CURRÍCULO ARTÍSTICO

Manuel Seixas ( Vilagarcía de Arousa, Galiza, 1961 ) – Obreiro cotiá da filosofía, pai, compañeiro, escritor, músico, proxecto de home digno.

ALGUNHAS OBRAS PUBLICADAS (todo isto non son nin máis nin menos que tentativas de camiñar entre a derrota e a esperanza):

LITERARIAS :

POEMARIOS : Vestixios do verme (Eds. Positivas, Santiago de Compostela, Galiza,1999); Diario de Ausencias (Eds. Tema, Lisboa, Portugal, 2001)

FICCIÓN : Viñeron do espacio interior (Relatos; Eds. Positivas, Santiago de Compostela, Galiza, 1996); A velocidade do frío (Novela; Premio Xerais, Vigo, Galiza, 1996); Bailarina (Novela; Eds. Xerais, Vigo, Galiza, 1999); Interferencias (Novela; Eds. Xerais, Vigo, Galiza, 2015); Editada en Francia, por Solanhets Éditeur, Interferénces (2016), tradución de Vincent Ozanam.

OUTROS : A memoria de Vilagarcía (Álbum de postais. Carlos Díaz Martínez- Manuel Seixas; Eds. Xerais, Vigo, 2003);

MUSICAIS :

Co grupo KOROSI DANSAS: Cordura (CD; Man Records, Vigo, Galiza, 1995); Non! (CD; Chorima Records, Vigo, Galiza, 1996) (Tamén aparecen temas do grupo en “ A cantar con xabarín 1 e 2 ”, ou en “ Selección, xa! ” )

EN SOLITARIO: A velocidade do frío (CD; Eds. Xerais, Vigo, Galiza, 1997), coas voces, entre outras de: Ana Romaní, Quico Cadaval,   César "Tacho" González, Josito Porto, Carlos Blanco, Lino Braxe, Miguel Curra, Paco Abelleira. , Manuel Millán… ); Presentimento (CD; Madame Mir Eds, Santiago de Compostela, Galiza, 2001)

Co grupo NEUROBAND: Microse (Maqueta in memoriam Roberto Camba; Autoedición. KSF estudos, A Illa de Arousa, Galiza 2004); Proceso Amniótico (CD; Eds. Pai Música, Gondomar, Galiza, 2011); Tirando a Verde (CD; en directo para "Planeta Furancho", Eds. Neuróticas, 2012; Verde (CD; Eds. Con de Tres Pés, A Illa, Galiza, 2015)

COLABORACIÓNS MUSICAIS :

Colaboracións con outros grupos e músicos en concertos e gravacións: Dolmhen, Hipercerdos, MC2, Moluscos Depurados, O Coro dos Rozadores, Manu Chao, Emilio Cao, Segundo Grandío, Ángel González, Siniestro Total, Marcos Coll, César Morais, Alfonso Franco, Carlos Castro, Ángel González, Los Ronaldos. ..

COLABORACIÓNS TEATRAIS:

- No espectáculo Directamente Paco , dirixido polo actor galego Carlos Blanco, no que mesturou as funcións de arranxista musical coas de guitarrista e coros en directo

- Participante en montaxes en directo do Xabarín Club da T.V.G.

COLABORACIÓNS EN XORNAIS, REVISTAS E OBRAS CONXUNTAS :

- Sección de artigos semanais "Case estou contento" e participación en “Relatos de verán” ("La Voz de Galicia").

- Membro fundador e produtor artístico da editorial músico-literaria "Madame Mir " .

- Membro do consello de redacción da revista "Bravú " (Eds. Xerais) , na que ten publicado relatos, artigos, etc.

- Artigos e relatos en publicacións como "Guía dos libros novos" , "Cerna" , "Enormic Banda" , “Casa da Gramática” , "Escaramuza”, “Compostelán”...

- Participación en libros conxuntos de relatos como:

"Novo do Trinque" ( Eds. BNG, 1.997 ) , "Contracontos" ( Faro de Vigo ) , "Mini.Relatos" ( Eds. Cartabón, 1.999 ) , “Palabras con Fondo” ( Eds. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade , 2000), e obras de creación poética común: “Negra Sombra. Intervención poética contra a marea negra ”. ( Eds. Xerais, 2003 ), “Xuro que nunca volverei pasar fame” (Poesía escarlata) ( Eds. Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2003 ), “Vis á vis” (Poesía a favor da insubmisión) , " As flores. Ela. O home ", relato p ara o cd "Narradio. 56 historias no ar". Na voz das autoras e autores. (Eds. Xerais-Media, Radio Galega ) , "Dorna (revista de expresión poética galega)" (Eds.Universidade de Santiago de Compostela), "Cadernolixo" (Eds. Artelixo, Redondela), etc.

A súa labor complétase ao longo destes anos cunha serie de conferencias sobre filosofía, literatura, música, creación , tanto para institutos (IES Virxe do Mar, Noia, IES As Telleiras, Narón, IES Rosalía de Castro, Santiago de Compostela,..). como para asociacións (“Asociación Galega de Saúde Mental”, “Asociación Galega de Ciencia-Ficción”, “Asociación de amigos da República” ), presentacións de libros ( de autores como Marilar Aleixandre, Xosé Cid Cabido, Ramón Caride, Xosé María Vila, Emma Pedreira... ) e de exposicións artísticas ( Xurxo Romero, Sebas Anxo, Joam Berride, Artefactosalnés. IES Ramón Cabanillas, Cambados, “píntao de rock (artes plásticas + literatura + cultura rock)” , 2013, etc...), pregóns e unha serie de recitais poéticos e concertos musicais por Portugal, Galicia e o resto do Estado.

Creación, vida, obra, colaboracións, proxectos e participación interactiva en:

www.manuelseixas.com