E QUE VÉN SENDO ISTO DO "KARAOKE"?

"O ESTRAÑO KARAOKE DO HOME BATA"

PARA TOD@S E PARA NINGUÉN (2018?)

BASICAMENTE PRETENDE SER DÚAS COUSAS:

1) UN DISCO QUE REMATEI NO 2018, COS "KARAOKES VIRTUAIS" GRAVADOS E MESTURADOS NOS HOME BATA HOME ESTUDOS E COS "ELEMENTOS REAIS" GRAVADOS E MESTURADOS NO KSF DA ILLA DE AROUSA COA AXUDA INESTIMÁBEL DE VÍCTOR KARALLADA. MESTURA E MASTER FINAIS: MANUEL SEIXAS-VÍCTOR KARALLADA NOS KSF ESTUDOS.

2) O MEU "PENÚLTIMO PROXECTO" PARA "TOCAR EN VIVO" (2018?)

DESPOIS DE TER REMATADO O ÚLTIMO DISCO DA NEUROBAND ("VERDE" - 2015), E TRAS LEVAR FACENDO ANOS O QUE DENOMINO "MÚSICA VIRTUAL" (2005 - 2016), PENSEI QUE ERA O MOMENTO DE TENTAR COMEZAR OUTRA AVENTURA ESTRAÑA EN CARNE VIVA, COA PRETENSIÓN ÚNICA DE COMUNICAR E COMUNICARME. DE COMPARTIR UN POUCO MÁIS DE VIDA VIVA CON VÓS E COMIGO MESMO. ASÍ NACEU OU RENACEU O MUTANTE HOME BATA.

O HOME BATA É UN RARO BECHO QUE DE ESCURO VERME ESTÁ A TROCAR EN RARA BOLBORETA E QUERE SALDAR CONTAS CO QUE FOI, CO QUE É E CO QUE AO MELLOR SERÁ. E SEGUIR CAMIÑANDO, CAMIÑANDO.

ESTE SER HOME BATA OFRECE A UN PÚBLICO SELECTO, SENSÍBEL E SABIO (SENÓN NON VALE) UN KARAOKE VITAL COMPOSTO DE DOUS MISTERIOS (CAL PEQUENO ROSARIO).

UN ROSARIO LAICO MESTURA DE POESÍA E MÚSICA. DOZURA, RABIA, LAMENTO, NOXO SON ALGÚNS INGREDIENTES COMÚNS COS QUE FALA, BERRA E TOCA O HOME BATA.

"O ESTRAÑO KARAOKE DO HOME BATA" DIVÍDESE EN:

1º MISTERIO.- HOME (BATA) IN HOME

SEIS ACTOS, SEIS VIAXES SONORAS FEITAS IN HOME QUE SERVEN DE BASE-KARAOKE SOBRE O QUE TOCAREI-AMAREI UNHA GUITARRA E RECITAREI, CANTAREI, BERRAREI PALABRAS DAS ENTRAÑAS. POESÍA MUSICADA?, MÚSICA POETIZADA?, NON SEI. PALABRAS QUE SE MESTURAN COA MÚSICA OU AO REVÉS. O "RECITAL POÉTICO-MUSICAL" DO HOME BATA.

2º MISTERIO.- HOME (BATA) IN MEMORIAM ROBERTO CAMBA

PARA REMATAR, UN PEQUENO REPERTORIO EN COMPAÑÍA DO ESPÍRITO DE ROBERTO, O NOSO ETERNO AMIGO, BATERÍA DA ALMA DE KOROSI DANSAS E DA PRIMITIVA MSNEUROBAND. VERSIÓNS (ALGUNHAS QUE TOCABA A NEUROBAND), E MOITA BATERA: TE RECUERDO AMANDA, WISH YOU WERE HERE, UNHA BÁGOA DA VIDA QUE É VIVIR, OS HIMNOS DAS PATRIAS (AS QUERIDAS E AS NON TANTO) SOBRE MIL TAMBORES E UNHA GUITARRA CHORANDO POR HENDRIX, E , DE FIN DE VIAXE "ROSARIAL" UNHA CODA DO "AMÉN, AMÉN", (A "PEQUENA BIBLIA" DOS KOROSI DANSAS).

 


 

NON SEI SE TAL COUSA PASARÁ ALGÚN DÍA, NALGÚN CURRUNCHO, CON OÍDOS XENEROSOS...

IDEA ESENCIAL: TOCAR EN SITIÑOS NOS QUE SE POIDA PRODUCIR UN AMBIENTE CERCANO E GLORIOSO. POUCOS CONCERTOS. (XA VOU VELLO. NON, MAIOR). ASÍ QUE SE VOS INTERESA, ESTADE ALERTA, O HOME BATA PODE APARECER EN CALQUERA INTRE PRETO DA TÚA HOME. COMO BO HOME BATA.

Xaneiro 2018 .

Logo “Manuel Seixas”: ROBERTO CAMBA

Fotos "Manuel Seixas": aMEBAVisióN

Portada e deseño gráfico: XURXO ROMERO