Artigo actuación Albert Pla
[Este artigo saíu nunha publicación xa desaparecida: "O Cutre", que se autodenominaba "A revista da xuventude vilagarciá", editada pola Concellería de Xuventude e Emprego. O feito era que Albert Pla tocou na "Praza da Pescadería" de Vilagarcía en Decembro do 97, e solicitáronme un artigo dende o "Cutre". Encantado da vida e gracias.]
ALBERT PLA: ARRIBA, ABAIXO
Había xente. Incluso moita.
¿Albert Pla en Vilagarcía? Impensable. ¿¡Que pasará coas nosas orellas virxes e
cristalinas?! ¿Que pasará?
O que pasou é que alí estabamos.
El, arriba. Nós, abaixo, sentados ou de pé. El dixo cousas que aquí non se
escoitan a miúdo "oficialmente". Vinteañeir@s que tiñan chapadas as
súas letras coreaban felices (¿Onde estarían os Veintegenarios, Albert? ¿En Alburquerque?
Porque habelos, hailos. Aquí e onde ti queiras. E non é un problema de idade,
de anos vividos ou por vivir. É algo que ten que ver co material da cabeza).
Así que dixo cousas; mais o
asunto non é que diga cousas. O asunto é o xeito que ten de dicilas. Coma un
actor-trobador. Domina o escenario. Ten traballados os trucos, a montaxe
teatral cada vez máis profesionalmente milimetrada, o vídeo, as luceciñas. E
coa guitarra como acompañante-espectadora-confidente, vai largando estrofas
cantadas recitadas faladas cuspidas maltratadas. Como el di: "espectáculo
multimerda". Pero o máis importante é que ás veces fúndese o espectáculo
Pla coa paixón vivida Pla, e entón todo ten sentido. E a figura que semellaba
distante, fría, inalcanzable alá no seu mundo, baixa aos nosos mioliños e deixa
o poso dos tocados pola variña máxica da arte, do sentimento, das músicas,
escenas e palabras que transmiten risas e dores e moitas outras cousas
inexplicables. Todo ten sentido neses intres perfectos nos que non hai nin
arriba nin abaixo. Pensaremos en ti cando tomemos tapiñas de chourizo,
rapazote.