Poesía para NEGRA SOMBRA (Intervención poética contra a marea negra).

[Quen de nós non poría a súa palabra para loitar contra esta brutal Negra Sombra?]

[Os beneficios da venda deste libro serán cedidos á plataforma cívica Nunca Máis.

Deseño da cuberta: Miguel Vigo; Ilustración da cuberta: Xavier Correa Corredoira]

 

ESQUECER SERÍA O MÁIS NEGRO ABISMO


Negra tinta en palabra MORTE
Negro sangue en palabra RABIA
Negra mancha en cuspe NOXO
Negro político en odiosa MENTIRA

Un lugar azul e verde
un funesto día un pesadelo
morte negra
miradas desconcertadas
deixan paso a mans encalecidas solidarias
ese día foi, ocorreu, bágoas,
foi onte e será mañá,
ese día, bágoas, nun curruncho
dun mundo entolecido.

Haberá esmeraldas e coral de fermosas cores
haberá esperanza e futuro en estoupidos
haberá soños renacidos
e utopías gloriosas
na mirada no sorriso no traballo na loita renacidas
no non esquecer non esquecer por nunca xamais.

As sardiñas xogan ás agachadas e tamén as centolas
e os peixiños todos e as alguiñas e os mexillóns e…

...E o tolo mundo quere seguir xogando ás agachadas.
Tamén. Sempre. Traidor indecente.
Quere tapar os seus ollos infestados
pola negra sombra pola negra morte pola negra fame pola negra inxustiza
pola negra guerra pola negra aldraxe pola negra supuración humana.
Eu non che penso deixar xogar ás agachadas negro tolo mundo.
Moneco en mans negras sen piedade.
Eu estou farto. Moi farto. Localizamos a vosa tobeira malditas negras ratas.
Negras ratas nunca máis!!! ¡¡Nunca máis xogaredes con nós ás agachadas!!

Manuel Seixas, un día da esperanza. Xaneiro 2003