Presentación Insubmisión "Casa
Cultura Vilagarcía"
[Evidentemente, non "presentabamos" a insubmisión, ela xa estaba presente e viva en Elías, Ramiro e outros rapaces de Galicia e de todo o estado. Pero, ben, xuntámonos na Casa da Cultura de Vilagarcía unha serie de persoas de todos os ámbitos e cadaquén aportou o seu para tentar deixar ben claro a inxustiza que se estaba a producir cos rapaces e o que pensabamos sobre un tema tan duro.]
A
INSUBMISIÓN
A insubmisión
é unha desas cousas que aínda fan que conservemos a esperanza no ser humano
como especie con futuro.
É unha idea,
unha actitude, un estar no mundo polo que paga a pena seguir loitando coas
armas da palabra e do corazón. Paga a pena seguir teimudos ante aqueles que
dictan leis, establecen normas e decretos, dirixen as nacións e as vidas que
estas levan dentro, co poder da xusta inxustiza, da violencia expresada en
represión, intolerancia, exércitos e mortes, sempre mortes que caen sobre eles
e sobre a conciencia dunha humanidade empobrecida e alienada.
Non reclamo
heroes nin tempos de utopía. Reclamo respecto, admiración e sobre todo,
confianza na victoria dos non submisos, na victoria de Elías e Ramiro, na victoria
dos seres convencidos de que entre todos abriremos outro camiño. Tiraremos
outro muro, outra sanguenta fronteira.
" (...) A fronteira segue en nós.
(...) pensemos no sufrimento inútil
pensemos na útil mercadoría…
e logo, se é preciso
queimemos os inocentes anuncios
as inocentes útiles mercadorías
as inocentes guerras
as inocentes crueldades
feitas por inocentes homes.
E logo, se é preciso
queimemos a nosa ruín natureza
de homes inocentes"
(Xaneiro
do 98)