonos un moi bo vídeo Paco Rañal (admiro o seu traballo; oxalá algún día colla un novela miña como guión dunha película ou algo así; sería, de seguro, a gloria), con Luís Tosar e outros grandes acores e actrices. Quedou moi ben. Poucas veces o emitiron. Saía a celulosa e semella que unha bandeira americana de mala maneira. ¿Censura? Supoño que é polo ben dos noso nenos. Ou que simplemente non “gustaba” aos de moi arriba de entón. Nós quedamos moi satisfeitos co traballo. Gracias todas e todos.


            Tamén fixemos un tema-himno para o Cd “Selección Xa!”, que acompañaba ao primeiro número da revista “Bravú”. Queriamos que cantara con nós alguén do Celta e amablemente fíxoo “Michel Salgado!!”. E afora é do Madrí, o moi. (¡¡Lembrade que eu son do Barça e do Celta!! Anti-madridista confeso, claro esta!!). Ironías da vida.