FALARON SOBRE CD "Non!"

Aquí atoparedes as críticas e opinións sobre este disco. Pero non farei como nos apartados anteriores, dando opinións persoais ou cualificando, porque Korosi Dansas fomos moitos anos catro persoas, e agora, cinco, e sería un acto impresentable pola miña parte xulgar unicamente, dende o meu embigo subxectivo o que dixeron ou deixaron de dicir sobre unha obra en grupo, colectiva. Por ese mesmo motivo, é lóxico que exclúa o apartado de "símbolos valorativos" que aparece nas miñas obras individuais "Falarei sobre…"

            No apartado "Historia-Entrevistas", atoparedes entrevistas feitas ao grupo, referidas ou con alusións a este disco. E aí, de cando en vez, "falamos" cousas, moitas ou poucas, pero "falamos".

 

 

 

"O sitio de Korosi Dansas xa non está ante cincocentas, nin ante min, nin ante quince ou corenta mil persoas. O seu sitio está na historia"

 

"O que se viu enriba do escenario da Iguana só pode definirse como hemorraxia emocional de moitos quilates"

 

Breogán R.C. : O CORREO GALEGO

 

"A riqueza de matices do grupo, vese na cantidade de referencias que podes atopar na súa escoita, dende o espíritu de Hendrix ata o de Robert Fripp na meirande parte dos desenvolvementos sónicos cos que rematan moitos dos seus temas. O resultado é "Non!", un abrasivo e hipnótico vento formado na ría de Arousa"

 

"Axiña quedou claro que o grupo que estaba alí enriba tiña unha riqueza instrumental pouco vista nestes tempos, o seu son e o xeito de desenvolver os temas gardaba unha alquimia setenteira que cheiraba a Zappa pasado por Sonic Youth"

 

BAMBÁN

 

"Korosi Dansas: "Non!": Corrosivos, irónicos, siempre geniales. Los creadores del "rock de batea" siguen sacando mejillones que semellan percebes"

 

Paco Castro: LA VOZ DE GALICIA

           

            "Temas en gallego y castellano que rebosan inconformismo e irónico disgusto con todo lo que pasa en este mundo"

            "Fuerza sónica y filosofía empapada en "queimada" la que se percibe en temas como "Farto", "Buratos Negros" o la delirante "Gran Vía".

 

                                               Fernado Martín: EL PAÍS DE LAS TENTACIONES

"Nada había sonado en Galicia tan demoledoramente en su tiempo"

 

"Literatura sin concesiones, atmósferas recargadas, bajas y nobles pasiones, ritmos frenéticos que se envuelven a veces en un celofán casi hipnótico. Instigación y cordura. Aliento y desencanto. Una hora de verdadero desparrame musical. "Non!" es la culminación orgiástica de un complejo proceso de asimilación conceptual por parte de Korosi Dansas.(...) Un trabajo verdaderamente compacto, entero, rotundo"

 

"Si temas como Amén, Amén -para quien firma este artículo, la mejor canción de pop-rock que se haya escrito nunca en gallego-, Gran Vía, u Hoy y ayer y también mañana no consagran a la banda vilagarciana, incluso allende las fronteras del Padornelo, ya no quedará nada por hacer"

 

Carlos Crespo: FARO DE VIGO

 

"O primeiro a reseñar de Non! é que non se semella a nada do feito na Galiza até agora..."

 

"Non! é un disco para escoitar máis de unha vez; os temas longos, os textos densos e as guitarras camiñan contra o estabelecido"

 

Arantxa Estévez: A NOSA TERRA

 

"Korosi Dansas lograron crear un sonido potente, abrumador, que pon os pelos de punta e que consigue moitas veces roubarnos a conciencia, taponar o noso cerebro ata que queda pechado totalmente a outros estímulos..."

 

"En fin, un disco potente, variado, maduro, e a mellor proba de que, aquí, en Galicia, temos un enorme grupo de rock"

 

Xurxo Solo: EL JARDÍN DE OCTOPUS

 

 

"O disco ten música arriscada, non se fixo nada como isto en Galicia. O conxunto de Vilagarcía consigue saír sen mazaduras da proba á que decidiu someterse. Xogan, experimentan, revolven e protestan desde a madurez e en galego, algo que non deixa de sorprender"

 

"Ábrete de orellas porque non é doado de escoitar e porque vai pasar tempo antes de que se publique algo tan interesante en Galicia"

 

Santiago Jaureguizar: BRAVÚ

 

Camiñando con NON!" de  Korosi Dansas.-

 

 NON!, así se chama o segundo traballo de KOROSI DANSAS, producido, gravado e mesturado por Segundo Grandío nos estudios Area Master de Vigo entre Decembro do 96 e Xaneiro do 97 e editado pola compañía Chorima, coa que Anxo Maciel está a abrir un novo camiño na música e na empresa galega dedicada a este campo.

    

     O primeiro que un percibe ao escoitar este CD é que se trata dun traballo de madurez dos Korosi Dansas. Sen renunciar á variedade estilística que caracteriza as composicións do grupo, nesta ocasión os catorce temas que conforman Non!, teñen unha clara unidade "conceptual", unha misteriosa ensamblaxe de fondo que fai que este CD sexa UN, GRANDE E LIBRE para maior escarnio dos noxentos creadores dos "Coros y Danzas". A vinganza vaise consumando. 

     Seguen na banda os catro membros fundadores alá  no 88: Roberto Camba, Josito Porto, Xurxo Romero e Manuel Seixas, pero agora áisengááisdese o saxo enriquecedor de Santi Frutos, agora as guitarras cobran unha forza que raia no delirio, as voces soan máis sentidas e ferintes ca nunca e a base rítmica faise se csbe máis contundente e desenfreada.

     O grupo dedica o CD a "toda a xente que aínda ten o valor de dicir "Non!", a pesar de todo", e esta actitude de rebeldía, furia, inconformismo e espírito revolucionario preside todo o traballo dun ou doutro xeito. O anterior "rock de batea" deixa paso a unha batea nunca antes vista que afonda cada vez máis na merda e nas miserias interiores e universais, sen concesió ¡ns, sen medo a atravesar o límite do "correcto".

     Poñemos a orella e os ollos cravados nalgures e escoitamos:     

            1) CHERNOBIL POTEMKIN

     O primeiro corte que atopamos é "Chernobil Potemkin" ou como mesturar en pouco máis dun minuto o pasado e o terrible presente do soño soviético, do soño de tantos. Os helicóptero sobrevoan a catástrofe e un debuxo moi simple de guitarra e baixo semella lembrar tempos mellores, pero pronto a música se fai densa e máis densa, a atmosfera irrespirable. Fin do soño cun ouveo.

            2) FARTO

     Aqu  vén "Farto". O grupo goza cun ritmo frenético mentres a voz deluva cousas que todos miramos, que todos detestamos, cousas das que estamos fartos. Un corte inesperado na melodía e logo outro. Están tolos estes rapaces. Brillante final i­nstrumental cheo de fartura sonora.

            3) ASÍ  ESTÁ  MELLOR

      ¡Quietos, compañeiros!: "Así  está mellor". Un suspiro para comezar. Suspiremos todos porque o que nos agarda é  duro, é como ten que ser. Música sinxela pero ben traballada e os espíritos de Reed e Waits que andan rolando entre a fodida historia dun pai que mata á súa  filla recén nacida, unha noiva desenganada que lle arrinca a lingua ao seu "benquerido" noivo, un matrimonio enfastiado que se lanza pola ventá dun piso 20, un mundo moi queimado que respira aliviado: "Así está mellor". Fermosos solos de saxo e guitarra e xa temos unha canción destas que quedarán  nas cabezas de moitos.     

             4) JASON

     "Jason".  ¿Quen dixo "brando"? Korosi Dansas retoma o pulso da "caña". Sobre un ritmo que fai mover os pés e o cu, chega unha homenaxe ao rei do Venres 13. Voces distorsionadas, guitarras como paxaros eléctricos, coros brutais. ¡Uaaahhhh! ¿¡Xa rematou!? Pastilliña salvaxe. Pequenas doses.

            5) PLACER

     Co quinto tema é moi fácil facer o xogo de palabras. É un "Placer", e claro, así se chama. Xoia guitarrística. Potencia dos señores baixo e batería de arriba abaixo. Tema negro e sinuoso que remove as conciencias dos nosos praceres máis secretos. Unha canción impresionante para escoitar canto máis alta mellor. Non perdas a experiencia.     

6) QUERIDOS IRMÁNS

     "Queridos Irmáns". ¿E isto como se come? Seguramente o tema máis esquizoide do disco. Non sei que grupo se atrevería a gravar algo así. Ao principio un cura larga en castelán frases das máis duras que un poida escoitar por estes e outros lares, e de súpeto sobre un rabaño de ovellas humanas, ¡zas!, o mazapán sonoro, saxo, guitarras, ritmos que se dislocan e que non te deixan vivir en paz mentres dura o tema. ¡Ata unha parte salseira! Problemas familiares na marxe, só  falta Pavarotti para redondear esta tolería.     

7) AMÉN, AMÉN

      ¿Un "hit"?  ¿Isto é Korosi Dansas? ¡Pois  Siiii! "Amén, amén", unha hipnótica canción que vai enganchando máis e máis en cada escoita. A letra é nada máis e nada menos que a nova biblia versión Korosi. Os músicos son felices dicindo verdades coma puños e deixándose levar polo ritmo implacable baixo unha chuvia vermella. Para dar voltas e voltas na discoteca ou na tribo dos batusi. Felicidade compartida."Ama, bica, mama, chucha. Amén". 

             8) NON!

     Estamos atravesando o ecuador. E aquí  tamén vai calor. O centro sobre o que xira esta lúa redonda de música titúlase coma o CD: "Non!". Declaración de principios: "Cala. Non!". Así  remata un tema  polo que pasean berros de todos os desconformes, os que non se pregan á escravitude; berros que envolven unha música chea de lembran­zas crimsonianas levadas ao límite. Como se os Fripps galegos descubriran que se pode declarar a guerra por riba do estrondo. Un delicioso refresco no centro fervente do tema levará os nosos sentidos á   fogueira entre Non! e Non! e máis Non!. Cala. Non!    

 9) GRAN VÍA

     En case todas as grandes cidades hai unha "Gran Vía". Neste gran CD tamén. Neste caso a Gran Vía de Madrid. A soidade absoluta. A xente que non coñece á xente. O silencio por resposta. Un tema impresionante que pon os pelos de punta. Traballo de artesanía na producción, cunha intelixente variación de planos auditivos. Á fin, Korosi Dansas fúndese nun algo semellante ao "noise". "Noise" para facer máis palpable a enorme crueldade dun mundo cheo de gran vías nas que todo é nada. Risa e deses­peración. Simplemente o que temos, amosado nunha gran canción.     

10) BURATOS NEGROS

     "Buratos negros" é un dos temas máis complexos e arriscados deste traballo. Letra e música reflicten á  perfección eses buratos interiores que temos tantas veces, aínda non sendo psicópatas. ¿Ou si? Homes que matan fillos e amigos, vellos que vomitan men­tres agardan á túa fermosa noiva. Variedade de ambientes musicais perfectamente engarzados, nos que sobresae a última parte instrumental, na que saxo e guitarra loitan por ver quen resulta máis desgarrado sobre unha base supercontundente. Algo así  como unha "jam" con Van der Graf Generator, King Crimson, The Cure, Joy Divi­sion..., invitados polas mentes enfermizas destes galegos.

            11) HUECOS

     Calma. Pon ben as orellas. "Huecos". Este é o tema. Para saborear lentamente, sen présas. Letra dura e intimista. Melodía que vai entrando sen que te decates. Unha preciosidade. A guitarra estoupa nun solo dos que un sempre soña e os "huecos" flúen, flúen, xa vai rematar unha beleza que se perde entre as mans, entre os oídos sorprendi­dos.     

12) a) ELA

     E o fío da navalla corta cando comeza "Ela". A muller e o home enfrontados. Algo máis que outra canción antimachista. A constatación dunha realidade. Ela pensa: "Mer­da". Todo o grupo pensa igual. A música balancea entre compases acelerados e estro­fas antinatura nas que as guitarras falan entre si, a batería leva un tempo imposible e o baixo ceibe e distorsionado xoga no seu propio mundo. Un voo final que se estrela contra unhas campás  que anuncian unha próxima voda.

            13) b) ELA FLASHBACK

     A voda. As campás. O regreso ao pasado. "Ela Flashback". Os lamentos do saxo esvaran polo corazón. O mundo queda detido nun momento do pasado da muller. Ela canta. ¡Como canta! Ela fai que a nosa pel cobre vida. Ela semella negra sentimento branca sentimento de cores sentimento. Os cans ouvean con esta canción. Triste histo­ria feita historia da música. Gracias Korosi Dansas. Este tema é impagable. Que algun­ha ela volo pague con agarimo.

     14) HOY Y AYER Y TAMBIÉN MAÑANA (o por favor tócame)

      Pensas que nada moi importante pode pasar xa, pero resulta que chegan un piano e unha guitarra, lánguidos, tristeiros... e temes o peor... e o mellor. "Hoy y ayer y también mañana (o  por favor, tócame)". Les o título. Escoitas.  ¿Que carallo pasa aquí? Pasa que aquí  temos os oito minutos máis poderosos e viscerais que ninguén poida atopar xamais. Así de simple. Para os fillos de "Heroine" que aínda están vivos. Letra demole­dora. Crescendo que che fai suar, suar, renxer os dentes. ¡Volvede Sex Pistols! "¡Anarquía en el mundo!". Canción gravada e mesturada nunha soa toma. Complicidade total entre Grandío e os K.D. Frescura, intensidade, emoción, sufrimento. Todo o grupo deixando a pel e as entrañas.  ¡Bufff! "La soledad compartida. El abismo". Fin.

 

 A sensación de que durante case unha hora Korosi Dansas conseguiu traer a nós esa soidade­ compartida, esa música que agardabamos dende que os soños son soños, dende que o galego é galego. O abismo non chegará mentres haxa cousas como este NON!

            (Xan Nadolny: Universo musical. Marzo 98)